125
C C

Contos museo medo copia libro museo

  • Upload
    marlou

  • View
    913

  • Download
    7

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Publicación do Museo Provincial de Lugo CONTOS DE MEDO NO MUSEO

Citation preview

Page 1: Contos museo medo copia libro museo

CContos de

Page 2: Contos museo medo copia libro museo

Cmedo no museo Contos de

Relatos do Museo Provincial de Lugo

Page 3: Contos museo medo copia libro museo

C2ª edición: maio de 2009

© dos textos:Marilar AleixandreFina CasalderreyXosé A. Neira CruzAntonio Reigosa

© das ilustracións:Javier Huerga García

© da ediciónServizo de publicacións. Área de cultura. Deputaciónde LugoMuseo provincial de Lugo

Deseño e maquetación: ta ta taImpresión: ............ISBN: 84-8192-299-4Depósito legal: .............

Edición non venalEste libro forma parte do material didáctico para a activi-dade denominada Rutas literarias.

Reservados todos os dereitos. O contido desta obra estáprotexido pola Lei, que prohibe a reprodución, plaxio, dis-tribución ou comunicación pública, en todo ou en parte,dunha obra literaria, artística ou científica, ou a súa trans-formación, interpretación ou execución artística fixada encalquera tipo de soporte ou comunicada a través de cal-quera medio, sen a preceptiva autorización.

medo no Contos de

Page 4: Contos museo medo copia libro museo

CTextosMarilar Aleixandre

Fina Casalderrey

Xosé A. Neira Cruz

Antonio Reigosa

IlustraciónsJavier Huerga García

Edición a cargo de Antonio Reigosa

edo no museo ntos de

Page 5: Contos museo medo copia libro museo

O Departamento de Didáctica do Museo Pro-vincial de Lugo achéganos a segunda edición dolibro Contos de medo do museo, un volume dirixidoao profesorado e alumnado de ensino secundario,con textos escritos por recoñecidos autores eautoras de literatura infantil e xuvenil en linguagalega, e que teñen en común como territorio deficción o propio Museo Provincial de Lugo.

Trátase de combinar a lectura cunha activi-dade complementaria, unha proposta didácticadenominada Rutas literarias polo museo que naceuno ano 2003 arredor dos textos do primeiro doslibros desta serie, Contos do museo.

Tras a lectura destes textos, os/as alumnos/asvisitan o museo onde seguen o desenvolvementodos relatos e as peripecias dos personaxes que osprotagonizan; en definitiva, desfrutan do museoco estímulo dunha fantasía que aguilloa a sensibi-lidade e estimula a imaxinación.

Cóntase coa experiencia e coa avaliaciónpositiva tanto do profesorado como do alum-nado que participaron nesta actividade nos anosprecedentes. Entre os obxectivos que se preten-dían, un dos máis importantes era o de influírna percepción de xente máis nova cara aosmuseos en xeral, e cara ao Museo Provincial de

Page 6: Contos museo medo copia libro museo

Lugo en particular. Pois ben, non só se incre-mentou notablemente o número de gruposescolares procedentes de toda Galicia, senónque o grao de satisfacción manifestado despoisda visita mudou radicalmente para ben.

Quédanos agradecerlles aos autores dostextos, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey,Xosé A. Neira Cruz e Antonio Reigosa, e aoilustrador Javier Huerga García a achega dasúa creatividade e desexarlle longa vida a estaproposta didáctica.

Antón Bao Abelleira

Vicepresidente da Deputación de Lugo

7

Page 7: Contos museo medo copia libro museo

O Museo Provincial de Lugo, dependenteda Área de Cultura da Deputación de Lugo, através dos seus departamentos e servizos, pro-cura canles para a divulgación dos contidosque conserva. O Departamento de Didácticaelabora propostas didácticas para estimular acuriosidade polos museos, a creatividade e asensibilidade e, tamén, para contribuír aampliar os coñecementos que complementana formación das novas xeracións. Os princi-pais esforzos, como é obvio, van dirixidos aomundo escolar e a grupos e colectivos recepti-vos a proxectos de dinamización en contextoscomunitarios.

A actividade denominada Rutas literarias polomuseo naceu arredor do libro titulado Contos domuseo, que formaba parte dunha actividade didác-tica na procura de obxectivos básicos como intro-ducir o alumnado nun espazo físico, o museo, enoutro imaxinario, a literatura. Os ingredientespara facer atractiva esta actividade atenden aolúdico nun contexto activo de autoaprendizaxe.

Agora presentamos a segunda edición dosegundo dos libros deste proxecto co título Con-tos de medo no museo con textos de Marilar Alei-xandre, Fina Casalderrey, Xosé A. Neira Cruz e

Page 8: Contos museo medo copia libro museo

Antonio Reigosa e as fermosas ilustracións daautoría de Javier Huerga García.

O camiño percorrido nestes anos con estaactividade amósanos que contribúe a motivar esensibilizar, que educa e que integra, que contri-búe á socialización e á identificación do nosoestudantado coa súa cultura e coa súa lingua e,finalmente, que o patrimonio histórico-artísticopode ir da man da literatura.

Xa que logo, o agradecemento desta direc-ción aos compañeiros dos departamentos res-ponsables de Didáctica e de Comunicación e,especialmente, ao profesorado que confía ennós para complementar a formación e a educa-ción transversal do seu alumnado, canteiradunha sociedade mellor.

Aurelia Balseiro GarcíaDirectora do Museo Provincial de Lugo

9

Page 9: Contos museo medo copia libro museo

RRutas literariaspolo museo

Page 10: Contos museo medo copia libro museo

RAgás raras excepcións, tanto a literatura dirixida

aos lectores infantís e xuvenís como o interese polosmuseos deste sector de poboación en período deformación adoitan ser realidades “invisibles”.

Hai moita e boa literatura, hai moitos e cadavez mellores museos; só nos queda, xa que logo,apostar seriamente por facer “visibles” ambas asdúas realidades. Esta eiva, denunciada repetida-mente tanto desde o mundo dos creadorescomo desde o dos museólogos e artistas plásti-cos, evidénciase constantemente nos resultadosdas enquisas. Lese pouco e os museos non reci-ben as visitas que deberían. Pola contra, osrapaces, estamos convencidos, a pouco que osmotivemos con propostas de actividades atrac-tivas, poden mudar de opinión.

Este proxecto nace co dobre propósito deatraer a atención do alumnado e do profesoradode ensino secundario pola literatura e polasobras de arte, pola historia do seu contorno, e,por tanto, quere contribuír a sensibilizar asnovas xeracións sobre a importancia dos librose da lectura, dos museos e dos seus contidos,como instrumentos fundamentais na súa forma-ción. Os museos teñen entre as súas principaisobrigas a de promover e divulgar as obras que

11

Page 11: Contos museo medo copia libro museo

conservan e, para conseguíreno deben procurarfórmulas atractivas, mesmo imaxinativas, dife-rentes ás convencionais, para conseguir os efec-tos que se propoñen. Con ese empeño naceuesta actividade denominada Rutas literarias polomuseo, un intento máis por abrir claros de coñe-cemento cara ao mundo da creación mediante aproposta de lecturas inspiradas nos contidosexpostos no Museo Provincial de Lugo, propos-tas imaxinadas por artistas gráficos e da palabra.En definitiva, trátase de establecer unha ponteque relacione a literatura e os museos como ele-mentos estratéxicos para incentivar e estimularo coñecemento, o desfrute e os valores positi-vos das manifestacións culturais.

Invitamos a profesores e alumnos dos centrosescolares de ensino secundario para que aprovei-ten esta ocasión de coñecer da man de recoñeci-dos creadores, escritores e ilustradores asparticulares opinións que a cada un deles llesproporcionou esta experiencia arredor da litera-tura e dos museos como espazos suxerentes,divertidos e imprescindibles para educar a sensi-bilidade e encarreirar as inquedanzas creativas.

