FILOSOFÍA
2013/2014
INDICE
ASPECTOS COMÚNS DO DEPARTAMENTO ................................................................................................. 3
ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA DE FILOSOFÍA II. 2º BAC ........................................................ 7
ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA DE FILOSOFÍA E CIDADANÍA. 1ºBAC ................................. 21
ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA DE ÉTICA E FILOSOFÍA DO DEREITO. 2º BAC ................... 40
ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA DE ANTROPOLOXÍA. 1º BAC..................................................... 51
ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA DE EDUCACIÓN ÉTICO-CÍVICA. 4º ESO ............................... 62
ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA DE EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA. 2º ESO ..................... 82
ASPECTOS COMÚNS DO DEPARTAMENTO
1. DATOS DO DEPARTAMENTOPROFESOR/A............... MATERIAS QUE IMPARTE CURSOS GRUPOS
FLOR RODRÍGUEZ LEMOS
Historia da Filosofía 2º BAC 1Educación para a Cidadanía 2º ESO 3Antropoloxía 1ºBAC A/BTaller de iniciativas emprendedoras
3ºESO A/PDC
Atención educativa 2ºBAC 1Atención educativa 4ºESO 1Titoría 2º BAC 1
SUSANA BURGO RODRÍGUEZ
Filosofía e Cidadanía 1º Bac 2Ëtica e filosofía do Dereito 2º Bac 1Educación ético-cívica 4º ESO 2Filosofía II Bad 2 1Filosofía e Cidadanía Bad 1 1Etica e Filosofía do Dereito Bad 2 1
Atención educativa 3ºESO 1Atención educativa 1º Bac 1Atención educativa Bad1 1Apoio Lingüístico Francés 2ºESO 1
1. ASPECTOS XERAIS
a. CONTEXTUALIZACIÓN DA PROGRAMACIÓN
A presente programación elaborouse para ser impartida no IES “Río Cabe” na localidade de
Monforte de Lemos. Trátase dun centro público cuia titularidade pertence á Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria.
Foi construido nesta cidade no ano 1965, sendo o curso 1965-66 o primeiro ano do seu
funcionamento, tiña unha capacidade de 400 alumnos. Estivo dependendo do Instituto masculino de
Lugo durante os dous primeiros anos do seu funcionamento.Entrou en funcionamento o edificio
actual no curso 1972.
O IES RÍO CABE sitúase en Monforte de Lemos, capital de comarca , que ten unha extensión de
943 Km. A extensión do concello é de 202 km2
2. LEXISLACIÓN DE REFERENCIAETAPA: E.S.O.
Real Decreto, 1631/2006, polo que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á educación secundaria obrigatoria (BOE 5 de enero de 2007).
Decreto 133/2007 pola que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 13 de xullo de 2007).
Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 7 de xaneiro de 2008)
ETAPA: BACHARELATO Real Decreto, 1467/2007, polo que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á
bacharelato (BOE 6 noviembre 2007). Decreto 126/2008 polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na
Comunidade autónoma de Galicia (DOG 23 de xuño de 2008). Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das
ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 27 de xuño de 2008).
Orde do 25 de xuño de 2008 pola que se establece a relación de materias optativas no bacharelato, o seu currículo e se regula a súa oferta (DOG 27 de xuño de 2008).
Orde do 23 de setembro de 2008 pola que se amplía a oferta de materias optativas do bacharelato e se establece o seu currículo (DOG 29 de setembro de 2008)
O término municipal de Monforte situase nas chairas e depresións da Galicia centro-oriental. O seu
marco físico aparece definido por unha unidade fundamental: a depresión de Lemos que se prolonga
por Bóveda, O Saviñao, Pantón, Sober, Pobra do Brollón e Ribas de Sil, terras que conforman a
denominada comarca do Val de Lemos.
A súa altitude é de 363 metros sobor do nivel do mar e está regado pola conca do río Cabe. O seu
clima encuádrase dentro do dominio oceánico-continantal, caracterizado por unha temperatura
media anual moderada, baixas precipitacións e unha considerable oscilación térmica.
A estación máis chuviosa é o outono e os veráns son secos e calurosos. As xeadas e as néboas son
moi fercuentes no inverno no val.
O último padrón danos unha cifra de 19.817 habitantes, dos cales 9.449 son homes e 10.368
mulleres, cunha densidade de poboación de 99,09 habitantes por kilómetro cadrado. É a segunda
cidade en número de habitantes da provincia de Lugo por detrás da capital.
Os principais sectores ecónomicos son os servizos , agricultura e gandería.
As ensinanzas que na actualidade se poden cursar no centro son:
En canto as instalación do centro destacar que caseque tódalas aulas disponen dun ordenador, coa
súa pantalla e proxector correspondente, así coma conexión a internet, o que nos permite a
utilización das Tic na práctica docente. Asemade nalgunha aula existe pizarra interactiva.
b. REFERENCIA ÁS DIRECTRICES XERAIS FIXADAS NO PROXECTO EDUCATIVO
Para a elaboración da Programación Didáctica séguense as liñas indicadas pola Inspección
Educativa, as directrices xerais están recollidas no PEC.
Teranse como referencia os obxectivos xeris do centro e os obxectivos xerais da ESO e BAC. Así
mesmo seguiranse os principios metodolóxicos xerais recollidos no PEC.
c. REFERENCIA Á INCORPORACIÓN DAS PROPOSTAS DA MEMORIA DO CURSO ANTERIOR
A programación non presenta diferencias salientables con respecto á do curso anterior, básicamente
algúns axustes en canto a temporalización e secuenciación. En calquera caso as distribucións por
sesións son sempre orientativas, dado que son moitos os factores que obrigan a variar os tempos:
diversidade dentro do propio grupo, elevado número de alumnos, problemas de disciplina,
actividades extraescolares etc.
d. DIRECTRICES PARA A AVALIACIÓN INICIAL
A avaliación inicial desenvolverase nas primeiras semanas do curso académico. O seu obxectivo é
facilitar información sobre diversos aspectos do alumnado, tales como o seu coñecemento acerca
das destrezas propias da materia e a detección de alumnado con posibles dificultades de aprendizaxe
ou con capacidades superiores á media do grupo. Dita información servirá ó profesorado para
programar as adaptacións necesarias, así coma as actividades de reforzo ou ampliación se fose
necesario.
O método para obter a devandita información será mediante a observación do alumnado na aula
ainda que, se o profesor/a o estima necesario, poderá recurrir a realización de unha proba escrita.
e. LINGUA NA QUE SE IMPARTEN AS MATERIAS NO DEPARTAMENTO (D. 79/2010)
MATERIA ETAPA CURSOS LINGUAEDUCACIÓN PARA Á CIDADANÍA 1º CICLO 2º ESO GALEGOEDUCACIÓN ÉTICO-CÍVICA 2º CICLO 4º ESO GALEGOFILOSOFÍA E CIDADANÍA 1º BAC GALEGOFILOSOFÍA II 2º BAC GALEGOÉTICA E FILOSOFÍA DO DEREITO 2º BAC GALEGOANTROPOLOXÍA 1º BAC GALEGO
ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA FILOSOFÍA II DE 2º BAC
1. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS
NON SE CONTEMPLAN NESTA ETAPA
2. OBXECTIVOS DA MATERIA
O proceso de ensinanza - aprendizaxe desta materia debe contribuír a que as alumnas e os alumnos desenvolvan as
seguintes capacidades:
1. Coñecer os períodos da historia da filosofía e os seus representantes fundamentais.
2. Recoñecer as cuestións que ocuparon permanentemente a filosofía ao longo da súa historia e relacionalas con
temas traballados en filosofía e cidadanía, utilizando con propiedade os conceptos adquiridos.
3. Comprender a vinculación entre o pensamento dos distintos autores e outras manifestacións da actividade
humana do seu contexto histórico: socioeconómicas, políticas, científicas e artísticas.
4. Elaborar exposicións orais e composicións escritas acerca de temas determinados con claridade, corrección,
plenitude e autonomía, exercitando na medida do posible unha reflexión persoal.
5. Comentar textos filosóficos analizando con rigor os seus conceptos e teses e comparándoos coa postura
defendida noutros textos de diferente autoría acerca dos mesmos temas.
6. Desenvolver o hábito de ponderar con criterio opinións contrapostas a partir do contraste entre teorías e
correntes filosóficas que se sucederon na historia.
7. Constatar a posición de cada representante dunha corrente filosófica sobre a diferenza de xénero e valorala á
luz das crenzas e prácticas do seu contexto histórico.
8. Debater temas de actualidade en relación cos contidos da materia, fundamentando racionalmente a propia
postura, recoñecendo as achegas doutras persoas e illando os prexuízos infundados.
9. Valorar o coñecemento do pasado como una achega continua de elementos que contribúen á comprensión do
presente e á planificación do porvir.
10. Apreciar a lectura como medio de enriquecemento persoal e desenvolver un hábito inquisitivo e analítico en
relación coa información
3. CONTIDOS SECUENCIADOS E TEMPORALIZADOS
Nº
UNIDADES DIDÁCTICAS Libro TEMPORALIZACIÓNSESIÓNS/ MES
Probas Avaliación
0 Información ao alumnado da programación da materia 1 Setembro 2010
1ª
1 FILOSOFÍA ANTIGA:PLATÓN24
SETEMBRONOVEMBRO
ExameUnidade
12 FILOSOFÍA ANTIGA: ARISTÓTELES
15NOVEMBRODECEMBRO
Exame Unidade
23
FILOSOFÍA MEDIEVAL: AGOSTIÑO E TOMÉ
21XANEIROFEBREIRO
Exame Unidade
3 2ª4 FILOSOFÍA MODERNA(I):
EMPIRISMO E RACIONALISMO 9MARZO Exame
Unidade 4
5FILOSOFÍA MODERNA (II):
KANT12
MARZO/ABRIL Exame Unidade
5 3ª6 FILOSOFÍA CONTEMPORÁNEA(I):
MARX 5MAIO
7 FILOSFÍA CONTEMPORÁNEA(II): NIETZSCHE 4
MAIO Exame Unidade
6-7
Nª UNIDADES DIDÁCTICAS CONTIDOS1 TEMA 1
FILOSOFÍA ANTIGA: PLATÓN
MARCO HISTÓRICO-CONCEPTUAL:
A formación da polis grega Antecedentes presocráticos: Heráclito, Parménides e
Anaxágoras Os Sofistas e Sócrates
COMPRENSIÓN: A teoría platónica das ideas Mundo Sensible e mundo intelixible Graos de Coñecemento A concepción política de Platón Antropoloxía platónica Vinculación alma e á cidade
2 TEMA 2
FILOSOFÍA ANTIGA:ARISTÓTELES
MARCO HISTÓRICO-CONCEPTUAL: Crítica da doutrina platónica O proceso de abstracción fronte ao acceso dialéctico ás ideas
de corte platónico O tránsito cara o mundo helenístico
COMPRENSIÓN:
A teoría hylemórfica no seo da physis: A Kinesis ou cambio. Os principios do cambio.
A teoría causal Xerarquía de seres e modos de ser O motor inmóvil A idea de Cidadán en Aristóteles.
3 TEMA 3
FILOSOFÍA MEDIEVAL: AGOSTIÑO E TOMÉ
MARCO HISTÓRICO-CONCEPTUAL:
AGOSTIÑO DE HIPONA Helenismo: Filosofía e Cristianismo As novas ideas fronte ao mundo grego
TOMÉ DE AQUINO A noción de escolástica e o nacemento da universidade A recepción de Aristóteles: Averroes e o Averroísmo latino
COMPRENSIÓN: O Problema entre Razón e Fe en Santo Agostiño e en San
Tomé Lei divina, lei natural e lei positiva en san tomé
4 TEMA 4
FILOSOFÍA MODERNA(I):EMPIRISMO E
RACIONALISMO
MARCO HISTÓRICO-CONCEPTUAL: Renacemento e reforma A Vinculación docEmpirismo e o Racionalismo ca
revolución científica
COMPRENSIÓN:
O problema do método: a idea de Substancia en Descartes e o problema da veracidade divina
Fenomenalismo e causalidade en hume A idea de “estado de natureza” como fundamento ideolóxico
do novo estado burgués: a teoría do corato social en Locke
5 TEMA 5
FILOSOFÍA MODERNA (II): KANT
MARCO HISTÓRICO-CONCEPTUAL:
Factores políticos e culturais que no século XVIII conducen a Ilustración
As novas ideas: progreso, educación ou iluminación, humanidade, civilización, natureza
Características da razón ilustrada
COMPRENSIÓN: A idea kantiana de Ilustración A síntese entre racionalismo e empirismo en Kant O formalismo moral
6 TEMA 6
FILOSOFÍA CONTEMPORÁNEA(I):
MARX
MARCO HISTÓRICO-CONCEPTUAL: As influencias dos socialismo utópico, da esquerda
hegeliana e da economía política A Revolución industrial e movemento obreiro
O nacemento das ciencias sociais
COMPRENSIÓN: O concepto de alienación A análise da mercancía e o concepto de plusvalía
O materialismo histórico
7 TEMA 7
FILOSOFÍA CONTEMPORÁNEA(II):
NIETZSCHE
MARCO HISTÓRICO-CONCEPTUAL: Un novo marco científico: evolucionismo e positivismo
A herdanza da Ilustración
COMPRENSIÓN: O método xenealóxico Crítica da cultura occidental: o nihilismo A vontade de poder e o Superhome
2. METODOLOXÍA DIDÁCTICA
a) Metodoloxía específica da materia
O alumno non se limitará a recibir pasivamente os diversos contidos se non que terá espazo para participar con
suxerencias, preguntas, diálogo. Preténdese, polo tanto, un método activo. En xeral, creemos que a motivación do
alumno ten que ter en conta a súa situación persoal e social facéndolle ve-la importancia da filosofía para enfrontarse
crítica e intelixentemente á súa propia realidade.
Cada sesión constará dunha parte teórica na que o profesor exporá o tema e o alumno, que conta cos apuntes
proporcionados polo profesor, deberá tomar as súas notas e participar no desenvolvemento da clase coas súas reflexións
e dúbidas. En virtude deste criterio favorecerase o emprego dos seguintes procedementos:
Emprego dun caderno de traballo no que se constatarán o que día a día vaise explicando na aula e onde se
realizarán traballos de reflexión escrita do alumno.
Análise de textos.
Análise de Artigos de Prensa e Medios Audiovisuais.
Lectura de libros con posterior exposicións e discusión na aula.
Realización de Debates e Disertación.
Realización de Actividades de Comprensión, Aplicación e Ampliación.
Busca de información en páxinas web específicas de Filosofía
Lectura de libros para “disfrutar”
b) Materiais e recursos didácticos
Non hai fixado ningún libro de texto con carácter obrigatorio; ao alumno se lle proporcionará a través de fotocopias; por
medio da páxina web do centro: www.centros.edu.xunta.es/iesriocabe/Departamentos/Filosofía II ou por outros
medios que se estimen oportunos os apuntes e todo o material necesario para a preparación de tódalas unidades que
compoñen a materia
3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN
CRITERIOS MÍNIMOS1. Ordenar e situar cronoloxicamente os períodos, problemas, autoras e autores que se
estudan, identificando as súas características distintivas e establecendo as relacións correspondentes.
X
2. Relacionar os problemas filosóficos estudados coas principais condicións socioculturais en que aparecen e a que pretenderon dar resposta.
X
3. Expoñer por escrito os aspectos dunha teoría filosófica individual, dunha escola ou período de forma completa, clara e coherente.
X
4. Analizar textos filosóficos identificando a súa estrutura, teses e argumentos e mais explicando os seus conceptos no marco do pensamento correspondente
X
5. Comentar criticamente textos filosóficos, identificando os seus supostos implícitos, a consistencia dos seus argumentos e a vixencia das súas achegas na actualidade.
X
6. Elaborar pequenos traballos (buscas de información, recensións de lecturas, exposicións orais ou composicións escritas) sobre algún autor ou autora ou algún aspecto transversal a varios autores ou autoras con pautas metodolóxicas establecidas.
X
7. Participar en debates sobre algún tema filosófico de actualidade relacionado con contidos da materia, realizando escoita activa e exposición razoada e respectuosa.
X
8. Utilizar comprensivamente un vocabulario técnico específico en todas as actividades realizadas.
X
4. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACION
a) Para as avaliacións ordinarias
PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS
Probas escritas
Realización dunha ou varias probas escritas (exames) por avaliación. Faranse fundamentalmente dous tipos de probas: Unha que siga o modelo de exame proposto pola CIUG para a selectividade e outro tipo de proba que pode constar dunha ou varias das seguintes actividades:
- Análise e comentario de textos- Desenvolvemento dun tema- Resposta a preguntas ou cuestións- Test- Composición dun texto- Elaboración de resumes, esquemas…
En ditas probas teranse en conta os seguintes aspectos:- Exposición coherente das ideas.- Uso da terminoloxía apropiada.- Competencia lóxica e argumentativa.
Nas probas farase constar o valor de cada cuestión ou parte da mesmaTraballos individuais Realización de traballos individuais (de investigación, de análise,
síntese..) Traballos sobre libros propostos e sobre os contidos explicados na aula.
Traballos en grupo NON SE CONTEMPLANProbas orais NON SE CONTEMPLANTraballo na aula Realización e corrección fundamentalmente de comentario de textosObservación e rexistro Os traballos, comentarios ou exercicios que se realicen na casa deberán
ser entregados na data fixada. Só se repetirá un exame ao alumno que faltase á primeira convocatoria si
este presenta un xustificante oficial sobre as causas da súa ausencia ao mesmo
b) Para a avaliación extraordinaria
PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOSProba escrita Aqueles alumnos que non aprobasen por avaliacións, nin recuperasen, terán dereito a
un exame final da materia. Este exame poderá ser de toda a materia ou só das partes nos superadas.
5. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Procedementos e contidos
Exames: Neles valórase tanto os procedementos como os contidos. Esta proba suporá o 95% (nota. 9,5) da nota de
avaliación.
No caso de que se fixera algún traballo informarase ao alumno do valor destes traballos de cara a nota global da
avaliación. En todo caso non se valorará o mesmo se non se teñen superado os exames da avaliación
Actitude
Na valoración da actitude terase en conta aspectos como: asistencia a clase, participación e realización das tarefas
propostas. En caso dunha valoración positiva destes aspectos suporá un 5% (nota.0,5) máis sobre a nota resultado dos
apartados anteriores. En caso dunha valoración negativa, non se sumará
Nota de Avaliación
No caso de que haxa máis dun exame farase media a partires dun 4,5 en cada un. O total desta nota verase modificada
pola valoración das actitudes.
Avaliación Final A Cualificación final será o resultado da media das tres avaliacións.
6. PROGRAMA DE RECUPERACION E REFORZO
a) Das materias pendentes de cursos anteriores
Plan de traballo
Ao comezo de cada curso, o seminario exporá publicamente os contidos a avaliar.
Quedarán fixadas publicamente as datas das probas escritas, así como o lugar e a hora na que se realizarán.
O seminario fará entrega de material de traballo ao alumnado que así o desexe.
As notas das probas faranse públicas no seminario
Procedementos e instrumentos de avaliación
Haberá dous exames; un en decembro/xaneiro e outro en marzo/abril. Aqueles alumnos que non recuperen, terán
dereito a un exame final. A data deste exame será fixada pola Xefatura de Estudios.
Os contidos destes exames corresponderanse cos contidos da programación do curso en cuestión e segundo o modelo
que se veu facendo nas probas ordinarias O alumno será informado coa suficiente antelación das datas de ditas probas.
Criterios de cualificación
As probas calificaranse sobre 10. Para facer media entre os dous exames haberá que sacar como mínimo un 4,5 en cada
un.
b) Da materia do propio curso
Procedementos e instrumentos de avaliación para :
a. Unha proba non superada
No caso de que haxa máis dun examen na avaliación, o alumno terá unha recuperación daquelas cuia nota fose inferior a
4,5. Neste caso o resultado fará media ca parte que o alumno teña aprobada
b. Unha avaliación parcial
Se unha avaliación quedou suspensa, será necesario recuperala coa realización dun exame da materia
correspondente. A nota desta recuperación será a cualificación definitiva da avaliación.
A recuperación da terceira avaliación poderá facerse, por falta de tempo, no exame final da materia.
c. A avaliación final ordinaria
Aqueles alumnos que non aprobasen por avaliacións, nin recuperasen, terán dereito a un exame final da materia.
Este exame poderá ser de toda a materia ou só das partes nos superadas.
Aqueles alumnos que non aproben a asignatura na convocatoria de xuño, terán que presentarse ao exame de
setembro.. Os criterios de avaliación para este exame serán os mesmos que para calquera outro que se realice
durante o curso.
d. A avaliación final en caso de perda do dereito á avaliación continua
Ao final do curso (mes de Xuño), realizarase un exame final da asignatura, na que se recuperarán aquelas avaliacións
que estén suspensas.
7. MEDIDAS DE ATENCION Á DIVERSIDADE
Co fin de atender no posible ás peculiaridades persoais dos alumnos dentro do seu proceso de aprendizaxe, ao longo do
curso adoptaranse medidas tendentes a proporcionar certos reforzos pedagóxicos aos alumnos que o necesiten, así como
a programar aprendizaxes complementarios para aqueles alumnos que, pola súas especiais aptitudes, sobrepasen o nivel
medio do curso en canto a coñecementos da materia. Como medidas de reforzo ao aprendizaxe, propóñense as
seguintes:
Programar comentarios de texto, actividades, exercicios, etc. máis sinxelos para alumnos con
dificultades de aprendizaxe; sobre todo, nos primeiros meses da clase. Deste xeito, intentarse que vaian
comprendendo pouco a pouco os principios esenciais para poder adentarse, posteriormente, en aqueles temas
máis abstractos ou complexos.
Proporcionarlles axuda directa naquelas actividades que se realicen na aula, con fin de ir orientando
de maneira personalizada o seu proceso de aprendizaxe.
Incluír dentro do seu plan de traballo actividades sinxelas e adicionais que lles permitan cubrir as
lagoas conceptuais que posúan.
Nos traballos en grupo, organizar estes de tal maneira que estes alumnos se encontren distribuídos en
diferentes grupos, con fin de que compañeiros con mellor rendemento académico poidan axudarlles na
realización da súa tarefa.
Si existisen alumnos superdotados o cun maior nivel de coñecementos filosóficos, programaríanse medidas
pedagóxicas complementarias para que ditos alumnos puideran desenrolar as súas propias potencialidades de
aprendizaxe. Así, por exemplo:
Lecturas dirixidas de libros ou textos de maior dificultade conceptual.
Actividades complementarias sobre aqueles temas que máis lles interesasen.
8. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
NON SE CONTEMPLAN
9. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN LECTOR
Desde a área de Filosofía parécenos fundamental secundar o Plan Lector elaborado polo equipo de apoio á biblioteca.
Este plan céntrase en dous aspectos: ler para aprender e ler para disfrutar. Para o desenvolvemento do proxecto na área
de Filosofía, consideramos fundamental plantexarnos unha serie de obxectivos, así como definir cales van ser os
recursos que pretendemos utilizar e as actividades a realizar.
OBXECTIVOS:
Como profesores temos a responsabilidade de formar lectores capaces de enfrontarse ao mundo escolar e ao
seu futuro laboral e social.
A Biblioteca escolar , como centro de aprendizaxe, é un pilar fundamental para que o plan teña éxito.
RECURSOS:
Uso da Biblioteca (tanto de libros como de materiais audiovisuais) para a elaboración de traballos, e para
consultar e ampliar información.
Utilización de textos variados: enciclopedias, textos escollidos, mapas, artigos de periódicos...
ACTIVIDADES:
Podemos clasificalas en dous tipos fundamentais:
a) ler para aprender.
Trataranse de actividades coas que os alumnos sexan capaces de comprender globalmente un texto, obter información,
elaborar unha interpretación, reflexionar sobre o contido, reflexionar sobre a forma dun texto.. Serán actividades como:
Traballos con textos: identificación de tema, ideas, partes do texto, contexto, teses., conceptos
fundamentais......
Traballos monográficos sobre un tema, que o alumno elaborará tras entregarlle o profesor un guión ou
esquema e unha bibliografía. Isto farase, sobre todo, en materias como Ética, Ética e Filosofía do Dereito,
Introducción ás ciencias políticas e sociais...
Traballos e/ou cuestións sobre documentais, películas...
b) ler para disfrutar.
Trátase de fomentar a lectura desde a área de Filosofía. Sobre as obras propostas non se farán exames nin traballos. En
todo caso, e se se considera pertinente, poderase pedir un comentario persoal sobre o lido.
Co fin de fomentar a lectura, o Departamento de Filosofía recomendará lecturas por materias e temas. Entre outras,
recomendaremos as seguintes obras:
Platón
Apología . Madrid: Gredos, 1982. Tema Platón
Critón . Madrid: Gredos, 1982. Tema Platón
Eutifrón , Madrid: Gredos, 1982. Tema Platón
Ión, Madrid: Gredos, 1982 Tema Platón
Gorgias . Madrid: Gredos, 1983. Tema Platón
El banquete , Madrid: Gredos, 1997. Tema Platón
Fedón . Madrid: Gredos, 1997. Tema Platón
Fedro . Madrid: Gredos, 1997. Tema Platón
República. Libro I . Madrid. Gredos, 1986 Tema Platón
Aldous Huxley: Un mundo feli z . Barcelona: Plaza & Janés, 1980. Tema Platón
Jostein Gaarder: El mundo de Sofía. Siruela 1995 Historia da Filosofía.
Umberto Eco: El nombre de la rosa . Barcelona: De bolsillo, 2000. Filosofía medieval.
Teresa Moure, Herba Moura. Xerais 2005 Tema Descartes
Fiodor Dostoievski
Crimen y castigo, Madrid: Alianza, 2005 Tema Nietzsche
Los hermanos Karamazo v . Madrid: Debate, 2000Tema PlatónTema Nietzsche
Hermann Hesse
El lobo estepario . Madrid: Alianza, 1987. Tema Nietzsche
Demian . Madrid: Alianza, 1987. Tema Nietzsche
David Hume Diálogos sobre la religión natural . Madrid: Tecnos, 1994 Tema Hume
Milan Kundera
La insoportable levedad del ser . Barcelona: Tusquets, 1992. Tema Nietzsche
El aleph . Madrid: Alianza, 2004. Tema Nietzsche
Jorge Luis Borges Ficciones . Madrid: Alianza Editorial, 2004. Tema Nietzsche
Friedrich Nietzsche
La genealogía de la moral . Madrid: Alianza, 2004 Tema Nietzsche
Así habló Zaratustr a . Madrid: Alianza: 2004 Tema Nietzsche
Crepúsculo de los ídolos . Madrid: Alianza, 2004 Tema Nietzsche
El anticristo . Madrid: Alianza, 2004 Tema Nietzsche
Ecce homo . Madrid: Alianza, 2004 Tema Nietzsche
10. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN T.I.C.
Dende o Departamento de filosofía parécenos que pode resultar moi interesante a integración das novas tecnoloxías da
información e da comunicación na nosa programación anual. Para o desenvolvemento do proxecto na área de Filosofía,
consideramos fundamental plantexarnos unha serie de obxectivos, así como definir cales van ser os recursos que
pretendemos utilizar e as actividades a realizar.
OBXECTIVOS:
Mellorar e actualizar os coñecementos e utilización das TIC por parte de todo o profesorado implicado no
departamento.
Conseguir que as TIC apoien ou complementen, de xeito eficaz, algún dos métodos tradicionais de traballo na
aula.
Rendabilizar o uso de diversos software de didáctica xeral e a súa aplicación no ensino aprendizaxe da filosofía.
Utilización de presentacións feitas por o propio alumnado como material educativo.
RECURSOS:
Uso da aula de informática con cada grupo de cada unha das materias que imparte o departamento.
Uso do encerado dixital para as explicacións teóricas.
Uso dos portátiles e do canón de vídeo para elaborar as exposicións - conferencias para grupos grandes de
alumnado, que se realizarán na aula de audiovisuais.
ACTIVIDADES:
Basicamente do que se trata é de facer referencia a diversos tipos de proxectos que requiren que os alumnos se centren
en resolver problemas ou tarefas co usos das TIC, e ó mesmo tempo, conseguir que se involucren en actividades do seu
interese.
Estas poderíamos clasificalas en varios tipos:
Elaboración de Proxectos de clase, cos que se busca facilitar, mellorar ou afondar, co uso das TIC,na aprendizaxe de
contidos das materias do departamento, tales como autores, problemas éticos, cuestións de filosofía do dereito e de
socioloxía, etc.
Ademais preténdese afianzalas habilidades adquiridas no manexo de ferramentas informáticas. Neste punto tratarase de
fomentar a realización de traballos a través de presentacións multimedia elaboradas polos alumnos e que despois
utilizen para expoñer ós seus compañeiros a modo de conferencia.
Consulta de páxinas Web, previamente seleccionadas.
11. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA
A experiencia dinos que o alumnado de bacharelato ao que se dirixe esta materia, non soe presentar problemas
relacionados coa convivencia, de tódolos xeitos , a través da mesma tratarase de:
Contribuír a concienciación sobre a importancia dunha axeitada convivencia escolar que permita unha mellor
relación ensinanza-aprendizaxe.
Detectar o antes posible conflitos que poidan xurdir nas aulas
Fomentar o respecto entre todos os membros da comunidade educativa e a integración de tódolos alumnos do
centro
12. PROGRAMA DE EDUCACION EN VALORES (TRANSVERSAL)
Debido á especificidade do currículo de Filosofía II, resultarnos fácil abordar a maioría dos temas transversais
propostos oficialmente. Case dende os seus mesmos orixes, o pensamento filosófico propuxo cuestións relativas á
igualdade ou desigualdade entre os seres humanos, á relación entre técnica e natureza, á busca da paz como ideal social,
etc. Trátase, pois, de analizar esas ideas dende una perspectiva crítica, aínda sendo conscientes das influencias sociais e
históricas que condicionaron algúns conceptos. Haberá que levar a cabo una hermenéutica das ideas, pero non dende
una pretendida neutralidade científica, sino facendo resaltar as falacias que tratan de xustificar discursos xenófobos,
androcéntricos, etnocéntricos, absolutistas, etc. O obxectivo final ao que se debe aspirar é o de facer ver aos alumnos o
carácter liberador da Historia da Filosofía en canto a prexuízos e ideas preconcibidas. De esa maneira, os temas
transversais quedarán insertos dentro do desenrolo e evolución das ideas filosóficas ao longo da historia do pensamento.
13. SISTEMA PARA A ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PREVIOS
Dada a novidade da materia non se contempla ningún tipo de proba ao uso que o alumno deba superar. En todo caso,
poderase deseñar algún tipo de actividade na que se recollan algúns conceptos ou temas que o alumno debería coñecer
por cursar a materia de 1º Filosofía e Cidadanía.
14. PROCEDEMENTO PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN
Unha das características da programación é a flexibilidade para adaptarse ás diferentes situacións de aprendizaxe que se
produzan, así como aos recursos e medios de que dispoñamos en cada momento; é dicir, que a programación didáctica e
o seu desenvolvemento deben estar nun proceso continuo de revisión-adaptación, introducíndose aquelas modificacións
que se estimen oportunas, e de acordo coas características e necesidades de cada grupo, situación, momento, etc. Dunha
maneira máis concreta ao finalizar cada trimestre revisarase o desenvolvemento da programación para realizar
modificacións e adaptacións oportunas.
De todas maneiras, ao finalizar o curso, todos os anos, debe facerse unha valoración sobre o desenvolvemento da
programación en todos os seus os aspectos e elementos, elaborar unhas conclusións ao respecto e preparar para o
seguinte curso as modificacións que se vexan oportunas, de cara a mellorar a súa aplicación e desenvolvemento, a
mellorar a calidade de ensino, e sobre todo para conectar a teoría coa práctica no proceso de ensino-aprendizaxe, sen
esquecer aspectos como o achegamento da aprendizaxe ás situacións reais e significativas para o alumnado.
15. CONSTANCIA DE INFORMACIÓN AO ALUMNADO
Ao comezo do curso se lle proporcionará ao alumno un extracto da programación correspondente a materia en cuestión,
na que se recollerán os, obxectivos, contidos e criterios de avaliación da mesma. Asemade a programación estará
disponible na páxina web do Departamento.
ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA FILOSOFÍA E CIDADANÍA DE 1º BAC
1. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS
NON SE CONTEMPLAN NESTA ETAPA
2. OBXECTIVOS DA MATERIA
1. Coñecer e identificar as características específicas do ser humano e as dimensións que o configuran, analizando a
súa xénese evolutiva e as tensións que xeran: dialéctica natureza/cultura e individuo/sociedade.
2. Comprender e analizar a forma específica de categorización e relación lingüístico - simbólica que os suxeitos
humanos establecen co mundo e cos semellantes.
3. Analizar e comprender os elementos e procedementos propios da racionalidade e caracterizar a especificidade do
saber filosófico contrastándoo con outros saberes -en especial co científico.
4. Distinguir a dobre dimensión teórica e práctica da filosofía, e comprender as grandes preguntas e problemas
filosóficos xerados a partir desta dobre dimensión.
5. Analizar e comprender os fundamentos da acción moral, valorando a autonomía moral como meta ineludible dunha
conduta madura e responsable.
6. Coñecer, analizar e valorar os enfoques das teorías éticas fronte á dobre aspiración de felicidade e xustiza na
sociedade actual, facendo especial énfase nos esforzos de conciliación de ambas as aspiracións.
7. Comprender as conexións entre moral, dereito e política, partindo da análise do concepto de cidadanía e da súa
xénese histórica.
8. Comprender e valorar as raíces éticas da lexitimidade política democrática e, en consecuencia, das institucións do
Estado que sobre elas se levanten.
9. Analizar os novos retos da democracia no mundo globalizado actual.
10. Obter información por diversos medios sobre problemas filosóficos, analizándoa e integrándoa, así como adquirir
unha bagaxe básica de nocións, conceptos e teorías elaboradas pola filosofía verbo dos citados problemas.
11. Dialogar, debater e argumentar con rigor lóxico e coherencia, respectando as persoas que sosteñen posturas
diferentes.
12. Analizar textos referidos ás temáticas desenvoltas no currículo, así como elaborar composicións e traballos escritos
sobre elas.
13. Manter un diálogo continuo coa vida real, mediante a aplicación das nocións e conceptos que se van adquirindo ao
contorno.
14. Empregar con rigor e propiedade os conceptos e vocabulario específico correspondente, tanto na análise dos
problemas como nos debates e exposicións orais e escritas.
15. Desenvolver competencia lectora e hábitos de traballo intelectual.
16. Desenvolver unha competencia social e cidadá baseada nunha actitude crítica, autónoma e responsable ante todo
intento de xustificación de desigualdades sociais e ante toda discriminación por sexo, etnia, cultura, crenzas ou
características individuais e sociais.
3. CONTIDOS SECUENCIADOS E TEMPORALIZADOS
Nº UNIDADES DIDÁCTICAS Libro TEMPORALIZACIÓNSESIÓNS/ MES
Probas Avaliación
0 Presentación da programación1 SETEMBRO
1ª
1A Especificidade do Saber Filosófico. O
Sentido e a necesidade da Filosofía. A
Filosofía e a súa Historia.
5SETEMBRO/OUTUBRO
2Coñecemento Científico: Orixes,
Métodos e Límites
5 OUTUBRO
3 A Filosofía como Racionalidade Teórica 4 NOVEMBROExame
Unidades1 a 3
4 A Filosofía como Racionalidade Práctica 4NOVEMBRO
5As Preguntas e Problemas Fundamentais da Filosofía
3DECEMBRO Exame
Unidades 4 e 5
6 A Dimensión Natural do Ser Humano4
XANEIRO
2ª
7 A Dimensión Sociocultural:
Individuo e Ser Social. A tensión
entre Natureza e Cultura.
4 XANEIROExame
Unidades 6 e7
8 Relación Lingüística e Simbólica do
Suxeito co Mundo. 4FEBREIRO
9 Concepcións Filosóficas do Ser
Humano. 3FEBREIRO
10 Os Fundamentos da Acción Moral:
Liberdade e Responsabilidade 4MARZO Exame
Unidades8 a 10
11 Fundamentación da Ética. Autonomía e
Heteronomía moral 5ABRIL
3ª
12 As Teorías Éticas ante os retos da
sociedade actual: Felicidade e
Xustiza.
3ABRIL Exame
Unidades 11 e 12
13 A Construción Filosófica da
Cidadanía: Xénese Histórica e
Fundamentación Filosófica
4MAIO
14 Orixe e Lexitimidade do Poder
Político. 4MAIO
15 Estado Democrático e Cidadanía Global3
XUÑO Exame Unidades13 a 15
Nª UNIDADES DIDÁCTICAS CONTIDOS1 TEMA 1
A especificidade do saber
filosófico.
O sentido e a necesidade da
filosofía.
A filosofía e a súa historia
A orixe histórica da filosofía: o seu nacemento, a filosofía
como asombro e os primeiros pensadores.
A especificidade do saber filosófico: tipos de saberes,
caracterización do saber filosófico.
O sentido e a necesidade da filosofía.
A filosofía e a súa historia: época antiga, medieval, moderna e
contemporánea
2 TEMA 2
O Coñecemento Científico:
Orixes, Métodos e Límites
Noción e clases de ciencias.
Os métodos científicos.
Os límites do coñecemento científico.
3 TEMA 3
A Filosofía como Racionalidade Teórica.
Coñecemento sensible: sensación e percepción, imaxinación e memoria.
Coñecemento intelixible: intelixencia, conceptos, xuízos e razoamento.
Coñecemento e verdade: a verdade como adecuación, como evidencia,
como coherencia e como perspectiva.
Teorías en torno ao valor da verdade: escepticismo, realismo,
relativismo.
Os límites do coñecemento humano: filosofía e ciencia
4 TEMA 4
A Filosofía como
Racionalidade Práctica
A racionalidade práctica
As relacións entre ética e política no mundo antigo
Ética e filosofía política na Idade media e o Renacemento: San Agustín,
Santo Tomás e Maquiavelo
Ética e política na idade moderna: Hobbes, Spinoza e Kant
A razón práctica contemporánea5 TEMA 5
As Preguntas e Problemas
Fundamentais da Filosofía.
O Concepto de metafísica e a pregunta polo ser (substancia / accidentes).
As Probas sobre a existencia de Deus e a imposibilidade da metafísica
como ciencia (Kant).
Relacións entre ciencia e tecnoloxía.
O paso do traballo artesanal ao capitalismo industrial.
Liberalismo e globalización.
A estética como disciplina filosófica.
O belo e o sublime como categorías estética
6 TEMA 6
A Dimensión Natural do Ser
Humano
Orixe e Evolución da vida
Fixismo e evolucionismo
Teorías da Evolución
Os problemas filosóficos do evolucionismo.
Hominización
Os trazos distintivos do animal humano.7 TEMA 7
A Dimensión
Sociocultural:
Individuo e Ser Social.
A tensión entre Natureza e
Cultura.
A especificidade zoolóxica e cultural do ser humano.
proceso de humanización e a antropoxénese .
Teorías sobre a natureza humana: do evolucionismo á xenética
conductual.
Definición de cultura: a interacción- herdanza cultura.
O proceso de socialización, etapas e axentes socializadores.
A diversidade cultural : etnocentrismo, relativismo e interculturalidade.
Cultura e individuo: interdependencia cultura / personalidade e
individuo/sociedade8 TEMA 8
Relación Lingüística e
Simbólica do Suxeito co
Mundo.
Elementos do proceso de comunicación e funcións da linguaxe.
A linguaxe humano e a linguaxe animal.
Linguaxe natural e linguaxe formal.
A siloxística aristotélica.
A lóxica formal e a lóxica informal.
Falacias, paradoxos, paraloxismo e sofismas.
9 TEMA 9
Concepcións Filosóficas do
Ser Humano.
Concepto de ser humano.
O dualismo platónico, a autarquía en Aristóteles e as escolas
helenísticas.
A visión da Idade Media e do Renacemento: Agustín de Hipona e Pico
da Mirándola.
A antropoloxía de Kant
As teorías de Marx, Nietzsche, Freud, Heidegger e Sartre.
O positivismo e o avance da identidade cyborg.
10 TEMA 10
Os Fundamentos da Acción
Moral:
Liberdade e Responsabilidade
A estrutura moral do ser humano.
Os fundamentos da acción ética.
A conciencia moral.
A liberdade e a responsabilidade.
11 TEMA 11
Fundamentación da Ética. Autonomía e Heteronomía
moral
Sentido da ética.
A fundamentación da ética: a estrutura e os contidos morais.
Valores, principios e normas.
As características dos actos humanos.
Autonomía e heteronomía morais.
Sentido da obrigación moral.
12 TEMA 12
As Teorías Éticas ante os
retos da sociedade actual:
Felicidade e Xustiza.
Felicidade e xustiza
Éticas materiais e teleolóxicas.
Éticas formais e deontolóxicas.
Éticas dos valores.
Problemas éticos actuais. Moralidade e legalidade. Problemas ecolóxicos
e cuestións de bioética.
13 TEMA 13
A Construción Filosófica
da Cidadanía:
Xénese Histórica e
Fundamentación Filosófica
A xénese da cidadanía en Grecia e Roma
A cidadanía moderna á luz das teorías contractualistas
A cidadanía contemporánea entre a xustiza e a solidariedade
A cidadanía actual á luz dos dereitos humanos. Necesidade dunha
educación para a cidadanía
14 TEMA 14
Orixe e Lexitimidade do
Poder Político.
Concepto de poder.
Nación, sociedade civil e Estado.
Cidadanía e Estado.
Teorías sobre a orixe da sociedade política: naturalismo aristotélico,
contractualismo (Hobbes, Locke, Rousseau) e neocontractualismo
(Rawls, Nozick, Buchanan).
Soberanía e límites do Estado.
Lexitimación e democracia.
Utopías e distopías sociais (De Bacon a Orwell).
15 TEMA 15
Estado Democrático e Cidadanía Global
As características do Estado de dereito e a súa relación coa democracia e
as autocracias.
Valores democráticos e dereitos humanos
Teorías sobre a democracia: clásico –libera (Locke) , competitivo-elitista
(Schumpeter), pluralista (Dahl), participativa (Macpherson), democracía
mínima (Bobbio).
A democracia mediática: a importancia de medios e as tecnoloxías da
información e a comunicación en política.
A cidadanía global e a súa esixencia dunha democracia global.
4. METODOLOXÍA DIDÁCTICA
a) Metodoloxía específica da materia
As metodoloxías concretas empregadas polo profesorado nesta materia deberán orientarse a:
Potenciar unha autonomía progresiva, por parte das alumnas e dos alumnos, na obtención, análise e procesamento da
información referida ás cuestións e problemas propostos.
Promover o diálogo e o debate horizontal entre iguais como un medio para desenvolver estratexias de
conceptualización, comunicación e empatía intelectual e emocional.
Manter un modelo de aprendizaxe funcional no cal as nocións que se van adquirido sexan aplicadas á vida real ou
virtual.
Promover a lectura e análise de textos, así como a composición de textos propios e exposicións orais e escritas.
Normalizar o uso de vocabulario técnico específico e exixir uns niveis de rigor lóxico e de coherencia argumentativa
tanto nas producións orais coma nas escritas.
Ofrecerlles ás alumnas e aos alumnos instrumentos e estratexias de autoanálise e autoavaliación para detectar os
avances e carencias no proceso de aprendizaxe.
Capacidade de comprensión e tolerancia cara a outras culturas.
De forma xeral, a metodoloxía empregada na ensinanza desta materia terá en conta os seguintes aspectos:
As explicacións teóricas se adaptarán ao nivel medio do grupo.
No aprendizaxe dos contidos predominará a participación activa dos alumnos. Para elo, deberán evitarse as
actividades que converten a estes en receptores pasivos dunha información completamente elaborada e estruturada
polo profesor,destinada simplemente a ser memorizada. Con tal fin, o profesor procurará un plantexamento
problemático das cuestións filosóficas, de tal xeito co alumno sinta como propia esa problemática e busque el
mesmo a solucións.
As clases incorporarán numerosas actividades prácticas,destinadas a lograr a participación do alumno na súa propia
aprendizaxe. A partires de ditas actividades, abordaranse os contidos teóricos e abstractos da materia.
Ademais desa metodoloxía xeral, prográmase unha metodoloxía específica adaptada á estrutura pedagóxica do libro
de texto seleccionado.
b) Materiais e recursos didácticos
O profesor proporcionará ao alumnado o material adecuado en cada caso para desenvolver as distintas unidades.
Fundamentalmente se lle proporcionaran apuntes elaborados polo Departamento e outros textos seleccionados polo
mesmo
Utilizarase outro tipo de recursos didácticos tales como:
1. Textos filosóficos.
2. Materiais audiovisuais e de prensa.
3. Libros de lectura recomendados.
4. Páxinas Web
5. CRITERIOS DE AVALIACIÓN
CRITERIOS MÍNIMOS1. Recoller e integrar información a través dos diversos medios acerca dos problemas, conceptos e
teorías específicos propostos para cada bloque temático.
