TEMA 1. O RELEVO: MARCO FÍSICO DAS ACTIVIDADES HUMANAS LECCIÓN 3. AS UNIDADES DO RELEVO PENINSULAR ESPAÑOL
3.1. O RELEVO PENINSULAR ESPAÑOL
• SITUACIÓN: Extremo suroccidental do Continente Europeo
• LÍMITES:
- Mar Cantábrico
- Océano Atlántico
- Pirineos
- Mar Mediterráneo
• CARACTERÍSTICAS:
- Elevada altitude media; debido á: - Ten numerosas cordilleiras.
- A elevación da Meseta Central (conformada por un zócalo erosionado).
- Formas Compactas: - Orixinan un litoral (costa) de
aspecto rectilíneo, excepto o galego, que é moi recortado.
PRINCIPAIS UNIDADES DO RELEVO PENINSULAR
MESETA CENTRAL (no libro “Meseta Castelá”):
• Ocupa a maior parte do interior da Península.
• Está dividida en dúas submesetas (Submeseta Norte e Submeseta Sur) polo SISTEMA CENTRAL. A submeseta sur está dividida á súa vez polos MONTES DE TOLEDO.
• A continuación, os rebordos montañosos que rodean á MESETA CENTRAL (os montes e cordilleiras que están máis pegadas) son os seguintes:
- No noroeste os MONTES DE LEÓN.
- No norte a CORDILLEIRA CANTÁBRICA.
- No nordeste o SISTEMA IBÉRICO. Enriba del está a Depresión do Ebro.
- No sur SERRA MORENA.
• Por último, as unidades montañosas máis afastadas da MESETA CENTRAL son as seguintes: - No noroeste: O MACIZO GALAICO.
- No noreste: os MONTES PIRENEOS (PIRINEOS).
- No leste: as CORDILLEIRAS COSTEIRAS CATALÁS.
- No sur: as CORDILLEIRAS BÉTICAS. Enriba delas está a Depresión do Guadalquivir.
PARA LEMBRAR…
NORTE = SEPTENTRIONAL
SUR = MERIDIONAL
LESTE = ORIENTAL
OESTE = OCCIDENTAL
3.2. O RELEVO INSULAR ESPAÑOL
• Arquipélago Balear: Localízase no Mar
Mediterráneo.
Illas principais: Mallorca, Menorca, Eivisa (Ibiza), Formentera e Cabrera.
• Arquipélago Canario:
Lozalízase no
Océano Atlántico, fronte á costa noroeste de Á frica.
Illas Principais: Lanzarote, Fuerteventura, Gran Canaria, Tenerife, Gomera, Hierro, A Palma.
Algúns Illotes: Graciosa e Alegranza.
TEMA 1. O RELEVO: O MARCO FÍSICO DAS ACTIVIDADES HUMANAS LECCIÓN 4. COSTAS E RÍOS DE ESPAÑA
4.1 AS COSTAS
• España é un dos países europeos cun litoral máis extenso. A pesares de que predominan os contornos rectilíneos, existe unha ampla variedade costeira, na que aleternan costas altas e rocosas con zonas de costa baixa e areosa (Cádiz, Valencia ou Alicante) .
• Compré facer mención ás rías galegas, xa que contan cos entrantes máis profundos.
• No caso dos arquipélagos:
- Balear: conta con moitas praias e calas.
- Canario: predominan os acantilados de orixe volcánica con algunhas praias.
Costa Cantábrica
(dende o Cabo Vidío.
Asturias)
Golfo de
Valencia
Costa andaluza
oriental
Costa atlántica
galega
Costa atlántica
andaluza
Costa das Illas
Baleares
Costa das Illas
Canarias
4.2. OS RÍOS PENINSULARES
• O relevo peninsular agrúpase en tres vertentes, dependendo do mar ou o océano no que desembocan: A Vertente Cantábrica (ríos que desembocan en el
Cantábrico): Ríos Curtos.
Ríos de forte caudal
¿Por qué? Son curtos debido á proximidade entre as montañas e a costa (onde nacen e morren respectivamente) e caudalosos debido á abundancia de chuvias.
Ríos principais: Bidasoa, Deva, Nervión, Sella, Nalón, Narcea o Navia.
