7
1 Introducción. A pirámide de poboación é unha representación gráfica, mediante a técnica de “gráficas de barras enfrontadas”, que reflicte a estructura da poboación por sexo e idade nun momento determiñado. A partir dela pódense analizar tamén os acontecementos que tivero n reper cusións demográficas nos cen anos anteriores ó momento ó que se refire a pirámide. A súa utilidade é transcendental para facer proxeccións demográficas de futuro e planificar politicas de acción soc ial. Comentario. a) Lectura : Comenzaremos por unha lectura atenta do gráfico. Onde descubriremos: - Territorio ou espacio ó que se refire e ano de representación. - Tipode poboación representada (rural, urbana, centro do país, periferia...) - Int ervalos de rep resent ación. - Forma de representar os gráficos: porcentaxe (absoluta ou por sexo), tantos por mil, datos absolutos... - Outros datos: poboación activa, poboación por sectores, paro... b) Comentario da estructura por sexo : - Sempre nacen máis homes ca mulleres (a sex-ratio aproximadamente e a nivel planetario é de105 ou 106 nenos por cada 100 nenas). Débese calcular a Taxa de Masculinidade ou constatar a maior lonxitude da barra ou cohorte inferior da pirámide (grupo de 0 a 4 anos) do lado dos homes. - Tamén hai que indicar o momento no que a maior mortalidade masculina leva a equiparación dos efectivos de ambolos dous sexos e sinalar a disparidade entre efectivos de anciáns e ancianas. - Hai que explicar a maior esperanza de vida das mulleres e as causas da maior mortalidade masculina (gerras, estilo de vida...) c) Comentario da estructura por idade : Determiñar e comentar a estructura por idade a partir das porcentaxes de xóvenes -inactivos (0-14 anos), adultos-activos (15-64 anos) ou anciáns - inactivos (65 e máis anos), é a partir da forma da pirámide , que pode ser dos tipos seguintes: < A forma triangular, de parasol ou pagoda (España en 1900) indica poboación xoven (os xóvenes supoñen máis do 35 % da poboación e os anciáns menos do 5 %). A base é ancha polas altas taxas de natalidade, e a poboación disminúe rapidamente cara o cumio polas taxas de mortalidade elevadas e esperanza de vida baixa. É preciso sinalar as causas da alta natalidade e da alta mortalidade, así como as consecuencias da alta porcentaxe de xóvenes. < A forma de oxiva ou campá (España en 1970) indica poboación adulta ou estacionaria (hai unha acumulación de efectivos adultos: 53-70 %, Catalogo de recursos pro cedement ais O comentario dunha pirámide de poboación. Xeo grafia

Análise e comentario de pirámides de poboación

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Técnica para a análise e comentario de pirámides de poboación.

Citation preview

Page 1: Análise e comentario de pirámides de poboación

1

Introducción.A pirámide de poboación é unha representación gráfica, mediante a técnica de “gráficas

de barras enfrontadas”, que reflicte a estructura da poboación por sexo e idade nun momentodetermiñado. A partir dela pódense analizar tamén os acontecementos que tiveron repercusiónsdemográficas nos cen anos anteriores ó momento ó que se refire a pirámide. A súa utilidade étranscendental para facer proxeccións demográficas de futuro e planificar politicas de acciónsocial.

Comentario.

a) Lectura: Comenzaremos por unha lectura atenta do gráfico. Onde descubriremos:- Territorio ou espacio ó que se refire e ano de representación.- Tipode poboación representada (rural, urbana, centro do país, periferia...)- Intervalos de representación.- Forma de representar os gráficos: porcentaxe (absoluta ou por sexo), tantos pormil, datos absolutos...- Outros datos: poboación activa, poboación por sectores, paro...

b) Comentario da estructura por sexo:- Sempre nacen máis homes ca mulleres (a sex-ratio aproximadamente e a nivelplanetario é de105 ou 106 nenos por cada 100 nenas). Débese calcular a Taxa deMasculinidade ou constatar a maior lonxitude da barra ou cohorte inferior dapirámide (grupo de 0 a 4 anos) do lado dos homes.- Tamén hai que indicar o momento no que a maior mortalidade masculina levaa equiparación dos efectivos de ambolos dous sexos e sinalar a disparidade entreefectivos de anciáns e ancianas.- Hai que explicar a maior esperanza de vida das mulleres e as causas da maiormortalidade masculina (gerras, estilo de vida...)

c) Comentario da estructura por idade: Determiñar e comentar a estructura por idade a partir das porcentaxes dexóvenes-inactivos (0-14 anos), adultos-activos (15-64 anos) ou anciáns-inactivos (65 e máis anos), é a part ir da forma da pirámide, que pode ser dostipos seguintes:< A forma triangular, de parasol ou pagoda (España en 1900) indica

poboación xoven (os xóvenes supoñen máis do 35 % da poboación e osanciáns menos do 5 %). A base é ancha polas altas taxas de natalidade, ea poboación disminúe rapidamente cara o cumio polas taxas demortalidade elevadas e esperanza de vida baixa. É preciso sinalar as causasda alta natalidade e da alta mortalidade, así como as consecuencias da altaporcentaxe de xóvenes.