X
2. Caracterizar, identificar e expoñer, tanto de forma oral como escrita, os problemas, conceptos e
teorías propostos e desenvoltos en cada un dos bloques temáticos específicos. X
3. Ler, analizar e comentar, tanto oralmente como por escrito, textos referidos ás nocións e
problemas abordados. X
4. Debater e argumentar acerca das cuestións máis problemáticas e controvertibles suscitadas por
certos temas, fundamentalmente os éticos e políticos.
X
5. Utilizar un vocabulario técnico específico tanto nas argumentacións como nas exposicións orais
e escritas. X
.6. Transferir e aplicar as nocións, conceptos e teorías incorporadas á análise da vida real e do
propio contorno
X
6. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACION
a) Para as avaliacións ordinarias
PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS
Probas escritas
Realización dunha ou varias probas escritas (exames) por avaliación; podendo constar as mesmas dunha ou varias das seguintes cuestións:
- Análise e comentarios de textos
- Desenvolvemento dun tema
- Resposta a preguntas ou cuestións
- Test
- Composición dun texto
A puntuación de cada cuestión especificarase no exame correspondente.
En ditas probas teranse en conta os seguintes aspectos:
- Exposición coherente das ideas.- Uso da terminoloxía apropiada.- Competencia lóxica e argumentativa.
Traballos individuais
Traballos sobre libros propostos e sobre os contidos explicados na aula. O profesor indicará ao seu debido tempo o libro de lectura correspondente e as indicacións tanto para o seu traballo como a súa avaliación.
Comentarios de texto, analizando os termos máis importantes e identificando os problemas, ideas e argumentos
Realización webquest
Traballos en grupo Algunha das actividades da sección anterior poderían, se se dan as circunstancias apropiadas, facerse en grupos de non máis de 3/4 persoas.
Probas oraisExposición dun tema
Traballo na aula Realización e corrección de actividades de comprensión, resume e análise dos contidos de cada tema.
Observación e rexistro Observación sistemática da vida da aula, valorando o grao de participación, o esforzo realizado, o interese e implicación nas tarefas diarias, os intercambios e intervencións orais, as exposicións de informacións específicas, etc.
Os traballos, comentarios ou exercicios que se realicen na casa deberán ser entregados na data fixada.
Só se repetirá un exame ao alumno que faltase á primeira convocatoria si este presenta un xustificante oficial sobre as causas da súa ausencia ao mesmo
b) Para a avaliación extraordinaria
PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOSProba escrita Aqueles alumnos que non aprobasen por avaliacións, nin recuperasen, terán dereito a
un exame final da materia. Este exame poderá ser de toda a materia ou só das partes nos superadas.
7. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Contidos Conceptuais e procedimentais:
Suporán o 95% da nota final de avaliación. No caso de que haxa máis dun exame farase media entre eles. Non podendo
sacar menos de 4. O total desta nota verase modificada pola valoración das actitudes
En caso de ter realizado algún traballo monográfico , libro de lectura ou calquera outra das actividades sinaladas no
apartado anterior ; o profesor indicará no seu momento ao alumno a valoración do mesmo respecto a nota final da
avaliación
Contidos Actitudinais:
Suporá un 5% da nota de avaliación. Teranse en conta os seguintes aspectos:
Comportamento na aula
Asistencia á clase
Puntualidade
Realización de tarefas propostas na datas previstas: exercicios, busca de información, comentarios ade texto,
caderno de clase completo...
Avaliación Final
A Cualificación final será o resultado da media das tres avaliacións.
8. PROGRAMA DE RECUPERACION E REFORZO
a) Das materias pendentes de cursos anteriores
Plan de traballo
Ao comezo de cada curso, o seminario exporá publicamente os contidos a avaliar.
Quedarán fixadas publicamente as datas das probas escritas, así como o lugar e a hora na que se realizarán.
O seminario fará entrega de material de traballo ao alumnado que así o desexe.
As notas das probas faranse públicas no seminario
Procedementos e instrumentos de avaliación
Haberá dous exames; un en decembro/xaneiro e outro en marzo/abril. Aqueles alumnos que non recuperen, terán
dereito a un exame final. A data deste exame será fixada pola Xefatura de Estudios.
Os contidos destes exames corresponderanse cos contidos da programación do curso en cuestión e segundo o modelo
que se veu facendo nas probas ordinarias O alumno será informado coa suficiente antelación das datas de ditas probas.
b) Da materia do propio curso
Procedementos e instrumentos de avaliación para :
a. Unha proba non superada
Farase un exame de recuperación por avaliación. Este exame pode ser da totalidade de parciais ou ben só da parte na
que a nota sexa inferior a 4, neste caso este resultado fará media coa parte que o alumno teña aprobada. Este exame
cualificarase sobre 10
b. Unha avaliación parcial
Si un alumno suspende unha avaliación, terá dereito a un exame de recuperación da mesma. Esta exame cualificarase
sobre 10
c. A avaliación final ordinaria
Aqueles alumnos que non aprobasen por avaliacións, nin recuperasen, terán dereito a un exame final da materia.
Este exame poderá ser de toda a materia ou só das partes nos superadas.
Aqueles alumnos que non aproben a asignatura na convocatoria de xuño, terán que presentarse ao exame de
setembro.. Os criterios de avaliación para este exame serán os mesmos que para calquera outro que se realice
durante o curso.
d. A avaliación final en caso de perda do dereito á avaliación continua
Ao final do curso (mes de Xuño), realizarase un exame final da asignatura, o que terán que presentarse os alumnos que
perderan o dereito a avalición continua
9. MEDIDAS DE ATENCION Á DIVERSIDADE
Co fin de atender no posible ás peculiaridades persoais dos alumnos dentro do seu proceso de aprendizaxe, ao longo do
curso adoptaranse medidas tendentes a proporcionar certos reforzos pedagóxicos aos alumnos que o necesiten, así como
a programar aprendizaxes complementarios para aqueles alumnos que, pola súas especiais aptitudes, sobrepasen o nivel
medio do curso en canto a coñecementos da materia.
Como medidas de reforzo ao aprendizaxe, propóñense as seguintes:
Programar comentarios de texto, actividades, exercicios, etc. máis sinxelos para alumnos con dificultades de
aprendizaxe; sobre todo, nos primeiros meses da clase. Deste xeito, intentarse que vaian comprendendo pouco a
pouco os principios esenciais para poder adentarse, posteriormente, en aqueles temas máis abstractos ou complexos.
Proporcionarlles axuda directa naquelas actividades que se realicen na aula, con fin de ir orientando de
maneira personalizada o seu proceso de aprendizaxe.
Incluír dentro do seu plan de traballo actividades sinxelas e adicionais que lles permitan cubrir as lagoas
conceptuais que posúan.
Nos traballos en grupo, organizar estes de tal maneira que estes alumnos se encontren distribuídos en
diferentes grupos, con fin de que compañeiros con mellor rendemento académico poidan axudarlles na realización
da súa tarefa.
Si existisen alumnos superdotados o cun maior nivel de coñecementos filosóficos, programaríanse medidas
pedagóxicas complementarias para que ditos alumnos puideran desenrolar as súas propias potencialidades de
aprendizaxe. Así, por exemplo:
- Lecturas dirixidas de libros ou textos de maior dificultade conceptual.
- Actividades complementarias sobre aqueles temas que máis lles interesasen.
- Tarefas pedagóxicas destinadas a axudar aos compañeiros que maior dificultade encontrasen na materia.
10. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
Iranse programando ao longo do curso segundo as dispoñibilidades económicas e de horario deste Departamento e do
propio Centro. Actividades que poderían desenrolarse son as seguintes:
- Conferencias ou debates
- Visitas a Museos (científicos, artísticos, etc.)
- Actividades relacionadas coas ONGs.
- Asistencia a obras de teatro que aborden cuestións filosóficas.
- Proxección de largometraxes como punto de partida para provocar reflexiones filosóficas.
11. ACCIÓNS DE CONTIRBUCIÓN AO PLAN LECTOR
Desde a área de Filosofía parécenos fundamental secundar o Plan Lector elaborado polo equipo de apoio á biblioteca.
Este plan céntrase en dous aspectos: ler para aprender e ler para disfrutar.
Para o desenvolvemento do proxecto na área de Filosofía, consideramos fundamental plantexarnos unha serie de
obxectivos, así como definir cales van ser os recursos que pretendemos utilizar e as actividades a realizar.
OBXECTIVOS:
Como profesores temos a responsabilidade de formar lectores capaces de enfrontarse ao mundo escolar e ao
seu futuro laboral e social.
A Biblioteca escolar , como centro de aprendizaxe, é un pilar fundamental para que o plan teña éxito.
RECURSOS:
Uso da Biblioteca (tanto de libros como de materiais audiovisuais) para a elaboración de traballos, e para
consultar e ampliar información.
Utilización de textos variados: enciclopedias, textos escollidos, mapas, artigos de periódicos...
ACTIVIDADES:
Podemos clasificalas en dous tipos fundamentais:
a) ler para aprender.
Trataranse de actividades coas que os alumnos sexan capaces de comprender globalmente un texto, obter información,
elaborar unha interpretación, reflexionar sobre o contido, reflexionar sobre a forma dun texto.. Serán actividades como:
Traballos con textos: identificación de tema, ideas, partes do texto, contexto, teses., conceptos
fundamentais......
Traballos monográficos sobre un tema, que o alumno elaborará tras entregarlle o profesor un guión ou
esquema e unha bibliografía. Isto farase, sobre todo, en materias como Ética, Ética e Filosofía do Dereito,
Introducción ás ciencias políticas e sociais...
Traballos e/ou cuestións sobre documentais, películas...
b) ler para disfrutar.
Trátase de fomentar a lectura desde a área de Filosofía. Sobre as obras propostas non se farán exames nin traballos. En
todo caso, e se se considera pertinente, poderase pedir un comentario persoal sobre o lido.
Co fin de fomentar a lectura, o Departamento de Filosofía recomendará lecturas por materias e temas. Entre outras,
recomendaremos as seguintes obras:
Ray Bradbury: Crónicas marcianas . Barcelona: Minotauro, 2002. Cencia.
Marvin Harris
Caníbales y reyes. Madrid: Alianza, 2001 Ciencia. Estado
Nuestra especie. Madrid: Alianza, 1997 Evolución
Vacas, cerdos, guerras y brujas. Madrid: Alianza, 1998Ciencia. Estado. Antropoloxía
La cultura norteamericana contemporánea. Madrid: Alianza, 2004.
A ciencia.Estado.
Aldous Huxley: Un mundo feliz . Barcelona: Nuevas ediciones de bolsillo, 2005
A ciencia. Liberdade. Estado
Albert Camus: El extranjero . Madrid: Alianza editorial, 1999. Liberdade
Eduardo Galeano
Días y noches de amor y guerra . Madrid: Alianza editorial, 1998.
Estado.Patas arriba : la escuela del mundo al revés Madrid, Siglo XXI, 1998
Hermann Hesse: Siddharta , Barcelona. Plaza & Janés, 1999. Liberdade
Franz Kafka: El castillo. Madrid: Alianza Editorial, 1998 Liberdade.Estado.
El proceso. Madrid: Alianza Editorial, 1998. Liberdade. Estado.
Primo Levi.: Si esto es un hombre . Barcelona: El Aleph Editores, 2003. Liberdade
Thierry Meyssan: La gran impostura. Ningún avión se estrelló contra el Pentágono . Madrid: La esfera de los libros, 2004.
Liberdade.Estado.
Michael Moore: ¿Qué han hecho con mi país, tío? . Madrid: Ediciones B, 2004.
Liberdade.Estado.
J. D. Salinger: El guardián entre el centeno . Madrid: Alianza Editorial, 1986. Liberdade
George Orwell
1984 . Barcelona: Ediciones Destino, 2001.Liberdade. Estado
Rebelión en la granja. Barcelona: Ediciones Destino, 2006.Liberdade. Estado
12. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN T.I.C.
Dende o Departamento de filosofía parécenos que pode resultar moi interesante a integración das novas tecnoloxías da
información e da comunicación na nosa programación anual. Para o desenvolvemento do proxecto na área de Filosofía,
consideramos fundamental plantexarnos unha serie de obxectivos, así como definir cales van ser os recursos que
pretendemos utilizar e as actividades a realizar.
OBXECTIVOS:
Mellorar e actualizar os coñecementos e utilización das TIC por parte de todo o profesorado implicado no
departamento.
Conseguir que as TIC apoien ou complementen, de xeito eficaz, algún dos métodos tradicionais de traballo na
aula.
Rendabilizar o uso de diversos software de didáctica xeral e a súa aplicación no ensino aprendizaxe da filosofía.
Utilización de presentacións feitas por o propio alumnado como material educativo.
RECURSOS:
Uso da aula de informática con cada grupo de cada unha das materias que imparte o departamento.
Uso do encerado dixital para as explicacións teóricas.
Uso dos portátiles e do canón de vídeo para elaborar as exposicións - conferencias para grupos grandes de
alumnado, que se realizarán na aula de audiovisuais.
ACTIVIDADES:
Basicamente do que se trata é de facer referencia a diversos tipos de proxectos que requiren que os alumnos se centren
en resolver problemas ou tarefas co usos das TIC, e ó mesmo tempo, conseguir que se involucren en actividades do seu
interese. Estas poderíamos clasificalas en varios tipos:
Elaboración de Proxectos de clase, cos que se busca facilitar, mellorar ou afondar, co uso das TIC,na aprendizaxe de
contidos das materias do departamento, tales como autores, problemas éticos, cuestións de filosofía do dereito e de
socioloxía, etc.
Ademais preténdese afianzalas habilidades adquiridas no manexo de ferramentas informáticas. Neste punto tratarase de
fomentar a realización de traballos a través de presentacións multimedia elaboradas polos alumnos e que despois
utilizen para expoñer ós seus compañeiros a modo de conferencia.
Consulta de páxinas Web, previamente seleccionadas. Destacamos as seguintes:
Dirección Contido
www.webdianoia.com Filósofos, glosario, textos, exercicios, selectividade...
www.Cibernous.com Autores, cronoloxía, lóxica, temarios...
www.blues.uab.es/filosofía/estemes.html Recursos filosóficos na rede
Javier.borregosc.com Páxina persoal. Enlaces, traballos, temas.
www.terra.es/personal/ofernandezg Temario de historia da Filosofía
www.filosofía.net Acceso a portais, buscadores, dicionarios, sociedades, etc
www.cnice.mec.es/filosofía Páxina do mec con recursos tanto para profesores como alumnos: apuntes, textos, actividades interactivas
www.paginasobrefilosofia.com Textos actividades varias, diferentes áreas de coñecemento
Personal.telefónica.terra.es/web auladefilosofia. Eugenio Sánchez Bravo
Didáctica, textos, filosofía I, Filosofía II, Psicoloxía, Cine e filosofía...
www.xtec.es/jgonza51 Apuntes filosofía, enlaces a outras webswww.lacavernadeplaton.com Artigos, actividades dende a aula, reseñas,
críticas de libros...www.canariastelecom.com/personales/Carlos Clavijo Materiais educativos para Eso e
Bacharelato.www.congreso.es Visita virtual ao congreso. Información sobre
a Constitución e o proceso de elaboración da carta Magna
www.cervantesvirtual.com/portal/constitucionesDocumentos constitucionais dos países de fala Hispana
www.europarl.eu Información sobre a Constitución Europea
www. Sociologicus.com A socioloxía ao alcance de todos. Contidos e recursos socioloxía
www.unavarra.es/puresoc. Publicacións e recursos socioloxía
13. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA
A experiencia dinos que o alumnado de bacharelato ao que se dirixe esta materia, non soe presentar problemas
relacionados coa convivencia, de tódolos xeitos , a través da mesma tratarase de:
Contribuír a concienciación sobre a importancia dunha axeitada convivencia escolar que permita unha mellor
relación ensinanza-aprendizaxe.
Detectar o antes posible conflitos que poidan xurdir nas aulas
Fomentar o respecto entre todos os membros da comunidade educativa e a integración de tódolos alumnos do
centro
14. PROGRAMA DE EDUCACION EN VALORES (TRANSVERSAL)
Nunha concepción integral da educación, os temas transversais son fundamentais para procurar que o alumnado adquira
comportamentos responsables na sociedade, respectando as ideas e as crenzas dos demais.
Estes temas –chamados transversais porque non corresponden de modo exclusivo a unha única área educativa, senón
que están presentes de maneira global nos obxectivos e contidos de todas elas– contribuirán a que a educación dos
estudantes se leve a cabo cunha maior unidade de criterio entre todas as materias.
Iso pódese conseguir prestando atención, no momento en que se planifican as diversas materias, a aqueles contidos que
posúen carácter interdisciplinar.
Debido á especificidade do currículo de Filosofía I, resultarnos fácil abordar a maioría dos temas transversais propostos
oficialmente. Case dende os seus mesmos orixes, o pensamento filosófico propuxo cuestións relativas á igualdade ou
desigualdade entre os seres humanos, á relación entre técnica e natureza, á busca da paz como ideal social, etc. Trátase,
pois, de analizar esas ideas dende una perspectiva crítica, aínda sendo conscientes das influencias sociais e históricas
que condicionaron algúns conceptos.
Haberá que levar a cabo una hermenéutica das ideas, pero non dende una pretendida neutralidade científica, senón
facendo resaltar as falacias que tratan de xustificar discursos xenófobos, androcéntricos, etnocéntricos, absolutistas, etc.
O obxectivo final ao que se debe aspirar é o de facer ver aos alumnos o carácter liberador da Historia da Filosofía en
canto a prexuízos e ideas preconcibidas. De esa maneira, os temas transversais quedarán insertos dentro do desenrolo e
evolución das ideas filosóficas ao longo da historia do pensamento.
Dunha maneira máis específica,atendendo as unidades que desenvolven os diferentes bloques, fundamentalmente os
Bloques III e IV vemos que os contido transversais que claramente aborda a nosa materia son: “Educación para os
dereitos humanos e a paz”; “Educación para igualdade”; “Educación multicultural”, “Educación para a
convivencia”
15. SISTEMA PARA A ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PREVIOS
Dada a novidade da materia non se contempla ningún tipo de proba ao uso que o alumno deba superar. En todo caso,
poderase deseñar algún tipo de actividade na que se recollan algúns conceptos ou temas que o alumno debería coñecer
por cursar as materias de Educación para á Cidadanía en 2º ESO e Educación ético Cívica en 4º ESO
16. PROCEDEMENTO PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN
A programación será permanente avaliada nas reunións de Departamento que se levarán a cabo semanalmente. O
criterio fundamental e que todos os alumnos/as acaden con éxito os obxectivos das diferentes materias. Ao finalizar
cada trimestre revisarase o desenvolvemento da programación para realizar modificacións e adaptacións oportunas.
De todas maneiras, ao finalizar o curso, todos os anos, debe facerse unha valoración sobre o desenvolvemento da
programación en todos os seus os aspectos e elementos, elaborar unhas conclusións ao respecto e preparar para o
seguinte curso as modificacións que se vexan oportunas, de cara a mellorar a súa aplicación e desenvolvemento, a
mellorar a calidade de ensino, e sobre todo para conectar a teoría coa práctica no proceso de ensino-aprendizaxe, sen
esquecer aspectos como o achegamento da aprendizaxe ás situacións reais e significativas para o alumnado.
17. CONSTANCIA DE INFORMACIÓN AO ALUMNADO
Ao comezo do curso se lle proporcionará ao alumno un extracto da programación correspondente a materia en cuestión,
na que se recollerán os, obxectivos, contidos e criterios de avaliación da mesma. Asemade a programación estará
disponible na páxina web do Departamento
ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA ÉTICA E FILOSOFÍA DO DEREITO de 2º BACHARELATO
1. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS
NON SE CONTEMPLAN NESTA ETAPA
2. OBXECTIVOS DA MATERIA
1. Analizar, contrastar e interpretar información diversas sobre os diferentes aspectos das condutas e códigos morais e
da súa teorización ética, realizando actividades de documentación e indagación e incorporando á expresión persoal
vocabulario
2. Comprender os diferentes tipos e niveis de conciencia moral valorando o desenvolvemento dunha racionalidade
crítica e autónoma.
3. Desenvolver formas de racionalidade dialóxica adoptando actitudes de empatía, respecto e tolerancia.
4. Coñecer a través da análise de textos e á luz das diversas teorías éticas as interpretacións sobre o desenvolvemento
moral, tanto persoal como social.
5. Analizar e comprender as relacións entre moral e dereito desde a perspectiva da xustiza como ideal de
imparcialidade.
6. Valorar a existencia de actitudes morais críticas, orientadas a promover un ordenamento legal máis xusto.
7. Comprender que a dignidade humana ten a súa base na liberdade e autonomía moral do individuo, asumindo a razón
moral como guía última de todo esforzo de emancipación, tanto individual como colectiva.
8. Desenvolver procedementos de busca, análise e exposición da información, acompañados dunha actitude de
constancia no traballo e rigor no uso dos conceptos.
3. CONTIDOS SECUENCIADOS E TEMPORALIZADOS
Nº
UNIDADES DIDÁCTICASBLOQUES
Libro TEMPORALIZACIÓNSESIÓNS/ MES
Probas Avaliación
1 Xénese da moralidade.24 SETEMBRO
OUTUBROX
1ª2 Historicidade dos códigos morais. 26 NOVEMBRO
DECEMBROX
3 Autonomía e moralidade.20 XANEIRO
FEBREIROX 2ª
4 O ben moral.24 FEBREIRO
MARZOX
5 Moral e contrato social.26 ABRIL/MAIO X
3ª
Nª UNIDADES DIDÁCTICAS CONTIDOS1
Xénese da moralidade.
Raíces antropolóxicas da liberdadeA socialidade constitutiva do ser humano.A constitución cultural de normas e valores e a súa
reprodución a través dos procesos de socialización.Códigos morais e reflexión ética.
2
Historicidade dos códigos
morais.
Relativismo e EtnocentrismoFuncionalidade dos códigos morais e grao de consciencia
da mesmaLexitimación dos códigos morais: relixiosa, naturalista,
contractual.
3
Autonomía e moralidade.
Xénese e desenvolvemento da conciencia moral.
Liberdade e racionalidade: a autonomía moral
Dimensión intersubxectiva da racionalidade moral4
O ben moral.
O ben moral como felicidade (éticas materiais e
teleolóxicas)O ben moral como deber (éticas formal, procedimentais e
deontolóxicas)Felicidade individual. Benestar colectivo e xustizA
5
Moral e Contrato Social
Moral e Dereito: o problema da lexitimidade e da
obrigatoriedade moral das leis.
