Hai moitos, moitos anos –máis de cen-, na cidade de París coñecéronse dous pintores.
Un chamábase Van Gogh, en realidade o seu nome era Vicent
e o outro Paul, Paul Gauguin.
A Paul gustábanlle moito os xirasoles que pintaba Vicent, polo que l le propuxo un cambio, daríal le un cadro seu por un de 2 x irasoles . Era un bo trato
Fixéronse amigos e Vicent invitou á Paul á súa casa amarela
no pobo de Arlés.
A Vicent gustábanlle moito os xirasoles, as estrelas,
o sol, a herba seca, a luz do verán e maila cor amarela
polo que preparou para o seu amigo unha habitación amarela, cunha mesa amarela, cun floreiro amarelo con un ramo de xirasoles amarelos e chea de cadros de… XIRASOLES.
Como podedes supoñer a habitación de Vicent era de cor… AZUL!.
Moi agradecido, Paul retratou a Vicent pintando… XIRASOLES case vermellos, porque a el gustáballe o vermello.
Paul marchou lonxe, moi lonxe, ás i l las da Polinesia,
É así polo que os xirasoles nos recordan a amizade que mantiveron os dous pintores Vicent Van Gogh e Paul Gauguin.
FIN
Recommended