Actividades do 4 ao 8 de maio “ O pequeno tulipán” 1
Pica aquí para escoitar o conto dos amigos do tulipán:
https://www.youtube.com/watch?v=9QATEmi3uHc
Actividades do 4 ao 8 de maio “ O pequeno tulipán” 2
CONTO: “O pequeno tulipán”
Había unha vez un pequeno tulipán vermello que vivía baixo terra á sombra dunha casa. Estaba alá, só e moi tranquilo na escuridade e en silencio. Un día escoitou un suave tap-tap na porta. -Quen é?
-Son a chuvia e quero entrar- dixo unha pequena voz triste e doce. -Non se pode entrar- contestou o tulipán. Dous días despois oíu de novo o suave tap-tap na porta e a mesma voz insistiu: -Son a chuvia e quero entrar. - Non! Non! Non se pode entrar- dixo o tulipán. Ao cabo duns días oíuse un estraño ruído, como un murmurio chu-chu preto da xanela. -Quen é?- preguntou o tulipán. -Son o sol e quero entrar- dixo una voz clara e leda. -Non! Non! Non se pode entrar. De alí a un pouco oíu un novo chu-chu na porta. Entón mirou a través do ollo da pechadura. -Quen está aquí? -Son o sol- contestou a voz clara e alegre-. Ábreme! -Non! Non! Non se pode entrar. Pasaron os días e o tulipán percibiu un suave sopro na cheminea e preguntou: -Quen está aí? -Son o vento e quero entrar. -Non! Non! Non se pode entrar- dixo o pequeno tulipán.
Actividades do 4 ao 8 de maio “ O pequeno tulipán” 3
Algúns días máis tarde oíu de novo tap-tap na xanela, chu-chu na porta e bis-bis pola pequena cheminea. -Quen é? – berrou el. -Somos a chuvia, o sol e o vento -responderon as tres voces- E queremos entrar! -Ben, ben!-dixo o tulipán-. Agora que viñestes xuntos, deixareivos pasar. Abriu a porta moi amodo e entraron na casa. A chuvia tomou a man esquerda do pequeno tulipán, o sol tomou a man dereita, e o vento púxose detrás del. Entre os tres arrastrárono moi rápido ata a superficie do xardín e, alá no alto, deixárono. -Asoma a cabeza a través da terra. O tulipán asomou a súa cabeza e de súpeto atopouse no medio dun fermoso xardín. Non había aínda moitas flores, pero os paxaros saudárono cos seus alegres cantos e os raios do sol reflexábanse na súa cabaciña vermella. De alí a un pouco, chegaron uns rapaces , ao velo, palmearon con alegría e berraron: -Viva! Viva! Xa chegou a primavera. E o pequeno tulipán vermello sentiuse moi feliz. E COLORÍN COLORADO.............
Colorea o debuxo.¡¡ Non fagas ruído que o pequeno tulipán dorme!!
Actividades do 4 ao 8 de maio “ O pequeno tulipán” 4
Contesta as seguintes preguntas:
Quen é o protagonista do conto?________________________________
Onde estaba o tulipán ? _______________________________________
Como estaba o tulipán?________________________________________
Quen chamou a porta? _______________________________________
Por que? ___________________________________________________
Quen facía ruído preto da xanela? _____________________________
Por que? ___________________________________________________
Quen soprou na cheminea? ___________________________________
Por que? ___________________________________________________
Completa, coas palabras que faltan, esta frase que ven no conto:
“Algúns días .......... ............. oíu de novo ..................... na xanela, .................... na porta e ....................... pola pequena ...........................”. Cando permitiu o pequeno tulipán que entraran a chuvia, o sol e o vento? ___________________________________________________________ A onde arrastraron ao pequeno tulipán? __________________________ ___________________________________________________________ Quenes berraron? : “Viva! Viva! Xa chegou a primavera” ____________ ___________________________________________________________ Como se sentiu o pequeno tulipán vermello cando os rapaces palmearon? ___________________________________________________________
Contesta verdadeiro(V) ou falso (F). • O tulipán era negro. ____ • Vivía só. ____ • O vento foi a velo. ____
• O sol non foi velo. ___ • A chuvia facía “tap-tap”. __
Actividades do 4 ao 8 de maio “ O pequeno tulipán” 5
Separa estas oracións e escríbeas correctamente. • Sonachuviaquequeroentrar.
