O OUTONO
O ano ten catro estacións: primavera, verán outono e inverno.
Arredor do 21 de setembro empeza o outono e remata o verán:
Os días comezan a ser máis fríos e curtos.
O sol xa non quenta moito, e necesitamos roupa máis abrigada.
Empeza a chover máis a miúdo.
Moitas árbores perden as súas follas. As follas verdes vanse
quedando amarelas, despois castañas ou vermellas e caen o chan.
Nacen moitas setas.
Algúns animais coma o esquío ou o oso almacenan comida nas
súas tobas para durmir todo o inverno.
Outros animais emigran a países onde vai máis calor.
O outono remata o 21 de decembro dando comezo ao inverno.
Actividades:
Copiar no caderno o anterior
Debuxa unha paisaxe de outono
Actividade páxina seguinte
Colorea, recorta cada debuxo, pégao na libreta e escribe o nome
de cada estación:
Recommended