3
Cando petan na porta pola noite Xabier P. Docampo OBRA: Cando petan na porta pola noite AUTOR: Xabier P. DoCampo COLECCIÓN: Xerais, Fóra de Xogo Xabier P. DoCampo naceu en 1946 en Rábade, Lugo. É mestre, escritor, contacontos, actor de teatro, guionista e promotor da lingua e cultura galega. En 1995 obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por Cando petan na porte pola noite . Outras obras súa son: Cun ollo aberto e outro sen cerrar, O país durminte, Beogán, O misterio das badaladas, ... Cando petan na porte pola noite son catro relatos que seguen a tradición do conto oral de medo.

Cando pentan pola noite

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Cando pentan pola noite

Cando petan na porta pola noite

Xabier P. Docampo

OBRA: Cando petan na porta pola noite

AUTOR: Xabier P. DoCampo

COLECCIÓN: Xerais, Fóra de Xogo

Xabier P. DoCampo naceu en 1946 en Rábade, Lugo. É mestre,

escritor, contacontos, actor de teatro, guionista e promotor da lingua e

cultura galega. En 1995 obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e

Xuvenil por Cando petan na porte pola noite. Outras obras súa son: Cun

ollo aberto e outro sen cerrar, O país durminte, Beogán, O misterio das

badaladas, ...

Cando petan na porte pola noite son catro relatos que seguen a

tradición do conto oral de medo.

Page 2: Cando pentan pola noite

1º relato: “O espello do viaxeiro”.

Conta a misteriosa historia dun home que comete un crime contra

outro idéntico a el e ten unha condena un tanto peculiar...

Está narrado en primeira persoa e conta con dous personaxes, un

protagonista e outro antagonista. O espazo localízase no medio dun

monte e no tempo no que aínda non eran frecuentes os automóbiles e a

xente empregaba os cabalos ou ían a pé para desprazarse.

2º relato: “O Fornadas”.

Narra o asunto do Fornadas, un home que matou unha vella moi ruín

e foi torturado polo espíritu desta ata morrer e quedar ligada a ela no

inferno para sempre.

Está narrado en primeira persoa por un personaxe secundario. O

espazo localízase en Xermar, Lugo e aparecen outros topónimos reais

como O Castro de Rei, Roás ou Triabá. O tempo non se especifica, pero

non está situado nun pasado remoto.

Conta con dous protagonistas, a vella e o Fornadas, e con varios

personaxes secundarios como a familia do Fornadas.

3º relato: “A Loba”

Conta a historia dun home malcriado e mullereiro que deixa en estado

a Isaura, unha muller que se vingou moi duramente coa axuda de lobos,

coverténdose nunha deles.

Neste relato hai dous narradores ben diferenciados: un narrador

inicial en 1ª persoa que abre e pecha o relato e conta un episodio que

lle aconteceu a seu pai cando ía a cabalo entre a Granda de Xermar e a

Reborica e é sorprendido por unha nevada e ten que refuxiarse nunha

casa. O segundo narrador é unha vella que conta unha historia

acontecida xa hai moitos anos. Ela actúa como narrador omnisciente.

Sitúase en primeiro lugar polos anos trinta, pero a historia contada é

moi anterior.

Conta con varios personaxes, algúns deles lobos. O protagonista é

Silvestre (o home malcriado) e a antagonista é Isaura, pero tamén hai

Page 3: Cando pentan pola noite

outros como os pais e a muller de Silvestre.

4º relato: “O cumpremortes”

Narra a historia dun home que recibe unhas cartas moi estrañas coa

data da súa morte. El tratará de loitar contra o seu destino, pero

lograrao?

Está narrado por un narrador omnisciente e conta con moi poucos

personaxes. O tempo é actual e o espazo non se especifica, soamente

sabemos que se trata de dúas cidades e unha vila.

Dos catro relatos o meu favorito foi "O cumpremortes", porque nos

ensinou que andar sempre na mesma rutina non é bo.

"Entón , todo canto estaba escrito no teu destino foise esborranchando

primeiro e esvaéndose despois, a túa vida volveuse unha páxina en

branco. Por iso non se cumpriu o que era o teu destino, porque os

homes, se se comportan como tales, invéntano e escríbeno eles

mesmos."

Alba Viqueira Nouche