Velaí a nosa oferta; unha actividade que tomacomo referente os catro relatos deste Contos de

Page 12: Contos museo medo copia libro museo

medo no museo e as ilustracións que os acompa-ñan para despois, seguindo as indicacións dunhas“Follas de ruta”, percorrer o museo sentindo omesmo cós protagonistas dos relatos.

As catro rutas previstas son as seguintes:

A ruta do botón ten como referente o contoO botón encarnado de Marilar Aleixandre, quennos introduce literalmente na obra “A escolade Doloriñas” de X. Minguillón. Días demedo, de fuxidos polos montes, e días tamén,por que non, para o amor. Lendo este relatorememoramos aqueles anos grises da posgue-rra española dos que aínda, por moi lonxe queaparenten estar no tempo, son testemuñasvivas os nenos retratados no cadro.

A ruta do gato inspírase no relato Sangue degato negro de Fina Casalderrey, unha historia dedemos e meigas, enigmática, de feitizos e apó-cemas. Léndoa navegamos por ese mundo queintermedia entre o real e o imaxinario, do quenunca sabemos de certo onde acaba ou comeza.Moitas das obras expostas no museo teñen unprotagonismo trascendental e algunhas estan-cias coma o cociña convértense en escenarioideal para o medo.

13

Page 13: Contos museo medo copia libro museo

A ruta do anel ten como eixe o relato O anel dosdestinos cruzados de Xosé A. Neira Cruz. O roubodun anel antigo que garda un segredo que nin-guén coñece permítelle ao autor conducirnospolo gume do misterio e do ocultismo mentrestrata de resolver este caso estarrecedor. Os aman-tes do arrepío teñen nesta historia abondososingredientes para desfrutaren.

A Ruta do pozo ten como guía o conto O pozodos desexos de Antonio Reigosa. Conta a historiadun guía de museo tan propenso a fabular queacaba sendo vítima dos seus propios enganos. Opozo do claustro do museo é o centro dun uni-verso que a cada hora dun día nefasto para o pro-tagonista se vai virando espeso ata adesesperación.

Javier Huerga García, un mozo ilustradorcoruñés afincado temporalmente en Lugo, reali-zou un fermosísimo traballo, póndolles alma aestes relatos de medo. A través dos seus debu-xos séntese o desacougo polo que transitan amaioría dos protagonistas destes relatos

Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo

Page 14: Contos museo medo copia libro museo

Autora:Marilar Aleixandre

Ilustracións:Javier Huerga García

Page 15: Contos museo medo copia libro museo

Para Moncho López

O botónencarnado

Page 16: Contos museo medo copia libro museo

A

Page 17: Contos museo medo copia libro museo

A A culpa foi dos figos.

Eu devezo polos figos, sobre todo os figos ver-des. Unha vez, en setembro, papei unha enchentedeles e tiven que ficar dous días na cama sencomer. Nun recanto do cadro había pintados tresfigos e o detalle pareceume absurdo: os figos nonandan tirados polo chan dunha escola. Inclineimepara velos mellor e debín esvarar, porque oseguinte que souben é que estaba deitado bocaabaixo no piso e escoitaba a mestra dicir:

—Axudade a Daniel... Magoácheste?

—Non me magoei, non...

Aínda que a cabeza me daba voltas queríafacerme o valente. Púxenme en pé sentíndomeun pouco aparvado pero, cando mirei arredor,estiven a punto de caer outra vez ao chan.

Onde estaba? Aquilo non era a sala doMuseo na que Enriqueta, a profesora dedebuxo, nos estaba explicando un momentoantes a pintura dos anos 40. Ademais a espilidaEnriqueta, co seu cabelo curtiño e tinxido enmechas vermellas non podía terse transformadonaquela mestra, unha señora máis ben corpu-lenta co cabelo escuro recollido nun moño, queseguía falando para os meus compañeiros:

19

Page 18: Contos museo medo copia libro museo

—É que estades todos amoreados no estremodo banco. A ver, Digna, Pepa, botádevos unchisco cara á esquerda para deixarlle máis sitio aDaniel...

—Si, dona Dolores –respondeu unha nena–supoño que Digna– que tiña un libro abertona man.

Os meus compañeiros? A ducia de rapazas,sobre todo rapazas, e rapaces que ollaban paramin non eran os colegas da ESO de sempre, víaospor primeira vez na miña vida. As súas idadespercorrían unha escala que ía desde a nena loiracoas fazulas encarnadas que non debía ter máisde seis ou sete anos, até o mangallón da chaquetaverde que me sacaba a cabeza. Vestían roupasmoi raras, todas as rapazas ían de saia e ninguénlevaba vaqueiros nin deportivas. Que digo depor-tivas! Pero se todos calzaban zocas! Zocas demadeira, que até ese momento eu vira unica-mente no escaparate dalgún zapateiro artesán ounos debuxos de Castelao. E, ao mirar para osmeus propios pés, comprobei que eu tampoucolevaba deportivas, senón zocos de coiro, con solade madeira atados con amallós. A miña roupa erasemellante á deles, un pantalón de pana marrón eunha chaqueta da mesma cor.

Page 19: Contos museo medo copia libro museo

21

Aos poucos, unha hipótese disparatada foiabrindo paso na miña cabeza. Eu debía estardentro do cadro dos figos, nunha escola do ano40. Ao tropezar daría cun deses furados deverme, que son como furados negros que comu-nican dúas dimensións do espazo e do tempo.Polo menos iso di Martiño, o meu irmán máisvello, que quere estudar Física cando acabe obacharelato. Vaia leria! E quedábase aquí parasempre, sen a miña familia, sen os xogos deordenador, sen...? Ben, Daniel, díxenme a minmesmo, estás dentro dunha aventura. Unha his-toria de ciencia ficción. Aprovéitaa o mellorque poidas.

—Seguimos coa lección –dixo a mestra–.Acabaches a suma de quebrados, Arximiro?

—Acabei, dona Dolores –respondeu o lan-grán da chaqueta verde–. Son vinte e tres quin-tos, ou sexa catro enteiros e tres quintos.

Arximiro tiña na man unha cousa negra,semellante aos encerados de clase, pero máispequena e que, por estraño que soe, parecía feitade pedra escura... Para tinta escura a que comeceia suar eu, anticipando que a mestra podía pregun-tarme e que non tiña nin idea das leccións que seaprendían nos anos 40. Daquela a rapaza que

1Contos de medo no Museo

Page 20: Contos museo medo copia libro museo

estaba de pé xunto a Arximiro, a única que, co seuabriguiño encarnado, poñía unha nota de corentre as roupas grises ou marróns dos seus com-pañeiros, mirou para min, sorriume e tendeume olibro que tiña aberto na man.

Tiña uns ollos grandes e escuros que turra-ban de todo o que se mirase neles. Eu fiteinos e deinmediato namoreime dela desesperadamente.

—Tócache a ti, Elvira –chamou a mestra–:Que sabes de la utilidad del camello?

Así que ese era o seu nome. Elvira, Elvira.Saboreeino como faría cunha lambetada. Elvira.Non se me ocorría que puidese haber outronome máis bonito.

—El camello –dixo Elvira– es llamado la navedel desierto, pues transporta mercancías a través de lainmensidad arenosa. Ni el hombre, ni el caballo, ni elmulo, que es tan resistente, podrían transportarlascomo el camello a través del desierto. Puede resistirmuchos días sin comer, gracias a su giba de grasa, ysin beber, debido a las celdillas de su estómago quealmacenan agua. Cuando anda se mece de un lado aotro, como un barco movido por las olas, y sonmuchas las personas que al montarlo se mareancomo si estuviesen navegando.

Page 21: Contos museo medo copia libro museo

23

Mareándome, iso é o que me ocorría a min,como se estivese cabalgando a lombos duncamelo ou dunha barca. Mirei o libro que medera Elvira, aberto pola lección do camelo.Levaba por título Lecciones de Cosas II. Pero, quelección me correspondería? Tería que falar dobicho da seda, do xabón ou do café? Ou talvezme encargaría facer contas na lousa de pedranegra? Tiña que preguntarlle a meu avó, que foiá escola nos anos 40, se escribía sobre rochascomo os homes das cavernas. Aínda que, lem-brei, o meu avó estaba agora do outro estremodo furado de verme, do tubo retorto polo queeu chegara aquí ao tempo de Elvira.

