Os grupos políticos con representación na Deputación da Coruña (PP, PSdeG-PSOE, BNG-Asembleas Abertas, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños), presentan a seguinte
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA SOBRE FERROATLÁNTICA
A Deputación da Coruña insta á Xunta de Galicia a:
1. Adoptar as medidas legalmente adecuadas para evitar a segregación das actividades de produción de
enerxía eléctrica e ferroaleacións por parte de Ferroatlántica, sen que estas afecten os fluxos de enerxía
eléctrica que deberán respectar as exixencias regulamentariamente establecidas para a adecuada
operación do sistema eléctrico.
2. Exixir a Ferroatlántica o mantemento da actividade produtiva e dos postos de traballo na factoría de Cee.
3. Solicitar que os postos de traballo que se derivan da xestión, administración, contabilidade e explotación
da división de Enerxía, recaian no centro de traballo de Cee-Dumbría-Centrales Hidroeléctricas, como
así foi desde sempre, na historia de Carburos Metálicos.
A Coruña, 30 de marzo de 2016
Asdo. Julio Sacristán de Diego Asdo. Xosé Regueira Varela
Portavoz do Grupo PSdG-PSOE Portavoz do Grupo do BNG
Asdo. Agustín Hernández Fdez. de Rojas Asdo. Daniel Díaz Grandío
Portavoz Grupo Partido Popular Portavoz do Grupo da Marea Atlántica
Asdo. Manuel Dios Diz Asdo. Ángel García Seoane
Portavoz Grupo Compostela Aberta Portavoz do Grupo Alternativa dos Veciños