Sumario
1. LetraS GaLeGaS 2011.páx.1
2. VertebradoS ViVoS en
directo.páx.3
3. acróSticoS poéticoS.páx.5
4. adiViñaS de 3ºa.páx.6
5. poeSíaS de 3ºa.páx.7
6. Saída SaLón do Libro.páx.8
7. a ratiña preSumida.páx.9
8. adiViñaS, acertixoS e
eniGmaS.páx.10
9. aS xoaniñaS.páx.12
10. refraneiro 2ºb.páx.14
11. adiViñaS, trabaLinGuaS e
poeSíaS.páx.16
12. poeSía do outono.páx.18
13. aS cíeS.páx.19
14. adiVíñao Sen medo.páx.20
15. ViSitamoS o muSeo do
mar.páx.21
16. un choqueiro de
corazón.páx.22
17. reGueifa.páx.24
18. que atopamoS? .páx.26
19. que paSou? .páx.27
20. a paz.páx.28
21. copLaS doS maioS.páx.30
22. como facer un medaLLón
ceLta.páx.31
23. a coca.páx.33
24. o SaLGueiro chorón.páx.34
25. a ruta da Seda.páx.35
26. árboreS para a paz.páx.36
27. teatro de SombraS.páx.38
28. carta de deSpedida.páx.39
editoriaL
Un novo número da revista escolar
Murmurio está nas vosas mans, grazas,
sobre todo ao esforzo do alumnado,
protagonista fundamental desta
interesante aventura informativa.
Este curso está a rematar e,
quizais sexa o momento de lembrar e
valorar todo o traballado. Este ano
continuamos mellorando a calidade do
ensino no noso centro mediante proxectos
como as aulas bilingües, o Plan Proa,
Proxecto Abalar, Proxecto de Mellora da
Biblioteca…
Ademais como é sabido retomamos
a celebración das festas tradicionais ao
longo do curso como O Samaín, O
Entroido, O Magosto, O Festival das
Letras Galegas…
Como vedes este curso foi moi
intenso, enriquecedor e engaiolante.
Todos estes acontecementos, actividades
e experiencias contribúen a aumentar a
bagaxe formativa, cultural e social da
nosa Comunidade Educativa.
Por último, queremos recordar que
esta revista pretende contribuír á
normalización do uso do galego entre o
noso alumnado, maioritariamente
castelán falante, pero que, como vedes,
pode expresarse na nosa lingua
perfectamente. Animáde@s a facelo máis
a miúdo.
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
1
2011
LETRAS GALEGAS 2011 1º A
Revisando os danos revisando os danos revisando os danos…
A man dereita á dereita do corpo
a man esquerda á esquerda.
En plenas facultades,
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
2
2011
teño a cabeza no centro do mundo
ós meus soños escasos e prudentes
e voulle cambiando os argumentos
Revisando os danos revisando os danos revisando os danos…
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
3
2011
VERTEBRADOS VIVOS EN DIRECTO
Viñeron á nosa aula. Pasámolo xenial e aprendemos moitísimas cousas
Os coelliños tiñan medo ao principio.
Logo xogaron con nós e rillaron as nosas merendas.
As tartarugas van a modo pero non teñen acougo. Camiñan e camiñan sen parar. Será por iso que gañan ás lebres nas carreiras?
Os paxaros son moi educados: se lles asubías, primeiro escoitan e despois contestan.
As cadelas e os cans son os nosos mellores amigos. Os seus bicos son lambetadas.
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
4
2011
Cando un gato move o rabo en zig-zag significa que está enfurruñado, nervioso, sente perigo.
Os peixes abúrrense moito nos acuarios
“ Canelo”, o año aínda tiña o cordón umbilical.
A profe conseguiu unha ra. Pero cando lle abriu a tapa do bote para que respirara… A ra decidiu “ facer a gata” e non chegou ao cole.