Por fortuna non tiven que responder a pre-gunta ningunha, pois nese intre a mestra miroupola fiestra, onde a luz oblicua do sol dourabaas bidueiras e abelairas vestidas de outono. Sus-pirou (ou así mo pareceu) mentres anunciaba:

—É a hora. Acabou a clase, vémonos mañá.

Os alumnos recolleron os libros, cadernos elapis nun pis pas. Eu devolvínlle o seu a Elvira,pero ela rexeitouno abaneando a cabeza:

—Moitas grazas, se o necesito xa cho pedi-rei mañá.

1O botón encarnado

Page 22: Contos museo medo copia libro museo

Acenou en dirección a unha caixiña demadeira cunha asa, similar á que ela mesma tiñana man, de forma que comprendín que debíaser miña e botei o libro nela.

Todos ían saudando a mestra e ela despedía acada un polo seu nome:

—Adeus, Teresa, Berta... Até mañá, Arxi-miro, adeus Digna...

Ao final quedamos unicamente Elvira e maiseu. Ela saíu fóra e eu seguina porque non sabíaque outra cousa facer. O alivio que experimen-tara cando se interrompeu a clase estaba trans-formándose en medo. Todos marchaban para assúas casas, pero eu non tiña onde ir. Estaba só,nunha pequena vila descoñecida. Que ía comer?Onde pasaría a noite? Debía ser mediodía, perodecateime de que nas rúas non había farois ninsinais de luz eléctrica. Na imaxinación repre-sentei os bosques que nos rodeaban tal comoserían dentro dunhas horas, envoltos na escuri-dade e inzados de centos de ollos axexando,ouleos de curuxas, quizais lobos... Nisto Elvirainterrompeu o meu matinar, preguntando:

—Vas para a casa?

—De momento non –dixen eu, aínda que

Page 23: Contos museo medo copia libro museo
Page 24: Contos museo medo copia libro museo

non expliquei que era por non ter casa ningunhaonde ir.

—Tampouco eu. Comemos alí? –indicandoun pequeno souto de castiñeiros, no límiteentre a vila e o bosque.

Asentín, agradecido por non quedar abando-nado ou, polo menos, retrasar o momento noque tería que escoller entre apañarme eu só oupedir axuda, pero: Quen ía escoitar unha histo-ria que a min mesmo me parecía incrible?

Elvira abriu a súa caixa, á que ela chamaba cabás,e tirou dela un pano de mesa anoado que debíaconter algo de comer. Aínda que pechou a tampadecontado, observei que no interior non habíalibros, senón outro pano de mesa que envolvía algobastante máis voluminoso que a broa e o anaco dequeixo que tirou da súa. Eu imiteina, abrindo amiña caixa e, con gran sorpresa, encontrei taménun pano de mesa cunha pouca boroa, un pedazo dechourizo e unha mazá. Na caixa había así mesmounha navalliña coas cachas de madeira.

Partín pola metade o chourizo e a mazá paradarllo e ela fixo o mesmo co seu queixo. Bebe-mos auga dun regato que cruzaba o souto. Pou-cas comidas me souberon tan ben.

Page 25: Contos museo medo copia libro museo

27

—Daniel... –dixo Elvira de repente– Podopedirche un favor?

Mireina aos ollos, aqueles ollos que erancomo os lagos escuros no cumio dos montes, efoi entón cando me decatei do que até esemomento, cismando nos meus problemas, nonobservara: ela estaba tan asustada coma min.No seu rostro pálido os ollos brillaban cunhaintensidade estraña, como ascuas. Estiven pordicirlle que podía pedirme o que quixese, queagabease ao máis alto dun castiñeiro ou quemergullase nun pozo, que estaba disposto afacer calquera cousa con tal de que seguisemirándome e volvese a sorrirme como a pri-meira vez, pero acabei dicindo unicamente:

—Podes, Elvira, claro que si.

—Antes de volver á casa teño que facer unrecado... ir ver o meu padriño. Pero está aláarriba, do outro lado do bosque. Podes acom-pañarme?

—Podo, muller! Non é favor ningún. Encan-tado de camiñar contigo polo bosque...

—Camiñar, camiñar..., se cadra nalgúnmomento hai que correr. Porque no bosque...no monte... xa sabes...

1Contos de medo no Museo

Page 26: Contos museo medo copia libro museo

Saber, non sabía, pero se ela confiaba en min,non ía decepcionala recoñecendo que non tiñanin idea dos perigos, fosen animais feros ouespíritos malévolos, que espreitaban no bosque,das ameazas que nos podían obrigar a correr.Por outra banda, tiña dúbidas de que eu fosecapaz de correr con aqueles zocos, aínda que,chegado o caso, se tiña que meterlle un couce aalguén, as solas reforzadas con chatolas seríanunha boa arma ofensiva. Non sabía como eracapaz de camiñar Elvira coas súas zocas abertas,pero o certo é que andaba moi lixeira e que, aoprincipio, me custou seguirlle o paso.

O souto, o chan mol alfombrado de ourizosrebentados nos que asomaban as castañas, deupaso a unha fraga encosta e máis fechada na que,ás veces, toxos e xestas se cruzaban no nosocamiño, dificultándoo. Aínda que eu son quen dedistinguir un toxo dunha xesta, Elvira levábamemoita vantaxe. Mentres camiñabamos, sinalabaarredor noso paxaros e plantas chamando a cadaun polo seu nome. Xa non é que eu descoñeceseo nome da maior parte deles, que para minchasca e pimpín fosen iguais ou que non podíadicir se o paporrubio tiña o peito vermello e arabarrubia o cu encarnado ou ao revés, é que, de

Page 27: Contos museo medo copia libro museo

29

non ser por ela, probablemente nin sequera medecatase de que naquela póla había un paxaro.

Camiñamos monte arriba cousa dunha hora.Ela chimpaba por aquel terreo irregular comose coñecese cada petón, cada cepa de carballo,como se soubese onde debía poñer o pé paranon tropezar, e a súa carrapucha encarnadachimpaba ás súas costas como un paxariño quea perseguira. Chegamos ao alto dun cumio e,antes de baixar para cruzar a regueira e pasar aoseguinte, parou e díxome:

—Non che dixen de todo cal era o recado...

—Tampouco necesito sabelo –interrompíneu–. Pídesme que vaia contigo e chégame.

—É porque me advertiron de que non podíadicirllo a ninguén... Pero ti non llo vas contara... É que meu padriño está no monte.

—No monte? –repetín eu sen comprender.

—No monte cos fuxidos, entendes? Os queseguen coa guerra.

Estiven por preguntar que guerra, pero lem-brei a tempo que un ano antes de 1940 acabara aguerra civil. Algunha vez meu pai contara unhahistoria dos antifranquistas que continuaron aresistencia no monte. Tiñan un nome, como era?

1O botón encarnado

Page 28: Contos museo medo copia libro museo

—O maquis? –dixen por fin, orgulloso derecuperar aquela palabra que até hoxe carecera designificado preciso, como visigodo ou carabela.

—Chisst! –fixo Elvira, mirando aos lados,como se o mato estivese inzado de oídos queespiasen a nosa conversa.

Agora compartiamos un segredo. Ela con-fiaba en min, até o estremo de contarme algodo que prometera non falar. Isto era un motivode orgullo e, se non temía os perigos que podia-mos correr levando mensaxes clandestinas aosfuxidos, non era tanto por afouteza, senón por-que os lazos que se estaban anoando entreElvira e mais eu non me deixaban pensar enmáis nada.

