3
AS SETE MORTES O autor é Carlos Vila Sexto, que nace na Coruña en 1977, aínda que a súa vida está moi ligada a Ourense, onde pasou parte da súa infancia e adolescencia. Comezou a escribir de rapaz (14 anos) e gaña o V Premio de Narracións Infantís, co relato Alén da aventura” (1992). Repetiu premio ao ano seguinte coa súa nova novela Gárgola (1993). Un relato que el escribiu “O Baúl” da súa obra Cara á fin da luz incluíuse na Antoloxía de contos de medo recompilados por Silvia Gaspar. Ademais, foi creador e guionista de numerosos programas como Motivos personales (Telecinco) ou Círculo Rojo (Antena 3). En 2009 publicou o seu cuarto libro, As sete mortes, unha aventura ambientada en Galicia, polo cal recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento en 2011. As Sete Mortes é unha novela cunha combinación de crime e misterio, ao máis puro estilo da novela negra, onde o protagonista se verá inmerso nunha trama para TÍTULO: As sete mortes AUTOR: Carlos Vila Sexto EDITORIAL: Galaxia.

As sete mortes

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: As sete mortes

AS SETE MORTES

O autor é Carlos Vila Sexto, que nace na Coruña en 1977, aínda que a súa vida está moi ligada a Ourense, onde pasou parte da súa infancia e adolescencia. Comezou a escribir de rapaz (14 anos) e gaña o V Premio de Narracións Infantís, co relato “Alén da aventura” (1992). Repetiu premio ao ano seguinte coa súa nova novela Gárgola (1993). Un relato que el escribiu “O Baúl” da súa obra Cara á fin da luz incluíuse na Antoloxía de contos de medo recompilados por Silvia Gaspar. Ademais, foi creador e guionista de numerosos programas como Motivos personales (Telecinco) ou Círculo Rojo (Antena 3). En 2009 publicou o seu cuarto libro, As sete mortes, unha aventura ambientada en Galicia, polo cal recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento en 2011. As Sete Mortes é unha novela cunha combinación de crime e misterio, ao máis puro estilo da novela negra, onde o protagonista se verá inmerso nunha trama para

TÍTULO: As sete mortes AUTOR: Carlos Vila Sexto

EDITORIAL: Galaxia.

Page 2: As sete mortes

decidir o destino da súa propia vida. Todo isto, envolto en asuntos e misterios paranormais. O libro lese nun suspiro, xa que non custa nada meternos dentro e gozar dunha experiencia fantástica (e, ás veces, angustiosa). Xacobe, o protagonista principal, axúdanos cun papel cercano e crible. Ademais, os secundarios, como por exemplo Natalia (que é a rapaza que axudará a Xacobe na procura do pergamiño) ou O Cazador (un dos protagonistas máis sinuosos desta novela), teñen un papel primordial e necesario para chegar a un final tan incrible que fai sentir dun xeito especial, tanto cara ós protagonistas coma cara ás vítimas. Os personaxes non son fantásticos e, polo xeral, parecen persoas do común, salvo algún outro como O Cazador ou Xacobe (o noso protagonista principal) por ter inmortalidade e por facer “os segredos” que irán aparecendo ao longo da historia. Tamén en canto aos policías que están na investigación das mortes, que pouco a pouco irán dándose conta de que Xacobe non é o verdadeiro culpable como todos crían ao principio. O libro engancha o lector dende o primeiro intre, xa que o protagonista, Xacobe, recibe un pergamino dunha persoa que aparece desangrada na súa casa, e que morre nada máis entregarllo a el. Este documento conta a lenda na que se involucra Xacobe e os seus irmáns e amigos, e é o propio Xacobe o encargado de atopar o libro chamado As sete mortes. Os escenarios están perfectamente descritos e a mestura de realidade e fantasía está moi ben conseguida. Como, por exemplo, o momento en que Xacobe e Natalia saltan dun oitavo piso para escapar da pantasma que sae dos espellos e intenta arrebatarlle o pergamiño e Xacobe só acaba cuns rasguños, pese a ser tanta altura. No que respecta ao narrador, preséntase en dúas formas, pois capítulo a capítulo cambia, xa que ás veces é en primeira persoa (narrada por Xacobe ou Natalia) ou en terceira persoa cun narrador omnisciente contando todo o que acontece. Ademais, os lugares varían moito por estar fuxindo da policía ou buscando o lugar onde se atopa As sete mortes. Aínda que moitos deles non son nomeados, si sabemos que a acción está localizada en Galicia, pois en numerosas ocasións se nomea a Praza do Obradoiro, a universidade de Santiago ou algún que outro mosteiro (do cal non se di o nome).

Page 3: As sete mortes

Por outra banda, os feitos desenvólvense nun período de tempo curto (o que se pode deducir como entre quince días e un mes), pois é o tempo que teñen para atopar o libro. A soidade, o amor, a loita, a superación… só son algunas das calidades que tampouco faltan neste libro, que sen recorrer a grandes complicacións léxicas, consegue atraparnos cunha lectura sinxela, áxil e moi aditiva, e digo isto porque ata que o rematei non me despeguei del. En definitiva, As sete mortes, é unha fascinante novela que navega entre crimes, misterio e esoterismo. Unha trama moi ben feita e imposible de deixar de ler dende a primeira páxina ata a última. Persoalmente recoméndoa, verdadeiramente paga a pena.

Lorena Darriba Golán, 3º ESO A