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
5
2011
ACRÓSTICOS POÉTICOS
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
6
2011
AS ADIVIÑAS DE 3ºA
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
7
2011
POESÍAS DE 3ºA
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
8
2011
SAÍDA SALÓN DO LIBRO
O día 28/2/2.011 fomos ao SALÓN DO LIBRO a Pontevedra. Cando chegamos separáronnos en dous grupos. Cada un tiña un guía. Ensináronnos o casco vello de Pontevedra . Pasamos por moitas prazas : a do Teucro , a da Ferrería , a da Verdura , a da Pedreira , a Da Leña etc, e explicáronnos que se chamaban Praza da Leña ,porque antigamente vendíase leña; o mesmo da Verdura; a do Teucro en honor ao arquero grego chamado Teucro. E a da Ferrreria porque antigamente había ferreiros .Contáronnos cousas interesantes como que a porta da delegación de Facenda era a porta da cidade. Despois marchamos a visitar O SALÓN DO LIBRO . Este ano o tema era a mentira e había traballos feitos por nen@s de diferentes colexios de Pontevedra (contos, debuxos, etc).
Ao rematar fomos á biblioteca a ler libros. Alí estaba a mascota que era un lobo chamado ORBIL , que é a palabra libro ao revés. Era moi garimoso e sacamos moitas fotos con el. Cando viñeron os outros compañeiros marchamos a coller o autobús con destino ao colexio
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
9
2011
A RATIÑA PRESUMIDA
O noso compañeiro Aarón leunos na clase o conto da RATIÑA PRESUMIDA con pictogramas.
Atopábase nervioso porque era a primeira vez que o facía diante dos compañeiros/as, pero ao mesmo tempo feliz porque nos estaba ensinando a ler pictogramas. Resultoulle difícil pero o conseguiu. Despois fixémoslle preguntas como por exemplo: ¿costouche moito memorizar os pictogramas? Ou ¿Qué parte do conto che gustou máis?.
Ao rematar démoslle un forte aplauso polo seu esforzo.
4º A
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
10
2011
ADIVIÑAS, ACERTIXOS E ENIGMAS
Un tren eléctrico circula cara o Norte.
Se o vento vai cara ao Sur
Cara a onde sairá o fume?
Vinte patos camiñaban ao mesmo compás
E vinte camiñaban cunha pata, non máis.
Como pode ser certo esto?
De que cor son as caixas negras dos avións?
Si todas as miñas garavatas son vermellas menos dúas, todas azuis menos dúas e todas marróns menos dúas. Cantas garavatas teño?
Un home está condeado a morte e ten que emitir un enunciado. Si o enunciado é verdadeiro, será afogado e si o enunciado é falso, será aforcado. Que enunciado terá que emitir para confundir aos verdugos?
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
11
2011
Cal é o animal que come coas orellas?
Da miña nai nacín eu sen fundamento de pai
e logo morrín e de min naceu a miña nai. Quen son?
Ten orellas de gato, rabo de gato,
Ollos de gato e gato non é. Quen é?
Alto ou Baixo, deitado ou de pé,
Sempre está calado e non hai quen
Que fale mellor ca el.
Esta figura ten sete pauciños iguais e forma tres triángulos. O reto consiste en formar 4 triángulos iguais con só 6 pauciños.
5ºA
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
12
2011
AS XOANIÑAS
(Coccinella septempunctata) Os neno/as de 1ºB decidimos polo entroido de Redondela
disfrazarnos de xoaniñas porque o tema do entroido era “o bosque”
e cada ciclo tiña asignado un papel dentro do bosque, os do 1º ciclo
eramos todos animais, nos en concreto, insectos ( xoaniña, moi
típica desa época do ano, moi común e moi vistosa ).
Aproveitando esto, decidimos investigar un pouco sobre este
insecto e encontramos entre outras moitas cousas divertidas: unha
gran cantidade de nomes diferentes para este insecto e unha
gran cantidade de refráns, cancións… de diferentes partes do
mundo e de Galicia.