Daquela, mentres eu a observaba apampado,fixo unha cousa sorprendente: comezou a quitaro abriguiño encarnado. Íalle preguntar por queo facía, advertirlle que ía ter frío, cando vin queo volvía do revés e que, polo outro lado, eratamén un abrigo con carrapucha, pero de cormarrón, dun ton semellante ás follas secas dasárbores que nos rodeaban. Púxoo de novo e,nun segundo, transformouse de Carrapuchiñaencarnada en Carrapuchiña parda. Unha carra-puchiña que tamén levaba de comer a alguén da

Page 29: Contos museo medo copia libro museo

31

familia, pero que fuxía de perseguidores máistemibles que o lobo.

—Será mellor que camiñemos por esa banda–dixo, sinalando unhas árbores que cubríanparte da aba pola que tiñamos que baixar.

Comprendín que debiamos agocharnos o máisposible, confundirnos coa terra e as árbores, eagradecín levar aquela chaqueta de pana escura enon o meu chuvasqueiro laranxa e azul que que-dara do outro lado do furado. Elvira tirou taménas zocas e colleunas na man. Debaixo levabaunhas zapatillas negras de paño que, se non prote-xerían os seus pés da lama, si lle permitirían andarmáis lixeira pendente abaixo.

O monte íase facendo cada vez máis fechado eo camiño máis difícil, pero ela, de cando en cando,paraba e sorríame, un sorriso que me daba novosazos. Ao cabo dun tempo desembocamos nunhacorredoiriña e, de socato, unha voz sobresaltoume.

—Quen vai?

—Son eu... Elvira –contestou a miña guía.

Se eu imaxinara os maquis como uns homescurtidos, armados até os dentes, o que chim-pou no camiño ante nós non podía ofrecerunha imaxe máis distinta. Era un rapaz que

1Contos de medo no Museo

Page 30: Contos museo medo copia libro museo

representaba uns dezaseis ou dezasete anos,miúdo e barbilampiño, cuns ollos tan claroscomo escuros eran os de Elvira e que seme-llaba máis asustado ca min. A chaqueta e opantalón que vestía estaban tan remendadosque resultaba difícil identificar cal fora a teaorixinal, e levaba un calzado distinto en cadapé. Empuñaba unha escopeta que tiña a culatamedio partida e reparada cunhas latas.

—E el? –preguntou acenando para min– Quen é?

—Daniel, un amigo de toda confianza.Pedínlle que me acompañase porque teño medoa volver soa...

O rapaz asentiu e comezou a camiñar diantede nós, até chegarmos a unha especie de portafeita de pólas que tapaba a entrada a un abrigoentre dous petóns. Dentro había cinco homesmáis que acolleron a nosa chegada con exclama-cións. Un deles, que tiña o cabelo escuro e liso,e os mesmos ollos penetrantes de Elvira, aper-touna con forza, levantándoa do chan.

—Miña rula! Non te esperabamos até o ven-res... Que pasa?

—Andan facendo unha batida... —dixoElvira sen alento e as caras dos homes mostra-

Page 31: Contos museo medo copia libro museo

33

ron a súa preocupación–. Que non saiades...

—Ai non! –rosmou un dos homes, que tiñaunha venda manchada na cabeza– E deixar quenos cacen coma coellos... Eu prefiro morrercombatendo.

—Cala a boca, Ruzo –retrucou outro quetiña a cara, case até os ollos, cuberta dunhaespesa barba–. O que pode ocorrer non é quemorras pelexando, senón que te tomen preso eque te torturen antes de matarte. Ou é que nonlembras...?

Pero o padriño de Elvira interrompeu a dis-cusión cun aceno cara a nós.

—Ben, ben... xa falaremos do que cómprefacer. Eles viñeron traer unha mensaxe e hai queagradecerllo. Mellor estar avisados. Algo máisElvira?

—Ah, isto!

A miña amiga abriu o cabás e tirou del oenvurullo máis grande que, unha vez aberto opano de mesa, resultou ser un anaco de lacóncocido que fixo brillar os ollos dos fuxidos tantoou máis que a advertencia de Elvira.

—Que sería de nós sen ti! –dixo o home dasbarbas– Estariamos todo o tempo a dieta de

1O botón encarnado

Page 32: Contos museo medo copia libro museo

castañas e algún coello que cae nas trampas quearma o Ruzo...

—Se me deixarades usar a escopeta –protes-tou o aludido– comeriamos moito mellor...

—Si, ho! Moito iamos durar se andases atiros polo monte...–burlouse o barbas– Dis-para un e nun momento teriamos detrás atodos os gardas...

—Sen contar co mal que andamos de muni-ción –interviu o rapaz que facía de sentinela–Teño que facer garda coa escopeta descargada eías gastala nos coellos!

—Máis útil sería nun coello que se se che dis-para sen querer, Tino –contestou o Ruzo quenon daba o brazo a torcer.

Mentres o padriño de Elvira, que a tiña aper-tada todo o tempo, causándome terribles celos,bicouna de novo e dixo.

—Ea rapaces, eu non quero botarvos, pero éhora de marchardes, senón vaivos coller a noite.

Era certo, e eu desconfiaba de que non caesea escuridade antes de chegar de volta á vila.Non é que tivese moita présa por chegar, por-que volvería a ter que resolver o meu problemainicial: onde ir? Quizais no fondo confiaba en

Page 33: Contos museo medo copia libro museo
Page 34: Contos museo medo copia libro museo

pedirlle axuda a Elvira, coa que me unía agoraaquela perigosa aventura. Despedímonos dosfuxidos e comezamos o camiño de volta.

Aínda que de momento había luz o sol estabaxa moi baixo, proxectando arredor noso sombrasde árbores ou mato que se estarricaban comoespectros, ameazando poñerse en fileira nunharoldiña que turrase de nós no seu peregrinar senfin. Nunca me quitaran o sono as historias daSanta Compaña que nos contaba miña avoa nin aspelículas de vampiros, pero unha cousa é serescéptico ante un conto de medo na sala de estarda túa casiña e outra camiñar medio perdido porunha fraga á hora en que os seres, que dormenpolo día, sexan mouchos e curuxas, mortos vivin-tes, fantasmas ou ánimas en pena, comezan aencher o lusco fusco cos seus murmurios e zuni-dos. E se me sentía perdido, aínda que Elviraparecía ser capaz de encontrar o seu camiñonaqueles montes cos ollos fechados, era non sóporque, se ela me deixase, non sabería se ir cara aonorte ou cara ao sur, senón porque, a medida quese achegaba o momento de separarnos, vía máisclaro que eu era un estranxeiro descarreiradonaquel planeta onde –a pesar de Elvira– ninguénme entendería se eu falase de buscar tesouros nun

Page 35: Contos museo medo copia libro museo

37

Contos de medo no Museo

navío intergaláctico dun xogo de ordenador, dossms ou dos Simpson, é dicir do que falo cos meusamigos todos os días.

—Uuuuuh, Uuuuuh!

Un ouleo, para min inidentificable, rachou oaire sobresaltándome. Mirei para Elvira cosollos desorbitados.

—Lobos?

Ela riu, tranquilizándome.

—Pero Daniel! Nunca oíches unha curuxa?

Non oíra, non. Aínda que non llo ía confesara Elvira, o certo é que nos arredores do pisoonde vivo non aniña curuxa ningunha e só ascoñezo das películas e dos libros de ciencias.Seguramente haberá curuxas en Lugo, pero eunon as oín na miña vida. E con toda seguridadea maior parte dos meus amigos tampouco seríancapaces de distinguir o ouleo dunha curuxa dosouveos dos lobos, a pesar de matalos a centos napantalla do ordenador.

—Temos que apurar un pouco –dixo ela–para que non nos colla a noite no monte.

Apurar, con aqueles zocos, eu non podíaapurar moito máis. Se alguén cre que é máis

1Contos de medo no Museo

Page 36: Contos museo medo copia libro museo

doado subir monte arriba que baixar, é quenunca andou polo medio do monte á hora dosolpor. Os pés esvaran, as pedras van a rolosaté meterse baixo os teus zapatos e as raícessaen da terra, tendendo trampas aos descoida-dos. Houbo un intre en que pensei que noniamos chegar nunca, pero nese momentoElvira volveuse cara a min:

—Dáme a man –dixo, tendéndome a súa.

