Grupo 2
Un muíño é un aparello que serve para moer
algo, normalmente cereais, especialmente trigo
e millo.
Xeralmente constaban dunha pedra circular fixa
sobre a cal se move outra de forma
troncocónica que ao xirar segue a forma do
anterior. Tamén pode ter forma de disco e entón
chámase moa.
Para movelo, utilizábanse distintos tipos de
enerxía: eólica, hidráulica ou animal.
1. Muíños de vento (tipo Castilla ou tipo Ortega).
2. Muíño de auga.
3. Tahona ou muíño de sangue.
4. Muíño de man.
5. Muíño de máquina ou motor.
Tipo Castilla: estes muíños teñen unha sólida
e alta estrutura. O número de aspas pode
variar entre catro ou seis. Cando o muiñeiro
solta as aspas e pon as súas velas de lona a
través do empuxe do vento, comezan a
realizar o movemento xiratorio polo que se
pon en marcha todo o mecanismo interno
producindo o seu funcionamento.
Tipo Ortega: este construíu un muíño de pivote
con planta rectangular, que se dividía en tres
partes: torre, maquinaria e edificio.
Fíxolle máis fácil o traballo ao muiñeiro, xa que
reuniu nunha soa planta os traballos de moenda
e manexo do gran. O seu número de aspas varía
entre oito e doce na Illa de Palma; e doce, seis
ou catro en Forteventura.
Cando chove nas serras e montañas, a auga flúecara aos ríos e de aí cara ao mar.
A caída da auga leva enerxía cinética e potencial
que se pode aproveitar como fonte de enerxía.
A transformación da enerxía contida nos cursos da
auga en enerxía utilizable pódese facer mediante
unha roda hidráulica. Ao abrir as comportas da presa,
a auga retida pasa a través da turbina causando coa
súa forza motriz a rotación da roda. Deste xeito, o
xerador acoplado á turbina converte a enerxíamecánica en electricidade.
As tahonas, tamén chamadas muíños de
sangue, funcionan a través do movemento que
exerce un animal (burro, cabalo, egua ou
camelo) ou a forza humana ó empuxar unha
viga de madeira curvada, colocada
horizontalmente a uns centímetros do chan. Esta
insértase noutra viga colocada verticalmente
sobre o chan, a modo de punzón. Unida ao
mecanismo de molturación da tahona, permite o
movemento da pedra de moer e a obtención do
preciado alimento.
Os muíños de man construíronse a partir de
pedras basálticas porosas talladas. Podían ter
numerosas formas: naviformes, circulares con
buratos para colocar os dedos na pedra superior,
cun único burato para añadir un corno de cabra
ou pequeño pau co que xirar a pedra superior,
sen burato, tipo morteito, etc.
Os muíños de man modernos chámanse muíños
de pedra e están formados por dúas pedras
circulares de igual tamaño acopladas unha
sobre outra.
Os primeiros eran alimentados por gasoil e,
despois, eléctricos. A súa maior rapidez e
capacidade de molturación fixeron que todos os
anteriores fosen abandonados.
Unha desvantaxe para os muiñeiros foi que
cesou o seu traballo debido a que xa non tiñan
que preocuparse de manter os cabalos,
tampouco tiñan que colocar as velas, etc.
De maquía ou maquieiros: o muiñeiro recibe da
persoa que leva o gran unha parte (maquía) da
fariña resultante como cobro do seu traballo. O
tamaño da maquía era un neto, cantidade
regulada polo concello.
De herdeiros ou aparceiros: a propiedade do
muíño é compartida e transmítese por herdanza.
As quendas de uso regúlanse por un tempo
determinado. Deste uso compartido xurdían
relacións sociais e comunais moi ricas, por
exemplo as muiñadas (festas nocturnas nos
muíños).
Os muíños poden ter diferentes usos, como por
exemplo:
Moenda de grans.
Bombeo de auga.
Saída eléctrica.
Aireación dun estanque.
Muíños de vento de xardín.
Consiste en transformar os grans de trigo en
fariña. Os primeiros muíños de vento utilizáronse
para moer os grans cun fin agrícola. Os muíños
modernos utilizados para esta tarefa funcionan a
base de electricidade ou combustibles fósiles.
Outra función dos muíños de vento é bombear
auga dende os pozos para o rego. Así permiten
que os cultivos se ocupen grandes extensións de
terreo.
