19
200 Anos da Constitución de Cádiz: 1812 - 2012 Os inicios do Constitucionalismo en España.

Cadiz 1812

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Presentación sobre a Constitucuón de Cádiz de 1812 en relación á conmemoración deste ano feito polo dpto de xeografía e historia do IES Asorey

Citation preview

Page 1: Cadiz 1812

200 Anos da Constitución de Cádiz: 1812 - 2012

Os inicios do Constitucionalismo en España.

Page 2: Cadiz 1812

Da invasión francesa ata un proceso Revolucionario

Contexto xeral.A Guerra de

Independencia: 1808.Aportacións da

Constitución de CádizOs Deputados

Galegos.A independencia

Americana.

Page 3: Cadiz 1812

Contexto: De Carlos IV a Fernando VII e a Xosé I

• 1776: Independencia dos EEUU.

• 1789: a Revolución Francesa.

• 1804: Imperio Napoleónico.

• 1808: Fernando VII abdica en Baiona.

• 1808: Guerra de Independencia.

• 1814: Rendición de Napoleón.

Page 4: Cadiz 1812

Causas da Guerra de Independencia1807: Tratado de Fontaineblau para

invadir Portugal

Baiona 1808: Carlos IV abdica no seu fillo 1

Napoleón nomea ao seu irmán Xosé I Rei de España

Levantamento do 2 de Maio Formación das Xuntas Locais

Setembro 1808: Xunta Suprema Central Gubernativa do Reino

Asumiron o poder no nome do

pobo

Negaron lexitimidade ás abdicacións de

Baiona

Non tiñan carácter popular nin eran

politicamente homoxéneos

Fernando VII abdica en Napoleón

Page 5: Cadiz 1812

Fases da Guerra: 1808-18141-Conquista Francesa e Resistencia Levantamento do 2 de Maio 1808 en Madrid. Resistencia de Zaragoza e vitoria de

Castaños en Bailén sobre Dupont Xosé I abandona Madrid

2- Ocupación Francesa: 1808-1812 Napoleón ven a España ata 1809 e logra

repoñer no trono a Xosé I Destacan os xenerais Palafox, Alvarez de

Castro, Wellington e as Guerrillas.

3- A ofensiva anglo-española: 1812-1814 Napoleón marcha á campaña de Rusia Vitorias de Arapiles e San Marcial Tratado de Valençay: volve Fernando VII

Page 7: Cadiz 1812

A Constitución de Cádiz de 1812

convoca

Promulga Elabora

que supoñen

Xunta Suprema Central

Cortes Constituintes

LIBERAIS

ABSOLUTISTAS

DECRETOS REFORMISTAS

CONSTITUCIÓN: A PEPA

A FIN DO ANTIGO RÉXIME

Page 8: Cadiz 1812

Da carta de Baiona ás Cortes de Cádiz

Page 9: Cadiz 1812

A constitución de 1812

Page 10: Cadiz 1812

Estrutura do texto Constitucional 10 Títulos e 384 artigos, unha das máis

longas da nosa historia constitucional. Título I: Da Nación Española e dos Españois Título II: Do Territorio das Españas. A súa Relixión

e Goberno. E dos Cidadáns Españois. Título III: Das Cortes. Título IV: Do Rei: Título V: Dos Tribunais e da Administración de

Xustiza. Título VI: Do Goberno Interior das Provincias e dos

Pobos. Título VII: Das Contribucións. Título VIII: Da Forza Militar Nacional. Título IX: Da Instrución Pública. Título X: Da Observancia da Constitución e Modo

de Proceder para facer variacións nela.

Page 11: Cadiz 1812

A Vixencia da Constitución de Cádiz• O Xuramento das Cortes de Cádiz foi o 24 de

Setembro de 1810, na Illa do León (San Fernando), no Oratorio de San Felipe Neri.

• A Constitución foi promulgada o 19 de Marzo de 1812: ¡Viva a Pepa! foi o berro dos liberais.

• En vixencia ata 3 veces: 1812, 1820 e 1836.

• 4 de Maio de 1814, Fernando VII disolve as Cortes, derroga a Constitución, e detén aos deputados liberais: Volta ao Absolutismo.

• Manifesto dos Persas: 69 Deputados asinan un manifesto contra as Cortes Liberais.

• No 1820 Pronunciamento de Riego: Trienio Liberal no que Fernando VII tivo que xurar a Constitución: Marchemos francamente e eu o primeiro, pola senda Constitucional”.

• 1822 “Os Cen mil fillos de San Luis”repoñen a Monarquía Absoluta de Fernando VII.

Page 12: Cadiz 1812

O Reino de Galicia nos inicios do séc. XIX

Santiago

7

O Reino de Galicia tiña no censo de 1797 unha poboación de 1.142.630 habitantes e estaba dividida en 7 provincias. No 1833 pasou á estrutura provincial actual en 4 provincias. Tivo que elexir a 23 Deputados titulares e a 8 Suplentes. E a 2 máis por designación: 25 en total, dos de maior representación.Os elexidos eran unha réplica exacta dos poderes sociais galegos:-6 pertencían ao Clero-17 pertencían á “fidalguía” (Administración Estado, militares)-2 que eran comerciantes ou afíns.

A Coruña

2Betanzos

2

Mondoñedo

2

Lugo

4

Ourense

4Tui

2

MAPA DO REINO DE GALICIA. ANO DE 1754MAPA DO REINO DE GALICIA. ANO DE 1754

Page 13: Cadiz 1812

Os Deputados Galegos en Cádiz. Polo Reino de Galicia, polas cidades que tiveran presenza en Cortes, Benito Mª Mosquera e Lira, Cabaleiro Maestrante e Rexidor Perpetuo de Tui.

