12
Anticiclóns e Borrascas A que se deben estes movementos e traxectorias do aire? O aire é unha mezcla de gases (sobre todo nitróxeno e osíxeno) e, como calquera materia, pesa. A capa de aire que rodea a Terra recibe o nome de atmosfera e está unida á mesma pola atracción gravitatoria. O aire é moi compresible (= pode comprimirse moito): por iso ten a súa máxima densidade a nivel do mar, diminuíndo rapidamente ao ascender en altitude. A presión atmosférica é o peso do aire por unidade de superficie e diminúe coa altitude: con rapidez nos primeiros centenares de metros e, progresivamente, con máis suavidade. A só 5,5 km de altitude, a atmosfera pode ser dividida en dúas capas do mesmo peso (sendo a inferior moito máis densa) Cada unha desas capas contribúen cunha presión de pouco máis de 500 mb por termo medio: de aí que sexa de gran interé analizar os mapas de altura de 500 mb ou tamén chamada topografía da superficie dos 500 mb.

Anexo clima 1 movementos e traxectorias do aire

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Anexo clima 1   movementos e traxectorias do aire

Anticiclóns e Borrascas

A que se deben estes movementos e traxectorias do aire?

O aire é unha mezcla de gases (sobre todo nitróxeno e osíxeno) e, como calquera materia, pesa.

A capa de aire que rodea a Terra recibe o nome de atmosfera e está unida á mesma pola atracción gravitatoria.

O aire é moi compresible (= pode comprimirse moito): por iso ten a súa máxima densidade a nivel do mar, diminuíndo rapidamente ao ascender en altitude.

A presión atmosférica é o peso do aire por unidade de superficie e diminúe coa altitude: con rapidez nos primeiros centenares de metros e, progresivamente, con máis suavidade.

A só 5,5 km de altitude, a atmosfera pode ser dividida en dúas capas do mesmo peso (sendo a inferior moito máis densa)

Cada unha desas capas contribúen cunha presión de pouco máis de 500 mb por termo medio: de aí que sexa de gran interé analizar os mapas de altura de 500 mb ou tamén chamada topografía da superficie dos 500 mb.

Page 2: Anexo clima 1   movementos e traxectorias do aire

Gráfica de liña contínua representando (aprox.) os valores anteriores:

Page 3: Anexo clima 1   movementos e traxectorias do aire

Anticiclóns e Borrascas

Debido ao desigual quentamento do planeta, a distribución “horizontal” da presión atmosférica sobre a Terra non é homoxénea: existen áreas onde esta presión é maior e outras onde é menor, sendo un sistema dinámico.

O vento (= aire en movemento paralelo ao chan) orixínase debido a esas variacións horizontais da presión atmosférica: é o que realiza o transporte do aire, os intercambios de calor e o trans-porte de vapor de auga entre as distintas zonas da Terra.

A presión atmosférica sobre a superficie terrestre nun momento dado pode representarse nun mapa mediante curvas que unen os puntos que posúen a mesma presión atmosférica: son as isóbaras.

Page 4: Anexo clima 1   movementos e traxectorias do aire

Anticiclóns e Borrascas

As áreas con presións altas poden entenderse como zonas con exceso de aire, mentras que as áreas con presións baixas como zonas con déficit de aire: o vento establécese tratando de compensar esas diferencias, soplando den-de as altas presións hacia as baixas presións.

A B

Page 5: Anexo clima 1   movementos e traxectorias do aire

Anticiclóns e Borrascas

A velocidade dese movemento é proporcional ao gradiente de presión, é dicir, á separación entre isóbaras: será tanto maior canto menor sexa a separación entre isóbaras.

Gradiente suave: vento suave.Canto máis separadas as isó- baras.

Variacións de presión en tra- mos máis separados.

Gradiente forte ou elevado: vento forte .Canto máis xunta as isóbaras.

A presión varía moito máis, en tra- mos curtos.

Page 6: Anexo clima 1   movementos e traxectorias do aire

Anticiclóns e Borrascas

O vento tería esta circulación

Pero esta non é a realidade (sería se o planeta fose plano e sen movemento de rotación) xa que sobre o vento actúan outras forzas que o desvían desa traxectoria:

* forza de Coriolis: causada polo movemento de rotación terrestre (actúa sobre calquer obxecto en movemento libre sobre o planeta.É nula no Ecuador e despreciable para velo- cidades pequenas e para traxectos curtos).Fai que o vento se desvíe hacia a dereita da súa traxectoria no hemisferio norte e hacia a esquerda no h. sur.

Visualízao:

https://www.youtube.com/watch?v=__SlJtnpCD8

https://www.youtube.com/watch?v=nUn2yqL4dqY

Page 7: Anexo clima 1   movementos e traxectorias do aire

* forza centrífuga.

* forza do rozamento: (do aire coa superficie terrestre) ten tanta máis importancia canto máis rugosa sexa a superficie sobre a que se desplaza o aire (é máis importante sobre os continentes que sobre os océanos).Sirva de ilustración a seguinte imaxe:

Page 8: Anexo clima 1   movementos e traxectorias do aire

Anticiclóns e Borrascas

Así, o aire circula directamente dende as altas ás baixas presións, pero non directamente, nin seguindo exactamente a dirección das isóbaras, senón cortándoas cun pequeño ángulo.Dito ángulo, en xeral pouco importante, é tanto maior canto máis rugosa sexa a superficie sobre a que se despraza o aire (maior sobre superficies continentais que sobre os océanos)

Lembremos a figura como conclusión:

A

B

Page 9: Anexo clima 1   movementos e traxectorias do aire

Anticiclóns e Borrascas

Na vertical, o movemento do aire sería:

> Nos anticiclóns o aire descende (movemento de subsidencia = descenso) e, ó chegar ao chan, “foxe” hacia a periferia (poderíamos dicir que no anticiclón hai “superavit” de aire, aire “de máis” que se dirixirá a “encher” as zonas de baixas presións) = diverxencia en superficie.

> Nas borrascas o aire ascende (movemento de ascendencia = ascenso), confluíndo aire de zonas de altas presións que veñen a “encher” o “déficit” de aire que ten esta área de baixas presións = converxencia en superficie

Page 10: Anexo clima 1   movementos e traxectorias do aire

Anticiclóns e Borrascas

A combinación de ambos movementos do aire xera celdas convectivas:

O aire descende na vertical nos Ae, en superficie, diríxese ás B

Tempo estable e soleado

O aire ascende na vertical nas B.Provén das A

Tempo inestable e chuvioso

B A

Page 11: Anexo clima 1   movementos e traxectorias do aire

Anticiclóns e Borrascas

O conxunto combinado dos movementos sería algo así:

Page 12: Anexo clima 1   movementos e traxectorias do aire

Enlaces:

* Borrascas e anticiclóns:https://www.youtube.com/watch?v=DRPvH9t3Kow

* Orixe do vento:http://www.youtube.com/watch?v=lWjEN1PcVno

* Concepto de masa de aire:https://www.youtube.com/watch?v=uvBFtjmwqfg

* Masas de aire que afectan á Península Ibérica:https://www.youtube.com/watch?v=O1vSMYlF-h4