• Otulipánasomouacabeza.
• Xachegouaprimavera.
Completa coas vogais que faltan.
Separa as sílabas das seguintes palabras:
CASA ___________
XARDÍN _______ PRIMAVERA _________
• S_L • X_N_L_
• V_RM_LL_ • T_L_P_N
• CH_V_ _ • PR_M_V_R_
Actividades do 4 ao 8 de maio “ O pequeno tulipán” 6
Busca no texto do conto algunha palabra: • Dunha sílaba: sol, ______________________________________ • De dúas sílabas: porta, __________________________________ • De tres sílabas: tulipán__________________________________ • De máis de tres sílabas: colorado __________________________
LEMBRA
Os adxectivos son palabras que serven para dicir como son ou como están as persoas, os animais e as cousas.
Tulipán vermello. Casa vella. Paiaso triste. Coche caro.
Son adxectivos porque nos di como é, ou como está.
Arrodea os adxectivos nas seguintes oracións. • O tulipán era pequeno. • A voz era triste. • O sol estaba ledo. • Abriu a porta morada. • O xardín era bonito.
Debuxa unha flor e describe como é.
Por exemplo: Esta flor é azul, grande e moi fermosa.
Actividades do 4 ao 8 de maio “ O pequeno tulipán” 7
Completa estas oracións engadíndolle adxectivos.
• Un ogro __________ • Unha bruxa ________ • Unha flor ________ • Un coche ________ • Unha casa ________ • Un vestido _______ • Un museo ________ • Unha película _______ • Un cabalo _______ • Un día _______ • Unha noite ________
Agora descansa un pouquiño namentres escoitas a seguinte canción.
Pica aquí para escoitar esta bonita canción titulada “Ronda para el sol”. Préstalle atención ás rimas.
https://www.youtube.com/watch?v=gy3al-Vc0OU
Actividades do 4 ao 8 de maio “ O pequeno tulipán” 8
Adiviñanzas
Estou de pé toda a vida cos brazos cara fóra, íspome no outono e vístome na primavera. Son a ________________ É unha planta cunha flor que xira e xira buscando o sol. Son o _________________ Sen min non viven as plantas, sen min non poden medrar, sen min todo se secaría e ti morrerías de sede Quen son? Son a__________________ Son un arco sen a súa frecha teño iris sen ser ollo, azul, verde, amarelo , vermello… pinto de esquerda a dereita. Son o__________________
Actividades do 4 ao 8 de maio “ O pequeno tulipán” 9
35 € SOLUCIÓN:
As plantas custaron ___________
Problemas. Antes de comezar rodea os datos e subliña as preguntas. • Comprei un ramo de tulipáns 35 euros e dúas plantas. Se gastei 105
euros. Canto diñeiro costaron as plantas? DATOS
Os tulipáns custaron________ Gastei __________
OPERACIÓN
• Nun xardín ao carón dunha lagoa hai 637 tulipáns rosas, 289 tulipáns brancos e 35 margaridas. Cantas flores hai en total no xardín?
DATOS
Hai _________ tulipáns rosas.
Hai _________ tulipáns brancos.
Hai _________ margaridas
OPERACIÓN
Solución
Hai _____________flores.
Actividades do 4 ao 8 de maio “ O pequeno tulipán” 10
Arrodea a resposta verdadeira
• Cal é a cifra das centenas no número 425. a. 2 b. 4 c. 5
• Como se descompón o número 931 ? a. 9C + 3D + 2U b. 9C + 1D + 3U c. 9C + 3D + 1U
• Cal é a descomposición do número 873 en forma de suma? Rodea.