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
13
2011
DIFERENTES NOMES : María, Mariquiña, Maruxiña, Barrosiña,
Xoana, Xoaniña, Cascarrubia, Costureiriña, Rei, Reirrei, Rinchín,
Voíña, Pitasol, Papasol, Papoia, Voaniña, Voandiña, Ceboliña,
Buxaniña, Doaniña, Santa Teresiña, Mosca de Deus, Polboretiña de
Deus, Xoaniña de Deus, Ghaliña de Dios, Mariquita de Dios e
Meniña de Dios.
DIFERENTES IDIOMAS : Vaquita de San Antonio(Argentina);
Sarantonton(Lanzarote); Ladybird(Australia, Reino Unido);
Joaninha(Portugal y Brasil); Kalinka(Bulgaria); Ladybug( EE.UU);
Coccinelle(Francia); Marienkafer(Alemania); Paskalitsa( Grecia);
Coccinella(Italia); Catarina (México)......
REFRÁNS : * Voa Xoaniña voa * Biquiño de “Dios
que teu pai vai en Lisboa cóntame os dedos
cun saquiño de Boroa e marcha con Dios
e a túa nai está na cama
comendo pan e cebola... * Deviñón, Deviñón
¿mañá vai ou non?
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
14
2011
REFRANEIRO
O curso de 2ºB coa axuda dos país fixemos un pequeno refraneiro,a continuación un pequeno avance.
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
15
2011
Auga de xaneiro, cada gota vale un diñeiro
Se en setembro ves chover, outono seguro é
En outubro o campo de follas se cobre
Decembro xea a cana ou asa a castaña
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
16
2011
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
17
2011
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
18
2011
NUNO 4ºB
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
19
2011
As cíes
A excursión as Cíes, foi xenial, a mellor de todas as excursións que fun na miña vida enteira.. Todo empezou no apeadeiro do tren na Picota, que o usamos para ir ata a estación de tren de Vigo. Logo, collemos o Vitrasa para ir ata o porto de Vigo, e así coller o barco para ir as Cíes.
O barco mareoume un pouco, pero máis ao meu compañeiro Hugo que vomitou. Fomos dende o porto ata a Pedra da Campá, que está no alto do monte. Tamén foi unha excursión un pouco dura, porque fomos todo polo monte por pedras, ao sol, todo costa arriba.. Viñemos rebentados da excursión as 8:00 da tarde, pero eu aínda quería ir xogar a Xunqueira, jejejeje!. O mellor de todo foi que nos deixaron bañar na mellor praia do mundo, ...e tamén unha das mais frías!. Outra cousa que me gustou bastante, foi as vistas que hai dende o miradoiro de aves que está no alto do monte. Despois baixamos ata o cámping para poder comer e xogar un pouco, para ir despois ata a praia e poder bañarnos.
Oxalá volvamos algún día!
Diego M. Fernández Rodríguez 5ºB
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
20
2011
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
21
2011
Alumnos 1ºC
2011
Alumnos 1ºC
Alumnos 1ºC
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
22
2011
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
23
2011
ALUMNOS 2ºC
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
24
2011
REGUEIFA
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
25
2011
3ºC
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
26
2011
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
27
2011
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
28
2011
A PAZ
O 30 de xaneiro celebrámos o día da Paz no colexio e aproveitamos para reflexionar . . .