Do Estado de dereito á institucionalización dos dereitos
humanos
Ética mínima: fundamentos éticos do Estado democrático
de dereito
Do Estado de dereito á institucionalización dos dereitos
humanos
4. METODOLOXÍA DIDÁCTICA
a) Metodoloxía específica da materia
Partindo, como sempre, dunha metodoloxía activa utilizaremos aqueles medios que sexan máis cercanos ó alumnado. Ó
principio do curso farase uso da preavaliación para tratar de determina-los coñecementos que posúe o alumnado e de
que forma os ten organizados.
Procuraremos que os alumnos/as se habitúen a elaborar mapas conceptuais ou esquemas dos contidos que se vaian
expoñendo nas diferentes unidades didácticas para que a adecuada estructuración dos seus coñecementos faga posible
unha mellor comprensión. Tratarase que os alumnos/as dean solucións propias ós problemas plantexados e que
contrasten a súa exposición en confrontación coas solucións dos seus compañeiros ó fin de posibilitar a modificación de
conductas e actitudes.
Tratarase de problematizar os contidos demandando do alumnado un papel activo na súa resolución para o cal
ofreceremos un elenco de posibles solucións mediante textos e outros materiais (p.ex. audiovisuais). Os textos serán
breves e apropiados ós temas que se estéan tratando procurando que reflictan a máxima diversidade de opinións pero
todo elo sen perxuizo de recomendar a lectura de textos máis amplos para complementar as explicacións do profesor
coa actividade do propio alumnado ó fin de que se comprometan cos temas tratados e non os vexan como algo alleo.
Destacamos as seguintes actividades:
1. Comentario de textos.
2. Traballos temáticos orientados á profundización nalgún tema concreto dos contidos.
3. Sínteses e esquemas que permitan recoñecer conceptos específicos e relacionar ós distintos autores e temas entre
si.
4. Emprego de materiais audiovisuais e comentarios de películas, novelas ou acontecementos.
5. Debates ou discusións que fomenten a actitude crítica, a precisión lóxica e conceptual na expresión e a
tolerancia.
b) Materiais e recursos didácticos
O profesor proporcionará ao alumnado o material adecuado en cada caso para desenvolver as distintas unidades.
Fundamentalmente se lle proporcionaran aos alumnos apuntes elaborados polo Departamento e outros textos
seleccionados polo mesmo
O libro de texto pode ser utilizado como guía fundamental na aula, ou só como apoio das explicacións. En calquera dos
dous casos, considerámolo recurso didáctico complementario. O libro proposto é: Ética e filosofía do dereito. Ed..
Xerais
Utilizarase outro tipo de recursos didácticos tales como:
5. Textos filosóficos.
6. Materiais audiovisuais e de prensa.
7. Libros de lectura recomendados.
8. Páxinas Web
5. CRITERIOS DE AVALIACIÓN
CRITERIOS MÍNIMOS1. Manexar e analizar información, procedente de distintos ámbitos, referida ás producións morais
humanas (normas e valores), poñendo de relevo aqueles aspectos que teñen relación cos contextos históricos e culturais nos que xorden e operan.
X
2. Participar en debates e discusións específicamente morais centrados en problemáticas do mundo actual. X
3. Analizar textos filosóficos pertencentes ás principais teorías éticas, así como calquera outro que presente un claro contido moral caracterizando as súas diferentes interpretacións do ben moral, así como os postulados filosóficos e as circunstancias históricas que subxacen a eles.
X
4. Analizar casos reais e hipotéticos de dilemas e conflitos entre moralidade e legalidade subliñando e caracterizando os supostos teóricos a que remiten as diversas argumentacións. X
5. Seleccionar e integrar información procedente de diversas fontes en relación coa problemática dos dereitos humanos. X
6. Analizar datos e problemáticas orixinadas polo uso en exclusiva dun modelo de racionalidade puramente tecnolóxica e instrumental (desastres ecolóxicos, derivación bélica da tecnoloxía, etc.).
X
6. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACION
a) Para as avaliacións ordinarias
PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOSProbas escritas Poderán constar dunha ou varias das seguintes actividades:
- Análise e comentario de textos
- Desenvolvemento dun tema
- Resposta a preguntas ou cuestións
- Test
- Composición dun texto
- Elaboración de resumes, esquemas…
Teranse en conta os seguintes aspectos:
- Exposición coherente das ideas.
- Uso da terminoloxía apropiada.
- Competencia lóxica e argumentativa.
Nas probas farase constar o valor de cada cuestión ou parte da mesma
Traballos individuais Realización de traballos individuais (de investigación, de análise, síntese..)
Traballos sobre libros propostos e sobre os contidos explicados na aula. O profesor indicará ao seu debido tempo o libro de lectura correspondente e as indicacións tanto para o seu traballo como a súa avaliación.
Búsquedas de información.
Redacción de composicións explicativas sobre temas.
Análise de documentos escritos e audiovisuais.
Realización webquestTraballos en grupo Algunha das actividades da sección anterior poderían, se se dan as circunstancias
apropiadas, facerse en grupos de non máis de 3/4 persoas.Probas orais
Exposición dun tema
Traballo na aula Comentarios de texto
Lectura comprensiva de textos.
Debates.
Exposicións orais individuais e en grupo.
Observación e rexistro A maior parte das actividades realizaranse na aula, polo tanto en caso de falta sen
xustificar o alumno non poderá entregar esas actividades.
O profesor pedirá o caderno para avaliar estas actividades cando considere
oportuno. Non se poderá, salvo causa xustificada, entregar o caderno fora de
prazo. Os traballos, comentarios ou exercicios que se realicen na casa deberán ser
entregados na data fixada.
b) Para a avaliación extraordinaria
PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOSProba escrita Aqueles alumnos que non aprobasen por avaliacións, nin recuperasen, terán dereito a
un exame final da materia. Este exame poderá ser de toda a materia ou só das partes nos superadas.
7. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Procedementos e contidos
Serán valorados a través das distintas tarefas e probas propostas no apartado anterior. Suporán o 95% (nota. 9,5) da nota
de avaliación.
- Probas escritas, 40% ( 4)
- Traballos sobre lecturas, monográficos. 35% ( 3,5). O control sobre as lecturas efectuarase mediante comentarios
de texto, resumes ou outros exercicios que o profesor estime oportunos
- Outras actividades , 20% ( 2)
A seguinte cuaificación ten un sentido orientativo e provisional pois entendemos que isto dependerá da marcha real da
materia: tipo de actividade ou proba, cantidade…etc que se faga no seu momento. En todo caso o profesor informará ao
alumno oportunamente da valoración e ponderación de cada unha das actividades
Só se repetirá un exame ao alumno que faltase á primeira convocatoria si este presenta un xustificante oficial sobre as
causas da súa ausencia ao mesmo
O profesor fixará as datas de entrega das diversas actividades para ser avaliadas cando considere oportuno. Non se
poderá, salvo causa xustificada, entregalas fora de prazo.
Actitude
Na valoración da actitude terase en conta aspectos como: asistencia ás tutorías e realización das tarefas propostas. En
caso dunha valoración positiva destes aspectos suporá un 5% (nota.0,5) máis sobre a nota resultado dos apartados
anteriores. En caso dunha valoración negativa, non se sumará
Nota Avaliación. Resultará da suma dos conceptos sinalados anteriormente
8. PROGRAMA DE RECUPERACION E REFORZO
a) Das materias pendentes de cursos anteriores
Plan de traballo
Ao comezo de cada curso, o seminario exporá publicamente os contidos a avaliar.
Quedarán fixadas publicamente as datas das probas escritas, así como o lugar e a hora na que se realizarán.
O seminario fará entrega de material de traballo ao alumnado que así o desexe.
As notas das probas faranse públicas no seminario
Procedementos e instrumentos de avaliación
Haberá dous exames; un en decembro/xaneiro e outro en marzo/abril. Aqueles alumnos que non recuperen, terán
dereito a un exame final. A data deste exame será fixada pola Xefatura de Estudios.
Os contidos destes exames corresponderanse cos contidos da programación do curso en cuestión e segundo o modelo
que se veu facendo nas probas ordinarias O alumno será informado coa suficiente antelación das datas de ditas probas.
b) Da materia do propio curso
Procedementos e instrumentos de avaliación para :
a. Unha proba non superada
O alumno que non teña unha proba superada poderá recuperala côa recuperación da avaliación.( ver apartado b)
b. Unha avaliación parcial
Realizaranse a lo menos unha proba escrita para cada unha das avaliacións trimestrais, tanto para os contidos
curriculares da materia como para correspondentes a outro tipo de actividades. Aqueles alumnos que superen as probas
pero non as actividades deberán realizar actividades alternativas. Aqueles alumnos que realicen satisfactoriamente as
actividades pero non as probas deberán realizar probas de recuperación ou actividades de reforzo adaptadas aos
contidos mínimos.
c. A avaliación final ordinaria
Aqueles alumnos que non aprobasen por avaliacións, nin recuperasen, terán dereito a un exame final da materia. Este
exame poderá ser de toda a materia ou só das partes nos superadas.
Aqueles alumnos que non aproben a asignatura na convocatoria de xuño, terán que presentarse ao exame de setembro..
Os criterios de avaliación para este exame serán os mesmos que para calquera outro que se realice durante o curso.
d. A avaliación final en caso de perda do dereito á avaliación continua
Ao final do curso (mes de Xuño), realizarase un exame final da asignatura, o que terán que presentarse os alumnos que
perderan o dereito a avalición continua
9. MEDIDAS DE ATENCION Á DIVERSIDADE
Nos contidos.
Plantexarase cada unidade en dous niveis. Nun primeiro nivel as ideas xerais e básicas sobre o tema concreto, para
pasar, nun segundo nivel de profundización, ó estudio de Témas máis concretos. O primeiro nivel debería ser asimilado
por tódolos alumnos, en tanto que os contidos do segundo nivel poden ser traballados máis ou menos profundamente
segundo as capacidades de cada alumno en concreto.
Nas actividades.
Faranse dous tipos de actividades. Unha serie de actividades servirán para comprobar o grao de comprensión dos
contidos básicos por parte do alumno e corrixir os contidos mal aprendidos. Outras actividades deberán comprobar a
capacidade de xuízo crítico e de análise de problemas por parte dos alumnos, e permitirán unha avaliación a distintos
niveis.
Na metodoloxía.
A atención á diversidade está contemplada tamén na metodoloxía e nas estratexias didácticas concretas que se van
aplicar na aula. Estas estratexias son de dous tipos:
- Unha estratexia expositiva nos contidos básicos. O obxectivo é asegurarnos que eses contidos básicos son
comprendidos por tódolos alumnos, definindo claramente o nivel que se quere acadar.
- Unha estratexia indagatoria no caso dos contidos específicos, que permita ós alumnos profundizar nas súas
investigacións segundo sexan as súa capacidades e intereses.
De maneira máis concreta, especifícanse a continuación os instrumentos que contemplamos para atender á diversidade
do alumnado:
. Variedade metodolóxica.
. Variedade de actividades de reforzo e profundización.
. Traballos voluntarios
. Multiplicidade de procedementos de avaliación do aprendizaxe.
10. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
Pola clara orientación deste curso cara a selectividade e a carga de traballo e falta de tempo que o soe acompañar, on
cremos posible a realización de moitas actividades complementarias, en todo caso algunha podería ser:
Visitas as sedes de ONGs para coñecer as súas realizacións.
Asistencia a Institucións como Concellos, Parlamentos, Xuzgados, etc.
Visitas a redaccións de periódicos ou televisións.
Recorridos pola localidade ou a comarca para analizar a política ecolóxica que se segue nelas.
Asistencia a charlas, teatro, cine, etc.
11. ACCIÓNS DE CONTIRBUCIÓN AO PLAN LECTOR
Co fin de acadar os anteriores obxectivos, e de acordo co PLAN DE COMPRENSIÓN LECTORA:
- Activaranse os coñecementos previos dos alumnos e as súas presuposicións.
- Realizaranse lecturas en voz alta tanto por parte do profesorado coma do alumnado.
- Despois dunha lectura global os alumnos elaborarán un listado dos conceptos que entenderon e outro cos que non
entenderon.
- Elaborarase un vocabulario ou glosario de temos específicos da materia
- Os alumnos aprenderán a seleccionar e subliñar o fundamental de cada apartado ou párrafo, así como a xeneralizar
ou englobar unhas ideas noutras. A partir das informacións obtidas elaborarán o seu propio texto.
- Reducirase a aprendizaxe memorístico ao fundamental. Os exames fomentarán a relación entre ideas, a busca de
causas e consecuencias..
- Fomentarase o uso da Biblioteca.
Destacamos aquí aquelas obras impresas das cales hai capítulos utilizables para fomentar a comprensión lectora do
alumnado:
F. Savater, Ética para o meu fillo, Ariel 1996.
Isaiah Berlin, Cuatro ensayos sobre la libertad, Alianza Editorial, Madrid, 1988.
Hans Kelsen, ¿Que es justicia?, Planeta-Agostini , 1993
G. Wallraff, Cabeza de turco, Anagrama, 1987
A. Huxley, Un mundo feliz, Nuevas ediciones de bolsillo, 2005
G. Orwell, 1984, Edic. Destino 2001.
B.F. Skinner, Walden I.MR editicones, 2005I
P. Singer, Democracia y desobediencia, Ariel 1985
W. Golding, El señor de las moscas. Alianza Editorial, 1988
12. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN T.I.C.
Nesta materia non se estableceu un libro de texto obrigatorio, polo que as fontes de datos ademais das explicacións do
profesor en clase, incluirán o uso das novas tecnoloxías. A eses efectos, procurarase demandar dos alumnos a
presentación de actividades vinculadas ao uso das tecnoloxías da información, tales como:
- Proxección de presentacións explicativas que servirán como fonte de información ós alumnos.
- Materiais buscados e procesados polos alumnos, en buscadores e páxinas web
- Textos en formato .doc ou .pdf.
- Presentacións de imaxes e textos con Power Point.
- Videos realizados con Windows Media Maker.
- Actividades construidas cos programas WebQuest e Hot Potatoes.
Sempre que sexa posible, o profesor fará uso das ferramentas informáticas na exposición da materia
13. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA
A experiencia dinos que o alumnado de bacharelato ao que se dirixe esta materia, non soe presentar problemas
relacionados coa convivencia, de tódolos xeitos , a través da mesma tratarase de:
Contribuír a concienciación sobre a importancia dunha axeitada convivencia escolar que permita unha mellor
relación ensinanza-aprendizaxe.
Detectar o antes posible conflitos que poidan xurdir nas aulas
Fomentar o respecto entre todos os membros da comunidade educativa e a integración de tódolos alumnos do
centro
14. PROGRAMA DE EDUCACION EN VALORES (TRANSVERSAL)
Educación para a convivencia.
Pretende educar para a convivencia no pluralismo mediante un esforzo formativo en dúas direccións: -o respecto á
autonomía dos demais e –o diálogo como forma de solucionar as diferenzas.
Este tema transversal tratarase fundamentalmente a través do bloque v
Educación para a paz
Non pode separarse da educación para a tolerancia, o desarme, a non violencia, a cooperación....Persigue : -entrenarse
para a solución dialogada de conflitos no ámbito escolar, -educar para a acción. As leccións de paz, a evocación de
figuras e o coñecemento de organismos comprometidos coa paz deben xerar estados de conciencia e condutas prácticas.
Este tema transversal tratarase, sobre todo, ó fío das unidades do bloque V
15. SISTEMA PARA A ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PREVIOS
Poderase, a pricipios de curso, facer aos alumnos algún tipo de proba que constaría fundamentalmente de cuestións de
opción múltiple, por exemplo, ou clarificación de conceptos. Nesta proba, que en ningún caso será avaliada máis alá de
un criterio informativo, se recollerán contidos que teñen que ver coa materia e que se deberon tratar en cursos
anteriores; sobretodo nas Éticas de 2º e 4º da ESO e en Filosofía e Cidadanía. Pensamos en cuestións referidas
fundamentalmente a Conceptos e Teorias éticas ou cuestións como a Democracia e os Dereitos humanos
16. PROCEDEMENTO PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN
A programación será permanente avaliada nas reunións de Departamento que se levarán a cabo semanalmente. O
criterio fundamental e que todos os alumnos/as acaden con éxito os obxectivos das diferentes materias. Ao finalizar
cada trimestre revisarase o desenvolvemento da programación para realizar modificacións e adaptacións oportunas.
De todas maneiras, ao finalizar o curso, todos os anos, debe facerse unha valoración sobre o desenvolvemento da
programación en todos os seus os aspectos e elementos, elaborar unhas conclusións ao respecto e preparar para o
seguinte curso as modificacións que se vexan oportunas, de cara a mellorar a súa aplicación e desenvolvemento, a
mellorar a calidade de ensino, e sobre todo para conectar a teoría coa práctica no proceso de ensino-aprendizaxe, sen
esquecer aspectos como o achegamento da aprendizaxe ás situacións reais e significativas para o alumnado.
17. CONSTANCIA DE INFORMACIÓN AO ALUMNADO
Ao comezo do curso se lle proporcionará ao alumno un extracto da programación correspondente a materia en cuestión,
na que se recollerán os, obxectivos, contidos e criterios de avaliación da mesma. Asemade a programación estará
disponible na páxina web do Departamento.
ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA DE ANTROPOLOXÍADE 1º BAC
1. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS
NON SE CONTEMPLAN NESTA ETAPA
2. OBXECTIVOS DA MATERIA
1. Adquirir unha visión científica do ser humano, atendendo á súa dimensión biolóxica e cultural.
2. Coñecer, analizar e comprender os procesos que conforman a natureza e as sociedades humanas.
3. Adoptar, ante o feito da diversidade humana, unha perspectiva crítica que supere o etnococentrismo e o
relativismo.
4. Fomentar actitudes de tolerancia que faciliten o diálogo entre os membros de distintas culturas.
5. Adquirir unha comprensión global do humano, a partir das achegas dos distintos campos da antropoloxía,
das ciencias humanas, sociais e naturais, e da filosofía.
6. Coñecer a especificidade dos estudos antropolóxicos, familiarizarse cos seus métodos de traballo e
aplicalos ao estudo do contorno próximo.
7. Transferir os coñecementos adquiridos á análise dos problemas fundamentais da sociedade contemporánea
co fin de comprender as súas causas e implicarse nas súas solucións.
8. Argumentar, tanto oralmente como por escrito, con claridade, corrección, completude, coherencia e
autonomía.
9. Desenvolver competencia lectora, dixital e hábitos de traballo intelectual.
3. CONTIDOS SECUENCIADOS E TEMPORALIZADOS
Nº
UNIDADES DIDÁCTICASBLOQUES
Libro TEMPORALIZACIÓNSESIÓNS/ MES
Probas Avaliación
0 Presentación da programación1 SETEMBRO 2010
1º
1 Antropoloxía como campo de estudo24 SETEMBRO/OUTUBRO X
2 A orixe biolóxica e cultural do ser humano
26 NOVEMBRO/DECEMBRO X
3 Relacións interpersoais e organización social.
28 XANEIRO/FEBREIRO X2ª
4 Palabras e símbolos. 22 MARZO/ABRIL X
5 Reflexión filosófica sobre a natureza
humana.
28 MAIO/XUÑO X3ª
Nª UNIDADES DIDÁCTICAS CONTIDOS1 TEMA 1
Antropoloxía como campo de estudo
Antropoloxía física, antropoloxía socio-cultural e antropoloxía filosófica.
Relación da antropoloxía con outras ciencias humanas.
Principais escolas, correntes e representantes da antropoloxía socio-cultural.
Principais ramas da antropoloxía socio-cultural.
Métodos da investigación antropolóxica. O traballo de campo.
2 TEMA 2
A persoa humana, un animal con
cultura.
Fundamento biolóxico da cultura. O proceso de hominización.
As ideas de natureza e cultura. Os comportamentos animais.
Herdanza e medio. Endoculturación e aprendizaxe.
concepto de raza.
A racionalidade e as lóxicas culturais. Elementos e niveis das culturas.
A diversidade cultural. A cuestión do relativismo3 TEMA 3
Relacións interpersoais e organización
social.
Recursos, producción e alimentación nas sociedades pre-estatais.
A revolución neolítica e a aparición dos Estados.
Economía e intercambio.
Parentesco, residencia e filiación. Familias, clans e tribus.
Conflito e orde. A guerra e a lei.
Estratificación social. Xerarquías de idade, casta, clase, etnia, xénero.
Colonización e descolonización. Cambio social e sociedade global.
4 TEMA 4
Palabras e símbolos.
A cultura como orde simbólica.
Comunicación animal e humana. A comunicación non verbal.
Linguaxe e organización da realidade. As comunidades lingüísticas.
Mito, rito, maxia e relixión. O poder dos símbolos.
A arte e as súas implicacións socioculturais.
saber e a educación
5 TEMA 5
Reflexión filosófica sobre a natureza
humana.
Cultura e personalidade.
Teorías sobre a natureza humana.
Indeterminación e liberdade humana.
Temporalidade e conciencia da morte.
A relación entre a mente e o cerebro e entre as emocións e o entendemento.
A relación co outro e a conciencia moral.
4. MEODOLOXÍA DIDÁCTICA
a) Metodoloxía específica da materia
As orientacións metodolóxicas propostas a continuación apuntan á potenciación e consolidación de competencias
traballadas xa en etapas educativas anteriores. De acordo con este criterio, as metodoloxías concretas empregadas
polo profesorado nesta materia deberán orientarse a:
- Potenciar unha autonomía progresiva, por parte das alumnas e dos alumnos, na obtención, análise e
procesamento da información referida ás cuestións e problemas propostos.
- Promover o diálogo e o debate horizontal entre iguais como un medio para desenvolver estratexias de
conceptualización, comunicación e empatía intelectual e emocional.
- Manter un modelo de aprendizaxe funcional no cal as nocións que se van adquirido sexan aplicadas á vida
real ou virtual.
- Promover a lectura e análise de textos, así como a composición de textos propios e exposicións orais e
escritas.
- Normalizar o uso de vocabulario técnico específico e esixir uns niveis de rigor lóxico e de coherencia
argumentativa tanto nas producións orais como nas escritas.
- Ofrecerlles ás alumnas e aos alumnos instrumentos e estratexias de autoanálise e autoavaliación para
detectar os avances e carencias no proceso de aprendizaxe.
b) Materiais e recursos didácticos
O profesor proporcionará ao alumnado o material adecuado en cada caso para desenvolver as distintas unidades.
Fundamentalmente se lle proporcionaran aos alumnos apuntes elaborados polo Departamento e outros textos
seleccionados polo mesmo
O libro de texto pode ser utilizado como guía fundamental na aula, ou só como apoio das explicacións. En calquera
dos dous casos, considerámolo recurso didáctico complementario. Para este curso, o libro proposto é:
«Antropoloxía», de Eva Garea, editorial Xerais, 2009, ISBN 978-84-9782-988-5.