200 + 70 + 3 800 + 70 + 3 800 + 70 + 30
• Como se escribe o número novecentos corenta e sete? Rodea. 749 479 947
• Cal é a decena máis próxima a estes números ? 27 ____ 63 ____ 23 ____ 71 ____ 46 ____ 34 ____
• Continúa a serie ata chegar a 200 10 – 20 - ____________________________________________-______________________________________________________________________________________________________________
• Continúa a serie ata chegar a 0 200 – 190 – 180- ________________________________________ _____________________________________________________________________________________________________________
Actividades do 4 ao 8 de maio “ O pequeno tulipán” 11
Existen moitísimas flores, vamos a recompilar algunhas. Seguro que ti coñeces moitas máis. Empezamos:
mimosa xeranio
camelia papoula
margarida tulipán
Actividades do 4 ao 8 de maio “ O pequeno tulipán” 12
xirasol toxo
crisantemo lavanda
flor da cerdeira hibisco
hortensia xesta
Actividades do 4 ao 8 de maio “ O pequeno tulipán” 13
Como xa ves poderíamos seguir con centos e centos de flores.
Serás capaz de recoñecer todas estas flores e de clasificalas segundo pertenzan a unha planta, a un arbusto ou a unha árbore?
Clasifica as flores anteriores segundo sexan dunha herba, dun arbusto ou dunha árbore. Se non as coñeces todas non te preocupes, non respondas se é herba, arbusto ou árbore.
Mimosa, xeranio, camelia, papoula, margarida, tulipán, xirasol, toxo, crisantemo, lavanda, flor da cerdeira, hibisco, hortensia e xesta.
herba arbusto árbore
RECORDA
As árbores teñen un talo duro, groso e alto chamado tronco.
Os arbustos teñen un tronco duro. Son de menor altura ca as árbores e as súas pólas medran máis preto do chan.
As herbas teñen un talo fino e flexible, de cor verde. Son as plantas que teñen menor altura.
herba arbusto árbore
Actividades do 4 ao 8 de maio “ O pequeno tulipán” 14
Busca na seguinte sopa de letras o nome de trece flores.
MIMOSA XERANIO CAMELIA PAPOULA MARGARIDA TULIPÁN XIRASOL TOXO CRISANTEMO LAVANDA HIBISCO HORTENSIA XESTA
Actividades do 4 ao 8 de maio “ O pequeno tulipán” 15
Mira este vídeo para recordar as partes dunha planta. https://es.liveworksheets.com/worksheets/gl/Ciencias_da_Natureza/Plantas/As_partes_dunha_planta_zj265662cp
Completa:
Debuxa unha planta, a que ti queiras e sinala as súas partes.
Actividades do 4 ao 8 de maio “ O pequeno tulipán” 16
CICLO DE VIDA DUNHA PLANTA
Primeiro… Despois… A continuación… Finalmente…
Corta e pega os debuxos e ponos na secuencia correcta.
Unha semente está sembrada na
terra.
Xa brotou a semente. Agora necesita auga e
sol para medrar.
As raíces medran na terra e a
semente empeza a brotar.
Moitas flores saen e a planta xa está
florecendo.
Actividades do 4 ao 8 de maio “ O pequeno tulipán” 17
Descansa un pouco antes de realizar a seguinte tarefa. Pecha os olliños e escoita “El vals de las flores” de Tchaikovky. https://www.youtube.com/watch?v=ZqQsShgJpgE
A floristería é a tenda onde mercamos as flores que veñen de invernadoiros ou de plantacións.
As persoas que traballan nestes invernadoiros ou plantacións pertencen ao sector __________. As persoas que traballan na tenda onde compramos as flores pertencen ao sector ________ ou de __________.
Le con atención as seguintes adiviñas e rodea a resposta correcta.
Que señorita vai polo mercado coa súa cola verde e o seu traxe morado? • A berenxena • A coliflor • A col lombarda
Actividades do 4 ao 8 de maio “ O pequeno tulipán” 18
Na horta fun criada, atada con verdes lazos, aquel que chora por min estame partindo a pedazos. • A cereixa • O tomate • A cebola
Ver, ver, ver, pecha a porta e... zas! • O pemento • A verza • O nabo
Teño a cabeza redonda, sen nariz, ollos nin fronte, e o meu corpo está composto só de brancos dentes. Quen son?
• O cogombro • O allo • A cabaciña
Actividades do 4 ao 8 de maio “ O pequeno tulipán” 19
Froitas cruzadas. Enche o encrucillado co nome das froitas que ves no debuxo.
3
3