VIDA COTIA
1.- ¿Que nome reciben os muros que protexen
o camiño que vai de Atenas ao Pireo?
• a.- Muros anchos
• b.- Muros negros
• c.- Muros longos
2.- Se estiveses en Atenas, ¿Que hora sería a
mellor para quedar?
• a.- Mediodía
• b.- Noite
• c.- Tarde
3.- ¿Que era un lecito?
• a.- Un vaso funerario
• b.- O leito dos criados
• c.- Unha comida típica ateniense
4.- En Grecia ¿a que deusa consagraban os
seus xoguetes as mulleres que ían casar?
• a.- Atenea
• b.- Hera
• c.- Ártemis
5.- ¿Había bombeiros en Roma?
• a.- Si
• b.- Só para os barrios ricos
• c.- Non
6.- ¿A que idade empezaban os gregos a
escola?
• a.- Catro anos
• b.- Sete anos
• c.- Oito anos
7.- ¿Que era o pedagogo?
• a.- A festividade do ensino
• b.- Un criado
• c.- O salario do mestre
8.- ¿Que era o foro?
• a.- Praza pública das cidades romanas
• b.- Edificio no que deliberaba o Senado
• c.-A capacidade que tiña un anfiteatro
9.- ¿Cal destas palabras non corresponde
ao nome dunha das rúas principais
dunha cidade romana?
• a.- Foro
• b.- Decumanus
• c.- Cardo
10.- ¿Había cloacas en Roma?
• a.- Non
• b.- Si
• c.- Só no Decumanus
11.- ¿Que é un acueducto?
• a.- Unha ponte romana
• b.- Un arco triunfal
• c.- Un canal que transporta auga
12.- ¿Onde están os propileos?
• a.- No barrio do Cerámico
• b.- Nas polis de nova creación
• c.- Na acrópolis de Atenas
13.- ¿Que árbores había na ágora de Atenas?
• a.- Figueiras
• b.- Plátanos
• c.- Oliveiras
14.-¿A que idade soían casar as mulleres en
Grecia?
• a.- 15 anos
• b.- 12 anos
• c.- 18 anos
15.-¿Eran mixtas as escolas en Roma?
• a.- Só a partir dos estudios secundarios
• b.- Non
• c.- Ata os 12 anos
16.- ¿Con que palabra se designa o nome propio
dos romanos?
• a.- Nomen
• b.- Praenomen
• c.- Cognomen
17.- ¿Con que se adornaba a porta en Grecia se
nacía un neno?
• a.- Con loureiro
• b.- Con oliveira
• c.- Cunha madeixa de la
18.-¿Tiñan nome as rúas de Roma?
• a.- Moi poucas
• b.- Si
• c.- Non
19.-¿Practicaban en Grecia a ximnasia
desnudos?
• a.- Si
• b.- Non
• c.- Só no verán
20.-¿Cal destes exercicios non formaba parte da
educación física en Grecia?
• a.- Carreiras de carros
• b.- Salto
• c.- Loita
21.- ¿Que era o nomen?
• a.- Nome
• b.- Apelido
• c.- Alcume
22.- ¿Tiñan vacacións os nenos gregos?
• a.- Se se portaban ben
• b.- Si
• c.- Non
23.- ¿Que era o ludus litterarius?
• a.- Un xogo literario da época dos romanos
• b.- A escola primaria
• c.- O mestre de Literatura
24.-¿Que era en Roma un vespasiano?
• a.- Un seguidor de Vespa
• b.- Un wáter público
• c.- Un motorista
25.-¿Como se chamaba en Grecia o profesor de
ximnasia?
• a.- Pedotriba
• b.- Pedagogo
• c.- Ximnasiarca
26.-¿Quen é un citarista?
• a.- Un bailarín exipcio
• b.- Un guitarrista
• c.- O profesor de música en Grecia
27.-¿Cantos habitantes tiña Atenas,
aproximadamente, no século V a. C.?
• a.- 750.000
• b.- 350.000
• c.- 2.000.000
28.-¿Había luz nas rúas romanas?
• a.- Si
• b.- Non
• c.- Só de noite
29.-¿Podían circular os vehículos durante todo o
día en Roma?
• a.- Si
• b.- Só polo día
• c.- Só pola noite
30.-¿Había wáteres públicos en Roma?
• a.- Si
• b.- Non
• c.- Só para homes
31.-¿A que hora estaba máis frecuentada a
ágora?
• a.- Pola noite
• b.- Despois de xantar
• c.- Ao mediodía
32.-¿Onde se construían as polis?
• a.- Cerca do mar
• b.- Lonxe do mar
• c.- En ningún dos dous sitios
33.-¿Que é a a ágora?
• a.- O hospital grego
• b.- Unha praza pública grega
• c.- Un mercado romano
34.-¿Vestían sempre de branco os romanos?
• a.- Si
• b.- Non
• c.- De branco e negro
35.-¿Que era un quitón?
• a.- Un xogo infantil romano
• b.- Unha ofrenda funeraria
• c.- Unha túnica
36.-¿Ata onde chegaba o peplo?
