13
1ªSaída ao Horto Ecolóxico Infantil Os alumnos e alumnas de 2º A iniciamos a nosa andaina no cultivo do horto cunha visita na que se realizaron os primeiros pasos para proceder á labranza. Botádelle unha ollada á presentación!!

1ªsaída ao horto ecolóxico infantil

Embed Size (px)

Citation preview

1ªSaída ao HortoEcolóxico Infantil

Os alumnos e alumnas de 2º A iniciamos a nosa andaina no

cultivo do horto cunha visita naque se realizaron os primeiros

pasos para proceder á labranza.

Botádelle unha ollada á presentación!!

Primeira parada: Xardínornamental.

Trátase dun lugar con fermosas flores e plantas aromáticasonde prestamos especial atención a cómo se combinan as corese se marcan os espazos para que a horta quede ben bonita.

Segunda parada: O composteiro.Cómo obteñen abono para a horta? Pois depositando os restosde cociña e xardín no composteiro. Alí, observamos asdiferentes capas e como o produto final se asemella á terra.

Segunda parada : O composteiro.Puxémonos arredor del para ver os materiais depositados dendea primeira fila.

Segunda parada: O composteiro.Como hai dous composteiros, repartímonos para observalo todo ben de preto.

Terceira parada: O invernadoiro.Qué caloriña facía alí dentro! Manuel explicounos cómo sedividían as parcelas e o motivo de que o carreiriño fora tanancho xa que se premia a calidade do produto e non a cantidade.

Cuarta parada: Actividade “Delimitando o espazo”.

E chegou a hora de traballar! Antes de cultivar, é preciso acotar o lugar da plantación. Preparámonos con estacas para dividir o rectángulo en partes.

Cuarta parada: Actividade “Delimitando o espazo”.

Contamos os centímetros do ancho e dividímolos entre o número de espazos a crear. Por suposto, tiñan que ser todos iguais!!

Cuarta parada: Actividade “Delimitando o espazo”.

Moi atentos ás indicacións de Manuel á hora de usar a cintamétrica.

Cuarta parada: Actividade “Delimitando o espazo”.

Mantemos o fío ben dreitiño: uns medindo o largo e outros oancho.

Quinta parada: Investigando o entorno.

Tamén tivemos tempo para observar os fungos que medraban nochan dos arredores do horto. A súa presenza é moi frecuenteno outono.

Fin da saída: A recollida do material e volta aocole.

A visita rematámola acumulando o material empregado parapoder colocalo no seu lugar. Lavamos as mans e amañámonospara voltar ao centro. Foi unha experiencia moi interesante!!

Presentación da titora Patricia Rodríguez Bardanca e do alumnado

de 2º A.