Pola Xunta Superior de Galicia Xosé Alonso e López Nobal, piloto de Marina e Enxeñeiro ferrolán. Matemático de

prestixio que intervíu na medición do arco do meridiano terrestre e fixo o plano

xeográfico e estatístico da Archidiócesis de Santiago. Pola Provincia de Santiago Manuel Ros e Medrano, foi Coengo Doutoral Compostelán. Fernando VII, con

posterioridade, nomeouno Bispo de Tortosa. Antonio Mª Parga e Puga, Avogado, foi un dos asinantes da Constitución. Francisco Pardo e Patiño, Catedrático Universidade, Presidente Academia de

Dereito.

Benito Ramón Hermida Maldonado, fora Ministro e chegou ser Oidor da Real Chancillería de Granada. Foi o Presidente Provisional das Cortes.

Xaquín Tenreiro Montenegro, primeiro Conde de Vigo, título concedido polo seu papel na defensa da cidade de Vigo no 1808 contra os franceses.

Vicente J. de Castro Lavandeira, Avogado e propietario, con escasa actividade . Xosé María Suárez de Rioboo, Párroco, dende 1810 regresara xa a Galicia; foi un

dos 20 ausentes na xura da Constitución.

Page 14: Cadiz 1812

Os Deputados Galegos… continuación

Pola Provincia da Coruña Antonio Payán, avogado da Real Audiencia de Galicia e Decano do Colexio de

avogados de Coruña. Participou no debate da Constitución. Foi Presidente das Cortes, e membro das Comisións de Facenda e Xustiza.

Xosé Salvador López de Pan, Avogado, foi membro da Comisión de Xustiza.

Pola Provincia de Lugo Domingos García Quintana, comerciante en Cádiz, Liberal e exaltado . Xosé Ramón Becerra Lamas, Propietario, rendista e Rexidor Perpetuo de Lugo. Antonio Vázquez de Parga, Avogado, Rendista, Fidalgo e con lucrativos negocios. Manuel Valcárcel Saavedra, Avogado da Real Audiencia de Galicia, foi

Vicepresidente da Cámara dende Maio do 1813.

Pola Provincia de Ourense Xoán Bernardo Quiroga e Uría, dirixíu unha partida contra os franceses; foi

deputado de consensos e traballador; chegou a ser Vicepresidente das Cortes. Bernardo Martínez Fernández, Avogado e Gobernador Eclesiástico de Ourense Pedro Cortiñas e Neira, xurista, só consta na apertura das Cortes o 24/9/1810. Veremundo Arias Teixeiro, bispo de Pamplona, non se presentou.

Page 15: Cadiz 1812

Os Deputados Galegos… continuación Pola Provincia de Mondoñedo Antonio Abadín Guerra, Doutor en Teoloxía e párroco no Arzobispado de Santiago. Manuel Freire Castrillón, estudiou Artes e Leis, Absolutista radical.

Pola Provincia de Tui Agustín Rodríguez Baamonde, Avogado, participou no proxecto de ordeación das

provincias e no da reforma do Exército. Antonio Durán de Castro, Avogado da Real Audiencia de Galicia.

Pola Provincia de Betanzos Luis Rodríguez do Monte e do Prado, foi Capitán de Fragata, e presidíu

brevemente estas Cortes. Pedro Ribera e Pardo, cura párroco de Pontedeume, foi outro dos asinantes do

texto Constitucional.

Por Adscrición Ideolóxica ( Segundo Xosé Ramón Barreiro)

Claramente Absolutistas………………….9

Moderadamente Absolutistas…………..3

Francamente Liberais……………………..1

Moderadamente Liberais………………..10

Page 16: Cadiz 1812

Perfil Ideolóxico dos Deputados Galegos

s

12 ABSOLUTISTAS

11 LIBERAIS

Page 17: Cadiz 1812

As Profesións dos Deputados da Cortes.

Page 18: Cadiz 1812

A Independencia das Colonias Americanas• Causas da Emancipación España nos inicios do séc. XIX seguía a ser a

maior potencial colonial. As Colonias estaban vinculadas a España a

través dos Reis, e as abdicacións de Carlos IV e Fernando VII significaron a ruptura da lexitimidade e dos vínculos de unión.

Difusión das doutrinas radicais que recollían principios como que a Soberanía recae no pobo cando falta o Rei.

O papel dos Xesuitas, expulsados de España no 1767, que difundiron a través das súas escolas, a súa total oposición ao dominio español.

Os intereses da burguesía criolla que demandaban protagonismo político.

A difusión das ideas liberais revolucionarias da Revolución francesa e Norteamericana que influíron nos líderes independentistas.

A axuda dos países con intereses comerciais e de dominio territorial: EEUU, Francia, Gran Bretaña…

Page 19: Cadiz 1812

Os principais procesos revolucionarios•As Cortes de Cádiz, xunto coa influenza da Revolución Francesa e a indepencia dos EEUU de Norteamérica, puntos de partida do proceso de emancipación.•3 fases: 1810-16, insurreccións ailladas1815-18, reacción absolutista de Fernando VII que sofocan revoltas.1816-1824, campañas de Bolivar e San Martín que levan á Independencia.Líderes destacados:

Simón Bolivar “O Libertador” decisivo na independencia de Perú, Venezuela, Bolivia, Panamá, Colombia ou Ecuador.Xosé de San Martín, xunto con Bolivar foi o gran libertador: Arxentina, Perú ou Chile.Bernardo O´Higgins, lider de ChileMorelos, sacerdote e militar, liderou revoltas en México. Foi fusilado no 1815.Agustín de Itúrbide, pasou de ser un revolucionario a Emperador de México.Antonio Xosé de Sucre, independencia de Ecuador, Perú e Bolivia.