Os obstáculos esvaecéronse. Non desexabaoutra cousa que seguir camiñando por aquelafraga, cada vez máis escura, apertando na miñaman a manciña de Elvira.

Por fin comezamos a baixar o monte quechegaba até o souto en que comeramos. Aíndanon se vían as luces da vila, en realidade apenasse vía pois o sol se ocultarase case por com-pleto, pero sabiamos que non faltaba moitopara darlle fin á nosa viaxe. Eu deixei escapar unsuspiro e, nese intre, Elvira, apertando con máisforza a miña man, turrou de min para detrásdunhas matas de xesta, onde nos aniñamos.

—Que...? –empecei a preguntar eu.

Ela puxo un dedo nos beizos, ordenandosilencio. Agucei os oídos, pero non fun capaz

Page 37: Contos museo medo copia libro museo

39

de escoitar nada, é dicir, de identificar o sonque causara a preocupación de Elvira entre asducias de murmurios que a noite arrebolabasobre nós. Permanecemos así, inmóbiles e casesen respirar durante uns minutos que se mefixeron longos como séculos e, despois, come-cei a escoitar os pasos.

—Os gardas –moumeou Elvira, achegando aboca ao meu oído.

Quenquera que fose baixaba polo monte,polo mesmo camiño que seguiramos nós eestaba moi preto. Pisaban forte e andaban apu-rados. Uns segundos despois podiamos escoitaro que falaban entre eles.

—Non poden andar moi lonxe...

Entón, por un ouveo que soou, baixiño peroameazante, decatámonos os dous a un tempo deque traían un can. O agocho da xesta deixou deser un agocho. Podía ocultarnos da vista doshomes, pero non do nariz do can.

Foi unha inspiración. Abrín o cabás e collín opano de mesa que envolvera o chourizo, ondeeu botara os pelellos. Fixen unha pelotiña conela e, incorporándome, guindeina con toda aforza que puiden en dirección contraria á vila.

1O botón encarnado

Page 38: Contos museo medo copia libro museo

Despois turrei por Elvira para erguela.

—Corre!

Máis que correr, voabamos por riba dospetóns, polo medio dos toxos, sen preocupar-nos das pugas, esquivando as pólas das árbores.O ouveo do can soaba agora máis lonxe. Pasa-mos como un lóstrego polo souto e chegamoscase ao pé das casas, ao acougo. Elvira deixoude correr e dixo sen alento.

—Daniel, non sei como agradecerche...

E eu, vendo os seus ollos negros tan brillan-tes e os seus beizos tan encarnados, sentín oimpulso de bicala. Dei un paso cara a ela e, porculpa dos condenados zocos, tropecei e perdíno equilibrio. A man que tiña tendida en direc-ción a Elvira conseguiu aferrarse unicamente aoseu abrigo, abrindo os botóns. A última imaxeque vin dela, antes de caer ao chan, foi o inte-rior encarnado do abrigo que a enmarcabacomo a luz dunha lareira.

Cando recobrei o coñecemento, estaba dei-tado no piso da sala 18 do Museo e tiña uns bei-zos encarnados a dous centímetros dos meus,como se me fosen facer un boca a boca. Peronon eran os de Elvira, senón os de Enriqueta.

Page 39: Contos museo medo copia libro museo

41

—Vaia susto que nos deches! Estás ben?

Non souben que responder. No cadro, a rapazado abrigo vermello miraba só ao seu libro, non amin. Tiña o puño apertado e, ao abrilo, vin quedentro había un botón encarnado.

1Contos de medo no Museo

Page 40: Contos museo medo copia libro museo

Autora:Fina Casalderrey

Ilustracións:Javier Huerga García

Page 41: Contos museo medo copia libro museo

Sangue de gato negroA Mariano, a man que quero

atopar se estendo a miña

Page 42: Contos museo medo copia libro museo

C

Page 43: Contos museo medo copia libro museo

C—¡Como ía haber unha muller moribunda nochan, Darío! ¿Onde vai, logo?

—Dígoche que estaba xusto aquí, onde eupiso agora mesmo. Funche abrir a porta e...

—E claro, esvaeceuse coma o vapor dunhatarteira... Xa me pesou contarche o do Santos.¿Ti non te durmirías e soñaches? Razoa, dis quehai un pouco estaba aquí tirada... ¿onde semeteu se, ademais, porfías en que non se tiña enpé? ¿Non percorremos xa todas as salas?

E aquí estou, pampo, mirando para este cadroque, segundo meu tío Xurxo, está coma sempre.

¿Que podo facer para demostrarlle que non éasí? ¿Que probas teño? O meu Nokia negouse afotografala e un corazón, que me bate ata nasxemas dos dedos, non me serve para acreditalo.Hoxe mesmo irei ver o Santos ao hospital, aopsiquiátrico ou a onde queira que estea. El podeser a miña proba concluínte. Ou eu a súa. Des-pois… despois falamos.

...............................

O peor é que eu tomara a chacota todo oque del nos contaba meu tío cando se poñía aarremedalo:

45

Page 44: Contos museo medo copia libro museo

“Asegúroche, Xurxo, que —como Santiago Santosme chamo— isto foiche así. Dígocho eu: o diaño andapolo museo na procura de servas”.

Meu tío imitaba á perfección a voz do seucolega. Facíao, máis ca por burla, pola mágoa derecoñecer que, de seguir coa teima, SantiagoSantos acabaría perdendo o traballo.

“Que si, Xurxo, que si; notei un olor a funeralsolemne, a... incenso —meu tío Xurxo era talmente oSantos; non só poñía o seu ton de voz, senón osxestos da cara e os modos—. Primeiro era agrada-ble, pero pouco a pouco foise volvendo un gafume inso-portable. Pareceume que viña de arriba e subín asescaleiras. A Virxe dos Ollos Grandes seguía en silencioos meus pasos. Guieime cara a onde miraba o lobo doSan Francisco. Fun devagariño coma un podengo naprocura dun rastro. O cheiro viña da dereita e alá fun.A aguia bicéfala azul ollábame dende unha das vitrinas.Non se oía ren. Seguín, seguín... De súpeto, un ladridorompeu o mutismo. Era un ladrar pétreo, de curuxa.Sentín o seu peniscar na tempa esquerda. Fuxín.Daquela foi cando a vin a ela por primeira vez. Unhamuller-morcego, enloitada, saíu da sala de Nespereiraperseguida por un can repulsivo. Era o demo, Xurxo; esecan era o demo”.

Meu tío contou na casa que o tal Santos,

Page 45: Contos museo medo copia libro museo

47

entre unhas e outras, estivera de baixa arredordun ano por mor das alucinacións que sufría.Chegara a dicir que vira ao mesmísimo Satáncampar ás súas anchas polo museo.

“Nin a Salomé puido facer nada por suxeitalo coacorrea que lle atara aos cadrís, nin a Virxe Inmacu-lada, por retelo baixo os seus pés” —aseguraba.

O Santos, para todos nós, era un desequili-brado; para min, dende hoxe mesmo, deixade selo.

Hai unha semana que se reincorporou ao tra-ballo e a pasada noite foi a primeira en que llepermitiron facer garda nocturna. Esta mañátocoulle o relevo a meu tío Xurxo...

...............................

¡Vaia vinte e cinco de decembro! Amenceufrío coma un iceberg. Ás nove, cando viñamoscara aquí, un manto de espesa néboa emerxíadas pedras da muralla nun sinistro encanta-mento. O pescozo dos escasos transeúntes vol-vérase retráctil coma uñas de gato. Ostermómetros marcaban -2ºC. Nós acababamosde deixar o coche no aparcadoiro e tamén cami-ñabamos coa cabeza apegada aos ombreiros, sen

2Contos de medo no Museo

Page 46: Contos museo medo copia libro museo

pescozo, sen mans, sen boca... Os lazos de lucesque coroaban as rúas permanecían acesos igualcós faros dos poucos coches que circulaban.

