24
Celso Emilio Ferreiro A figura senlleira da Xeración de 1936

Celso Emilio

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Biografia de Celso Emilio Ferreiro

Citation preview

Page 1: Celso Emilio

Celso Emilio Ferreiro

A figura senlleira da Xeración de 1936

Page 2: Celso Emilio

Índice• 3. Biografía

• 4.Datos relevantes da súa vida

• 5. Xeración de 1936

• 6. Influencia do Grupo Nós

• 7. Influencia dos Novecentistas

• 8. Bibliografía

• 9. Obra Poética

• 10. Obra poética

• 11.Viaxe oa país dos ananos

• 12.Longa noite de pedra

• 13. Anécdota: ¿Como xorde A longa noite de pedra?

• 14.Longa noite de pedra: comentarios

• 15. Gabanzas dos gaiteiros

• 16. Comentario léxico: campo semántico

• 17. Libremente

Page 3: Celso Emilio

• 18. Comentario: temática

• 19. Tempo de chorar

• 20.Comentario: ligüístico

• 21.¿qué se fixo sobre el?

• 22. Bibliografía

Page 4: Celso Emilio

Biografía

• Naceu no ano 1912

• Familia acomodada

• Carreira de mestre

• 1940 traslado a Pontevedra

• Traballa como funcionario

• 1943 casa con MªLuisa Moraima Loredo

• 1950 traslado a Vigo

• Traballa como procurador dos tribunais

• 1966 emigra a Venezuela

• 1973-79 vive en Madrid

• 1979 morre en Vigo

Page 5: Celso Emilio

Datos relevantes da súa vida

• Anos 30 participación nas Mocidades Galeguistas

• 1948 colaboración na fundación da colección de poesía Benito Soto

• Dirección da colección Salnés

• 1964 participación na fundación da Unión do Pobo Galego (UPG)

Page 6: Celso Emilio

Xeración de 1936 O feito de que durante os anos da Guerra Civil e da inmediata

postguerra non se publicasen libros en lingua galega provocou que unha vez que se rematou o traballo editorial forán cando en menos dúas xeracións poéticas as que desenvolveron o seu labor simultaneamente: a xeración de 1936 e a de 1950, cunha promoción intermedia que se adoita a chamar de enlace. Os autores de cada un dos grupos tiñan idades, ideas e concepcións poéticas lixeiramente diferentes ás dos outros.

A xeración de 1936 é polo tanto o grupo poético ó que corresponden aqueles autores nados arredor de 1910-20. Son os coñecedores da literatura galega previa á guerra; seguidores da Xeración Nós e dos Novecentistas. Algúns deles publicaron no exilio, pero os máis deberon esperar a que acalmasen as augas da contenda. Neste grupo inclúense autores que xa publicaran algún libro antes do comezo do conflicto, como Aquilino Iglesia Alvariño , Ricardo Carballo Calero, Xosé María Díaz Castro e por suposto tamén Celso Emilio Ferreiro.

Page 7: Celso Emilio

Influencia do Grupo Nós

• Colectivo de intelectuais

• Xorde na década dos 20

• Membros: Risco, Otero e Cuevillas

• Función: europeiza-la cultura galega

• Superouse o illamento aldeán da Galicia literaria

• Sentan as bases da literatura galega moderna en prosa.

• Óragano de expresión: revista A nosa Terra

Entrou en contacto cos seus membros na súa mocidade, o que marcaría para sempre a súa vocación de escritor en lingua galega.

Page 8: Celso Emilio

Influencia dos Novecentistas

• Poetas nados arredor de 1900

• Renovación poética de Galicia

• Ruptura cos estilos de vida e estética anteriores

• Utilización verso libre

• Utilización de aspectos visuais (caligramas…)

• Expresión do eu poético

• Escríben para un lector intelixente que ten que interpretar

• Manuel Antonio: principal representante

• Nacen diferentes ísmos: futurismo, creacionismo, surrealismo...

Un dos rasgos característicos da Xeración de 1936, á que pertence Celso Emilio Ferreiro, é que eran seguidores dos escritores Novecentistas. Algunhas das súas características son:

Page 9: Celso Emilio

Bibliografía• 1936: Cartafol de poesía • 1954: O soño sulagado • 1962: Larga noite de pedra• 1968: Viaxe ao país dos ananos• 1969: Cantigas de escarnio e maldicir• 1969: Terra de ningures• 1970: Paco Pixiñas• 1972: Antipoemas• 1972: A fronteira infinda• 1973: Cimenterio privado• 1973: Os ausentes• 1975: Onde o mundo se chama Celanova• 1978: A taberna do galo

Page 10: Celso Emilio

Obra poética

• Dous núcleos temáticos:

• 1. O social:• Trátase de forma crítica ou en

forma de denuncia.• Temas: Guerra Civil e

consecuencias, explotación dos traballadores, solidariedade co mundo obreiro, imperialismo, ameaza nuclear e o racismo.