• a.- Xeonllos
• b.- Pés
• c.- Coxas
37.-¿Con que se axustaban o quitón os homes?
• a.- Cinta dourada
• b.- Broches
• c.- Cinto
38.- ¿Por que empezaron a levar o pelo curto os
romanos?
• a.- Por influencia das modas asiáticas
• b.- Copiando aos gregos
• c.- Por comodidade
39.- ¿Quen utilizaba o peplo?
• a.- Mulleres
• b.- Homes
• c.- Homes e mulleres
40.-¿Levaban tacóns as mulleres en Grecia?
• a.- Unha especie de cuña dentro do zapato
• b.- Si
• c.- Só os actores
41.-¿Cal destes alimentos dos romanos
non se comía en Grecia?
• a.- Lirón
• b.- Sésamo
• c.- Perdiz
42.-¿En que consistía o almorzo típico grego?
• a.- Uvas e viño
• b.- Leite de cabra e figos
• c.- Pan mollado en viño
43.-¿En que ocasión comían carne os gregos?
• a.- Nacemento dun neno
• b.- Sacrificios aos deuses
• c.- Vodas
44.-¿Había azucre en Grecia?
• a.- Si
• b.- Non
• c.- En pequenas cantidades ao Norte de Grecia
45.- ¿Utilizaban moito chocolate os romanos nos
seus pasteis?
• a.- Si, sobre todo no campo
• b.- Non
• c.- Só nos banquetes
46.- ¿Quen poñía as servilletas nos banquetes
romanos?
• a.- O anfitrión
• b.- Cadaquén traía a súa
• c.- As mulleres
47.-¿Quen supervisaba a mistura do viño no
simposio?
• a.- O anfitrión
• b.- As mulleres antes de retirarse
• c.- O simposiarca
48.-¿Cal destes instrumentos non se tocaba nun
simposio?
• a.- Lira
• b.- Guitarra
• c.- Aulós
49.-¿Que é o garum?
• a.- A mesa onde comían os gregos
• b.- Un condimento dos romanos
• c.- A comida que facían os romanos a mediodía
50.-¿Cal era a comida principal en Roma?
• a.- Almorzo
• b.- Cea
• c.- Xantar
51.-¿Comian moita carne os gregos?
• a.- Si
• b.- Non
• c.- Só os máis adiñeirados
52.-¿Comían ostras os gregos?
• a.- Si
• b.- Non
• c.- Só se estaba a marea baixa
53.-¿Con que rebaixaban o viño os gregos e
romanos?
• a.- Con leite
• b.- Con auga
• c.- Con mel
• 54.-¿Que era en Grecia un simposio?
• a.- Un congreso de filósofos
• b.- Unha reunión de homes para merendar
• c.- Unha reunión de homes para beber viño
55.- ¿Tiñan cubertos os romanos?
• a.- Só coitelo e culler
• b.- Só culler e garfo
• c.- Só garfo e coitelo
56.- ¿Participaban as mulleres nos simposios?
• a.- Si
• b.- Non
• c.- Só frautistas, bailarinas e heteras
57- ¿Como se chamaba o manto co que se
cubrían os homes en Grecia cando facía
frío?
• a.- Clámide
• b.- Peplo
• c.- Himation
58- ¿Usaban abano as mulleres en Roma?
• a.- Si
• b.- Non
• c.- Só en acontecementos especiais
59- ¿Cantos habitantes tiña Roma,
aproximadamente, no século II d. C.?
• a.- 1.200.000
• b.- 750.000
• c.- 5.000.000
60- ¿Como se chamaba o manto co que se
cubrían as mulleres romanas cando saían
da casa?
• a.- Stola
• b.- Tunica
• c.- Palla
61- ¿Como se chamaba a capa que levaban os
gregos cando de viaxe?
• a.- Clámide
• b.- Quitón
• c.- Túnica
62- ¿Como levaban o pelo os homes en Atenas
na época clásica?
• a.- Longo
• b.- Curto
• c.- Afeitaban a cabeza
63- ¿Levaban o pelo curto as mulleres romanas?
• a.- Non
• b.- Si
• c.- Só cando casaban
64- ¿Que é a fascia pectoralis?
• a.-Un medicamento expectorante
• b.- Un escudo redondo dos gladiadores
• c.- Unha prenda de roupa interior da muller
romana
65- ¿Que festa se celebraba aos cinco días do
nacemento dun fillo/-a nunha familia grega?
• a.- Antimodras
• b.- Anfidromías
• c.- Esponsais
66- ¿Como se chamaba o lugar da casa no que
se reunían exclusivamente os homes?
• a.- xineceo
• b.- andrón
• c.- prostas
67- ¿Que moeda se colocaba aos mortos na
boca?
• a.- sestercio
• b.- óbolo
• c.- dracma
68- ¿Cal era a idade mínima que debían ter as
mozas para casar en Roma?
• a.- 12 anos
• b.- 18 anos
• c.- 22 anos
69- ¿Que eran os columbarios?
• a.- Prendas masculinas
• b.- Moedas dos gregos
• c.- Conxunto de nichos onde se depositaban as
cinzas dos romanos
70- ¿Como se chamaban as casa dos
romanos ricos?