—A ver que tal tivo a noite o Santos —aspalabras de meu tío volvíanselle fume ao traspa-sar a bufanda—. Agardo que deixase de ver xita-nas con dedos mutilados ou gatos negrosabertos en canal polo propio Satán; quen, polovisto, os atrapaba cos peixes sapo de Nespereirapara lles zugar o sangue.

—Pero ti dixeras que onda unha sala da pri-meira planta atoparas unhas espiñas e que...

—Xa, pero iso é outra historia; foi candounha tormenta desatou toda a súa furia no cora-zón da muralla. O museo, igual cós edificios dosarredores, quedou en tebras durante longosminutos. A megafonía non funcionaba. Hoube-mos de ir desaloxando sala a sala nun breveespazo de tempo. Cando a luz volveu, só queda-bamos dúas limpadoras e mais eu. Fixen unharolda por ver se todo estaba en orde e, xusto aopé do cadro do burro e as gaivotas, atopei restosde peixe ciscados polo chan.

—Vale, ¿e a iso que explicación lle dás?

—Tivo que ser unha absurda broma de

Page 47: Contos museo medo copia libro museo

49

2Sangue de gato negro

alguén que aproveitou a confusión para argallara falcatruada. Doutro xeito véxoo moi difícil...Témolo todo moi controlado. Ben sabes que,sen permiso, nin unha fotografía.

—Xa...

Chegamos á Praza da Soidade... nunca comahoxe me pareceu que lle acaese tan ben o seunome, nin unha alma. Bosquexei sen reparo.

—¿Tes sono? —adiviñou Xurxo.

—Non —mentinlle.

Miña nai porfiou en que, sendo Día da Nati-vidade, o seu irmán máis novo, o preferido, nondebía pasalo só nin no traballo.

“E mira o agasallo que che acaba de faceraínda hoxe, e tumba, e dálle...”

De certo, o meu Nokia de última xeraciónconvertérame no máis ditoso dos mortais. Foi omellor regalo de aniversario que me puido facer.Tróuxeno comigo, aínda que de ben pouco meserviu cando quixen tirarlle unha fotografía ámuller; inexplicablemente, non funcionou.

...............................

Ao saírmos da casa non tiña nin a máisremota idea do que me agardaba. Imaxinaba

Page 48: Contos museo medo copia libro museo

unha mañá tranquila, sen posibilidade de inci-dencias. O museo permaneceu onte e mais hoxepechado ao público. Vin, como digo, de malagana. Xa teño estado aquí en diversas ocasións.A Xurxo gústalle traerme dende ben cativo,préstalle darme leccións filosóficas:

“Custodiar obras de arte fai que rematesmeténdoas na túa retina con absoluta nitidez,sénteste un pouco o seu dono, o propio artista.Hai que deixar falar a arte sen importunala. Sóse lle toca coa ollada”.

É un romántico.

Teño xogado con el a comprobar ata ondesabe o museo de memoria e sempre me des-concerta.

“¿Onde hai unha serea branca?” —dunhavolta propuxen eu o enigma.

Non se conformou con indicarme a sala naque se atopa, senón que precisou:

“Onda as caixiñas de peixe sapo, nun lugar enque as horas permanecen inalterables, eterniza-das en variados instantes. Está a carón do nenoque conversa co seu cabalo. Ten ás de anxo evoa sobre unha pipa de mariño. A dama de azulobsérvaa dende o fondo”.

Page 49: Contos museo medo copia libro museo

51

Era tal a súa xusteza que creaba novos enig-mas; daquela era eu quen tiña que comprobar secadraban as súas precisións. No entanto, candome tocaba a min, non daba unha.

“A ver se atopas un gaiteiro nesta sala —esta-bamos na catro e aínda me facía burla—.Conste que na mesma sala en que está asobreira de Antonio Fernández hai máis, ¡eh! Seacertas mércoche... “—e prometíame calqueraobxecto do meu desexo.

Eu non daba atopado nada. E Xurxo demos-trábame ata onde se lle podían ver as entrañas aunha pintura. Abofé que, aínda que nun lugardiscreto, alí está o devandito gaiteiro.

“¿Ves? Nos cadros, coma nos libros, sópodemos ver a sabedoría que levamos dentro”—afirmou.

O que non me cadra é como non creu o San-tos, como é que meu tío non viu nada, nin oresto do persoal do museo...

...............................

O caso é que, cando estabamos onda aporta, Xurxo pediume o móbil, por xogar; elten o seu.

2Contos de medo no Museo

Page 50: Contos museo medo copia libro museo

—Presta acá que aínda non cho estreei.Voulle facer unha perdida ao Santos para quenos abra. Anda medio tiquis miquis e quedeiniso con el. Ao apoucado ata o asusta sentirabrir a porta.

Agardamos. O Santos non aparecía e, asíparados, o frío volveuse insoportable. Meu tíorepetiu a chamada dende o seu móbil; destavolta agardaba resposta e non quixo arruinar omeu restrinxido presuposto.

Nada.

Abriu Xurxo. Entramos e batémoslle axiñacoa porta na cara ao frío.

—¿A que ole aquí? —advertín.

Cheiraba a ovos podres. Aínda teño o tufoese metido no nariz.

—Ole un pouco a xofre, ¿non? —especificouXurxo—. ¡Santos!, ¿onde estás?

Mentres el foi comprobar se andaba naplanta alta facendo a última rolda, eu quedei naentrada. O resón da voz de meu tío e o silenciocomo resposta inquietáronme. Ollei para aquelarmario tan retorneado da dereita e pareceumeque por detrás daqueles barrotes asomaban unsollos asustados.

Page 51: Contos museo medo copia libro museo
Page 52: Contos museo medo copia libro museo

Xurxo non tardou en regresar onda min.

—Non o atopo por ningures. Este foi capazde irse antes de chegarmos. Anda tan raroultimamente...

Unha queixa feble chegounos dende o ofer-torio. Fomos cara alí. No recibidor fíxose máisnidia. Semellaba saír do bargueño que está ao pédas escaleiras

—¡No baño! —decatouse Xurxo.

E alí estaba o Santos, preso dun ataque depánico.

—¿Que che pasa?

—¡A figa, a figa de santo Antón! Refrégaa deesquerda a dereita —reparou na miña presenzae volveuse histérico—. ¡Saca a este rapaz deaquí!, ¿ou queres que lle devore as entrañas? Ogato de Villamil salvouse por non ser negro,pero os nenos...

Santos estaba encollido nunha esquina, ento-lecido e albo. Un pavor místico contraía os seusmúsculos, mentres escumaba pola boca.

—Tranquilo, tranquilo... ¡Darío, chamaunha ambulancia axiña! —meu tío esixíameangustiado.

Page 53: Contos museo medo copia libro museo

55

Foi a primeira vez na miña vida que me vinen semellante transo. Aínda tardei uns segundosen reaccionar. Santos perdeu o coñecemento emeu tío tentou reanimalo mentres me mirabacon desesperado reproche.

—¡Ao 061, home! E toma as chaves, vai áentrada e dilles onde estamos —meu tío nonpronunciou adxectivos pexorativos, pero a súamirada contíñaos todos.

Os minutos transcorridos dende que com-probaron a veracidade da miña chamada ata quechegaron fixéronseme eternos.

Á fin apareceron.

...............................

Así foi como me vin só, exercendo de gardade seguridade mentres meu tío Xurxo acompa-ñou o Santos na ambulancia.

—Ti non te inquietes por nada —telefo-noume—. Non ten dúbida. Cren que é unamago de infarto collido moi a tempo. Tenconta das chaves e mantén pechada a porta. Encanto regrese chámote ao móbil e vésme abrir.

Nunca coma hoxe me desacougou tanto ofeito de saberme só e iso que aínda non tiña,

2Sangue de gato negro

Page 54: Contos museo medo copia libro museo

xa digo, nin a máis remota idea do que se meviña enriba.

