OLENTZERO
OLENTZERO:Ola , eu son o Olentzero e son o ser navideño propio do País Vasco.
Cando as persoas da miña comunidade autónoma se van á cama o 24 de decembro , entro pola cheminea e deixo agasallos ao lado dela.
O MEU FÍSICO:Eu son un pouco lambón por eso estou tan gordiño,teño barba gris e o pelo do mesmo color.
Levo un abrigo de cor azul marino por se fai frío, tamén levo postos uns pantalóns da mesma cor, que están feitos con franela e unhas botas que se atan coma as zapatillas dunha bailarina.
Vou camiñando cun bastón para non cansarme e teño posta unha boina na cabeza para non ter frío nas orellas.
AS MIÑAS TRADICIÓNS:
Nalgúns pobos fan un boneco con palla e trapo e o queiman nunha fogueira en honor a min.
Noutros pobos un xoven se viste de carboeiro e xunto con máis xente saen a pedir diñeiro por todo o pobo.Esas persoas se merecen o diñeiro!!
CURIOSIDADES
En realidade existo desde antes do cristianismo cando se celebraba o solsticio do inverno. Eu vou tan desaliñado e vello porque represento o tempo pasado que está a punto de morrer e por iso queiman ao boneco como signo de purificación, non vos recorda á noite de San Xoán?
Coa chegada do cristianismo a miña función foi ser portador do mensaxe do nacemento de Xesús pero o meu aspecto segue sendo o mesmo.
Non vou a todas as casas o mesmo día, en Ermua aparezco o día 31 de decembro xa que ao morrer Franco non daban permiso para celebracións e o permiso chegoú o 31 de decembro, e decidiron manter esa fecha en Ermua.
FIN