Upload
normalizacioniesn1ordes
View
19
Download
5
Embed Size (px)
Citation preview
Isabel Castro Torres 2ºESO B
Un amor dos 80’s,
saias ao vento,
bailando ao son de Bowie,
sendo prisioneiros do noso propio cárcere (de amor).
Como a tempestade e a calma,
unha precede á outra,
e precísanse coma ninguén,
xa que sen calma non hai tempestade.
Partículas de po en suspensión no aire
buscándose unha a outra.
Sorrisos entrelazados
con palabras de por medio.
Desas que emocionan, que namoran, que fan sorrir.
Bágoas indecisas que caen duns fermosos ollos,
dos teus,
bágoas libres, felices,
que non saben onde ir,
e acábanse xuntando no teu queixo.
~Morriña