Por outra banda, utilizarase outro tipo de recursos didácticos tales como:
2. Textos filosóficos.
3. Materiais audiovisuais e de prensa.
4. Libros de lectura recomendados.
5. Páxinas Web
5.CRITERIOS DE AVALIACIÓN
CRITERIOS MÍNIMOS1. Relacionar a información procedente de diversas áreas do saber para comprender as
características universais que definen a especie humana e as variantes das distintas poboacións. X
2. Identificar e explicar os distintos elementos e niveis que conforman una cultura. X3. Describir, analizar e explicar, usando conceptos adecuados, algún elemento cultural do seu
contorno, e comparalo con outras manifestacións culturais establecendo semellanzas e
diferenzas.
X
4. Participar en debates sobre cuestións de actualidade, relativas ás relacións entre distintos modos
de vida, usando un vocabulario apropiado e argumentos
5. pertinentes.
X
6. Realizar sínteses integradoras a partir de información adquirida en distintas fontes. X7. Elaborar un traballo de investigación sobre algún aspecto cultural do contorno. X
6. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACION
a) Para as avaliacións ordinarias
PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS
Probas escritas
Realización dunha ou varias probas escritas (exames) por avaliación; podendo constar as mesmas dunha ou varias das seguintes cuestións:
- Análise e comentarios de textos
- Desenvolvemento dun tema
- Resposta a preguntas ou cuestións
- Test
- Composición dun texto
A puntuación de cada cuestión especificarase no exame correspondente.
En ditas probas teranse en conta os seguintes aspectos:
- Exposición coherente das ideas.- Uso da terminoloxía apropiada.- Competencia lóxica e argumentativa.
Traballos individuais
Comentarios de texto, analizando os termos máis importantes e identificando os problemas, ideas e argumentos
Mapas conceptuais. Redacción de recensións sobre lecturas de extensión media. O profesor
indicará ao seu debido tempo o libro de lectura correspondente e as indicacións tanto para o seu traballo como a súa avaliación.
Búsquedas de información.
Redacción de composicións explicativas sobre temas.
Análise de documentos escritos e audiovisuais.
Realización webquest
Traballos en grupo Algunha das actividades da sección anterior poderían, se se dan as circunstancias apropiadas, facerse en grupos de non máis de 3/4 persoas.
Probas oraisExposición dun tema
Traballo na aula Comentarios de texto
Lectura comprensiva de textos.
Debates.
Exposicións orais individuais e en grupo.
Observación e rexistro Observación sistemática da vida da aula, valorando o grao de participación, o esforzo realizado, o interese e implicación nas tarefas diarias, os intercambios e intervencións orais, as exposicións de informacións específicas, etc.
Os traballos, comentarios ou exercicios que se realicen na casa deberán ser entregados na data fixada.
Só se repetirá un exame ao alumno que faltase á primeira convocatoria si este presenta un xustificante oficial sobre as causas da súa ausencia ao mesmo
b) Para a avaliación extraordinaria
PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOSProba escrita Aqueles alumnos que non aprobasen por avaliacións, nin recuperasen, terán dereito a
un exame final da materia. Este exame poderá ser de toda a materia ou só das partes nos superadas.
7. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Contidos Conceptuais:
Realizaranse diferentes controles nos que se valorarán os conceptos; estas probas valerán o 40 % ( 4) da nota final
de avaliación.
Contidos Procedimentais:
Neste apartado avaliaranse diversas actividades como:
Traballos sobre lecturas, monográficos. O control sobre as lecturas efectuarase mediante comentarios de texto,
resumes ou outros exercicios que o profesor estime oportunos
Outras actividades ( comentarios de texto, cuestións sobre películas, documentais...) .
A maior parte das actividades realizaranse na aula, polo tanto en caso de falta sen xustificar o alumno non poderá
entregar esas actividades.
O profesor pedirá o caderno para avaliar estas actividades cando considere oportuno. Non se poderá, salvo causa
xustificada, entregar o caderno fora de prazo
Os traballos, comentarios ou exercicios que se realicen na casa deberán ser entregados na data fixada.
Estes contidos significarán o 50% (5) da nota final da avaliación.
Contidos Actitudinais:
Valóranse diversos aspectos como: asistencia á clase, puntualidade, comportamento na aula, traballo na aula,
realización das tarefas e entrega de traballos na data fixada...No caso de que todos estes aspectos sexan valorados
positivamente este apartado supón un 10% (1) da nota final de avaliación.
Nota Avaliación. Resultará da suma dos conceptos sinalados anteriormente
8. PROGRAMA DE RECUPERACION E REFORZO
a) Das materias pendentes de cursos anteriores
Plan de traballo
Ao comezo de cada curso, o seminario exporá publicamente os contidos a avaliar.
Quedarán fixadas publicamente as datas das probas escritas, así como o lugar e a hora na que se realizarán.
O seminario fará entrega de material de traballo ao alumnado que así o desexe.
As notas das probas faranse públicas no seminario
Procedementos e instrumentos de avaliación
Haberá dous exames; un en decembro/xaneiro e outro en marzo/abril. Aqueles alumnos que non recuperen, terán
dereito a un exame final. A data deste exame será fixada pola Xefatura de Estudios.
Os contidos destes exames corresponderanse cos contidos da programación do curso en cuestión e segundo o
modelo que se veu facendo nas probas ordinarias O alumno será informado coa suficiente antelación das datas de
ditas probas.
b) Da materia do propio curso
Procedementos e instrumentos de avaliación para :
a. Unha proba non superada
Realizaranse a lo menos unha proba escrita para cada unha das avaliacións trimestrais, tanto para os contidos
curriculares da materia como para correspondentes a outro tipo de actividades. Aqueles alumnos que superen as
probas pero non as actividades deberán realizar actividades alternativas. Aqueles alumnos que realicen
satisfactoriamente as actividades pero non as probas deberán realizar probas de recuperación ou actividades de
reforzo adaptadas aos contidos mínimos.
b. Unha avaliación parcial
Si un alumno suspende unha avaliación, terá dereito a un exame de recuperación da mesma. Esta exame
cualificarase sobre 10
c. A avaliación final ordinaria
Aqueles alumnos que non aprobasen por avaliacións, nin recuperasen, terán dereito a un exame final da materia.
Este exame poderá ser de toda a materia ou só das partes nos superadas.
Aqueles alumnos que non aproben a asignatura na convocatoria de xuño, terán que presentarse ao exame de
setembro.. Os criterios de avaliación para este exame serán os mesmos que para calquera outro que se realice
durante o curso.
d. A avaliación final en caso de perda do dereito á avaliación continua
Ao final do curso (mes de Xuño), realizarase un exame final da asignatura, o que terán que presentarse os alumnos
que perderan o dereito a avalición continua
10. MEDIDAS DE ATENCION Á DIVERSIDADE
Para atender as diferenzas entre o alumnado desta área contémplanse dous tipos de medidas:
1. Actividades de reforzo para os alumnos que teñan dificultades para acadar os contidos mínimos: novas lecturas
con explicacións máis sinxelas e/ou actividades de carácter máis básico para a asimilación de contidos:
Elaboración de clasificacións e búsqueda de exemplos.
Identificación de ideas nun texto.
Resumos e mapas sinópticos.
Redacción de composicións explicativas sobre temas.
Búsquedas de información.
2. Actividades de ampliación para os alumnos con capacidades máis desenvolvidas: novas lecturas que afonden e
problematicen aspectos do temario e actividades relacionadas con estas:
Mapas conceptuais.
Comentarios de texto.
Redacción de recensións sobre lecturas de extensión media.
Redacción de composicións explicativas sobre temas.
Búsquedas de información.
11. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
Exposición fotográfica sobre comparación de costumes dos distintos grupos culturais do noso entorno
social.
Concurso de traballos de investigación en forma de ensaio escrito ou videomontaxe, realizado sobre
temática antropolóxica, sociolóxica e política.
Visita a Atapuerca
Visita e/ou conferencia dalgún dos responsables das excavacións arqueolóxicas da comarca
12. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN LECTOR
Tódalas actividades realizadas na aula implican a lectura dalgún texto. A lectura pode ser en silencio, en pequeno
grupo ou en gran grupo. Logo dunha primeira lectura o profesor facilita instruccións de traballo, fai preguntas
guiadas ou aporta información extra para convertila nunha lectura comprensiva.
A lectura de textos e o traballo sobre os mesmos realízase tamén nas actividades para casa, que son facilitadas polo
profesor ou distribuidas na fotocopiadora.
Unha vez ó trimestre faise unha pescuda bibliográfica de obras de antropoloxía
asequibles ós alumnos. Os exemplares de interés son aportados pola biblioteca, prestados polo profesor ou
adquiridos polo centro. Cada alumno selecciona una obra e realiza acerca da mesma unha lectura total ou parcial,
unha recensión e una exposición oral ós compañeiros.
Antes de realizar calquera traballo de consulta, ós alumnos explícaselles a diferenza entre as distintas fontes e a
utilidade relativa das mesmas: obras orixinais de autor; monografías sobre autor/tema; diccionarios; enciclopedias;
libros de texto/actividades; ensaios; revistas e prensa diaria.
Destacamos aquí aquelas obras impresas das cales hai capítulos utilizables para fomentar a comprensión lectora do
alumnado:
- AMIN, S., El capitalismo en la era de la globalización, Paidós.
- ARSUAGA, J. L. La especie elegida. Temas de hoy. 2006.
- BARLEY, N., El antropólogo inocente, Anagrama, Barcelona.
- BENEDICT, R., El crisantemo y la espada. Patrones de la cultura japonesa,
- Alianza, Madrid, 2003.
- BEAUVOIR, S., El segundo sexo, Siglo Veinte, Buenos Aires, 1975.
- CARO BAROJA, J., Las brujas y su mundo, Alianza, Madrid, 1968.
- DAVIS, F., La comunicación no verbal, Alianza, Madrid, 1992.
- DURANDIN, G., La mentira en la propaganda política y en la publicidad, Paidós, Barcelona, 1983.
- FESSER. G., A cien millas de Manhattan, Aguilar, Madrid, 2008.
- FRANKL, V.E., El hombre en busca de sentido, Herder, Barcelona, 2003.
- GONDAR, M., Romeiros do alén. Antropoloxía da morte en Galicia, Xerais, Vigo,1989.
- HARRIS, M., Caníbales y reyes. Los orígenes de las culturas, Alianza, Madrid,1992.
- HARRIS, M., Introducción a la antropología general, Alianza, Madrid, 2007.
- HARRIS, M., La cultura norteamericana contemporánea. Una visión
- antropológica, Alianza, Madrid, 1992.
- KRISTEVA, J., El lenguaje, ese desconocido, Fundamentos, Madrid, 1988.
- LARA, M., Os dereitos torcidos, Edelvives.
- LEVI-STRAUSS, C., Tristes trópicos, Paidós, Barcelona, 1997.
- MARINA, J.A. & LÓPEZ PENAS, M., Diccionario de los sentimientos, Anagrama, Barcelona, 1999.
- MEAD, M., Adolescencia, sexo y cultura en Samoa, Planeta-de-Agostini, Barcelona, 1993.
- MORRIS, D., El mono desnudo, Plaza y Janés, Barcelona, 1993.
- PEASE, A., El lenguaje del cuerpo, Paidós, Barcelona, 1993.
- RIVAS, M., O lápis do carpinteiro, Xerais.
- STEVENSON, L. & HABERMAN, D.L., Diez teorías sobre la naturaleza humana, Cátedra, Madrid, 2001.
- TABOADA CHIVITE, J., Ritos y creencias gallegas, Sálvora, A Coruña, 1982.
- TORO, J., El comportamiento humano, Salvat, Barcelona, 1982.
- VEIGA, M.,O exiliado e a primavera, Xerais.
- VV.AA., La familia, Península.
13. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN T.I.C.
Os alumnos da área de Antropoloxía manexarán certos materiais dixitais e
audiovisuais de forma regular.
- Proxección de documentais e películas sobre as cales os alumnos realizarán
- actividades.
- Proxección de presentacións explicativas que servirán como fonte de información ós alumnos.
- Materiais buscados e procesados polos alumnos, en buscadores e páxinas web
- Textos en formato .doc ou .pdf.
- Presentacións de imaxes e textos con Power Point.
- Videos realizados con Windows Media Maker.
- Actividades construidas cos programas WebQuest e Hot Potatoes.
14. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA
A experiencia dinos que o alumnado de bacharelato ao que se dirixe esta materia, non soe presentar problemas
relacionados coa convivencia, de tódolos xeitos , a través da mesma tratarase de:
Contribuír a concienciación sobre a importancia dunha axeitada convivencia escolar que permita unha mellor
relación ensinanza-aprendizaxe.
Detectar o antes posible conflitos que poidan xurdir nas aulas
Fomentar o respecto entre todos os membros da comunidade educativa e a integración de tódolos alumnos do
centro
15. PROGRAMA DE EDUCACION EN VALORES (TRANSVERSAL)
A cultura da paz, o desenvolvemento sustentable, o respecto á diversidade cultural, a igualdade de dereitos entre os
sexos, diálogo, a defensa da democracia, a tolerancia e solidariedade son valores que se abordan expresamente en
cada un dos distintos bloques temáticos recollidos no apartado secuenciación de contidos.
16. SISTEMA PARA A ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PREVIOS
Dada a novidade da materia non se contempla ningún tipo de proba ao uso que o alumno deba superar. En todo
caso, poderase deseñar algún tipo de actividade na que se recollan algúns conceptos ou temas que o alumno debería
coñecer por cursar as materias de Educación para á Cidadanía en 2º ESO e Educación ético Cívica en 4º ESO;
Ciencias da Natureza ou Historia.
17. PROCEDEMENTO PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN
A programación será permanente avaliada nas reunións de Departamento que se levarán a cabo semanalmente. O
criterio fundamental e que todos os alumnos/as acaden con éxito os obxectivos das diferentes materias. Ao finalizar
cada trimestre revisarase o desenvolvemento da programación para realizar modificacións e adaptacións oportunas.
De todas maneiras, ao finalizar o curso, todos os anos, debe facerse unha valoración sobre o desenvolvemento da
programación en todos os seus os aspectos e elementos, elaborar unhas conclusións ao respecto e preparar para o
seguinte curso as modificacións que se vexan oportunas, de cara a mellorar a súa aplicación e desenvolvemento, a
mellorar a calidade de ensino, e sobre todo para conectar a teoría coa práctica no proceso de ensino-aprendizaxe, sen
esquecer aspectos como o achegamento da aprendizaxe ás situacións reais e significativas para o alumnado.
18. CONSTANCIA DE INFORMACIÓN AO ALUMNADO
Ao comezo do curso se lle proporcionará ao alumno un extracto da programación correspondente a materia en
cuestión, na que se recollerán os, obxectivos, contidos e criterios de avaliación da mesma. Asemade a programación
estará disponible na páxina web d
a) C. en comunicación lingüística
Dialogar: escoitar e falar.
Expresar de forma oral e escrita os pensamentos.
Xerar ideas e interrogantes.
Comprender textos.
Eliminar estereotipos e expresións sexistas.
Usar a comunicación para resolver conflitos.
ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA EDUCACIÓN ´ETICO-CÍVICA de 4º ESO
1. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS
Manexar diversas fontes de información.
Formarse un xuízo crítico e ético.
Usar o vocabulario axeitado.
b) C. matemática
Interpretar e empregar a información (verbal, estatística e icónica) sobre os criterios específicos que
fundamentan a moralidade humana, sobre todo os relacionados coa dignidade da persoa e a súa liberdade,
aplicando para isto as tecnoloxías da información e a comunicación.
Usar razoamentos lóxicos.
Distinguir premisas e conclusións.
Interpretar e expresar con claridade informacións, datos, enunciados.
Utilizar e relacionar conceptos matemáticos recollidos en diferentes fontes de información sobre
porcentaxes de participación, escanos, folgas…
c) C. no coñecemento e interacción co mundo físico
Analizar hábitos de consumo.
Protección da saúde, coidado do medio ambiente.
Reflexionar sobre que significa a “calidade de vida”.
Planificar e manexar solucións técnicas, seguindo criterios de economía e eficacia, para satisfacer as
necesidades da vida cotiá e mais e do mundo laboral.
Adquirir unha axeitada percepción do espazo físico no que se desenvolven a vida e a actividade humana, e
a habilidade para interactuar co espazo circundante.
Ser consciente da influencia que ten o ser humano nun medio determinado, o beneficio do
desenvolvemento social e a importancia da conservación dos recursos.
d) Tratamento da información e competencia dixital
Obter, seleccionar e procesar información utilizando fontes diversas e os novos medios de información e
comunicación, así como elaborar novas informacións utilizando as axeitadas estratexias e técnicas do
traballo intelectual tales como a análise crítica, recolleita de datos, comparacións ou síntese, entre outras.
Facer uso habitual dos recursos tecnolóxicos dispoñibles.
Facer traballos responsables e creativos.
Saber facer uso da biblioteca, e manexar con soltura calquera enciclopedia e libro de consulta.
Analizar a información de forma crítica.
Distinguir entre información e opinión.
e) C. social e cidadá
Actuar de acordo a normas e leis ético-cívicas defendendo o seu valor como medio regulador das relacións
persoais no ámbito académico, social e familiar.
Realizar traballos acerca dos factores que interveñen nas condutas ético-cívicas que supoñan tomar
decisións libres e que aclaren as responsabilidades persoais e sociais destas.
Identificar e valorar os sentimentos que se experimentan ante situacións de desigualdade, inxustiza,
violación de dereitos humanos, marxinación, paro, pobreza, violencia de xénero, analizando, especialmente
aquelas que teñen lugar na Comunidade de Galicia.
Identificar a multiplicidade de factores que interveñen no desenvolvemento de determinados conflitos,
especialmente aqueles que proveñen de situacións de violencia de xénero, delimitando a súa importancia e
mostrando alternativas fundamentadas para a súa solución.
Identificar e caracterizar diferentes formas de concreción do ordenamento xurídico como instrumento de
regulación da convivencia, especialmente no ámbito da Comunidade de Galicia, comprendendo a
complexidade e transcendencia do seu exercicio de acordo co dereito e a xustiza.
Obter novas relacionadas coas discriminacións e violacións dos dereitos humanos no mundo actual,
analizando as causas e consecuencias que implica o incumprimento dos devanditos dereitos, utilizando
fontes diversas e os novos medios de información e comunicación.
Respectar a diversidade de opinións.
Responsabilizarse das decisións.
Resolver os conflitos de forma construtiva.
Cooperar e convivir.
Practicar o diálogo.
Comprender a pluralidade e o carácter evolutivo das sociedades actuais.
Ser consciente das diversas perspectivas para analizar a realidade.
Utilizar o xuízo moral para elixir e tomar decisións.
f) C. cultural e artística
Valorar a liberdade de expresión, o dereito á diversidade cultural e a importancia do diálogo intercultural.
Participar na vida cultural do centro.
Reflexionar sobre o que é a cultura e como se concreta na realidade próxima.
Buscar as fontes de influencia que determinaron o contexto cultural.
Comprender a realidade histórica e social do mundo, a súa evolución, os seus logros e os seus problemas.
Coñecer, comprender, apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e artísticas.
g) C. aprender a aprender
Proporse preguntas
Ser conscientes das propias capacidades.
Recoñecer os propios erros.
Ser perseverantes na aprendizaxe.
Adquirir responsabilidades e compromisos persoais.
Practicar a escoita e a atención en todas as actividades propostas
h) Autonomia e iniciativa persoal
Controlarse emocionalmente.
Ser conscientes das súas capacidades.
Afirmar e defender dereitos.
Afrontar os problemas e buscar solucións.
Manter a motivación.
Organizar o tempo e as tarefas.
Saber negociar.
Traballar cooperativamente.
Ser asertivos.
1. OBXECTIVOS DA MATERIA
1. Recoñecer a condición humana na súa dimensión individual e social, tomando conciencia da propia
identidade, das características e experiencias persoais, respectando as diferenzas cos outros e
desenvolvendo a autoestima.
2. Coñecer e expresar os sentimentos e as emocións e desenvolver a afectividade nas relacións cos outros,
manifestando unha actitude aberta, solidaria e respectuosa, rexeitando os estereotipos, os prexuízos e a
violencia en todas as súas formas.
3. Desenvolver a iniciativa persoal, actuar con autonomía, asumindo responsabilidades individuais e
colectivas, e practicar formas de convivencia e de participación baseadas no respecto, utilizando o diálogo
e a mediación para evitar e resolver os conflitos.
4. Coñecer, valorar e exercer os dereitos e asumir responsablemente os deberes e as obrigas que se derivan da
declaracións internacionais de dereitos humanos, da Constitución Española e do Estatuto de Autonomía de
Galicia, identificando os valores que os fundamentan.
5. Asumir a pluralidade das sociedades actuais recoñecendo a diversidade como enriquecedora da convivencia
e defender a igualdade de dereitos e oportunidades de todas as persoas, rexeitando as situacións de
inxustiza e as discriminacións existentes por razón de sexo, orixe, crenzas, diferenzas sociais, orientación
afectivo-sexual ou de calquera outro tipo, como unha vulneración da dignidade humana e causa
perturbadora da convivencia.
6. Recoñecer e asumir a igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes, valorar a diferenza de
sexos rexeitando os estereotipos e prexuízos que supoñan discriminación e participar activamente na
prevención da violencia de xénero.
7. Coñecer e apreciar os principios e valores que fundamentan e lexitiman os sistemas democráticos e o
funcionamento da Comunidade Autónoma de Galicia, do Estado español e da Unión Europea, tomando
conciencia do patrimonio común e da diversidade social e cultural.
8. Coñecer os fundamentos do modo de vida democrático e aprender a obrar baseándose neles nos diferentes
ámbitos da convivencia. Asumir os deberes cidadáns na manutención dos bens comúns e recoñecer o papel
do Estado como garante dos servizos públicos.
9. Coñecer as diversas formas de participación política, desenvolver habilidades de diálogo orientadas á
participación democrática e valorar a importancia da participación cidadá, ben sexa na vida política
institucionalizada, ben noutras formas de participación como a cooperación, o asociacionismo e o
voluntariado.
10. Coñecer as causas que provocan a violación dos dereitos humanos, a pobreza e a desigualdade, así como a
relación entre os conflitos armados e o subdesenvolvemento. Valorar as accións encamiñadas á
consecución da paz e da seguridade e a participación activa como medio para lograr un mundo máis xusto.
11. Recoñecerse membros dunha cidadanía global, baseada nos valores da liberdade, a igualdade e a xustiza e
implicarse activamente na súa realización, comezando por mostrar respecto crítico polos costumes e modos
de vida de poboacións distintas á propia e manifestar comportamentos solidarios coas persoas e colectivos
desfavorecidos.