Algúns muíños teñen tamén a función de xerar
electricidade. A enerxía eólica obtense a partir
da forza de correntes de aire e aprovéitase
transformándoa en electricidade, entre outras
formas de enerxía.
Os muíños de especializados axudan a airear os
estanques co fin de controlar os contaminantes
e as algas. En lugar de bombear a auga, estes
muíños de vento bombean o aire dentro do
estanque.
Os muíños de vento de xardín están deseñados
principalmente para decorar, aínda que poden ser
equipados para converterse en aireadores en
estanques pequenos.
1. Muíños fariñeiros.
2. Muíños aceiteiros.
A auga recollíase do río mediante unha
pequena presa ou azud, circulaba por unha
canle e chegaba ata o cubo do muíño (pozo). O
cubo tiña a función de almacenar a auga, pero
tamén conseguir que esta tivera máis presión
para poder mover a roda de madeira (pás) que
facía xirar a pedra de moer. Despois a auga saía
por debaixo do muíño e volvía ao río.
Durante cada xornada laboral había que
cargar as olivas dende as troxes ata o muíño,
coidar da molturación arrimando o froito á moa,
transportar a pasta oleosa obtida no muíño ata
a regaifa, manipular a prensa e formar o cargo
cos capachos, vixiar a caldeira e quentar a
auga para o prensado e sacar o aceite dos
decantadores para o seu almacenamento na
bodega.
A gradilla é unha
grade ou reixa que
impide o paso de paus
ou pedras ao cubo.
O inferno é a abertura
no edificio do muíño, na
que desemboca o cano e
permite pasar a auga
cara á maquinaria.
Inferno con gradilla
A auga do cano colle velocidade nunha tubaxe
descendente que se chama cubo e acaba nun
picho chamado buzo.
A saída da auga do buzo cara
ao rodicio regúlase cunha billa.
O rodicio é a roda con penas (pás) que converte
a velocidade da auga en movemento xiratorio
que se transmite ás pedras de moer.
O rodicio asenta verticalmente encol dunha mesa
de madeira e é suxeitado na parte superior por un
eixo que consta de vara, zuncho, veo e varela.
Rodicio
No andar superior do edificio atópase o
tremiñado, desde onde o muiñeiro
controla a altura da mesa (e polo tanto a
velocidade do rodicio) mediante un ferro
chamado brandeiro.
Brandeiro
O gran deposítase nun recipiente suxeito pola
escada, chamado moega. O muiñeiro controla a
caída do gran cara ás pedras por medio dunha
caneta.
Hai dúas pedras de moer ou moas: unha fixa ou
pé e outra móbil ou capa que roda sobre a fixa.
Moega
O NOSO MUÍÑO
Nome: o muíño de Corvite.
O NOSO MUÍÑO
Os seus usos: usámolo para obter fariña de trigo
ou centeo. Aínda se segue utilizando
actualmente, pero con menos frecuencia
porque só é empregado polo seu dono.
O NOSO MUÍÑO
Construción: leva en pé dende 1907, aínda que
con algunha reparación como a que se iniciou
en 2004 e continúa actualmente.
Propiedade: pertence a unha soa persoa.
Importancia na comarca: tivo pouca, pero moita
vida xa que era o único desa parroquia.
O NOSO MUÍÑO
Estado: Bo, en reparación.
Nº de visitas: Non ten visitantes.
Curiosidade: O anterior propietario morreu na
escaleira do muíño desangrado por culpa
dunhas varices.
O NOSO MUÍÑO
Historia:
Isto ocorreu fai moitos anos, cando aínda había que
gardar turno para moer.
“Un día un veciño da miña avoa levou dous ferrados
para moer o día que lle correspondía. Ao día seguinte,
cando ía recoller a fariña, encontrou que o muíño
estaba baleiro, roubáranlla. Ao voltar cara á porta
encontrouse cun escrito que dicía: “A necesidade
carece de lei ; segundo a levo, xa a volverei.”
Non se soubo quen a roubara e o conto quedou así,pero meses máis tarde, cando se recolleu o trigo, este
veciño quedou asombrado xa que tiña un saco de
trigo diante da porta.”
Grupo 2:
- Iván B.
- Lucía B.
- Adrián B.
- Hugo B.
- Marcos L.
- Uxía P.
- Iván S.