• A crítica exprésase moito por medio da sátira, da que era un mestre.

• Poemarios destes temas: Longa noite de pedra; Viaxe ao país dos ananos; Cantigas de escarnio e maldicir

Page 11: Celso Emilio

Obra poética

• 2. O intimista:

• Primeiros temas: soidade, desacougo, pesimismo.

• Actitude existencialista dos anos 50.

• Temas posteriores: perda dos soños e a inocencia, enfrontamento entre a cultura rural e urbana, nostalxia do mundo perdido (Celanova) e o amor.

• Presente nas obras: O soño sulagado; Onde o mundo se chama Celanova.

Page 12: Celso Emilio

Viaxe ao país dos ananos

Terciero libro de vinteún poemas que reflicte a súa viaxe á América buscando ós irmáns exiliados e a decepción e noxo que lle producen cando os encontra, pola súa mesquindade, mercantilismo e capitalismo esxerado. Está inspirado tamén, na súa participación na sociedade “Hermandad Gallega” e o seu enfrontamento cos emigrantes galeguistas e reaccionarios que forman parte dela.

Page 13: Celso Emilio

Longa noite de pedra

Obra de crítica social moi directa, que removeu ós ánimos sociais e espertou as ansias de liberdade na mocidade que o coñeceu. Trátase fundalmente dun libro no que predomina a poesía social, de compromiso, de protesta.Partindo da situación española, fai unha crítica ó sistema político imperante, pero despois extrapólao á situación mundial. Mais tamén hai poemas intimistas e unha serie de poemas coma o dedicado a Joan Miró.

Predominan os versos heptasílabos e hendecasílabos, mesturados con outros doutras medidas.

Page 14: Celso Emilio

Anécdota: ¿como xorde A longa noite de pedra?

No ano 1936 prodúcese o xa coñecido levantamento militar que daría comezo a cruenta Guerra Civil que se prolongaría ata o ano 1939. Durante este levantamento un mozo celanovés é reclutado e destinado a loitar pola patria de Asturias. Un ano máis tarde, estando de permiso na súa casa é detido por facer en público un comentario político. Metido nunha cela de pedra do mosteriro de Celanova pasa varias noites, ata que, por mediación de parentes e amigos, consegue saír do cárcere.

Ésta é unha experiencia da que posteriormente nacería a súa obar “Longa noite de pedra”.

Page 15: Celso Emilio

Longa noite de pedra

Comentarios

Page 16: Celso Emilio

Gabanzas dos gaiteiros

• *Pola súa loga extensión soamente refléxanse algunhas estrofas.

Os quintos i os alcamotes

cantan, crean, costrúen, doman a pedra,

levantan cidades e as caicoas,

as arias xidas, as xarnas e as xarelas.

O mundo é unha pedra,

os camiños están estrados de arias guiches.

E o fogo -isa cousa do ceo_

arde sobre as arias de mariñar o rufo.

Page 17: Celso Emilio

Comentario léxico campo semántico

• quintos: cinceis

• alcamotes: martelos

• xarnas: muros

• caicoa: igrexa

• andalez: auga

• gadomos: brazos

• oretadores guiches: ríos

• arias de mariñar e rufo: pedras lares

• Significado dalgunhas delas:

• xaria: man

• arxina: canteiro

• muria: obra

• guchi a guchi: pouco a pouco

• mariñada: ben feita

• mureada: traballada

• arias xidas: perpiaños

• arias: pedras

Algunhas das verbas empregadas neste poema pertencen á xerga dos canteiros galegos, chamada “verba dos arxinas”

Page 18: Celso Emilio

Libremente

Nós queríamos libremente

comer o pan de cada día. Libremente

moredelo, masticalo, dixerilo sin medo,

libremente falando, cantando nas orelas

dos ríos que camiñan para o mar libre.

Libremente, libremente

nós queríamos somente

ser libres homes, ser estrelas,

ser faíscas da grande fogueira do mundo,

ser formigas, paxaros, miniños,

nesta arca de Noé na que bogamos.

.

Nós queríamos libremente surrir,

falarlle a Dios no vento que pasa

-no longo vento das chairas e dos bosques-

sin temor, sin negruras, sin cadeas,

sin pecado, libremente, libremente

coma o aire do mencer e das escumas.