Que é a paz para os nenos e nenas de 5º
A Paz é que non haxa guerras, pero non só o 30 de xaneiro senon tódolos días. (Alba)
A Paz é que non haxa persoas que morran de fame. (María)
A Paz é que paren as guerras, solucionar os conflictos falando. (Aarón)
A Paz é cando os nen@s xogan e se divirten. (Brais)
A Paz é un soño moi bonito que me gustaría que todos levaramos no corazón. (Andrea Darriba)
A Paz é respectar aos compañeiros e compañeiras. (Daniel)
A Paz é xogar tranquilos, sen pelexas. (Mario)
A Paz é que non haxa abusos, nen explotación infantil. (Luis)
A Paz é amor, cariño e tranquilidade. (Antonio)
A Paz é compartir, axudar a quen o necesita. (Pablo.G)
A Paz é que haxa amor no mundo. (Víctor)
A Paz é non pelexar polos territorios. (Alberto)
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
29
2011
A Paz é non discrimar ás persoas doutros lugares. (Inés)
A Paz é querernos e axudarnos. (Fran)
A Paz é ser todos amig@s. (Raúl)
A Paz é compartir, non roubar, non pegar... respectar ás persoas. (Nacho)
A Paz é un mundo mellor: axudar a quen o necesita, sen racismo, sen machismo, con xustiza. (Erica)
A Paz é que todos nos levemos ben, compartamos e sexamos felices. (Andrea Pintos)
A Paz é cando os medos desaparecen. (Claudia)
A Paz é a amistade e non matar. (Pablo.R)
A Paz é o amor que revolotea polo aire. (Samuel)
A Paz é que tod@s podemos opinar sen que te metan no cárcere, como pasa nalgúns países. (Noelia)
Para min a PAZ, ademáis da ausencia de guerras, é un sentimento de amor,
alegría; o máis importante é ter a alma limpa. É tamén preocuparse polos
amigos, pola xente que non ten nada para comer… A paz está representada
por unha pomba, para min debería estar representada por un corazón
xigante, onde coupesen todas as razas da terra. Agora, no mundo, hai
moitas guerras e iso é moi triste. Nós temos que aprender a ser como
Ghandi (unha persoa que debera ter un millón de premios nobeles da Paz) ,
ser conscientes de que as guerras só nos traen dor, miseria, destrución…
(Paula).
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
30
2011
COPLAS DOS MAIOS Na festa dos Maios, tan arraigada no noso pobo, o alumnado de 5º C
lanzámonos a facer coplas.
Somos os nen@s de quinto
gústanos moito xogar
ao fútbol no recreo
todos xuntos disfrutar.
A estes profes de hoxe en día
gústalles ser moi mandóns
cando xogamos ao fútbol
quítannos sempre o balón.
Facemos hoxe esta copla
para poder protestar
“queremos patio cuberto”
para así poder xogar.
Queremos patio cuberto
xa non aguantamos máis
mollámonos no inverno
asámonos no verán.
Os da xunta son moi malos
non fan nada “pa” arranxar
o noso patio cuberto
e ímonos enfadar.
Tantos deberes que temos
non podemos disfrutar
senon nos mandan de mates
son de língua castelá.
Un traballo por aquí
un traballo por alá
ler un libro en quince días
seica nos queren matar.
Hai novos ordenadores
queremos usalos máis
non queremos usar lapis
si queremos chatear.
Queremos ordenadores
queremos “Plan Abalar”
e buscar información
para saber moito mais.
Este ano xa remata
xa nos imos despedir
para o ano voltaremos
con máis coplas que dicir.
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
31
2011
1ºD COMO FACER UN MEDALLÓN CELTA
PRIMEIRO FACEMOS UNhA BOLA DE
ARxILA.
COMO A ARxILA ESTá MOI DURA
TEMOS qUE AMASAR MOITO.
POR FIN TEMOS AS BOLAS
PREPARADAS.
AgORA hAI qUE APLASTATALAS.
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
32
2011
CANDO A TEñAS BEN APLASTADA,
COLLE UN CORDEL E ,COMO FACíAN
OS CELTAS, FAI TI, O DEBUxO qUE
qUEIRAS.
VES? NÓS FIxEMOS UNhA ESPIRAL.
NON ESqUEzAS VARNIzALO CON
MISTURA DE COLA E AUgA PARA
qUE ENDUREzA.
xA TEMOS OS NOSOS MEDALLÓNS! SÓ
TES qUE PASARLLES UN CORDÓN E A
PRESUMIR COMO FACíAN OS
CASTRExOS.