• A Vertente Atlántica (ríos que desembocan en el Océano Atlántico).
• Distinguimos dous tipos:
Ríos do Noroeste da Península:
Destacan por ser curtos e caudalosos (ex. Río Miño)
Ríos do Centro e Sur Peninsular:
Longos e con caudal variable dependendo das estacións (moito menor nos meses de verán, no que sofren estiaxes).
Ríos Principais: Douro (Duero), Texo (Tajo), Guadiana e Guadalquivir.
A Vertente Mediterránea Excepto o Río Ebro (qué é o máis caudaloso de
España), a maior parte dos ríos son curtos e de caudal irregular.
Ríos principais: Ter, Llobregat, Turia, Xúcar (Júcar), Segura, Almanzora e Guadalhorce.
TEMA 1. O RELEVO: MARCO FÍSICO DAS ACTIVIDADES HUMANAS LECCIÓN 5. O RELEVO GALEGO I
5.1. AS UNIDADES DO RELEVO • O relevo galego é moi compartimentado; está formado por unha sucesión de bloques elevados e afundidos e pódense analizar en tres grandes conxuntos: • As Serras Orientais e Surorientais: • Orientais: destacan as dos Ancares e as do Courel, na
provincia de Lugo. • Surorientais: engloba o sector montañoso máis alto de Galicia.
Destacan serras como Segundeira o a da Limia. • A zona Central, cun relevo moi variado: • Meseta de Lugo: Na zona norte recibe o nome de Terra Chá.
Destacan as terras fértiles de Monforte e Sarria, ubicadas nas zonas máis afundidas.
• Serras Centrais. Son as que atravesan Galicia de Norte a Sur, dividindo as provincias occidentais das orientais. Destaca a serra da Loba e a do Faro, entre outras.
• Serras Septentrionais.
• A zona litoral: establece a transición da montaña ao mar.
• Exemplos importantes: Depresión Tui-Padrón, As Mariñas de A
Coruña, a Mariña Luguesa, a Serra de Barbanza ou a do Morrazo.
TERRA CHÁ
TEMA 1. O RELEVO: MARCO FÍSICO DAS ACTIVIDADES HUMANAS LECCIÓN 5. O RELEVO GALEGO II
Leva a cabo o exercicio número 1 da lección 6, baseándote no mapa de Galicia que observas ao seu lado.
RÍOS GALEGOS:
Normalmente adoitan ser moi caudalosos, debido ao clima chuvioso da comunidade.
Son normalmente curtos e de gran poder erosivo debido ás turbulentas augas motivadas polos desniveis.
Algúns dos ríos galegos son: O Miño. Nace na Serra de Meira (Lugo) e percorre Galicia de Nordés a
Suroeste. Pasa por Lugo e Ourense e desemboca no mar Atlántico formando o Esteiro (estuario) do Miño (A Guarda).
O Sil. Principal afluente do Miño. Nace na Cordilleira Cantábrica e, tras atravesar o Bierzo (León) penetra en Galicia. Discorre por un estreito canón dende Quiroga atá desembocar no Miño.
Os ríos costeiros. Adoitan ser curtos. Exemplos: Eume, Tambre, Lérez, etc.
Lendas, tradicións e supersticións…
• Conta a tradición oral que persoaxes mitolóxicos habitaban a cuenca do río Miño, tales como feiticeiras que vivían no mesmo río, os Xarcos que moraban en pozos situados por toda a cuenca e homes-pez que eran anfibios coa posibilidades de vivir tanto na terra como na auga.
• Hay unha lenfa que dice que cando se navegaba o Miño polos arredores de Arbo tiñas que levar unha pedra na boca para impedir que se puidera falar durante o traxecto, porque senón as feiticeiras meteríanse coa persoa que tratara de fecelo.
• Cando os romanos chegaron á Península, pensaban que o Miño era un río embruxado. Crían que tras él, escondido entre a néboa, estaba o final da Terra (Finis Terrae), un enorme acantilado que lles conduciría ao baleiro.
CURIOSIDADES…
As Catedrais
(Mariña Lucense)
• Son un espazo natural incluido na Rede Natura 2000.
• Teñen unha grande importancia xeolóxica posto que o mar foi escavando unha rede labiríntica de cobas, galerías, arcos, illotes, etc.