O soñadorQuixera ser muiñeiropra me enfoular na fariña.¡Levaría branca pucha,non cobraría maquía!
Eu quixera ser ferreiroe o ferro ardente forxar.¡Cun martelo nunha manpetaría sin parar!
Quixera ser mariñeiro,mariñeiro e pescador:¡tería un barco veleiroe unha dorna con motor!
Quixera ser fogueteiroe, nas festas patronais,¡tirar foguetes, foguetesde estalos fenomenais...!
E se fose canteirofaría un pazo sen igual:¡o pombal había de sero salón máis principal!
¡Mais son un pobre gaiteiromais son un gaiteiro pobre!¡Quéimame o sol no agosto;móllame a choiva, se chove!
Un pobre gaiteiro eu son,pequeniño e soñador.¡Teño por mestre de músicao merlo máis cantador!
Manuel María
"MARINERO DE FINISTERRE" de Luis Castellanos
A NOSA POESÍA
CON MOITO CARIÑOFIXO UN GRAN POETA,
ESTE LIBRIÑO,NA NOSA BIBLIOTECA
Quixera ser carteiropara cartas repartir.
¡Levaría millóns de mensaxese estaría feliz!
Eu quixera ser pasteleiroe o pastel amasar.
¡ Cun coiteloo pastel cortar!
Quixera ser cociñeira,cociñeira e carniceira.
¡Tería carne e polo para guisare forno para cociñar!Quixera ser costureirae roupa, roupa facer.
¡Facer traxes, vestidos e pantalónse moi contenta estarei!
E se fose un pintorfaría cadros bonitos,o retrato do profesor
con paciencia e con amor.Quixera ser profesor,aos nenos explicar.Tería que traballare aos nenos axudar
Mais son un pobre albanelmais son un albanel pobre.Quéimame o sol no agosto;móllame a choiva se chove.Un pobre albanel eu son,paciente e traballador.¡Teño un casco amareloe unha paleta marrón!
Clase de 3º
A pombiña brancaquería ir á escola.
Mercou catro libros,un lapis e goma.
A pombiña brancaxa sabe sumar,
o libro das letrasdende o pé ao pa.
A branca pombiña,a branca rebranca
a que brinca e canta,non sabe voar.
¡Ai , se me aprenderá!Gloria Sánchez
"MOSQUETERO CON PALOMA" de Pablo Picasso
O vento bruabanas torres do ceo,subía e baixaba,
xogaba ao recreo.
O vento brincabanos altos tellados;
nos bancos durmíantres vellos cansados.
Quería quedarseno verde xardín
cantando coa merlae o negro merlín.
E a todos deixaba,nos seus aloumiños,perfumes de flores,sorrir dos meniños.
Ana Mª Fernández
"VIENTO" de Millares Sall
"RAIN AT PONT‐AVEN" de Jourdan
"HURRICANE, BAHAMAS" de Homer
"RAYO MULTICOLOR" de PaulKlee
" WINTER" de Johns
A NOSA POESÍA
CON MOITO CARIÑOFIXO UN GRAN POETA,
ESTE LIBRIÑO,NA NOSA BIBLIOTECA
A neve caíanas casas pequenas,sentábase alípra mirar as estelas.A neve durmíanos brazos da xente,nos cristais escribíatres contos ardentes.Quería ser libre,no ceo bailar,danzando coa chuviae o vento namorar.
E a todos os nenos,nos beizos bicar,facelos sentircomo algo especial.Clase 4º B
Recommended