< A forma de oxiva ou campá (España en 1970) indica poboación adultaou estacionaria (hai unha acumulación de efectivos adultos: 53-70 %,

Catalogo de recursosprocedementais

O comentario dunha pirámide depoboación.

Xeografia

Page 2: Análise e comentario de pirámides de poboación

2

unha porcentaxe non moi elevada de xóvenes: 25-35 %, e tampoucomoitos anciáns: 5-12 %. A base da pirámide é menos ancha ca no casoanterior porque a natalidade se foi recortando, pero de forma suave, dexeito que aínda permite o relevo xeneracional. A poboación disminúelentamente cara o cumio debido ás taxas de mortalidade baixas. Taménaquí é preciso indicar as causas do progresivo recorte da natalidade e dabaixa mortalidade, así mesmo as consecuencias do predominio dunhapoboación adulta.

< A forma de furna (España en 1997) indica poboación avellentada (haiunha alta porcentaxe de anciáns: máis do 12 %, porcentaxes inferiores ó25 % para os xóvenes, e valores entre o 50-60 % para os adultos. A baseda pirámide estréitase, o que indica unha natalidade baixa e en descenso,o cumio faise ancho, o que indica unha esperanza de vidaincrementándose. Debemos explicar as causas do avellentamento (caídada natalidade e alta esperanza de vida) e as súas consecuencias (problemasrelacionados coas pensións, a saúde e a asistencia social.

d) Comentario dos acontecementos demográficos máis significativos:Os acontecementos demográficos máis significativos dedúcense dos entrantes ouentalladuras e saíntes ou ensanchamentos do perfil da pirámide. Analizaremossempre o perfil empezando pola parte superior da pirámide.! Os entrantes ou entalladuras indican perda de poboación. Débense á

subnatalidade, ó aumento da mortalidade por guerras (afecta máis ápoboación masculina), fames ou epidemias (afecta por igual a ámbolosdous sexos). Tamén poden atribuírse á emigración.Hai que ter en conta que os entrantes producidos polos mortos dunhaguerra non coinciden nunca cos anos da guerra, senón que están entre 20e 30 anos antes (4-5-6 barras ou cohortes máis arriba da pirámide)afectando sobre todo á poboación masculina que no momento da guerraestaba en idade de combater (entre 20 e 30 anos). Os entrantes quecoinciden cos anos da guerra débense á subnatalidade producida polamesma e afectan case por igual á homes e mulleres.Os entrantes dunha pirámide constitúen unha xeneración oca oupequena, que se reflicte 20 ou 30 anos máis abaixo, creando un novoentrante ou unha reducción de efectivos, cando os membros desaxeneración chegan á idade de casarse e ter fillos (20-30 anos): debido aque son unha xeneración menos numerosa, o total dos seus fillos é taménmenor.

! Os saíntes ou ensanchamentos indican incremento de poboación.Débense a diversas causas: baby boom postbélico, desenvolvementoeconómico, inmigración, etc. Provocan unha xeneración abultada ouensanchamento 20-30 anos máis abaixo (4-5-6 cohortes máis abaixo),cando chegan á idade de casarse e ter fillos: como son máis, o númerototal dos seus fillos tamén é maior.

Para analizar os entrantes e saíntes dunha pirámide, hai que relacionalos cos feitoshistóricos que tiveron unha incidencia demográfica.

Page 3: Análise e comentario de pirámides de poboación

3

Tipos de pirámides de idades.

Page 4: Análise e comentario de pirámides de poboación

4

Práctica.

Page 5: Análise e comentario de pirámides de poboación

5

Comentario.

a) Lectura:O gráfico obxecto de comentario é a pirámide de poboación de España

correspondente ó ano 1.991. As pirámides representan a estructura da poboación poridade e sexo e permiten visualizar a evolución da mesma, así como a influencia dosdistintos factores que inciden na dinámica demográfica (natalidade, mortalidade,avellentamento, movementos migratorios...).

Está elaborada a part ir dos datos do censo de 1.991 para todo o Estado españole representa as distintintas cohortes en tramos quinquenais por medio de histogramasde barras enfrontadas en función da porcentaxe de cada grupo de idade sobre o totalda poboación.

b) Comentario da estructura por sexo:Podemos constatar o maior número de nenos fronte ás nenas no tramo 0-14 anos,

para comenzar a equipararse a partires dos 15-25 anos. A maior mortalidade masculinaexplicaría esta equiparación que se concretaría na cohorte dos 30-34 anos.

