Upload
mteribg
View
755
Download
1
Embed Size (px)
Citation preview
Que é a enerxía?É todo o que pode producir cambios.
Cando fregas as túas mans, quéntanse.
De que formas se pode presentar a enerxía?A enerxía preséntase de moitas formas:A enerxía calórica é a que posúenos corpos que emiten calor. exemplo vitrocerámica, unha estufa, o forno, etc.
A enerxía luminosa é a que teñen os corpos que emiten luz. exemplo unha candea, o sol ou unha lámpada.
A enerxía química é a que se almacena nos alimentos, nos combustibles e en todos os seres vivos.
A enerxía eléctrica é a que posúen os raios das tormentas e a que utilizan os aparatos eléctricos como o ordenador, a lavadora, a torradora, etc.
A enerxía cinética ou mecánica está presente nos corpos en movemento. Ex unha persoa correndo, un avión voando, o balón cando lle damos unha patada, etc.
A enerxía sonora é a que emiten algúns corpos ao vibrar, como os instrumentos musicais, a radio, etc.
Os cambios da enerxíaA enerxía non se crea nin se destrúe só se transforma.
. A enerxía eléctrica pódese transformar en enerxía luminosa. Ex: cando enchufas unha lámpada
. A enerxía química pódese transformar en enerxía cinética. Grazas a enerxía química do gasóleo un coche móvese, é dicir se transforma en enerxía cinética ou mecánica.
. A enerxía cinética pódese transformar en enerxía sonora. Ex: cando movemos as palmas das mans e aplaudimos produce son.
. A enerxía eléctrica tamén se pode converter en enerxía calórica. Como pasa cando enchufas o ferro de pasar para alisar a roupa ou cando enchufas a torradora para facer as torradas do almorzo.
Como poden ser as fontes de enerxía?Poden ser : renovables e non renovables.
-As fontes de enerxía renovables son as que non se esgotan cando as utilizamos. Son o sol, o vento e a auga en movemento.
-As fontes de enerxía non renovables son as que poden chegar a esgotarse cando as consumimos máis rápido do que se poden xerar. As máis importantes son os combustibles fósiles como: o carbón, o gas e o petróleo.
A enerxía que obtemos do sol chámase enerxía solar. Os aparatos que usamos para recollela son os paneis solares. Hainos de dous tipos:
. Os paneis que aproveitan a enerxía calórica do sol para quentar a auga.
. Os paneis que transforman a luz solar (enerxía eléctrica, é dicir en electricidade.
A enerxía que produce o vento chámase enerxía eólica. Os aparatos que usamos para recollela son os aeroxeradores. Transforman a enerxía cinética ou mecánica do vento en enerxía eléctrica.
A enerxía que obtemos da auga en movemento (dos ríos, dos mares) chámase enerxía hidráulica. Aprovéitase para producir electricidade nas centrais hidroeléctricas. Utilizan unhas turbinas. Aproveitan a enerxía cinética da auga para move esas turbinas que a van a converter en enerxía eléctrica.
Os combustibles fósiles formáronse hai miles de anos a partir de seres vivos (animais e plantas) quedaron enterrados. enterrados. Os combustibles fósiles máis usados son: O carbón, o petróleo e o gas.
Como se extraen os combustibles fósiles e para que os usamos?
Extráense das minas e queimámolo para producir enerxía calórica e eléctrica.
Extráese perforando o solo e utilízase, sobre todo para a calefacción e para producir electricidade.
Extráense perforando pozos na terra e úsase por exemplo, para obter gasolina e gasóleo.
Como se forma e como se extrae o petróleo?- Animais e plantas
quedaron enterrados no fondo dos océanos hai millóns de anos.
- Estes restos quedaron cubertos de lodo ata converterse en rochas. Coa calor, a presión e o osíxeno transformáronse nun líquido negro e espeso: o petróleo.- O tempo que transcorreu para que se formase o
petróleo que se extrae hoxe é aproximadamente de 10 millóns de anos.
Como se extraen o petróleo?- Extráense do solo por medio de pozos petrolíferos.- Una vez detectado o depósito realízanse os pozos de produción empregando “torres de perforación ou extracción”. Estas torres perforan a varios kilómetros de profundidade. Logo bombéase e lévase ao lugar onde se trata e transforma.
Utilizamos a enerxía para moitas tarefas, por exemplo, para o transporte, para os traballos no campo para habitar os edificios, para que funcionen ás fábricas.
- Enerxía para o transporte. Coches e camións empregan gasolina ou gasóleo, mentres que trens e metros usan a electricidade.
- Enerxía para o campo. Case todas as máquinas que usan os agricultores utilizan gasolina ou gasóleo, que obtemos do petróleo.
- Enerxía nos edificios. Nos fogares a electricidade, fai que funcionen case todos os aparatos que utilizamos. Estes aparatos transforman a electricidade en enerxía sonora, calórica, luminosa, cinética…
- Enerxía para as fábricas. As máquinas das fábricas utilizan case sempre a electricidade.
Un gasto enorme de enerxía pode traernos consecuencias, como por exemplo: • O abuso de combustibles fósiles (carbón, gas
ou petróleo) pode producir problemas de abastecemento e chegar a esgotarse.• Producir e consumir enerxía pode causar
problemas medioambientais: contaminación, alteración da paisaxe ou desaparición de seres vivos.
Esgotouse
contamina
O uso dos combustibles fósiles libera a atmosfera substancias tóxicas, polo tanto contaminan. Ex: os gases que votan os coches ou as fábricas.
Os encoros, os paneis solares ou os aeroxeradores modifican a paisaxe e alteran a vida animal e vexetal.
O petróleo se cae o mar contamina a auga. Facendo que morran os seres vivos que habitan o mar.
Reducir o consumo de enerxía axuda a que non se esgoten as fontes non renovables e diminúe os problemas medioambientais como a contaminación, a alteración da paisaxe ou a desaparición dos seres vivos.
Apagar os aparatos eléctricos que non se estean usando.
Apagar as luces dos cuartos se non hai ninguén neles.
Cerrar as portas e as fiestras se está acendida a calefacción.
Usar o autobús, a bicicleta ou ir andando sempre que se poida.