OS TRES PORQUIÑOS
Había unha vez tres porquiños que vivían no país do Nadal.
Chamábanse Turrón, Folerpa e Estrela e dedicábanse a construír
regalos para todos os nenos e nenas. Pero no país do Nadal tamén
vivía o malvado Lobo Noel, que sempre lles quería roubar os
agasallos.
Un día, cansos de que o lobo lles roubara, os tres porquiños
decidiron construír a cadansúa casa. Turrón construína de palla;
Folerpa de madeira; Estrela fíxoa de ladrillos.
Cando chegou o lobo, soprou e soprou e a casa de Turrón
derribou. A continuación, soprou e soprou e a casa de Folerpa
derribou. Finalmente, soprou e soprou, pero, como a de Estrela
era de ladrillos non a puido destruír. O lobo pensou entón que
podía entrar pola cheminea, pero os tres porquiños, que eran moi
listos, xa a tiñan acendida. O lobo queimou o cu e aprendeu a
lección.
Desde aquel día, o Lobo Noel xa non é malvado e axuda aos tres
porquiños levando agasallos a todos os nenos e nenas do mundo.
E colorín, colorado, cada un recibiu o seu regalo.
Fin Nenos e nenas de 2ºB