12. Coñecer e analizar as principais teorías éticas que máis contribuíron ao recoñecemento das liberdades e dos
dereitos das persoas.
13. Identificar as posicións morais que están na orixe dos principais problemas e conflitos do mundo actual,
valorar a importancia da análise ética na orientación da súa resolución e desenvolver unha actitude crítica
ante os modelos que se transmiten a través dos medios de comunicación, mediante a adquisición de
destrezas básicas na utilización das fontes de información.
14. Adquirir un pensamento crítico, desenvolver un criterio propio e adquirir habilidades para comunicar as
propias ideas e defender as propias posicións en debates, a través da argumentación documentada e
razoada, así como para escoitar e valorar as razóns e argumentos dos outros.
15. Practicar o diálogo coa realidade social en continuo proceso de transformación, como instrumento para a
análise crítica das conviccións persoais e a formulación dun proxecto de vida propio, na dimensión persoal,
cívica e profesiona
2. CONTIDOS SECUENCIADOS E TEMPORALIZADOS
Nº
UNIDADES DIDÁCTICAS Libro TEMPORALIZACIÓNSESIÓNS/ MES
Probas Avaliación
0 Introdución á ética 2 SETEMBRO
1ª1 Liberdade e responsabilidade 4 OUTUBRO/NOV X2 Valores e normas Morais 2 NOVEMBRO/DEC3 Xustiza e Equidade 2 DECEMBRO X4 Rasgos fundamentais das
principais teorías éticas 4XANEIRO/FEBRE
IRO
2ª
5 Os Dereitos Humanos 3 FEBREIRO X6 Exclusión social como problema 3 MARZO7 Democracia e prticipación
cidadá
4 MARZO/ABRIL
8 A Constitución Española 4 ABRIL/MAIO X9 A Globalización: vantaxes e
riscos
2MAIO
3ª10 A Igualdade homes e mulleres 2 XUÑO
Nª UNIDADES DIDÁCTICAS CONTIDOS1
Liberdade e ResponsabilidadeO carácter moral e social das acción humanas
Liberdade e responsabilidade como condicións de posibilidade da acción política e moral.
2Valores e Normas Morais Os criterios morais e a noción de valor
3Xustiza e Equidade O ben e a xustiza como valores fundamentais da acción
persoal e social humana.
4
Rasgos fundamentais das principais Teorías Éticas
Orixe e concepto de Teoría éticaËticas TeleolóxicasÉticas Deontolóxicas
5
Os Dereitos HumanosComo garantir o respecto á dignidade humanaIdeal dos dereitos humanosA extensión dos dereitos humanos
Os dereitos humanos no noso mundo6
A Exclusión Social como problema
A democracia tamén ten problemasAs causas da exclusión socialA resposta á exclusión social
7
Democracia e Participación Cidadá
Principios e Valores democráticosAs Institución democráticas españolasEstado Democrático de Dereito e as súas formas
8A Constitución Aspectos e valores esencias da Constitución
9
A GlobalizaciónQue é a globalizaciónA Globalización como oportunidadeUn desenvolvemento que entraña riscos
10
A igualdade homes e mulleresExclusión social e discriminaciónA discriminación das mulleres:pasado e presenteCara a igualdade real entre homes e mulleres
3. METODOLOXÍA DIDÁCTICA
a) Metodoloxía específica da materia
Atendendo aos recursos metodolóxicos, a materia contemplará os principios de carácter psicopedagóxico que constitúen
a referencia esencial para unha formulación curricular coherente e integradora entre todas as materias dunha etapa, que
debe reunir un carácter comprensivo ao tempo que respectuoso coas diferenzas individuais. Os principios son os
seguintes:
A nosa actividade como profesores será considerada como mediadora e guía para o desenvolvemento da actividade
construtiva do alumno.
Partiremos do nivel de desenvolvemento do alumno, o que significa considerar tanto as súas capacidades coma os seus
coñecementos previos.
Orientaremos a nosa acción a estimular no alumno a capacidade de aprender a aprender.
Promoveremos a adquisición de aprendizaxes funcionais e significativas.
Buscaremos modos de adaptación na axuda pedagóxica ás diferentes necesidades do alumnado.
Impulsaremos un estilo de avaliación que funcione como punto de referencia da nosa actuación pedagóxica, que
lle proporcione ao alumnado información sobre o seu proceso de aprendizaxe e permita a participación neste do
alumnado a través da autoavaliación e a coavaliación.
Fomentaremos o desenvolvemento da capacidade de socialización e de autonomía do alumnado.
A metodoloxía que empregaremos intenta primalas actividades prácticas como instrumento mediante o cal
desenrolar os obxectivos xenerais que se plántea no currículo da materia. Desa maneira, permítese que os alumnos
adquiran os conceptos teóricos non a través dunha pura memorización, senón mediante os traballos prácticos e os
dilemas morais a desenrolar nas Actividades didácticas.
Algunhas das actividades poden ser:
1. Os diálogos.
2. Os dilemas morais.
3. Os cuestionarios escritos.
4. Os cuestionarios orais.
5. Comentarios de distintos tipos de texto (orais, escritos, audiovisuais).
6. A exposición oral.
7. O debate.
8. O coloquio.
9. A entrevista colectiva.
10. Os mapas de contido.
11. A investigación bibliográfica.
12. Os traballos de investigación.
Os procedimentos metodolóxicos intentan buscar un equilibrio entre as actividades a desenrolar individualmente e
as que esixen un traballo en grupo.
Desa maneira, pensamos que os alumnos poden acostumarse á colaboración cos demais e a iniciarse no que significa
a investigación en grupos de traballo, así como a responsabilidade persoal en aquelas actividades que esixen un
traballo exclusivamente individual.
O desenvolvemento da materia tamén se levará a cabo a través de actitudes e valores como o rigor e a curiosidade, a
conservación e valoración do patrimonio, tanto natural e do medio como artístico, cultural e institucional e a tolerancia
respecto das ideas, opinións e crenzas doutras persoas e sociedades, a valoración e defensa da paz e da sociedade
democrática, a responsabilidade fronte aos problemas colectivos e o sentido da solidariedade e xustiza.
b) Materiais e recursos didácticos
O profesor proporcionará ao alumnado o material adecuado en cada caso para desenvolver as distintas unidades.
Fundamentalmente se lle proporcionaran apuntes elaborados polo Departamento e outros textos seleccionados polo
mesmo
Utilizarase outro tipo de recursos didácticos tales como:
a. Textos filosóficos.
b. Materiais audiovisuais e de prensa.
c. Libros de lectura recomendados.
d. Páxinas Web
4. CRITERIOS DE AVALIACIÓN
CRITERIOS MÍNIMOS
1. Coñecer os trazos propios da moralidade humana e os conceptos básicos da estrutura moral dos seres humanos.
X
2. Diferenciar os trazos básicos que caracterizan a dimensión moral das persoas (as normas, a xerarquía de valores, os costumes etc.) e os principais problemas morais. X
3. Identificar e expresar as principais teorías éticas.X
4. Recoñecer os dereitos humanos como principal referencia ética da conduta humana e identificar a evolución dos dereitos cívicos, políticos, económicos, sociais e culturais.
X
5. Comprender e expresar o significado histórico e filosófico da democracia como forma de convivencia social e política. X
6. Analizar datos e problemáticas orixinadas polo uso en exclusiva dun modelo de racionalidade puramente tecnolóxica e instrumental (desastres ecolóxicos, derivación bélica da tecnoloxía, etc.).
X
7. Analizar as causas que provocan os principais problemas sociais do mundo actual, utilizando de forma crítica a información que proporcionan os medios de comunicación, e identificar solucións comprometidas coa defensa de formas de vida máis xustas.
X
8. Recoñecer a existencia de conflitos e as súas principais causas. Valorar o dereito internacional humanitario. X
9. Distinguir igualdade e diversidade e as causas e factores de discriminación. Coñecer os principais fitos na historia dos dereitos das mulleres. Rexeitar calquera discriminación ou violencia cara á muller.
X
10. Xustificar as propias posicións utilizando sistematicamente a argumentación e X
o diálogo e participar de forma democrática e cooperativa nas actividades do centro e do contorno.
11. Identificar problemas éticos das tecnoloxías da información e a comunicación e do noso modelo de desenvolvemento tecnolóxico. X
5. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACION
a) Para as avaliacións ordinarias
PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOSProbas escritas Realizaranse a lo menos unha proba escrita para cada unha das avaliacións
trimestrais.
Na cualificación das probas escritas valoraranse positivamente os seguintes conceptos.
• Adecuación pregunta-resposta • Corrección formal e ortográfica • Capacidade de síntese • Capacidade de definición • Capacidade de argumentación e razoamento
Traballos individuais Traballos breves de análise crítico de noticias e comentarios de actualidade, obtidos de periódicos e revistas.
Resumes e esquemas conceptuais para unha mellor comprensión do tema Traballo con textos : poñer un título ó texto, indicar cal é o problema
que trata, como expón e argumenta as tese defendidas e unha reflexión persoal sobre a cuestión abordada.
Disertacións persoais onde os alumnos apliquen os coñecementos e habilidades adquiridas e as transfiran a outros contextos.
Traballos sobre libros propostos e sobre os contidos explicados na aula. O profesor indicará ao seu debido tempo o libro de lectura correspondente e as indicacións tanto para o seu traballo como a súa avaliación.
Realización web quest
Traballos en grupo Traballo mural acerca dun problema ético do noso tempo. Resolución de casos prácticos ou dilemas morais Algunha das actividades da sección anterior poderían, se se dan as
circunstancias apropiadas, facerse en grupos de non máis de 3/4 persoas.Probas orais Exposición dalgún temaTraballo na aula Debates nos que se valorará a participación activa, a capacidade expresiva e o
tratamento respectuoso cara as posiciòns rivais.Observación e rexistro Observación directa: colaboración no traballo da aula, cooperación cos
compañeiros, disposición cara o traballo, atención en clase, presentación no tempo e forma dos traballos e exercicios.
O caderno de clase será avaliado periódicamente e constituirá unha parte esencial do proceso de avaliación. Debe presentar o conxunto das actividades desenvolvidas na aula , resumes, anotacións e xercicios, así como as tarefas complementarias desenvolvidas fora da aula, de forma completa, rigurosa e boa presencia.
b) Para a avaliación extraordinaria
PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOSProba escrita Aqueles alumnos que non aprobasen por avaliacións, nin recuperasen, terán dereito a
un exame final da materia. Este exame poderá ser de toda a materia ou só das partes nos superadas.
6. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Contidos Conceptuais:
Avaliarase a partires dun exame que constará de varias preguntas cuxa cualificación será debidamente especificada.
Esta proba suporá o 60(6) % da nota final.
Contidos Procedimentais:
Valoraranse as distintas actividades sinaladas no apartado anterior. O resultado destas actividades supón o 20% ( 2)
da nota final.
Contidos Actitudinais:
Neste apartado tense en conta aspectos como: a asistencia a clase, puntualidade, realización das tarefas na data
fixada, comportamento na aula... Si estes aspectos son valorados positivamente suporán un 20% (2) da nota final de
avaliación
7. PROGRAMA DE RECUPERACION E REFORZO
a) Das materias pendentes de cursos anteriores
Plan de traballo
- Ao comezo de curso o profesor correspondente informará ao alumno do mecanismo para a recuperación da
materia.
- Ao longo do curso lle irá distribuindo e proporcionando ao alumno as actividades que terá que realizar. Fixando
unha data de entrega
- O Departamento establecerá unha hora de atención personalizada
Procedementos e instrumentos de avaliación
Para o alumnado repetidor que obtivera una avaliación negativa nesta materia establecerase un plan personalizado
para poder superar as dificultades non superadas no curso anterior. Este plan, en función das características do
alumnado, poderá consistir na realización de actividades de reforzo da materia, que se presentarán mensualmente,
entre os meses de outubro e maio de cada curso escolar.
b) Da materia do propio curso
Procedementos e instrumentos de avaliación para :
a. Unha proba non superada
O alumno terá oportunidade de recuperar as probas non superadas na recuperación da avaliación. ( ver apartado b)
b. Unha avaliación parcial
Realizaranse a lo menos unha proba escrita para cada unha das avaliacións trimestrais, tanto para os contidos
curriculares da materia como para correspondentes a outro tipo de actividades. Aqueles alumnos que superen as
probas pero non as actividades deberán realizar actividades alternativas. Aqueles alumnos que realicen
satisfactoriamente as actividades pero non as probas deberán realizar probas de recuperación ou actividades de
reforzo adaptadas aos contidos mínimos.
c. A avaliación final ordinaria
Aqueles alumnos que non aprobasen por avaliacións, nin recuperasen, terán dereito a un exame final da materia.
Este exame poderá ser de toda a materia ou só das partes nos superadas.
Aqueles alumnos que non aproben a asignatura na convocatoria de xuño, terán que presentarse ao exame de
setembro.. Os criterios de avaliación para este exame serán os mesmos que para calquera outro que se realice
durante o curso.
d. A avaliación final en caso de perda do dereito á avaliación continua
Ao final do curso (mes de Xuño), realizarase un exame final da asignatura, o que terán que presentarse os alumnos
que perderan o dereito a avalición continua
8. MEDIDAS DE ATENCION Á DIVERSIDADE
Os alumnos de 4º de ESO non teñen un nivel de coñecemento homoxéneo. Nalgúns casos hai diferenzas moi
marcadas no nivel lingüístico dos alumnos, o que provoca grandes desniveis á hora de entender os conceptos, a
maioría de grande abstracción, específicos da Ética.
Esta circunstancia hai que tela en conta tanto a hora de programar os contidos e as actividades, como á hora de elixir
a metodoloxía a empregar.
Nos contidos.
Plantexarase cada unidade en dous niveis. Nun primeiro nivel plantexaranse as ideas xerais e básicas sobre o tema
concreto, para pasar, nun segundo nivel de profundización, ó estudio de temas máis concretos. O primeiro nivel
debería ser asimilado por tódolos alumnos, en tanto que os contidos do segundo nivel poden ser traballados máis ou
menos profundamente segundo as capacidades de cada alumno en concreto.
Nas actividades.
Faranse dous tipos de actividades. Unha serie de actividades servirán para comprobar o grao de comprensión dos
contidos básicos por parte do alumno e corrixir os contidos mal aprendidos. Outras actividades deberán comprobar a
capacidade de xuízo crítico e de análise de problemas por parte dos alumnos, e permitirán unha avaliación a
distintos niveis.
Na metodoloxía.
A atención á diversidade está contemplada tamén na metodoloxía e nas estratexias didácticas concretas que se van
aplicar na aula. Estas estratexias son de dous tipos:
- Unha estratexia expositiva nos contidos básicos. O obxectivo é asegurarnos que eses contidos básicos son
comprendidos por tódolos alumnos, definindo claramente o nivel que se quere acadar.
- Unha estratexia indagatoria no caso dos contidos específicos, que permita ós alumnos profundizar nas súas
investigacións segundo sexan as súa capacidades e intereses.
De maneira máis concreta, especifícanse a continuación os instrumentos que contemplamos para atender á
diversidade do alumnado:
Variedade metodolóxica.
Variedade de actividades de reforzo e profundización.
Traballos voluntarios
Multiplicidade de procedementos de avaliación do aprendizaxe.
9. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
Poden programarse un número variado de actividades extraescolares. Por exemplo:
*0 Visitas as sedes de ONGs para coñecer as súas realizacións.
Asistencia a Institucións como Concellos, Parlamentos, Xuzgados, etc.
Visitas a redaccións de periódicos ou televisións.
Recorridos pola localidade ou a comarca para analizar a política ecolóxica que se segue nelas.
Asistencia a charlas, teatro, cine, etc.
10. ACCIÓNS DE CONTIRBUCIÓN AO PLAN LECTOR
Dende esta materia, e tendo en conta o plan lector do centro, levaranse a cabo as seguintes actividades:
Lectura de textos recollidos en libros, revistas ou prensa relacionados coas materia Realización de traballos de investigación acerca dos distintos contidos da materia. Animación á lectura de obras relacionadas co contido da materia, para o cal iremos fornecendo a biblioteca de
bibliografía atractiva e adecuada á idade do noso alumnado. Algunha das obras recomendadas son as seguintes:
Ficción:
Un mundo feliz, de Aldous Huxley. Nárranse as peripecias dun marxinado nunha sociedade futura
altamente tecnificada, onde os seres humanos son creados en serie e pertencen a distintas castes
segundo a súa función. Preséntase un mundo globalizado no que toda a xente é feliz: non hai guerras,
non hai pobreza, non hai violencia, pero para conseguir isto suprimíronse a diversidade cultural, a
relixión, a familia, etc.
Novos deuses, de Alberto Vázquez Figueroa. A historia parte do reencontro con vellos compañeiros
que non envelleceron. As indagacións do protagonista levarano a descubrir un proxecto para alcanzar a
eterna xuventude mediante a clonación.
Diario de Ana Frank. Editorial Alfaguara. Diario dunha moza xudía de 13 anos durante a ocupación
nazi de Holanda.
A caverna (2000), de José Saramago.Terceiro libro que completa, con Ensaio sobre a cegueira e
Todos os nomes, a triloxía de Saramago, e do que se poden extraer fragmentos moi interesantes para os
adolescentes. Relata como un oleico que vende tradicionalmente os seus produtos a un centro da cidade
se ve abocado a abandonalo todo e cambiar o seu modo de vida cando desde a gran cidade deciden
non facerlle máis encargos. É unha crítica á sociedade actual, na que non falta a reflexión e a
esperanza.
Novela que, pese ao ano da súa publicación, se pode considerar actual en todos os sentidos.
RIEL, J.: El chico que quería convertirse en ser humano. Editorial Salamandra 2007. Narra a historia
dun rapaz chamado Leiv que vive en Islandia no año 1000 e cuxo obxectivo secreto consiste en vingar a
morte do seu pai. O contacto co pobo inuit someterá as súas crenzas e opinións a unha dura proba, que
lle inclinará a converterse en humano.
M. Lipman, Lisa, De la Torre ediciones, 1988
G. Orwell, Rebelión en la granja, Ed. Destino, 2006.
M. Ende, La historia interminable, Alfaguara, 1984.
Robert Fischer, El Caballero de la armadura oxidada,obelisco. Axúdanos a reflexionar sobre
temas reais da nosa traxectoria persoal.
Pasqual Alapont, Llenos de rabia, Edebé.colec.periscopio.2005. Axuda a reflexionar sobre os
problemas que provoca o alcoholismo e as súas consecuencias cos demais.
Jordi Sierra i Fabra. Donde el viento da la vuelta, Edebé.colec.periscopio 2001. A dura realidade
dos nenos soldado e a necesidade de construír a paz
M:Carme Roca e Montse Ballarín. La temida huella de Kali, Edebé.colec.periscopio 2004. Tema
cultivos transxénicos e as inxustizas de que son vítimas os máis desprotexidos
Ensaios:
ARANGUREN, J. L.: Ética, Madrid, Revista de Occcidente 1958; Os primeiros capítulos abordan os
conceptos fundamentais da moral.
CORTINA, A.: Ética mínima, Madrid, Tecnos 1986; expón dun modo moi sencillo as ideas claves da ética
e postula os principios da mesma sobre o concepto de dignidade.
ANTONIO MARINA, J.: El laberinto sentimental. Barcelona Anagrama 1996, o libro adéntranos na vida
afectiva. O home cómo intelixencia emocional quere coñecer os seus sentimientos.
SAVATER, F.: Ética para Amador, Ariel 1992. Os primeiros capítulos abordan os conceptos básicos da
ética, cunha linguaxe moi asequible para os alumnos.
Algúns textos seleccionados de obras de Sartre, donde define a liberdade humana. Recomendamos
El existencialismo es un humanismo, por ser máis asequible para os nosos alumnos.
FROMM, E.: El miedo a la libertad. Algúns capítulos, facendo unha breve reseña da importancia desta
obra para a comprensión do concepto liberdade
BOBBIO, N.: El tiempo de los derechos, Madrid, Sistema, 1991. Fálanos da orixe dos dereitos
humanos en tanto que reivindicacións e como resultado dunha gran creación humana.
HERSCH, J.: El derecho de ser hombre, Madrid, Tecnos, 1984. Nos informa das aportacións desde o
dereito, a filosofía ou as relixións ao campo dos dereitos fundamentais
MAHFUZ, N.: El café de Qúshtumar. Trátase dun libro precioso que desmonta prexuízos en torno á
cultura árabe, como a intolerancia ou o fanatismo. É todo un canto á amizade e a tolerancia.
Informes de caracter anual de Amnistía Internacional, expón o estado dos dereitos humanos no
mundo.
PECES-BARBA, G.: Derechos fundamentales, Madrid 1980, Aula Latina. Realiza un recorrido
fundamental pola historia dos dereitoss humanos, expón os seus fundamentos xurídicos e garantías,
MARINA, J. A. y VÁLGOMA, M. de la: La lucha por la dignidad, Barcelona, Anagrama 2000. Fai un
recorrido pola dificil tarea de humanizar ao home. Fálanos da súa loita por alcanzar un mundo mellor e
máis digno.
DÍAZ, E.: Estado de derecho y sociedad democrática Madrid Taurus 1981.
DE LA TORRE, A.:Introducción al derecho, Ariel 1972. Trátase dun libro donde se recalca a importancia
do dereito para a convivencia e como modelo organizacion social.
ATIENZA, M.: Introducción al derecho, Barcanova 1989; O obxectivo fundamental desta obra é ofrecer
unha introducción amplia ao dereito e os distintos saberes xurídicos.
Tuiavii de Tiavea, Los papalagi, Integral, 1989.
E. Burgos, Me llamo Rigoberta Menchú y así me nació la conciencia, S.XXI ediciones,1998.
11. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN T.I.C.
Por unha banda intentarase utilizar todos os recursos posibles para utilizar as novas tecnoloxías na aula. Deste xeito
intentarase utilizarar modelos didácticos sinxelos, ao alcance de todo alumno que saiba utilizar un editor de textos,
enviar mensaxes e navegar por Internet e cuia aplicación na aula realmente facilite o seu traballo. Algúns de ditos
modelos poden ser:
O profesor explica con axuda da pizarra dixital e o alumnado participa con preguntas, A pizarrra dixital
permite que as explicacións poidan ter un bo apoio audiovisual e amosar todo tipo de materiais didácticos e webs
relacionados cos temas que se tratan.
A actualidade entra nas aulas. Proxectando as imaxes das noticias dos periódicos dixitais pódense comentar
temas de actualidade relacionados coa materia, debater sobre conflitos, xulgar e explicitar valores, etc.
