1
PROGRAMA
RADIO ESCOLAR - MAGOSTO
CUÑA DE ENTRADA
Ola! Benvidos, unha vez maís, ao noso programa de Radio Escolar Uncas!
Hoxe adicamos este programa ó Magosto.
E que é o Magosto?
O Magosto, ademais doutros significados relacionados, designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas.
O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as
castañas, atrasouse ata o día 11, día de San Martiño.
Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas.
Nós celebraremos o Magosto, se as condicións meteorolóxicas o permiten , o propio día de San Martiño, o vindeiro venres 11 de novembro.
Ese día poderemeos disfrutar da CARREIRA POLO CASELLES.
Nesta carreira participarán tódolos cursos de 1º a 6º de Primaria onde os nenos e nenas darán unha serie de voltas. Se o neno ou nena ten patrocionador ou patrocinadores, estes donarán os cartos que servirán para realizar un investimento na mellora de recursos para o noso colexio. Deste xeito, será para uso e desfrute dos alumnos e alumnas do CEP PEDRO CASELLES BELTRÁN.
Logo, ó finalizar a carreira, desfrutaremos dunha xornada de xogos populares, onde os nenos e nenas de 6º de primaria encargaranse de ser os monitores de cada un dos xogos. O resto do alumnado
2
repartirase por curso en cada un dos xogos. Deste xeito, haberá nenos de 1º a 5º de Primaria mesturados en cada un dos xogos que haberá repartidos polo patio, como poden ser: os zancos, a mariola, a corda entre outros xogos.
Mentres se realiza a xornada de xogos populares, un grupo de nenos e nenas de 6º de Primarai xunto con varias profes estarán preparando as fogueiras para asar as castañas.
Para rematar a xornada do Magosto, todo o colexio poderá desfrutar da degustación destas castañas.
Como cada ano, desfrutaremos moito con esta festa de Outono!!!!
MÚSICA Nº1 - NON CHAS QUERO, NON CHAS QUERO
E de onde sae a castaña?
Dunha árbore, o castiñeiro. O castiñeiro recibe en Galicia os nomes de castañeira, castañeiro, castiñeira, castiro e restre; existen castiñeiros bravos, que se denominan rebolos, bravádegos ou castiñeiróns. A denominación abundancial máis común é a de souto, pero tamén temos castañal, castañar, castañeira, castañeiro, castiñeiral, soutelo e tropezal.
O número de castiñeiros diminuíu en Galicia a pesar das repoboacións, diminuíndo tamén a produción cada ano. Cada vez máis, a invasión de piñeiros e eucaliptos denigra os nosos montes e fainos presa dos incendios.
MÚSICA Nº3 CHEGOU O MAGOSTO
Xa para rematar con oso programa imos con refráns e adiviñas do Magosto. Coñecedes algún refrán de Magosto?
Se coñecedes algún ou se preguntades por algún refrán podedes participar no concurso de refráns que organizan o equipo de
3
Normalización e dinamización da Lingua Galega e o equipo de Biblioteca. Para facelo tedes que escribir o voso refrán nun papel que hai na mesa de Biblioteca, co voso nome e curso e deposítalo na caixa de refráns.
Tamén haberá un concurso de adiviña. Se sabedes a resposta, escribídela nun papeliño co voso nome e curso e o depositades na caixa da adiviñas. A adiviña é a seguinte:
Alto vivo,
mírame a xente
e se me río
quedo sen dente
Repetimos a adiviña: Alto vivo,
mírame a xente
e se me río
quedo sen dente
Con todos os papeliños, as que sexan respostas válidas á adiviña e refráns axeitados á temática, serán seleccionados os gañadores; un por categoría: adiviña e refráns.
O gañador ou gañadora para cada unha das categorías recibirá un agasallo.
Con todo isto, rematamos o programa de Radio Escolar!
Agardamos que o pasárades ben!
Deica logo!
CUÑA DE SAÍDA
Recommended