Sentei nas escaleiras e escollín un xogo de rallysno meu Nokia. Aquel tufo a xofre volveu e foisefacendo máis intenso. Roubábame o osíxeno.¡Apestaba! Fun cara ao recibidor tratando de fuxirdel. O cheiro perseguíame. Afogábame. Instinti-vamente saín ao claustro. Tratei de acougar.

“Estou impresionado pola cara desencaixadaque levaba o colega de meu tío. Non pasa nada”.

O sol resistíase a aparecer e o frío chan-toume na respiración coma can enrabechado.Envurullei o nariz e a face enteira na bufanda evolvín facer desaparecer o pescozo e as mans.Non me atrevín a saír de debaixo do claustro,pero deume por correr. Non estaba precisa-mente para atopar o capitel das seis caras ninpara vaticinar se o sartego de Zolle correspon-dera a un monstro de dúas cabezas ou a unhaparella de amantes. Cheguei á altura dos reloxosde sol detidos pola néboa. Eu tamén me deti-ven. Parei xusto enriba daquela sorte de roda decarro que, segundo Xurxo, perpetúa as iniciaisdo construtor que restaurou o piso do antigoclaustro franciscano; Varela Villamor creo queme dixo. Unha raiola puxo a andar algúns

Page 55: Contos museo medo copia libro museo

57

daqueles reloxos e os seus narices de ferro anto-lláronseme dardos que apuntaban cara ao meupeito. Nese intre sentín o asubío do meu Nokiae foi como recuperar o contacto co mundo.

—Acouga, volvo axiña. O Santos, xa chedixen, vai reaccionando. Onte mesturou o trata-mento co viño que acababan de abillar e iso fixoque volvese sufrir eses delirios. ¿Estás ben?

Díxenlle que si. Aquela chamada fixérameben. Sereneime:

“Se o tal Santos está perturbado, eu non teñopor que deixarme contaxiar das súas fantasías”.

Entrei de novo e dei en rir dos meus medos.

O frío e os nervios oprimíranme a vexiga e funbaleirar ouriños. Alí comecei a entrar en calor,coma se os aseos recuperasen a súa antiga funciónde fornos, cando o museo era un mosteiro.

Deseguido, retornei cara á entrada atento a unnovo xogo do meu móbil. Alí agardaría porXurxo. Aínda ben non chegara á altura do ledoiro,sentín un pequeno golpe ás miñas costas.

“Ten que ser o ruído da cisterna ao rematarde coller auga” —pensei.

Así e todo volvín atrás. Nos aseos todo conti-

2Contos de medo no Museo

Page 56: Contos museo medo copia libro museo

nuaba en orde. Outra vez os ruídos, pero nonfun quen de precisar a procedencia. Entrei nacociña e, aínda sabedor de que non debía tocarnada, abrín a portela da lacena. Había unhamorea de garrafas de plástico con auga; diso xasabía de cando teño estado no verán, pero destavolta apareceu tamén unha xerra de cristal cunlíquido vermello intenso. Daquela metéusemena cabeza que alguén ría de min e, asustado,chamei o meu tío. Dábame comunicando. Tra-tei de razoar:

“Se quixese entrar calquera, non podería... Opersoal ten libre, as chaves de Xurxo téñoas eu...”

Saín ao recibidor e deambulei ata a salacatro. Outra vez aquel ferume tan desagradable.Imaxino que se existise o inferno tería uncheiro semellante. Dende alí vin dar nestamesma sala da que, aínda hai ben pouco, desa-pareceu a muller. Nunca me chistou, e hoxemenos. Desacóugame o pelo natural da Virxedo Carme, o corte da santa Águeda no peito, oneno mutilado, a ánima en pena...

Mirei a san Xoán Bautista; parecía indicarmeque me fose por onde entrara, se non quería queme pasase coma a el e me decapitasen.

Page 57: Contos museo medo copia libro museo

59

Estrañoume que este cadro, que teñodiante, só conservara o marco —cousa quemeu tío non cre— e que nesoutro da cabezado Bautista aparecese unha mancha negraonde debía haber un personaxe que... Ese ani-mal... Non sei... sospeito que aí se concentrandiferentes forzas do maligno.

Sen máis, abriuse a porta gris que dá á zonados mosaicos. Asomei e vino. Unha especie decan de rabo longuísimo corría escaleirasarriba. Tratei de seguilo sen que se decatase,pero cando cheguei ao inmenso corredor daprimeira planta, desaparecera. ¡Canto daríapor atoparme alí con Edita, con Xulián ou concalquera outro vixilante de planta!, peroaquela mesa permanece hoxe baleira; maissouben que non estaba só.

Dende o móbil chegoume unha mensaxe deXurxo: aínda tardaría como mínimo mediahora; ía buscar o coche para recoller a muller deSantos na casa e levala onda el. Aquilo nonadmitía réplica.

...............................

Atravesei as salas de arte moderna e fun darao vestíbulo dese primeiro andar. Da pequena

2Sangue de gato negro

Page 58: Contos museo medo copia libro museo

sala de ourivería volvían saír aqueles risos quetanto me desacougan só con lembralos:

“Non pode ser certo, estou a sufrir os mes-mos desvaríos có Santos”—admitín.

Para min que procedían do carneiro alado; qui-zais ría dos xenitais inchados do home de pedra.

Decidín continuar coas pescudas e oxalánunca o fixese.

Saín de alí. As vitrinas de cerámica e vidroestaban enchoupadas dun fume branco que nondeixaba ver o que había dentro. Afasteime.Continuei dereito cara á sala da prehistoria.

¡Outra volta, o devandito can camiñabadiante de min! Seguino con sixilo, engulindo oeco dos meus pasos nos amplos espazos balei-ros. O animal detívose onda as moedas eouveou coma se algunha delas o mancase. Bateuco rabo no chan, que resoou coma un látego depedra, e un lume súpeto envolveuno feríndomea min nos ollos. Desapareceu alí mesmo, nunquebro de inesperada axilidade. Achegueime.Unhas imperceptibles marcas na parede deixa-ban a pegada dunha porta que, calculo, iría dar átorre da Igrexa de san Pedro, apegada ao museo.Alí mesmo, ás miñas costas, sentín ese ladrido

Page 59: Contos museo medo copia libro museo

61

Contos de medo no Museo

do que falara o Santos. Non distinguín se foi decan ou de paxaro da noite ata que vin comodúas pombas fuxían dunha noitebra.

Non volvín saber delas.

Mirei aqueloutra mesa de posto de vixía,tamén baleira. Non son supersticioso, peronaquel Laxeiro da sala trece pareceume ver aface do propio Satán. Intimidoume, mais nonpodía volver atrás.

Seguín tripando silencios mentres unhaollada de esqueleto se cravaba en min coma unvidro roto. De socato, un enorme morcego concabeza de muller repulsiva apareceu diante demin. Co ímpeto do bater das ás houbo de merabuñar a cara. Antes de que se metese nocuarto contiguo aínda puiden verlle uns brazosesqueléticos; nunha man levaba un cullerón derabo longo. Seguina, xa non me tivo sentidopensar en recuar. ¡Asombroso! Alí non habíamorcego ningún, senón unha muller.

Contemplei enfeitizado a escena, espiandoa intrusa.

—¿Fixeches iso? —faláballe a unha moza duncadro, de enorme ollada tímida e de melenarecta coma nas películas dos anos vinte—. Ben

2Contos de medo no Museo

Page 60: Contos museo medo copia libro museo

sei, polas túas mans de dedos longos, que esdelicada e minuciosa pero... non debes ser tanlenta nas túas reaccións. Xa sabes... el pode virpor ti, estará desexando que bebas sangue degato negro para escravizarte. E de xeonllos, ninpara pintar.

Como, loxicamente, a moza do cadro per-manecía impasible, dirixiuse a outra mullerdoutra pintura:

—Antolina, ¿fixeches o que tes que facer? Fasben en ocultar o polgar se non queres ter pro-blemas co noso amo e señor..., que non che fagao que a min me fixo —abriu as mans.