Exercicios “a medida”. Cando se dispón de ordenadores de apoio na aula, o profesor pode encargar a algún
alumnos que vaian realizando determinados exercicios; algún poden ser autocorrectivos.
Por outra banda fomentarase o uso das Tic nas diferentes tarefas, individuais e en grupo que teñan que realizar os
alumnos .
PÁXINAS WEB RECOMENDADAS PARA EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA /EDUCACIÓN ÉTICO-CÍVICA
Actividades sobre dereitos humanos:http://www.un.org/cyberschoolbus/humanrights/declarativa/index.asp
Cidadanía europea:Tratado de Maastricht. Diario Oficial: http://europa.eu.int/eur-lex/es/treaties/dat/EU_treaty.html
Modelos, programas e iniciativas. Décima Conferencia Mundial. 2005:
http://www.uv.es/soespe/Bartolome.htm
Convivencia escolar:http://w3.cnice.mec.es/recursos2/convivencia_ escolar/index.html
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/publicaciones/convivencia.php3
http://www.xtec.net/~cescude/Z9WQ01%20Inici.htm (webquest)
Acoso escolar:Información:
http://www.enredate.org/enredate/reportajes/historico_de_reportajes/violenciaescolar/ violenciaescolar3/
Casos de acoso: http://www.el-refugioesjo.net/foro/viewforum.php?f=29
Webquest sobre acoso: http://www.internenes.com/acoso/
Información para o alumno:
http://www.cult.gva.es/orientados/alumnado/alumnado_bullying1.htm
http://www.el-refugioesjo.net/foro/viewtopic.php?p=3994
Información para o profesorado:
http://www.cult.gva.es/orientados/profesorado/inicio_profesorado.htm
Dereito á educación:Artigo: http://www.eurosur.org/futuro/fut63.htm
http://portal.unesco.org/shs/es/ev.
Leis: http://www.pdhre.org/rights/education-sp.html
Diversidade cultural. UNESCO:http://www.unesco.org/culture/pluralism/diversity/html_sp/index_sp.shtml
http://portal.unesco.org/culture/es/ev.
Declaración Universal da UNESCO sobre a diversidade cultural-2001. En varios idiomas:http://unesdoc.unesco.org/images/0012/001271/127160m.pdf
Lei de estranxeiría:http://noticias.juridicas.com/base_datos/Admin/lo4-2000.html
Para os que buscan a nacionalidade: – http://www.mjusticia.es/
Para os que queren residir e traballar en España: – http://www.policia.es/
Culturas xuvenís en España (INXUVE):http://www.injuve.mtas.es/injuve/contenidos.item.action?id=1535754436&menuId=305228545
Recursos sobre o racismo (MEC):http://w3.cnice.mec.es/recursos2/estudiantes/actualidad/op_01.htm#01
Entendemento relixioso entre as diversas confesións:http://wcc-coe.org/wcc/who/index-s.html
http://www.aceprensa.com/art.cgi?articulo=12067
Institucións:Instituto da Muller: http://www.mtas.es/
Participación:Entrevista a M.ª del Rosario García Mahamut, directora xeral de Política Interior. Outubro 2004:http://www.revistaindice.com/numero6/p4.pdfMinisterio do Interior. Eleccións: http://www.eleccións.mir.es/
Partidos políticos: http://guindo.cnice.mecd.es/~jsas0019/partidos_politicos.htm
Poder xudicial: http://www.poderxudicial.es
Senado: http://www.senado.es/
Congreso dos Deputados: http://www.congreso.es/
Lei orgánica do réxime electoral xeral: http://noticias.juridicas.com/base_datos/Admin/lo5-1985.htm
Axencia Tributaria: http://www.aeat.es
AConstitución:http://www.constitucion.es/escuela/bachillerato/conceptos.html
Enerxías renovables:http://www.aven.es/index.html
http://www.ahorraagua.com/html/index.php
Organización Mundial da Saúde:http://www.who.int/es/
Instituto Nacional de Consumo:http://www.consumo-inc.es
Greenpeace:http://www.greenpeace.org/espana
WWF/Adena:htpp://www.wwf.es
O Estado ao servizo da xuventude:http://www.injuve.mtas.es/injuve/portal.portal.action
Delincuencia xuvenil:http://www.gva.es/violencia/crs/crs/Estadisticas4.pdf
Declaración do Milenio:http://www.un.org/spanish/millenniumgoals/ares552.html
Conferencias internacionais sobre a muller:http://www.isis.cl/temas/conf/muller.htm
Axencia Española de Cooperación Internacional:http://www.aeci.es/
Fondo Monetario Internacional:
http://www.imf.org/external/esl/index.asp (en español)
ONG:http://www.pobrezacero.org/
http://www.accioncontraelhambre.org/
http://www.manosunidas.org/
http://www.intermonoxfam.org/
Ámbito español: http://www.caritas.es/
http://www.cruzroja.es/
Axencia das Nacións Unidas:http://www.unicef.es/
Programa sobre Pobreza Infantil de La Caixa:http://www.fundacio.lacaixa.es/lacaixaylapobreza/programa_es.html
Orientación Estudos:httpp://orienta.mecd.es/orienta
Recursos, actividades para traballar temas ética:httpp://recursos.cnice.mec.es/etica
Fundación Ética Mundial:httpp://www.weltethos.org/dat-spa/inv-osp.htm
Banca Éticahttpp://www.fets.org/data/htm/introduccion.html
httpp://es.oneworld.net/article/archive 4765
Equidadhttpp://www.educarenigualdad.org
httpp://clio.rediris.es/udidactica/sufragismo2/index.htm
http://www.educacionenvalores.org
http://www.ceapa.es
http://www.nodoso.org/igualdadydiversidad/enlaces.htm
Pobreza e exclusión socialhttp://www.feantsa.es
http://fundacionreus.org
http://cuarto.mundo.free.fr
http://www.stopexclusion.org
http://asociacionrealidades.org/11.html
http://www.eapn.org/code/en/hp.asp
Educación para a Pazhttp://www.oes.es/valores2/palos 1 . htm
Comercio Xustohttp://www.intermonoxfam.org
Control Armashttp://www.controlarms.org
12. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA
O departamento tentará, no seu proceso de ensino-aprendizaxe, desenvolver valores privilexiando entre eles o
esforzo, a creatividade, a lealtade, a xenerosidade, a autenticidade e a responsabilidade persoal.
Os profesores actuaremos con flexibilidade, moderación e criterio, tendo en conta á persoa e as diferenzas
individuais do alumnado . Coidaremos de que as medidas correctoras que apliquemos sexan xustas e comprendidas,
para que así se convirtan en motivación para un cambio positivo. Potenciaremos o traballo cooperativo e solidario e
usaremos estratexias e actividades que desenrolen un clima de respecto, tolerancia e liberdade, co fin de fomentar no
alumnado valores democráticos.
13. PROGRAMA DE EDUCACION EN VALORES (TRANSVERSAL)
A materia de Educación para a Cidadanía concretará a súa relación coas ensinanzas transversais nas propostas de aula.
Podemos mostrar a vinculación coa educación moral, cívica, para a paz e para a igualdade de oportunidades entre
sexos por medio do fomento do desenvolvemento de actitudes como:
- A tolerancia intelectual para aceptar e estar aberto a obras, opinións, interpretacións e puntos de vista diferentes dos
propios, asumindo que a discrepancia é necesaria para acadar solucións máis ricas e integradoras,
- Crítica ante mensaxes que denoten unha discriminación sexual, racial, social etc.
- Disposición aberta a buscar parte da explicación de sucesos actuais nos seus antecedentes sociohistóricos.
- Valoración crítica dos prexuízos sexistas presentes nos nosos costumes e recuperación e integración do
patrimonio cultural das mulleres.
- Valoración dos dereitos humanos como unha conquista histórica e rexeitamento de calquera forma de violación
destes, así como de todo tipo de discriminación por razóns de idade, sexo, raza, nacionalidade e relixión.
Tamén a educación para a saúde, para o consumo, ambiental e viaria cobran importancia subliñando actuacións
vinculadas a contidos do seguinte tipo:
- Interese por coñecer e gozar de obras, obxectos e logros sociais, culturais, técnicos, artísticos.
- Contribución para a conservación do patrimonio social e cultural.
- Disposición favorable á conservación e mellora do medio natural.
- Recoñecemento dos graves problemas aos que se enfronta a vida humana sobre a Terra.
- Sensibilidade cara á racionalización no uso dos recursos naturais.
- Actitude crítica ante a repartición desigual dos recursos e solidariedade cos que sofren escaseza de alimentos e
recursos.
- Disposición activa á cooperación por conservar e arrequentar o patrimonio social e cultural
14. SISTEMA PARA A ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PREVIOS
Nos primeiros días do curso escolar en poderase realizar un cuestionario inicial coa pretensión de ir introducindo
ao alumno na materia. unha proba sinxela para avaliar o grao de dominio dos contidos mínimos que se consideran
imprescindibles para construír sobre eles as novas aprendizaxes propias da materia.
15. PROCEDEMENTO PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN
Para avaliar a programación didáctica partiremos de dous criterios xerais:
a) contrastar se a materia contribuíu a acadar as competencias básicas.
b) Ademais perseguiremos que a programación :
- conseguira que os contidos da nosa materia se aprendan.
- que os resultados obtidos sexan causados pola aplicación do programado
- que servira para o que se deseñou.
Proponse un procedemento de valoración da programación que consiste na aplicación dunha escala de observación
entre o profesorado que imparte docencia na materia, co fin de que xulgue a conveniencia ou non da programación
segundo os resultados obtidos. 1. A distribución temporal dos contidos por avaliación. 2. A aplicación de todos os
métodos didácticos programados. 3. A contrastación da adquisición dos contidos mínimos nos alumnos que
superaron a materia. 4. A aplicación dos procedementos de avaliación programado e os criterios de avaliación. 5. A
pertinencia das medidas de atención a diversidade para os alumnos. 6. A eficacia do procedemento de recuperación
de contidos non superados e de materias pendentes de cursos anteriores. 7. A aplicación de medidas para fomentar o
interese e o habito de lectura e utilización das TICs. 8. A utilización dos materiais e recursos didácticos
programados.
Estes criterios de valoración da programación poden ser revisados trimestralmente nas reunións de departamento
dedicadas a valorar o grao de consecución dos obxectivos previstos durante o trimestre.
16. CONSTANCIA DE INFORMACIÓN AO ALUMNADO
Ao comezo do curso se lle proporcionará ao alumno un extracto da programación correspondente a materia en
cuestión, na que se recollerán os, obxectivos, contidos e criterios de avaliación da mesma. Asemade a programación
estará disponible na páxina web do Departamento.
ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA EDUCACIÓN PARA Á CIDADANÍA e DEREITOS HUMANOS de 2º ESO
1. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS
a) C. en comunicación lingüística
Uso sistemático do diálogo e o debate
Verbalizar, facer explícitas as ideas, formar os xuízos e estruturalos de forma coherente.
Buscar, obter, analizar, sintetizar e relacionar a información procedente de distintas fontes
Asimilar o vocabulario específico sobre a área e desenvolver procesos de argumentación e expresión dos
propios pensamentos.
Adquirir o gusto pola lectura así como as habilidades de comprensión e empatía.
Utilizar a linguaxe como ferramenta de comprensión e representación da realidade, como instrumento para
a igualdade, a construcción de relacións equitativas entre homes e mulleres, e a eliminación de estereotipos
e expresións sexistas.
Aprender a transitar dende os usos orais cotiáns espontáneos a uns usos orais públicos que requiran
planificación e control
Ter claro o tema, finalidade/intencionalidade, destinatario definitivo e o contexto a hora de elaborar un
texto
Ensinar a diferenciar feitos das opinións
Ensinar a seleccionar ou subliñar o máis relevante de cada apartado ou párrafo(palabras clave)
b) C. matemática
Emprego e comprensión dos aspectos cuantitativos de informacións sobre os feitos da realidade social,
cultural e económica que se estuden.
Os traballos que se elaboren facilitarán o emprego significativo de nocións de estatística básica, o uso de
escalas numéricas e gráficas
Interpretar e expresar con claridade informacións, datos, enunciados.
Utilizar e relacionar conceptos matemáticos recollidos en diferentes fontes de información sobre
porcentaxes de participación, escanos, folgas…
Incentivar ao alumno na utilización de formas de pensamento lóxico para resolver problemas
Clasificar aspectos da realidade que permitan ordenala e interpretala, utilizando técnicas sinxelas de
recollida, interpretación e representación de datos.
c) C. no coñecemento e interacción co mundo físico
Ser conscientes da importancia do uso responsable dos recursos naturais, da necesidade de preservar o
medio, potenciar o consumo responsable e unha forma de vida saudable,
Desenvolver a comprensión de sucesos, a predición de consecuencias e a actividade dirixida á mellora e
preservación das condicións de vida propia e das demais persoas.
Adquirir unha axeitada percepción do espazo físico no que se desenvolven a vida e a actividade humana, e
a habilidade para interactuar co espazo circundante.
Ser consciente da influencia que ten o ser humano nun medio determinado, o beneficio do
desenvolvemento social e a importancia da conservación dos recursos.
d) Tratamento da información e competencia dixital
Facer inferencias e deducións
Valorar as fontes de información e a súa fiabilidade.
Seleccionar as achegas específicas de cada fonte de información segundo os temas que se vaian tratar.
Buscar, obter, procesar e comunicar información.
Coñecer, identificar e saber utilizar un ordenador e os seus compoñentes e periféricos de uso máis
habitual: impresora, escáner, micrófono, altofalantes, proxector, unidades ópticas, unidades de
almacenamento externo,etc
Coñecer e aplicar a terminoloxía informática na realización de operacións sinxelas: formatar, reiniciar,
copiar e pegar, minimizar, pechar, instalar/desinstalar, escritorio,etc
Manexar con soltura o sistema operativo do ordenador e as ferramentas que permiten as tarefas básicas
Integrar o uso das TIC e de internet no traballo e actividade diaria.
e) C. social e cidadá
Favorecer o desenvolvemento de destrezas que permiten participar, tomar decisións, elixir a forma axeitada
de comportarse en determinadas situacións e responsabilizarse das consecuencias derivadas das decisións
adoptadas.
Xerar sentimentos non excluíntes e a interiorizar o valor de respecto, así como a aceptar e usar convencións
e normas sociais facilitadoras da convivencia.
Sensibilización ante as situacións de discriminación e inxustiza
Consolidar os valores de cooperación, solidariedade, xustiza, non violencia, compromiso e participación
tanto no ámbito persoal coma no social.
A práctica do diálogo axuda a afrontar e resolver as situacións de conflito mediante procedementos non
violentos.
Analizar o papel das normas e das leis, os dereitos e as responsabilidades, para a convivencia. Adquirir
hábitos para unha boa convivencia cidadá.
f) C. cultural e artística
Ser capaz de apreciar o feito cultural nas súas diversas manifestacións.
Reflexionar sobre o que é a cultura e como se concreta na realidade próxima.
Buscar as fontes de influencia que determinaron o contexto cultural.
Comprender a realidade histórica e social do mundo, a súa evolución, os seus logros e os seus problemas.
Coñecer, comprender, apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e artísticas.
g) C. aprender a aprender
Recoñecemento das propias capacidades e carencias e as habilidades para tirar proveito das primeiras e
superar as segundas.
Desenvolvemento do diálogo e a valoración das razóns doutras persoas require admitir a diversidade de
respostas ante un mesmo problema.
Estímulo das destrezas orientadas á recompilación e á síntese de información, á transformación da
información en coñecemento, ao desenvolvemento das habilidades sociais que permiten o traballo en
equipo e a participación favorecen tamén as aprendizaxes posteriores.
Traballar en equipo e reflexionar sobre as propias opinións.
coñecemento doutros puntos de vista, e favorecer a escoita, o entendemento e a empatía.
Consolidar a aprendizaxe e ser capaz de continuala de maneira autónoma
h) Autonomia e iniciativa persoal
Reflexión sobre as relacións entre intelixencia, sentimentos e emocións posibilita o coñecemento dun
mesmo, o autocontrol e o equilibrio emocional necesarios para desenvolver un comportamento autónomo.
Coñecemento da achega de distintas teorías éticas facilita a creación dun código moral propio, a
argumentación, a elaboración de ideas propias, e o estudo de casos que esixa unha toma de posición persoal
sobre un problema e a busca de posibles solucións.
A formulación de dilemas morais, que caracterizan as materias desta área, contribúe tamén a que as
alumnas e alumnos constrúan un xuízo ético propio baseado nos valores e prácticas democráticas.
Aplicar os coñecementos a novas situacións, anticipar consecuencias das propias accións,
Estimular a xénese de propostas novas.
Desenvolver iniciativas de planificación, toma de decisións, participación e asunción de responsabilidades.
2. OBXECTIVOS DA MATERIA
1. Recoñecer a condición humana na súa dimensión individual e social.
2. Desenvolver as habilidades comunicativas e sociais que permiten participar en actividades de grupo con
actitude solidaria e tolerante, utilizando o diálogo e a mediación para abordar os conflitos.
3. Desenvolver a iniciativa persoal asumindo responsabilidades e practicar formas de convivencia e
participación baseadas no respecto, a cooperación e o rexeitamento á violencia, aos estereotipos e aos
prexuízos.
4. Coñecer e valorar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o Convenio Europeo de Dereitos e
Liberdades e a Constitución española, identificando os valores que os fundamentan.
5. Coñecer e valorar a igualdade esencial dos seres humanos e a relación existente entre a liberdade e a
responsabilidade individuais.
6. Recoñecer a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, valorar a diferenza de sexos e a igualdade de
dereitos entre eles e rexeitar os estereotipos e prexuízos que supoñan discriminación entre homes e
mulleres. Fomentar a corresponsabilidade e compartir as tarefas domésticas e de coidado, tanto polos
homes como polas mulleres.
7. Coñecer e apreciar os principios que fundamentan os sistemas democráticos e o funcionamento do Estado
español e da Unión Europea, as súas nstitucións, as súas normas e os procesos político-xurídicos, os seus
valores e símbolos.
8. Coñecer os fundamentos do modo de vida democrático e aprender a obrar de acordo con eles nos diferentes
ámbitos de convivencia.
9. Asumir o principio de correlación entre deberes e dereitos e reflexionar sobre as causas que provocan a
violación dos dereitos.
10. Valorar a importancia da participación na vida política ou outras formas de participación cidadá, como a
cooperación, o asociacionismo e o voluntariado.
11. Coñecer nos seus termos fundamentais a Constitución española, a Declaración dos Dereitos Humanos e o
Convenio Europeo de Dereitos e Liberdades. Valorar as accións encamiñadas á consecución dunha paz e
seguridade fundamentadas no respecto a estes dereitos fundamentais, e a participación activa como medio
para lograr un mundo máis xusto.
12. Adquirir un pensamento crítico e reflexivo, baseado nun coñecemento rigoroso e ben informado, así como
valorar as razóns e argumentos dos outros.
13. Coñecer as normas de seguridade viaria e as causas e consecuencias dos accidentes de circulación.
14. Asumir unha cultura de respecto ao ambiente e uns hábitos de vida saudables que os protexan ante as
enfermidades e ante as adiccións.
3. CONTIDOS SECUENCIADOS E TEMPORALIZADOS
Nº
UNIDADES DIDÁCTICAS Libro TEMPORALIZACIÓNSESIÓNS/ MES
Probas Avaliación
0 A cidadanía. Qué é ser cidadán 4 Setembro X
1ª
1 Liberdade e Responsabilidade Tema 1 4 Setembro X2 As persoas ás que queremos Tema 2 6 Outubro X3 Todos somos iguais e diferentes Tema 3 6 Novembro X4 Ti tamén debes contribuír á
convivenciaTema 4 6 Decembro X
5 A convivencia en paz como obxectivo
Tema 5 6 Xaneiro X
2ª
6 Como podemos ser libres vivindo en sociedade
Tema 6 8 Febreiro X
7 Diferenzas e igualdade na vida social
Tema 7 8 Marzo X
8 A solidariedade como dereito e deber
Tema 8 4 Abril X
9 A convivencia en democracia Tema 9 5 Abril/Maio X
3ª
10 O Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia
Tema 10 4 Maio X
11 Os retos da democracia Tema 11 4 Maio/Xuño X12 Cara a unha sociedade mundial Tema 12 3 Xuño X
Nª UNIDADES DIDÁCTICAS CONTIDOS0
A cidadanía. Qué é ser cidadán A necesidade de vivir en sociedadeA política. Qué é a políticaA cidadanía e os seus círculosHistoria da cidadaníaA cidadanía española na Constitución
1Liberdade e Responsabilidade Liberdade e Responsabilidade
Fíxalle metas á túa LiberdadeO bo uso da túa Liberdade
2As persoas ás que queremos A familia como centro dos nosos afectos
A importancia dos Amigos na túa vidaContra a violencia no noso ámbito
3A Igualdade que debe haber na FamiliaAprendendo a respectar ós diferentes
Todos somos iguais e
diferentes
As Desigualdades sociais e a túa actitude ante elas
4Ti tamén debes contribuír á
convivencia
As túas responsabilidades na vida familiarA túa participación no centro educativoA túa contribución ao lugar no que vives
5A convivencia en paz como
obxectivo
Interese común dos cidadánsOs teus dereitos e os dereitos dos demaisOs teus deberes cara aos demais
6Como podemos ser libres
vivindo en sociedade
A nosa liberdade e os seus límitesAs normas sociais e a nosa relación con elasA túa liberdade ante a autoridade
7Diferenzas e igualdade na vida
social
Unha sociedade cada vez máis diversa e máis singularEn que consiste o noso dereito á igualdadeA igualdade é tamén un deber
8
A solidariedade como dereito e
deber
A solidariedade como base dos nosos dereitosA solidariedade dos demais como dereitoA solidariedade cara aos demais como deber
9
A convivencia en democraciaQué é a democraciaComo funciona unha democraciaPor que é preferible a democracia
10
O Estado e a Comunidade
Autónoma de Galicia
O Estado como garantía dos nosos dereitosO Estado como garantía da nosa seguridade e do noso
benestarGalicia, a túa comunidade
11
Os retos da democraciaDebemos convivir, aínda sendo tan distintosO desenvolvemento tecnolóxico e os seus riscosO medio e as súas ameazas
12
Cara a unha sociedade
mundial
Os países dependen cada vez máis uns doutrosPor que hai países ricos e países pobresOs conflictos mundiais e cono resolvelos
4. METODOLOXÍA DIDÁCTICA
a) Metodoloxía específica da materia
A participación dos alumnos nas actividades da clase é absolutamente necesaria e favorece o desenvolvemento dos
obxectivos do curso dentro dun clima de confianza. Propoñemos iniciativas e estratexias para fomentar a
participación dirixidas a espertar o interese polo traballo en grupo, axudar a compartir os coñecementos que posúen
os alumnos sobre os temas, motivar a cohesión e a convivencia diaria, traballar de maneira práctica –por tanto,
aprender máis e mellor– os conceptos explicados e, por suposto, facer máis dinámica e divertida a tarefa de ensinar-
aprender. Nas actividades practícanse exhaustivamente os contidos comúns do currículo, que teñen un carácter
prioritariamente instrumental, segundo quedan recollidos no decreto do MEC:
- Exposición de opinións e xuízos propios con argumentos razoados e capacidade para aceptar as opinións dos
outros.
