w w w . m e t e o r o l o x i a . o r g
T E R R AC H Á
SE
RR
AS
OR
I EN
TA
I SVALES DO OURO E MASMA
VAL DO XUBIA
VAL DO EUME
VALES DO ULLA
VAL DE OURENSE
VALDO TAMBRE
VAL DO LÉREZ
VAL DO VERDUGO
FO
SA
P
AD
RÓ
N-
TU
I
LEMOS - SARRIA
MACEDA
DO
R
SA
L
GA
LE
GA
S E R R A S S E P T E N T R I O N A I S
S E R R A S S U D OR
I EN
TA
IS
Onde a terra manda no aireRías BaixasCostas recortadas. Brisas de pouco alcance. Masas de aire húmido do océano teñen que concentrarse e elevarse repentinamente, arrefríanse e fanse inestables; prodúcense chu-vias. Ás zonas máis interiores o aire chega seco.
Rías AltasRelevo máis suave; chegan ao inte-rior as perturbacións atlánticas, man-tendo clima oceánico. Precipitacións máis graduais. As brisas chegan ata 5 km terra adentro, refrescan e hume-decen a terra, diminúen contrastes térmicos e aumentan as nubes.
En Galicia atopamos climas diferentes en función das características xeográficas e atmosféricas locais: a orografía, a distancia ata o mar, a presenza das rías, a latitude.
CostaNo verán a calor desprendida pola terra produce cúmulos ou cúmulo-nimbos. A diferencia de tempera-tura entre mar e terra favorece a formación de brisas. As masas de auga quecen en contacto coa costa, transmitindo enerxía á atmosfera. O aire móvese de onde hai máis presión a onde hai menos; a brisa ma-riña vai cara o interior do continente polo día. Á noite invírtese a situación, aparecendo as brisas terrais.
MontañasCoa altura descende a temperatura (0,65 ºC por cada 100 m) pero aumenta a radiación solar. Variacións térmicas grandes e fortes ventos. Vertente norte (ou de sombría) máis húmida e fría cá vertente sur (ou de solana), onde a radiación solar incide máis vertical.
As frontes cálidas sofren unha brusca freada. Unha cuña de aire frío oprímese entre a fronte e a montaña, polo que a fronte cálida avanza na horizontal moi lentamente, sendo obrigada a subir enerxicamente formando nubes e precipitacións.
Nas frontes frías o aire cálido comprímese entre a terra e a fronte sufrindo un ascenso forzado, desestabilizando a situación atmosférica e producindo chuvascos intensos, baixada de presións, refoleadas de vento.
O aire arrefría ao subir a montaña, acadando e rebordando o nivel de condensación da auga. O aire húmido capta calor do ambiente, aumenta a súa enerxía e condensación, provocando tormentas. Se o arrefriamento é moi intenso non acumula enerxía e só chovería. Cando o aire descende das montañas vaise quentando pouco a pouco, dificultando as precipitacións.
SerrasCanalizan os fluxos de aire, distribuín-do precipitacións, gradientes de hu-midade e regulando temperaturas. A Dorsal Galega actúa de barreira permeable entre as chairas de inte-rior (Terra Chá, Lemos, A Limia...) e as terras da fachada litoral atlántica.
ValesLérez, Verdugo, Eume, Xubia, •Ouro e Masma. Reparten as masas de aire oceánico permitindo que se acheguen á Dorsal.Ulla e Tambre.• Vales grandes que conectan a costa co interior.Vales fluviais interiores.• A radia-ción solar e a temperatura varían moito dunha vertente á outra. Xun-to coa humidade propia dos ríos favorece as brisas de val, as inver-sións térmicas e as néboas de es-tancamento.
Fosas tectónicasPadrón, Caldas e Tui-Budiño, Terra Chá. Depresións no terreo de norte a sur, flanqueadas por fortes penden-tes; son as fosas tectónicas. Preto da costa non inflúen apenas no clima, pero no interior (especialmente no sudeste) presentan unha maior am-plitude térmica e frecuentes néboas, así como chuvias escasas.
LIMIA
MONTERREI
VALDEORRAS
CHANTADA
O BOLO
SERRA DO SUÍDO
MONTES DO TESTEIRO
SERRA DO FARO
SERRA DO LABOREIRO
SERRA DO XURÉS
SERRA DE QUEIXA
SERRA DO EIXE
SERRA DO COUREL
SERRA DOS ANCARES
SERRA DO XISTRAL