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
33
2011 A COCA
Conta a lenda que, fai moitos séculos, vivía cerca de Redondela un dragón que
de vez en cando chegaba á vila para levar unha rapaza para a súa cova. Así o
fixo varias veces, ata que os mozos mariñeiros armáronse de coraxe e un día
acordaron encararse ao monstro.
Así o fixeron e despois dunha loita saíron vitoriosos. Xa vencido trouxérono ao
pobo. Ao mesmo tempo que liberaron as mozas que tiña na súa cova.
Foi aquí en Redondela despois de que o dragón dera os seus últimos suspiros
cando os valentes mozos colléndose as espadas uns aos outros empezaron a
bailar arredor do dragón.
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
34
2011
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
35
2011 A RUTA DA SEDA
A ruta da seda orixinouse no século II antes da nosa era.
Nun principio creouse respondendo máis ós intereses militares e
políticos que a ambicións comerciais.
O primeiro en viaxar por este traxecto foi un oficial chino de
nome Zhang Quian.
Alí atopou uns cabalos preciosos e volveu a China e díxollo ó
Emperador que rapidamente o mandou a el e a máis militares
para que lle trouxeran os cabalos .
Así se descubriu A Ruta da Seda
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
36
2011 ÁRBORES PARA A PAZ
WANGARI MUTA MAATHAI
Naceu en 1940 en Kenia nunha familia de labregos, Wangari ten a sorte de ir á escola e obtén unha beca de estudos para ir a EEUU. É a primeira muller de África do Este en ter unha licenciatura en bioloxía.
No seu país as mulleres son marxinadas na vida política e social, pero ela é unha muller comprometida. En 1976 participa no Consello Nacional de Mulleres de Kenia e lanza un proxecto: plantar árbores para salvar a terra.
Maltratada pola policía declara: “O Estado cre que ameazándome e golpeándome pode calarme , pero teño unha pel de elefante e fai falla que alguén fale alto e claro”.
A través do movemento “ Cinturón Verde” que fundou, logrou plantar xunto a outras moitas mulleres, 30 millóns de árbores en Kenia.
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
37
2011
Wangari Muta creouse moitos inimigos na súa loita, pois enfrontouse a proxectos inmobiliarios que necesitaban a destrución de bosques, denunciando a corrupción no seu país e que os intereses particulares primaron sobre a preservación dos recursos naturais.
! En cantos lugares sucede o mesmo!
En 2004, recibiu o Premio Nobel da Paz polo seu traballo a favor do desenvolvemento sostible que se apoian na democracia e no respecto aos dereitos humanos en xeral e nos das mulleres en particular.
Na tradición africana a árbore é o símbolo da Paz.
!Que historia real tan valente!
“A terra estaba espida.
A miña misión foi intentar
vestila de verde”
WANGARI MAATHAI
Alumnado 3º CICLO
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
38
2011 TEATRO DE SOMBRAS
No festival das Letras Galegas o alumnado de 6º fixemos un teatro de
sombras no que representamos tres lendas; a continuación contamos a
lenda “ O Castro de Negros” (Santo Estevo de Negros. Redondela.)
No castro vivían mouras moi bonitas e con moito diñeiro.
…
Na croa do castro, que tamén se chama a Roda, facían festas as
mouras.
…
Un rapaz dunha aldea veciña quedou citado cunha moura, pola noite,
no castro, e díxolle que tiña que arrincarlle un caravel da boca unha vez
convertida en serpe. O mozo, chegado o momento, tivo medo pola
grandura da serpe e non fixo o que a moura lle dixera para
desencantala. Despois quixo seguir á moura, pero os mouros non lle
deixaron; entón o mozo, desesperado, tirouse polas pedras do castro e
apareceu esnafrado.