- Práctica do diálogo como estratexia para abordar os conflitos de forma non violenta.
- Preparación e realización de debates sobre aspectos relevantes da realidade, cunha actitude de compromiso para
mellorala.
- Análise comparativa e avaliación crítica de informacións proporcionadas polos medios de comunicación sobre
un mesmo feito ou cuestión de actualidade.
A metodoloxía tratará de facilitar o traballo autónomo do alumno e provocar nel aprendizaxes significativos.
Partiremos de feitos concretos e vivencias próximas, co obxectivo de facilitar a súa motivación; o que supón
comezar polo entorno escolar, familiar e social no que se desenvolve o noso alumnado
As actividades serán participativas e dinámicas, xa sexan estas individuais ( para desenrolar a súa capacidade de
iniciativa e autonomía persoal) xa sexan en grupo( xa que é esta una das capacidades básicas da etapa)
Como forma de traballo, teremos sempre presente:
- Utilización da prensa como instrumento de apoio,
- Análise de textos apropiados para cada actividade,
- Proposta de traballos que fomente a investigación a partires dos intereses suscitados posibilitará o
desenrolo progresivo da autonomía nos alumnos.
O desenvolvemento das experiencias de traballo na aula, desde unha fundamentación teórica aberta e de síntese buscará
a alternancia entre os dous grandes tipos de estratexias: expositiva e de indagación. Estas estratexias materializaranse en
técnicas como:
Os diálogos.
Os dilemas morais..
Os cuestionarios escritos.
Os cuestionarios orais.
Comentarios de distintos tipos de texto (orais, escritos e audiovisuais).
A exposición oral.
O debate.
O coloquio.
A entrevista colectiva.
Os mapas de contido.
A investigación bibliográfica.
Os traballos de investigación.
Este tipo de traballo fai necesario un instrumento de apoio que permita a recollida documental e posterior avaliación: o caderno de clase.
b) Materiais e recursos didácticos
LIBRO DE TEXTO RECOMENDADO E NON OBRIGATORIO: EDUCACIÓN PARA A
CIDADANÍA.
Autores. Pablo Navarro Sustaeta
Capitolina Díaz Martínez
Editorial: ANAYA
CADERNO / ARCHIVADOR DE CLASE
Resulta absolutamente indispensable o caderno persoal de traballo onde o alumno toma as notas, realiza as
actividades e exercicios e utiliza como material para preparar as súas avaliacións.
OUTROS MATERIAIS
O Departamento dispón dalgúns libros e textos diversos, vídeos didácticos, películas e outros materiais para
completar a exposición dos diversos temas didácticos na práctica diaria da clase.
As aulas están dotadas de ordenador con conexión a Internet, proxector e pantalla; recurso ao que intentaremos
sacar o máximo proveito. Por exemplo: consulta de páxinas Web, visionado de material audiovisual, consulta
de libros ou enciclopedias, procura de elementos que completen e ilustren os diferentes temas...
APUNTES PROPORCIONADOS POLO PROFESOR
5. CRITERIOS DE AVALIACIÓN
CRITERIOS MÍNIMOS1. Valorar a liberdade e responsabilidade persoais. Identificar e rexeitar, a partir da análise de
feitos reais ou figurados, situacións de discriminación. X
2. Participar na vida do centro e do contorno e practicar o diálogo.X
3. Rexeitar a discriminación e toda violación dos dereitos humanos. Utilizar diferentes fontes
de información e considerar as distintas posicións e alternativas existentes nos debates que
se propoñan sobre problemas e situacións de carácter local ou global.
X
4. Identificar os principios básicos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e a súa
evolución, distinguir situacións de violación destes. X
5. Recoñecer os principios democráticos e as institucións fundamentais que establece a
Constitución española e os estatutos de autonomía e describir a organización, funcións e
formas de elección dalgúns órganos de goberno municipais, autonómicos e estatais.
X
6. Identificar os principais servizos públicos que deben garantir as administracións, recoñecer
a contribución dos cidadáns no seu mantemento e mostrar, ante situacións da vida cotiá,
actitudes cívicas relativas ao coidado da saúde, o contorno, a seguridade viaria, a
protección civil e o consumo responsable.
X
7. Coñecer e valorar o impacto das novas tecnoloxías (dereito á privacidade e respecto á
propiedade intelectual), a globalización, ou algúns dos trazos das nosas sociedades actuais
(pluralidade cultural, sociedade do coñecemento etc.) na nosa convivencia cívica.
X
8. Recoñecer a existencia de conflitos e as súas principais causas. Valorar a importancia do
dereito internacional humanitario para paliar as consecuencias dos conflitos. X
6. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACION
a) Para as avaliacións ordinarias
PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOSProbas escritas Ao menos unha proba escrita por avaliación, na que se tratará de avaliar
a comprensión dos temas e conceptos, a capacidade argumentativa e de
análise. A estrutura da proba incluirá:
o Vocabularioo Cuestións de comprensióno Desenvolvemento de contidoso Análise de textos
Elaboración de resumes, sinteses, esquemas.
Traballos individuais Recensión de libros.
Traballos monográficos
Lectura e análise de textos.
Búsqueda información en internet
Traballos en grupo Elaboración de murais sobre un problema ético do noso tempo
Traballos breves de análise crítico de novas e comentarios de actualidade, obtidos
de periódicos e revistas.Probas orais Exposición dun tema,
Respostas a preguntas
DebatesTraballo na aulaObservación e rexistro A observación e seguimento do alumnado, realizarase centrándose nos seguintes
aspectos:
Grado de traballo na aula ( ou fora dela, nas actividades
complementarias e extraescolares), individual e colectivamente
O seu grado de participación
A súa coherencia nas exposicións dos traballos
O seu rigor sobre os contidos dos temas
O seu interese demostrado a través das dúbidas ou preguntas formuladas
Análise do seu caderno de clase no que se reflectirá o traballo diario. Revisarase
periodicamente.
b) Para a avaliación extraordinaria
PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOSProba escrita Aqueles alumnos que non aprobasen por avaliacións, nin recuperasen, terán dereito a
un exame final da materia. Este exame poderá ser de toda a materia ou só das partes nos superadas.
7. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Contidos Conceptuais:
Avaliarase a partires de probas orais ou escritas ( constará de varias preguntas cuxa cualificación será debidamente
especificada.); actividades caderno do libro de texto , de autoavaliación ,etc .
Suporá o 60 % ( 6) da nota final.
Contidos Procedimentais:
Terase en conta os seguintes aspectos:
- Caderno da clase
- Traballos individuais e en grupo
- Realizacións de murais
- Comentarios de texto de carácter ético.
- Outras actividades.
O resultado destas actividades supón o 20% ( 2) da nota final.
Contidos Actitudinais:
Neste apartado tense en conta aspectos como: a asistencia a clase, puntualidade, realización das tarefas na data
fixada, comportamento na aula... Si estes aspectos son valorados positivamente suporán un 20% (2) da nota final de
avaliación
A nota será así o resultado dunha valoración ponderada sobre todos os factores sinalados nos apartados
anteriores.
Para aprobar o curso é necesario obter, polo menos, 5 puntos como nota media entre as tres avaliacións, sempre e
cando a nota dás avaliación sexa como mínimo de 3,5.
Establecemos como norma: nos exames ou nas notas medias redondearanse os decimales ao número enteiro máis
próximo (a partir de 0,5 á alza; ata 0,4, á baixa).
A nota dá terceira avaliación será a nota dá media dás tres avaliacións e farase coincidir coa nota final.
8. PROGRAMA DE RECUPERACION E REFORZO
a) Das materias pendentes de cursos anteriores
Plan de traballo
- Ao comezo de curso o profesor correspondente informará ao alumno do mecanismo para a recuperación da
materia.
- Ao longo do curso lle irá distribuindo e proporcionando ao alumno as actividades que terá que realizar. Fixando
unha data de entrega
- O Departamento establecerá unha hora de atención personalizada
Procedementos e instrumentos de avaliación
Para o alumnado repetidor que obtivera una avaliación negativa nesta materia establecerase un plan personalizado
para poder superar as dificultades non superadas no curso anterior. Este plan, en función das características do
alumnado, poderá consistir na realización de actividades de reforzo da materia, que se presentarán mensualmente,
entre os meses de outubro e maio de cada curso escolar.
b) Da materia do propio curso
Procedementos e instrumentos de avaliación para :
a. Unha proba non superada
O alumno terá oportunidade de recuperar as probas non superadas na recuperación da avaliación. ( ver apartado b)
b. Unha avaliación parcial
Realizaranse a lo menos unha proba escrita para cada unha das avaliacións trimestrais, tanto para os contidos
curriculares da materia como para correspondentes a outro tipo de actividades. Aqueles alumnos que superen as
probas pero non as actividades deberán realizar actividades alternativas. Aqueles alumnos que realicen
satisfactoriamente as actividades pero non as probas deberán realizar probas de recuperación ou actividades de
reforzo adaptadas aos contidos mínimos.
c. A avaliación final ordinaria
Aqueles alumnos que non aprobasen por avaliacións, nin recuperasen, terán dereito a un exame final da materia.
Este exame poderá ser de toda a materia ou só das partes nos superadas.
Aqueles alumnos que non aproben a asignatura na convocatoria de xuño, terán que presentarse ao exame de
setembro.. Os criterios de avaliación para este exame serán os mesmos que para calquera outro que se realice
durante o curso.
d. A avaliación final en caso de perda do dereito á avaliación continua
Ao final do curso (mes de Xuño), realizarase un exame final da asignatura, o que terán que presentarse os alumnos
que perderan o dereito a avalición continua
9. MEDIDAS DE ATENCION Á DIVERSIDADE
Para aqueles que non superen a avaliación realizaranse actividades de reforzo. En resume, estas serán:
1. Repaso dos aspectos que non se comprenderan co fin de que os alumnos expresen as súas dúbidas e o profesor
programe un plan de recuperación personalizado, por exemplo, reforzando os contidos con máis actividades pero
sen realizar un novo exame delas
2. Preparación individual de resumes e esquemas das materias tratadas na clase, simplificándoos e adaptándoos ao
grado de dificultade de aprendizaxe dos alumnos.
Para aqueles alumnos que teñan superado as pronas de avaliación e desexen profundizar nalgún dos temas
abordados na clase ou obter unha mellor cualificación, se proporán actividades seguindo o seguinte esquema:
- Buscarán máis información e documentos
- Elaborarán a información obtida en forma de esquemas globais de comprensión ou resumes
- Exporán na clase os resultados e fará, un análise crítico dos mesmos
10. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
Poden programarse un número variado de actividades extraescolares. Por exemplo:
- Visitas as sedes de ONGs para coñecer as súas realizacións.
- Asistencia a Institucións como Concellos, Parlamentos, Xulgados, etc.
- Visitas a redaccións de periódicos ou televisións.
- Recorridos pola localidade ou a comarca para analizar a política ecolóxica que se segue nelas.
- Asistencia a charlas, teatro, cine, etc.
11. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN LECTOR
Para potenciar o interese pola lectura nos alumnos deste nivel educativo, dedicarase algunha sesión lectiva durante o
curso para tratar a bibliografía relacionada coa materia que poida ser accesible aos adolescentes. Nas devanditas
sesións proporanse unha serie de títulos, dando a súa referencia concreta, e farase unha breve reseña de cada un
deles, que o alumno copiará no seu caderno. Desta maneira, o alumno potencialmente interesado nun tema
determinado, ou nun aspecto do tema, poderá sentirse animado a buscar un libro que amplíe os seus coñecementos.
Haberá actividades de lectura tutelada verificando se se comprende o lido en voz alta e deténdose no vocabulario
que os alumnos descoñezan. En ocasións deberán facer resumes e esquemas identificando as ideas principais do
texto e relacionándoas entre si.
Lecturas recomendadas
Ficción:
Un mundo feliz, de Aldous Huxley. Nárranse as peripecias dun marxinado nunha sociedade futura altamente
tecnificada, onde os seres humanos son creados en serie e pertencen a distintas castes segundo a súa función.
Preséntase un mundo globalizado no que toda a xente é feliz: non hai guerras, non hai pobreza, non hai violencia,
pero para conseguir isto suprimíronse a diversidade cultural, a relixión, a familia, etc.
Novos deuses, de Alberto Vázquez Figueroa. A historia parte do reencontro con vellos compañeiros que non
envelleceron. As indagacións do protagonista levarano a descubrir un proxecto para alcanzar a eterna xuventude
mediante a clonación.
Diario de Ana Frank. Editorial Alfaguara. Diario dunha moza xudía de 13 anos durante a ocupación nazi de
Holanda.
A caverna (2000), de José Saramago.Terceiro libro que completa, con Ensaio sobre a cegueira e Todos os nomes,
a triloxía de Saramago, e do que se poden extraer fragmentos moi interesantes para os adolescentes. Relata como un
oleico que vende tradicionalmente os seus produtos a un centro da cidade se ve abocado a abandonalo todo e
cambiar o seu modo de vida cando desde a gran cidade deciden non facerlle máis encargos. É unha crítica á
sociedade actual, na que non falta a reflexión e a esperanza.
Novela que, pese ao ano da súa publicación, se pode considerar actual en todos os sentidos.
RIEL, J.: El chico que quería convertirse en ser humano. Editorial Salamandra 2007. Narra a historia dun rapaz
chamado Leiv que vive en Islandia no año 1000 e cuxo obxectivo secreto consiste en vingar a morte do seu pai. O
contacto co pobo inuit someterá as súas crenzas e opinións a unha dura proba, que lle inclinará a converterse en
humano.
M. Lipman, Lisa, De la Torre ediciones, 1988
G. Orwell, Rebelión en la granja, Ed. Destino, 2006.
M. Ende, La historia interminable, Alfaguara, 1984.
Robert Fischer, El Caballero de la armadura oxidada,obelisco. Axúdanos a reflexionar sobre temas reais da nosa
traxectoria persoal.
Pasqual Alapont, Llenos de rabia, Edebé.colec.periscopio.2005. Axuda a reflexionar sobre os problemas que
provoca o alcoholismo e as súas consecuencias cos demais.
Jordi Sierra i Fabra. Donde el viento da la vuelta, Edebé.colec.periscopio 2001. A dura realidade dos nenos soldado
e a necesidade de construír a paz
M:Carme Roca e Montse Ballarín. La temida huella de Kali, Edebé.colec.periscopio 2004. Tema cultivos
transxénicos e as inxustizas de que son vítimas os máis desprotexidos
Ensaios:
ARANGUREN, J. L.: Ética, Madrid, Revista de Occcidente 1958; Os primeiros capítulos abordan os conceptos
fundamentais da moral.
CORTINA, A.: Ética mínima, Madrid, Tecnos 1986; expón dun modo moi sencillo as ideas claves da ética e postula
os principios da mesma sobre o concepto de dignidade.
ANTONIO MARINA, J.: El laberinto sentimental. Barcelona Anagrama 1996, o libro adéntranos na vida afectiva. O
home cómo intelixencia emocional quere coñecer os seus sentimientos.
SAVATER, F.: Ética para Amador, Ariel 1992. Os primeiros capítulos abordan os conceptos básicos da ética, cunha
linguaxe moi asequible para os alumnos.
Algúns textos seleccionados de obras de Sartre, donde define a liberdade humana. Recomendamos El
existencialismo es un humanismo, por ser máis asequible para os nosos alumnos.
FROMM, E.: El miedo a la libertad. Algúns capítulos, facendo unha breve reseña da importancia desta obra para a
comprensión do concepto liberdade
BOBBIO, N.: El tiempo de los derechos, Madrid, Sistema, 1991. Fálanos da orixe dos dereitos humanos en tanto
que reivindicacións e como resultado dunha gran creación humana.
HERSCH, J.: El derecho de ser hombre, Madrid, Tecnos, 1984. Nos informa das aportacións desde o dereito, a
filosofía ou as relixións ao campo dos dereitos fundamentais
MAHFUZ, N.: El café de Qúshtumar. Trátase dun libro precioso que desmonta prexuízos en torno á cultura árabe,
como a intolerancia ou o fanatismo. É todo un canto á amizade e a tolerancia.
Informes de caracter anual de Amnistía Internacional, expón o estado dos dereitos humanos no mundo.
PECES-BARBA, G.: Derechos fundamentales, Madrid 1980, Aula Latina. Realiza un recorrido fundamental
pola historia dos dereitoss humanos, expón os seus fundamentos xurídicos e garantías,
MARINA, J. A. y VÁLGOMA, M. de la: La lucha por la dignidad, Barcelona, Anagrama 2000. Fai un
recorrido pola dificil tarea de humanizar ao home. Fálanos da súa loita por alcanzar un mundo mellor e máis digno.
DÍAZ, E.: Estado de derecho y sociedad democrática Madrid Taurus 1981.
DE LA TORRE, A.:Introducción al derecho, Ariel 1972. Trátase dun libro donde se recalca a importancia do dereito
para a convivencia e como modelo organizacion social.
ATIENZA, M.: Introducción al derecho, Barcanova 1989; O obxectivo fundamental desta obra é ofrecer unha
introducción amplia ao dereito e os distintos saberes xurídicos.
Tuiavii de Tiavea, Los papalagi, Integral, 1989.
E. Burgos, Me llamo Rigoberta Menchú y así me nació la conciencia, S.XXI ediciones,1998.
13. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN T.I.C.
Buscaremos afondar no uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación, a través da posta en práctica
dos procedementos seguintes:
1. Extensión do uso das novas tecnoloxías na aula: uso de páxinas web, presentacións en power-point,...
2. Referencias a páxinas web. Non só se ofrecerán libros ou manuais de consulta aos alumnos para que podan
ampliar os seus coñecementos ou desenvolver os traballos de investigación, senón que se lle indicarán portais
específicos de filosofía e outras páxinas web de referencia máis específica.
3.Traballos presentados en soporte informático. Se invitará aos alumnos-as que presenten os seus traballos de
investigación en soporte informático, no que aparezan referencias a páxinas web, se realicen presentacións en
power-point, se inserten imaxes, vídeos ou audios da rede.
14. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA
O departamento tentará, no seu proceso de ensino-aprendizaxe, desenvolver valores privilexiando entre eles o
esforzo, a creatividade, a lealtade, a xenerosidade, a autenticidade e a responsabilidade persoal.
Os profesores actuaremos con flexibilidade, moderación e criterio, tendo en conta á persoa e as diferenzas
individuais do alumnado . Coidaremos de que as medidas correctoras que apliquemos sexan xustas e comprendidas,
para que así se convirtan en motivación para un cambio positivo. Potenciaremos o traballo cooperativo e solidario e
usaremos estratexias e actividades que desenrolen un clima de respecto, tolerancia e liberdade, co fin de fomentar no
alumnado valores democráticos.
15. PROGRAMA DE EDUCACION EN VALORES (TRANSVERSAL)
A materia de Educación para a Cidadanía concretará a súa relación coas ensinanzas transversais nas propostas de
aula.
Podemos mostrar a vinculación coa educación moral, cívica, para a paz e para a igualdade de oportunidades entre
sexos grazas ao pulo de desenvolvemento de actitudes como:
- A tolerancia intelectual para aceptar e estar aberto a obras, opinións, interpretacións e puntos de vista diferentes
dos propios, asumindo que a discrepancia é necesaria para alcanzar solucións máis ricas e integradoras,
- Crítica ante mensaxes que denoten unha discriminación sexual, racial, social etc.
- Disposición aberta a buscar parte da explicación de sucesos actuais nos seus antecedentes sociohistóricos.
- Valoración crítica dos prexuízos sexistas presentes nos nosos costumes e recuperación e integración do
patrimonio cultural das mulleres.
- Valoración dos dereitos humanos como unha conquista histórica e rexeitamento de calquera forma de violación
destes, así como de todo tipo de discriminación por razóns de idade, sexo, raza, nacionalidade e relixión.
- Tamén a educación para a saúde, para o consumo, ambiental e viaria cobran importancia subliñando actuacións
vinculadas a contidos do seguinte tipo:
- Interese por coñecer e gozar de obras, obxectos e logros sociais, culturais, técnicos, artísticos.
- Contribución á conservación do patrimonio social e cultural.
- Disposición favorable á conservación e mellora do medio natural.
- Recoñecemento dos graves problemas aos que se enfronta a vida humana sobre a Terra.
- Sensibilidade cara á racionalización no uso dos recursos naturais.
- Actitude crítica ante a repartición desigual dos recursos e solidariedade cos que sofren escaseza de alimentos e
recursos.
- Disposición activa á cooperación por conservar e arrequentar o patrimonio social e cultural.
16. SISTEMA PARA A ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PREVIOS
Cuestionario inicial: conxunto de preguntas coas que se pretende ir introducíndose nun tema. Incídese máis na
implicación do alumno que na avaliación de contidos. Tratarase, na maior parte dos casos, de interrogantes que
pretende facelos reflexionar acerca das súas propias ideas, actitudes e comportamentos..
17. PROCEDEMENTO PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN
Trátase de verificar se o dispositivo pedagóxico empregado é adecuado e cales son os aspectos en que se poderían
presentar maiores conflitos: no nivel de profundidade dos contidos expostos en cada nivel educativo, na idoneidade
da secuenciación dos mesmos, no nivel de complexidade dos mecanismos empregados no proceso de
ensinanzaaprendizaxe: na efectividade das actividades e lecturas propostas, na idoneidade dos materiais curriculares
empregados...
A través das reunións de departamento, iranse analizando estas cuestións e realizaranse as modificacións puntuais
que se considere oportunas, neste mesmo curso sempre que for posíbel, ou tomarase nota delas para reformalas de
cara a próximos cursos.
18. CONSTANCIA DE INFORMACIÓN AO ALUMNADO
Ao comezo do curso se lle proporcionará ao alumno un extracto da programación correspondente a materia en
cuestión, na que se recollerán os, obxectivos, contidos e criterios de avaliación da mesma. Asemade a programación
estará disponible na páxina web do Departamento.
En ………………. a ….. de …….. de 2…..
Vº e praceO/A Xefe/a do Departamento Asdo. Os membros do Departamento