A partir deste momento prodúcese o desequilibrio a favor dos efectivos femininos.Este desequilibrio viría explicado polo estilo de vida máis arriscado, por parte dos homes,que incrementaría a súa mortalidade: accidentes de tráfico, laborais, strés, consumo dealcohol e tabaco; ou pola estructura biolóxica máis feble ca das mulleres. Por estas razónsé maior a esperanza de vida feminina.

c) Comentario da estructura por idade:Nesta pirámide a poboación xove representa un 18,5 % (lonxe do 30 % que

adoitan ter os países de poboación expansiva, xove e dinámica). A poboación vella supónun 13,8 % (moi por riba do 10 % das poboacións xoves). Estamos, polo tanto, diante docaso dunha poboación avellentada, cunhas taxas de mortalidade e natalidade baixas eun crecemento vexetativo reducido.

A gráfica debuxa un perfil tipo bulbo ou furna: cunha base que se está estreitando(natalidade reducíndose), un forte ensanchamento na parte media correspondente ápoboación adulta (reflicte a alta natalidade dos anos 1955-75) e un cumio ancho (mostrado aumento da esperanza de vida).

A poboación representada podería calificarse como estancada, con tendenciasregresivas, na que o relevo xeneracional non está garantido (o número de fillos por mullerestá moi lonxe dos 2,1 necesarios). Característica típica dos paises desenvolvidos deEuropa entre os que nos atopamos.

As causas desta situación son dous axentes demográficos: a disminución danatalidade e o aumento da esperanza de vida durante a década de 1980.

A natalidade foise reducindo paulatinamente ata a década de 1970, caéndovertixinosamente a partir de 1975 por mor da crise económica derivada da crise dopetróleo. Pero outros factores foron máis efectivos na cída: xeneralización do uso demétodos anticonceptivos, retraso na idade de contraer matrimonio, retraso naaparición do primeiro fillo, incorporación masiva da muller ó traballo, falla deaxudas sociais á infancia: subvencións por fillo, guarderías públicas, escaso apoioás familias numerosas, perspectivas negativas de atopar emprego...

A esperanza de vida foi aumentando gracias a desaparición da mortalidade

Page 6: Análise e comentario de pirámides de poboación

6

catastrófica, aumento do nivel de vida, mellora nas condicións hixiénicas ealimentarias, avances médicos e xeneralización da atención médica á meirande parteda poboación.

d) Comentario dos acontecementos histórico-demográficos máis significativos:Na cohorte de 70-74 anos, correspondente ós nacidos entre 1916-20, podemos

observar un entrante ou entalladura que reflicte o déficit de nacementos que supuxo aepidemia de gripe española de 1918 e os mortos provocados, directa ou indirectamente,pola Guerra Civil de 1936 e que ademáis coincide coa xeneración pequena que se orixinana Guerra de Cuba. Nas cohortes correspondentes ós 60-70 anos (nacidos entre 1.921 e1.930) pódese apreciar un lixeiro que se corresponde co mantemento de altas taxas denatalidade nos felices vinte e que, en parte, vese disminuído pola emigración a Américapor xoves en idade de procrear.

Nas cohortes entre 45 e 55 anos (nacidos entre 1.936 e 1.945) pódese apreciar unprofundo entrante que se corresponde coa xeneración pequena, comentada no párrafoanterior e que, ademáis, pódese atribuír ó déficit de nacementos provocados pola GuerraCivil e as penurias económicas da postguerra (anos da fame). Dende aquí ata o grupo de35-40 anos hai un incremento sostido, aínda que non moi grande, debido á emigración áAmérica. Nesta última cohorte podemos apreciar as consecuencias da xeneración pequenaque provocan un pequeno entrante na pirámide agravado pola emigración á Europa,consecuencia do paro xerado polo Plano de Estabilización de 1.959 e polo inicio damecanización a gran escala do campo español.

As cohortes que representan a poboación entre 15-20 anos (nacidos ata oquinquenio 1.971-75) representan unha alta natalidade consecuencia do baby-boom. Apartir de aquí as taxas de natalidade caen de forma espectacular por razóns xa explicadas.

e) Conclusións:Esta pirámide representa unha poboación avellentada, que podería ser no futuro

regresiva (reducirse o numero total de habitantes). O avellentamento provocaríadificultades o sistema de pensións, ó reducirse o número de activos en relación óaumento de pasivos; obrigaría a unha maior inversión pública en asistencia social áTerceira Idade e, ademáis reduciríase o consumo privado ó ser menor a capacidade deconsumo das clases pasivas.

Page 7: Análise e comentario de pirámides de poboación

7

Partes dunha pirámide de idades