Coma o vento.

Mais iste noso amor díficil rompeuse

-vidro de soño fráxil-

nun rochedo de berros

e agora non somos máis que sombras

Page 19: Celso Emilio

Comentario: temática Neste poema pertencente o poemario Longa noite de pedra, tratáse

moi de cerca a dictadura. Este periodo estivo marcado por unha gran privación das liberdades, entre elas as de pensamento e de expresión, facendo que moitas persoas, entre elas moitos escritores, fosen condeadas a morte o tivesen que fixir ó exilio.

No poema Celso Emilio Ferreiro fai un berro as liberdades do pobo. En cada unha das estrofas vai deixando constancia das limitacións que este sistema político crea. Reflicte o medo imperante na sociedade en expresar as súas opinións ou en facer algo que poda ser obxeto de castigo.

Quizáis, sexa a derradeira estrofa a que conteña un maior significado. Nela o escritor mostra a realidade anterior a dictadura, o intre que desencadeou ó conflicto e a situación actual, na que a sociedade é xa unha “sombra” é dicir, non ten ni voz nin voto, está ignorada e destinada a estar calada.

Page 20: Celso Emilio

Tempo de chorarHei de chorar sin bágoas duro pranto

polas pombas de luz aferrolladas,

polo esprito vencido baixo a noite

da libertá prostituída.

As espadas penduran silandeiras

coma unha chuvia fría diante os ollos

e teño que chorar na sombra fuxidía

diste pútrido vento

que arromba a lealtá e pon cadeas

no corazón dos homes xenerosos.

Pois que somente os ollos me deixaron

para chorar por iles longos ríos,

hei navegar periplos, descubertas

por tempos que han de vir cheos de escumas,

por onde o día nasce,

alí onde xermola o mundo novo.

Pois que o que choiva vive, iremos indo;

indo, chorando, andando,

salvaxe voz que a de trocarse en ira,

en coitelo de berros e alboradas

para rubir ao cumio dos aldraxes.

E pois que cada tempo ten seu tempo,

iste é o tempo de chorar.

Page 21: Celso Emilio

Comentario: lingüístico• Vulgarismos vocálicos:

1. Esprito: prodúcese un vulgarismo por síncope, é dicir, súprimese un son vocálico (neste caso /i/) no interior da palabra (espíritu).

2. Pra: é o mesmo caso que o de esprito.

3. Somente: é o mesmo caso xa explicado.

4. Libertá : prodúcese un vulgarismo por supresión vocálica, é dicir, pérdense fonemas pola pronuncia rápida e descoidada da fala coloquial. Neste caso prodúcese un apócope xa que é ó final da palabra.

5. Lealtá: é o mesmo caso que de libertá.

6. Surrir: prodúcese un vulgarismo por harmonización vocálica, é dicir, que a vocal tónica /i/ pecha a vocal anterior, de /o/ a /u/ (sorrir).

• Castelanismos:

1. Dios: é a palabra do castelán que por influxo emprégase no canto de Deus, que é a palabra galega.

Page 22: Celso Emilio

• Diptongos:

Neste poema non abundan os diptongos pero os poucos que hai son decrecentes, que son os propios do galego.Por exemplo: figueira, rompeuse.

• Palabras patrimoniais:

1. Medo: contén un /e/ semiaberto que se corresponde co /ie/ castelán.

2. Vento: contén un /e/ semiaberto que se corresponde co /ie/ castelán.

• Til diacrítico:

1. Máis: leva til para diferencia-lo adverbio, que é tónico, do outro mais que non leva til porque é átono. Neste caso emprégase para marca-la tonicidade.

Page 23: Celso Emilio

¿Que se fixo sobre el?

• Xesús Alonso Montero: Celso Emilio Ferreiro, Ed.Júcar,1982

• X.L. Méndez Ferrín: De Pondal a Novoneyra, Ed.Xerais,Vigo,1984

• R. Nicolás: Guía de lectura de O soño sulagado, Ed.Documio, Vilaboa,1992

• A Tarrío: Literatura galega, Ed.Xerais,Vigo,1994• M. A. Seixas Seoane: Celso Emilio Ferreiro (1912-79) unha

fotobiografía, Ed.Xerais,Vigo,1989• Varios: Celso Emilio Ferreiro: Común temos a patria, A

Nosa Terra, Vigo,1989

Page 24: Celso Emilio

Bibliografía

• Internet

• Enciclopedia Planeta 2000

• Enciclopedia Encarta

• Libro de texto Editorial Tambre 2º Bacharelato