…
Un mozo quedou citado cunha moura moi fermosa que lle dixo que,
unha vez convertida en serpe, tiña que pegarlle no rabo cun pao e
facerlle sangue. Así o fixo, e casou coa moura e foi moi rico.
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
39
2011 CARTA DE DESPEDIDA
Querido cole!
Pasamos seis anos xuntos, nos que houbo momentos tristes,
momentos de moitos nervios pero, sobre todo, momentos felices; polo
que da mágoa deixarte.
Deixamos atrás moitos recordos dende 1º ata 6º, algúns bos e
outros malos pero, gustaríanos recordalos todos.
Comezamos sendo uns rapaciños e rapaciñas asustados, que
non sabiamos moi ben para onde íamos, pero pouco a pouco fomos
medrando xuntos e coñecéndote ben a ti e a todos os teus mestres e
mestras.
Nestes anos fixemos grandes amizades e case con bágoas nos
ollos temos que despedirnos de ti, que nos ensinaches tanto:
matemáticas, lingua, coñecemento, inglés, música, educación
física... Pero o que máis nos gustou foi que nos ensinaches a
respectar, a querer, a que podemos ter outros amigos e amigas pero,
sobre todo, a traballar en equipo.
O que máis nos sorprende é que xa pasaron seis anos; e
pensar que parece que foi onte cando empezamos a coñecerte!
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
40
2011
Os momentos máis felices foron, como non, as distintas
excursións, nas que o pasamos xenial. Visitamos lugares moi
fermosos como: as Illas Cíes, a cidade de A Coruña, a Catedral de
Santiago...
Tamén recordamos momentos moi tristes como a despedida
dos titores polo cambio de curso, e os momentos máis
reinvidicativos, que tamén os houbo, como cando fomos a
Santiago a pedir que nos fixeran un patio cuberto para poder saír
ao recreo os días de choiva.
Ai! Estes anos foron os mellores das nosas vidas. Pasamos
moitas aventuras, fixemos grandes amigos e amigas, coñecemos a
xente nova, e claro está, déronnos clase uns fantásticos profesores e
profesoras.
O patio do recreo é un dos nosos lugares favoritos. Alí tivemos
moitas pelexas, reconciliacións, xogos, partidos, diversións... e
agora que temos que marchar e deixar atrás todos estes recordos, as
nosas aventuras, os noso sitios favoritos...poñémonos moi tristes!
Pero agora faremos unha viaxe a secundaria, onde
aprenderemos novas materias, faremos novos amigos e amigas e
teremos un patio novo. Botarémoste de menos, tamén a Nana e aos
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
41
2011
profes. Queremos que saibades que vos queremos moito e que
sempre vos levaremos no corazón.
Queremos dar as grazas a todos e cada uns dos mestres, xa
que pouco a pouco fóronnos aprendendo a súas áreas, e con moito
esforzo (non o negamos) chegamos “a meta de Primaria”.
Gustaríanos dar ánimo aos alumnos e alumnas de cursos
inferiores, e dicirlles que con esforzo todo se consegue.
Sempre recordaremos o CEP. Santa Mariña polos seus
mestres e mestras, que, aínda que algúns digan que son bos ou
malos, sempre nos axudaron e intentaron facer o mellor para nós.
Recordarémonos tamén os compañeiros, xa que é posible que nos
separen na ESO. Sempre nos lembraremos polos bos momentos que
pasamos e sobre todo polo moito que nos queremos.
Por último soamente quédanos por dar as grazas a tódalas
persoas que forman parte de ti, directora, administrativo, bedel,
ANPA, e en especial, aos mestres e mestras
Esperamos seguir todos xuntos nos seguintes anos.
Por isto e por moito máis, adeus Santa Mariña.
Alumnos e alumnas de 6º, promoción do 2011.
REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA
42
2011
P.D: Se volveramos a nacer mil veces, mil veces volveríamos e elixir
este colexio.