• a.- Insula
• b.- Domus
• c.- Tablinum
71- ¿Que era o perystilum?
• a.- O xardín porticado dunha casa dos romanos
ricos
• b.- Un xogo infantil
• c.- Un peiteado das romanas
72- ¿Que era a bulla para os romanos?
• a.- Unha especie de medallón que levaban os
nenos
• b.- Unha comida
• c.- Un vestido femenino
73- ¿En que tipo de casas vivía a maioría da
poboación romana?
• a.- Nas ínsulas ou insulae
• b.- Nas domus
• c.- Nas villas
74-¿Cal era o núcleo central das domus?
• a.- O atrium
• b.- O comedor ou triclinium
• c.- O cubiculum
75-¿Que significa a expresión cave canem?
• a.- Home canoso
• b.- Na cávea hai un can
• c.- Coidado co can
76-¿Cal destas prendas podían usar os escravos
romanos?
• a.- Toga
• b.- Túnica
• c.- Estola
77-¿Tiñan moitos armarios as casas gregas?
• a.- Nalgúns cuartos soamente
• b.- Si
• c.- Non os coñecían
78-¿Que eran os metecos?
• a.- Cidadáns atenienses
• b.- Escravos atenienses
• c.- Estranxeiros que vivían en Atenas
79- ¿Comían moitos tomates os romanos?
• a.- Si
• b.- Non
• c.- Só no verán
80- ¿Cal era o grupo de poboación máis
numeroso en Atenas?
• a.- Os escravos
• b.- Os metecos
• c.- Os arcontes
81- ¿Que é o impluvium?
• a- Un pluviómetro romano
• b.- Un paraugas
• c.- Un estanque da domus onde se recollía a
auga da chuvia
82-¿Que é a acropolis?
• a.- A área comercial
• b.- A área sagrada situada na parte alta da
cidade
• c.- A área privada ocupada polas casas
83-¿Que eran os ilotas?
• a.- Os cidadáns espartanos de pleno dereito
• b.- Escravos espartanos
• c.- Os artesáns de Esparta
84-¿Que significa manumitir a un escravo?
• a.- Darlle a manutención durante toda a vida
• b.- Utilizalo como man de obra
• c.- Darlle a liberdade
85- O prandium é...
• a.- Unha casa romana
• b.- Un coitelo
• c.- O xantar dos romanos
86-¿Cal é o mes preferido polos gregos para
celebrar as vodas?
• a.- Xullo
• b.- Agosto
• c.- Xaneiro
87- ¿Usaban axóuxeres os bebés gregos e
romanos?
• a.- Si
• b.- Non
• c.- Só os atenienses
88- ¿Que era o grammaticus?
• a.- Un libro de gramática
• b.- Un diccionario
• c.- O mestre da etapa secundaria
89- ¿Cal era o traballo máis duro que
desempeñaban os escravos gregos e
romanos?
• a.- O do campo
• b.- O das minas
• c.- O da construcción
90- ¿Como comían os gregos e romanos?
• a.- Recostados
• b.- Sentados
• c.- De pé
91-¿Tinguían o pelo as mulleres gregas e
romanas?
• a.- Si
• b.- Non
• c.- Só as morenas
92- A procesión das Panateneas celebrábase
en...
• a.- Roma
• b.- Esparta
• c.- Atenas
93- ¿Usaban maquillaxe as mulleres gregas e
romanas?
• a.- Non
• b.- Si
• c.- Só no inverno
94- ¿Tiñan clase os domingos en Grecia e
Roma?
• a.- Si, só no inverno
• b.- Media xornada
• c.- Non había domingos
95-¿Coñecían a tinta os romanos?
• a.- Non
• b.- Si
• c.- Só os plebeos
96-¿Comían laranxas e limón os romanos?
• a.- Si
• b. Só en zume
• c.- Non
97- En Roma os clientes eran...
• a.- Os compradores nas taberna
• b.- Os usuarios das literas
• c.- Homes libres ligados a un patrono que os
protexía
98- ¿Como se conservaban en Roma os
alimentos delicados?
• a.- Meténdoos no frigorífico
• b.- En sal ou escabeche
• c.- En vasillas de viño
99- Os nenos romanos escribían sobre
• a.- Cartón
• b.- Taboíñas cubertas de cera
• c.- Papel
100-¿Comían moitas patacas os romanos?
• a.- Só no campo
• b.- Si
• c.- Non as coñecían
101- O calculus era...
• a.- Unha especie de calculadora
• b.- Unha pedriña coa que aprendían a contar
os nenos romanos
• c.- O mestre de cálculo
102- ¿Que era a cathedra?
• a.- O asento dos mestres romanos
• b.- O asento dos sacerdotes
• c.- Disciplina do ensino superior
103-¿Accedían todos os nenos romanos ao
ensino secundario?
• a.- Só os que tiñan boas notas
• b.- Só os nenos de clase alta
• c.- Si, todos
104- En Roma as noivas levaba un veo de cor...
• a.- Branca
• b.- Negra
• c.- Laranxa