12
AS 10 ESPECIES DE ANIMAIS MÁIS VELENOSAS DO PLENETA

As 10 especies de animais máis velenosas da terra

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: As 10 especies de animais máis velenosas da terra

AS 10 ESPECIES DE ANIMAIS

MÁIS VELENOSAS DO PLENETA

Page 2: As 10 especies de animais máis velenosas da terra

10.Escorpión ou alacrán Artrópodo (arácnido), propio dos paises cálidos cun tamaño de entre 6 e 15 cm. A súa arma é un aguillón situado no remate da cola e o veleno é unha mestura de compoñentes que funcionan coma neurotoxina. A picadura pode producir febre alta e nalgúns casos estados comatosos. Podería ser mortal.

Centruroides noxius (México).

Leiurus quinquestriatus (África).

Page 3: As 10 especies de animais máis velenosas da terra

9. Araña reclusa parda Habita en lugares apartados, sobre todo en EE.UU. Mide 1 cm de lonxitude e ten seis ollos. Tece unha rede en forma de lámina que pode verse en zonas agochadas entre as rochas ou nas casas.

Loxosceles laeta

A súa mordedura mata células e destrúe os tecidos. A consecuencia é ter que amputar a área afectada.

Page 4: As 10 especies de animais máis velenosas da terra

8. Araña viúva negra Chámase así porque a femia come a súa propia parella. Habita en lugares escuros e apartados e en climas temperados. É a araña máis perigosa para o ser humano, xa que os seus queliceros atravesan a pel.

A femia é perigosa para o ser humano, o macho non. O veleno é neutóxico, afecta á transmisión de impulsos nervosos, paralizando o sistema nervoso central.O seu veleno é tan potente como o equivalente a 15 serpes de axóuxere.

Latrodectus mactans

Page 5: As 10 especies de animais máis velenosas da terra

7. Araña do banano O seu tamaño medio é de 5 cm e vive nos talos das bananeiras en Sudamérica.

Phoneutria nigriventer

É a araña co veleno máis potente de todas. Non é moi perigosa para o ser humano, xa que, os seus quelíceros rara vez, atravesan a pel.

O seu veleno produce perda de control muscular, dor intensa e dificultade para respirar.

Page 6: As 10 especies de animais máis velenosas da terra

6. Polbo de aneis azuis É o cefalópodo máis velenoso da Terra. Habita en pozas de auga de mar no Océano Pacífico, desde Xapón ata Australia.

A súa picadura introduce saliva velenosa dentro da ferida da vítima.

A saliva contén un veleno que pode causar parálise respiratoria. Se non se trata, pódese morrer durante a seguinte hora e media.

Hapalochlaena lunulata

Page 7: As 10 especies de animais máis velenosas da terra

5. Rá punta de frecha (ra dardo dourada)

É o anfibio máis velenoso da Terra. Son endémicas de Centroamérica e América do Sur. Chámase así porque os nativos mollaban a punta da súa frecha co veleno da rá á hora de cazar para matar ao animal rapidamente.

O seu veleno produce parálise nervosa e muscular e paros cardíacos.O veleno é tan potente que o dunha sóa rá pode matar a 1.500 persoas.

Phyllobates terribilis

Page 8: As 10 especies de animais máis velenosas da terra

4.Serpe taipánÉ o animal máis perigoso en terra firme. Habita no centro-oeste de Australia.

O veleno contén un anticoagulante. Os efectos do veleno preséntase en dores de cabeza, náuseas, vómitos e dores estomacais. Unha pinga do seu veleno pode matar 12 persoas adultas.

Oxyuranus scutellatus

Page 9: As 10 especies de animais máis velenosas da terra

3.Peixe Pedra É o peixe máis velenoso da Terra. Habita en augas tropicais dos océanos Índico e Pacífico.

Ten pugas na aleta dorsal, e cada puga ten unha glándula velenosa. A súa apariencia de rocha é moi perigosa, xa que o bañista corre o risco de pisala e envelenarse. Ten un veleno extremadamente tóxico (con efectos sobre o sistema nervoso e os tecidos en xeral), normalmente a vítima non sobrevive.

Synanceia horrida

Page 10: As 10 especies de animais máis velenosas da terra

2.Serpe mariña Ten un veleno moi letal. Vive nos mares tropicais.É a serpe máis velenosa do mundo. Inxecta o veleno mordendo na vítima.

Pelamis...

O veleno é neurotóxico e moi activo aínda que raramente atacan.

Page 11: As 10 especies de animais máis velenosas da terra

1. Véspora mariñaé un celentéreo que se atopa no mar de Australia.

É o animal máis velenoso da Terra. Ten 60 tentáculos que inxectan un veleno tan potente que pode matar a un adulto con 1.4 miligramos en menos de 3 minutos.Produce fallo xeral do organismo e parálise cardíaca.

Page 12: As 10 especies de animais máis velenosas da terra

Laura CaldasLaura Falcón

Xuño 2012