1
Xosé Neira Vilas naceu en 1920 en Gres ( Vila de Cruces). Era fillo de labregos e axudaba nos labores do campo. Aos 19 anos emigrou a Arxentina , e alí coñeceu a Anisia Miranda (a súa dona). En 1992 regresaron a Galicia para dirixiren a Fundación Neira Vilas. Neira Vilas faleceu o 27 de novembro de 2015 ( a súa muller, Anisia, no 2009). A súa obra máis famosa é Memorias dun neno labrego, a máis reeditada da historia da edición en Galicia e traducida a máis de 20 idiomas . Tamén escribiu: Xente no rodicio, Camiño bretemoso, Historias de emigrantes , Remuiño de sombras, Aqueles anos do Moncho, Nai... Os seus premios e condecoracións máis destacados de Galicia son Medalla Castelao, Premio Laxeiro, Otero Pedrayo, Padrón de Honra, Premio Trasalba, Premio de la CríticA Española e Crítica Galega. En O cabaliño de buxo (1971), Rauliño é un neno galego, con pais que traballan na terra. Un día Rauliño estaba sentado preto da lareira escoitando unha historia sobre un neno que galopaba nun cabaliño de buxo. Ao día seguinte pediulles ese xoguete a seus pais e estes non llo compraron. Ata que un día o seu tío chegou á casa cun cabaliño de madeira O libro reproduce a diglosia e manifesta os prexuízos linguísticos porque ao final, cando Rauliño foi á escola, preguntábase por que na casa se falaba de xeito diferente a como o facía o profesor: “Por que o mestre non fala coma nós?” dicía Rauliño. O libro está dividido en varias historias cos mesmos personaxes, a primeira das cales é “O cabaliño de buxo”, que dá nome a todo o libro. Estas teñen en común que se desenvolven no mesmo espazo e con Rauliño como protagonista. El é un neno de pouca idade que vai ollar e aprender moitas cousas. Personaxes secundarios son os pais de Rauliño, o seu irmán Danieliño e o tío Miguel. Todos estes personaxes case non se describen, ou faise moi basicamente: “O pequecho estaba na cama, con súa nai, todo arretegado, envolto nun pano. Parecía un boneco”. O espazo onde se desenvolve é a aldea, na casa de Rauliño e na escola. O tempo reflectido é moi curto e está ambientado na posguerra. O relato está escrito en terceira persoa, contado por medio dun narrador omnisciente porque non é un personaxe e sabe todo o que din, fan ou pensan os personaxes. Penso que este é un libro fácil de ler, pero o autor emprega moitas palabras difíciles de entender como gicholas, bacelos, subiote, trafego…, moitas delas pouco utilizadas hoxe en día. NEREA VIQUEIRA NOUCHE O CABALIÑO DE BUXO XOSÉ NEIRA VILAS

Cabaliño de buxo

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Cabaliño de buxo

Xosé Neira Vilas naceu en 1920 en Gres ( Vila de Cruces). Era fillo de labregos e axudaba nos labores do

campo. Aos 19 anos emigrou a Arxentina , e alí coñeceu a Anisia Miranda (a súa dona). En 1992

regresaron a Galicia para dirixiren a Fundación Neira Vilas. Neira Vilas faleceu o 27 de novembro de 2015 (

a súa muller, Anisia, no 2009).

A súa obra máis famosa é Memorias dun neno labrego, a máis reeditada da historia da edición en Galicia e

traducida a máis de 20 idiomas . Tamén escribiu: Xente no rodicio, Camiño bretemoso, Historias de

emigrantes , Remuiño de sombras, Aqueles anos do Moncho, Nai...

Os seus premios e condecoracións máis destacados de Galicia son Medalla Castelao, Premio Laxeiro,

Otero Pedrayo, Padrón de Honra, Premio Trasalba, Premio de la CríticA Española e Crítica Galega.

En O cabaliño de buxo (1971), Rauliño é un neno galego, con pais que traballan na terra. Un día Rauliño

estaba sentado preto da lareira escoitando unha historia sobre un neno que galopaba nun cabaliño de

buxo. Ao día seguinte pediulles ese xoguete a seus pais e estes non llo compraron. Ata que un día o seu

tío chegou á casa cun cabaliño de madeira

O libro reproduce a diglosia e manifesta os prexuízos linguísticos porque ao final, cando Rauliño foi á

escola, preguntábase por que na casa se falaba de xeito diferente a como o facía o profesor: “Por que o

mestre non fala coma nós?” dicía Rauliño.

O libro está dividido en varias historias cos mesmos personaxes, a primeira das cales é “O cabaliño de

buxo”, que dá nome a todo o libro. Estas teñen en común que se desenvolven no mesmo espazo e con

Rauliño como protagonista. El é un neno de pouca idade que vai ollar e aprender moitas cousas.

Personaxes secundarios son os pais de Rauliño, o seu irmán Danieliño e o tío Miguel. Todos estes

personaxes case non se describen, ou faise moi basicamente: “O pequecho estaba na cama, con súa nai,

todo arretegado, envolto nun pano. Parecía un boneco”.

O espazo onde se desenvolve é a aldea, na casa de Rauliño e na escola. O tempo reflectido é moi curto e

está ambientado na posguerra.

O relato está escrito en terceira persoa, contado por medio dun narrador omnisciente porque non é un

personaxe e sabe todo o que din, fan ou pensan os personaxes.

Penso que este é un libro fácil de ler, pero o autor emprega moitas palabras difíciles de entender como

gicholas, bacelos, subiote, trafego…, moitas delas pouco utilizadas hoxe en día.

NEREA VIQUEIRA NOUCHE

O CABALIÑO DE BUXO XOSÉ NEIRA VILAS