9

As mulleres no rueiro de ordes

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: As mulleres no rueiro de ordes

.

Page 2: As mulleres no rueiro de ordes

Está en igualdade a visibilidade de homes e mulleres nas nosas rúas? Na resposta non cabe dúbida: NON!!

Das máis de 80 rúas do núcleo urbano de Ordes tan só 3 están dedicadas a mulleres.

Estas son figuras destacadas do mundo cultural do século XIX e comezos do século XX:

•Rosalía de Castro •Emilia Pardo Bazán •Concepción Arenal.

Page 3: As mulleres no rueiro de ordes
Page 4: As mulleres no rueiro de ordes

Rosalía de Castro (Stgo Compostela,1837 – Padrón1855)

Rosalía de castro é, sen dúbida, unha escritora indispensable no panorama literario galego do século XIX, é xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquez unha das máis emblemáticas figuras do Rexurdimento Galego. Rosalía destacará no campo da poesía, tendo como obras clave Cantares Gallegos, Follas Novas e En las orillas del Sar En 1963, centenario da publicación de Cantares Gallegos , dedicouselle o Día das Letras Galegas.

Page 5: As mulleres no rueiro de ordes
Page 6: As mulleres no rueiro de ordes

Emilia Pardo Bazán (A Coruña,1851 – Madrid,1921) Emilia Pardo Bazán foi unha aristócrata novelista, periodista, ensaísta, crítica literaria, poetisa, tradutora, dramaturga, editora, catedrática, e introdutora o naturalismo en España. Co seu traballo e a súa vida amosou a capacidade das mulleres de ocupar na sociedade as mesmas posicións que os homes. Entre as súas obras destacan as novelas Los pazos de Ulloa (1886-1887),La madre naturaleza (1887), Insolación (1889) e Morriña (1889). Retrato de Emilia Pardo Bazán,

(do pintor Joaquín Vaamonde Cornide)

Page 7: As mulleres no rueiro de ordes

Monumento a Emilia Pardo Bazán (A Coruña)

Page 8: As mulleres no rueiro de ordes

Concepción Arenal (Ferrol, 1820 – Vigo,1893)

Concepción Arenal nada en Ferrol, trasladouse de nena a Madrid, alí para poder asistir á Facultade de Dereito vístese de home, xa que a educación universitaria estaba vetada ás mulleres. Concepción Arenal é considerada como unha pioneira no movemento feminista, así na obra La mujer de su casa (1895), estudou os problemas da mujer española do seu tempo para poder ocupar o posto en que a sociedade a necesita.

Como escritora, Concepción Arenal elixiu o xénero e os medios máis accesibles aos lectores: o xénero epistolar e o folletín.

Page 9: As mulleres no rueiro de ordes

Fronte a estas tres mulleres, máis de 20 rúas de Ordes están dedicadas a homes: escritores, pintores, científicos, políticos de sona galega e/ou estatal; personaxes de relevancia local: Algúns deles son:

• Escritores: Manuel Murguía, Manuel Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Camilo José Cela, • Pintores e escultores: Laxeiro, Maside, Francisco Asorey •Músicos: Pascual Veiga • Científicos: Severo Ochoa, Grande Covián • Políticos: Alfredro Brañas, Aleixandre Bóveda, Alfonso Senra •Militares: Juan Díaz Porlier •Deportistas: Iván Raña •Personaxes de relevancia local: Juanjo Liñares, Viriato Lamas, Antonio Concheiro, Víctor González Faya, García Gerpe, Ramón Ferreiro, Nicolás del Río, Alfonso Lesta