Foi entón cando me fixei. ¡Non tiña polgares!E aínda que a distancia non me permitía obser-var con nitidez, ben se notaba que eran defor-mes, con dedos retorcidos que parecían noncorresponderlle.

A min soábame a súa cara. ¿Onde vira euaquela muller que parecía calva? Agora benme decato... Levaba unha blusa clara, dexeneroso escote, que lle deixaba un ombreiroao aire e unha saia vermella de amplos voos.Non entendo moito diso, pero diría queestaba preñada.

Page 61: Contos museo medo copia libro museo
Page 62: Contos museo medo copia libro museo

A muller aínda se volveu cara a outro cadro,e falou, e falou...

—E ti Luís, quixeches apreixar as cores dosmortos para lerlle ao neno a túa Sombra do airena herba, ¿non si? Claro...

¿Que che importan as horas?

O son das túas campás

caeuse lonxe no camiño.

Ti vas cun saco de sombras

ao lombo.

Eu quedei chantado na entrada da sala, fasci-nado polo que vía. Aínda me súan as mans. Amuller baixou a voz para lle bisbar nun reprochedorido e rouco:

—Non te queixes Luís Pimentel, porque eshome, deixáronte ser poeta. Eu..., por serpoeta, só me deixaron ser meiga. Nin sequerame foi permitido máis nome ca un alcume.Soíña..., iso é o que son, iso é como estou...soíña. Pensei que Cunqueiro, descanse en paz,me ía salvar cando asistiu, no 1972, a aquelprimeiro Congreso de Bruxoloxía de SanSebastián —e volveu subir o ton—. ¡Trescen-tos anos, apreixada polo maligno!

Page 63: Contos museo medo copia libro museo

65

Ven se vía que desvariaba. Púxenme a facerfotos co móbil, ¡non saía! Ela non saíu.

Quedou mirando o neno Xesús do cadro cunsorriso bendito, iluminado. Cunha man tapáballeos ollos, coa outra acariñou o seu propio ventrecon aqueles dedos asimétricos e unha dor caladaengurroulle a fronte cando deu en dicir:

—¡Máis de tres séculos agardando un feitizoque rompa esta maldición! Deixaríame morrer nafogueira da Inquisición como ánima en pena denon ser por ti, meu tesouro. Xa te tiña nas entra-ñas... e houben de facer un trato co maligno. Nonatopo o momento de mostrarche o mundo. Teñomedo. Tanto tempo vagando entre as bubolas deCataluña, as sorguiñas do País Vasco, as witchs deIrlanda, as xanas de Asturias... ¿De que me serve,meu ben, que na pintura me deixen un oco senunca poderei mirar un neno aos ollos sen ferilo?¿Como vou permitir que o amo me faga devoraras túas entrañas e beber o teu sangue? Por iso,meu neno, non podo permitir que medres dentrode min... Por iso te deixo estar aquí, eternamenteno meu ventre, protexido...

Pareceume unha muller perturbada. Pero,¿por onde entrara? Observeina con compai-xón silandeira.

2Sangue de gato negro

Page 64: Contos museo medo copia libro museo

De súpeto decatouse da miña presenza, vol-veuse e lanzou un berro de dor. ¡Recoñecina!Era a do cadro baleiro, esta mesma que teñoagora perante miña. Un angustioso calafrío per-correu o meu corpo. Ela, cun ricto serio e unsollos ausentes, díxome:

—¡Fuxe! ¡Agóchate del e do seu séquito! Sín-too choutar onda o pozo, vén cara acá. ¡Vaite!,non me mires aos ollos que non quero facerchemal. Busca unha cruz e agóchate na cociña.

A min non se me ocorreu outra cousa máisca coller o cruceiro de Castelao e correr cara aonde me indicou. Alí só atopei un esconde-doiro: a lacena. Saquei as garrafas de auga e oxerro con aquel líquido noxento e, aínda así,houben de facer verdadeiros exercicios de con-torsionismo para caber alí.

Agardei.

...............................

Nin mergullado nunha piscina fora quen deconter tanto a respiración. O corazón saíamefóra. Sentín unha algareira de chíos que se ache-gaban e arrimei a porta canto puiden. Unha cla-ridade de velas entrou na cociña e deu comezo

Page 65: Contos museo medo copia libro museo

67

unha estraña cerimonia. Dende o meu refuxiopodía velo case todo. Unhas mozas, entre as querecoñecín a de Nespereira e unha de longamelena e vestido encarnado, que Xurxo chamaa Xitana de Xulia Minguillón, e outras quetiñan os vestidos negros e a cara pálida coma oretrato da nai de Tino Gandio, danzaban enroda, de costas, emitindo berros histéricos.¡Incrible! No medio, un castrón con movemen-tos de humano fixo un aceno. Daquela recoñe-cín a Soíña, que colleu a xerra e deulla. Orepulsivo animal dáballes de beber a todas; elas,posuídas, íanse poñendo de xeonllos e bicándoonaquel traseiro nu que emanaba gases de xofre,mentres el as rabuñaba no ombreiro co pezuño,marcándoas coma reses.

—¿Estás segura de que este é sangue de gatonegro? ¿Non será viño tinto? ¡Que noxo! —increpouna mentres achegaba a xerra aos seusrepugnantes fociños—. ¿E cando pensas parirpara darme as vísceras do teu bebé? ¡Faltas tipor beber, Soíña!

A muller abriu a portela, arrincoume o cadrodas mans e encarou con el contra o demo.

—¡Nunca máis, renegado sexas! Prefiro quese eternice a túa maldición.

2Contos de medo no Museo

Page 66: Contos museo medo copia libro museo

No mesmo instante aquelas mulleres solta-ron as velas e, convertidas en morcegos asusta-dos, fuxiron voando e chiando. Un lumeinstantáneo transformou o demo nun puñadode borralla. Soíña varreuno todo e recolleunonunha cunca de barro. Vin como a metía nopote máis grande da lareira.

—Ben sei que emerxerás das cinzas, ti xa nonme enganas... —augurou.

Coas velas fixo outro tanto. Apañounas dochan e meteunas nalgún sitio da cociña. Nonpuiden ver onde. Fun abrindo máis a porta.Ela sentou nunha cadeira e pechou as pálpe-bras. Parecía esgotada. Aproveitei para saír,non aturaba máis aquela postura. Ela nonabriu os ollos, non precisou abrilos para saberque eu estaba alí.

—Lévame á miña sala —faloume confatiga—. Non quero mirarte, aínda es moi novoe prefiro perpetuarme no cadro ca facerlle mal aningún rapaz. Renuncio a ese anaco da vida doque dispuxen ata hoxe: unhas horas polo Nadal.Non quero volver importunar a todos os que,coma min, nacestes neste día. Non atopo outrasolución. Axúdame.

Page 67: Contos museo medo copia libro museo

69

Cando fun incorporala, notei que non pesabanada. Desprendía o perfume máxico das pintu-ras antigas. Acompañeina ata onde ela me indi-caba. Ao entrar na sala seis, derramouse nochan coma se fose auga. Quíxome falar... Xustonese intre chamoume Xurxo. O son do móbilmesturóuseme co final dunha frase súa “...pin-tado polo diaño”. Funlle abrir e fíxeno correrdetrás de min ata aquí. Non había nada nochan. Xurxo insistiu en me levar polas diferen-tes salas, nun percorrido rápido e urxente, paraque comprobase que todo está en orde.

Cando mirou o cadro de Castelao na cociña,alporizouse:

—¡Este Santos non vai ter remedio! Agardaun intre que o vou levar ao seu sitio.

¿Que podo facer? ¿Vaime crer?

Non quero falarlle máis disto ata que teña enorde os indicios. Hei de ir visitar o Santos antesde nada, a ver se hoxe é o seu aniversario...

Agora estamos aquí meu tío e mais eu, osdous cos ollos cravados na muller en éxtase quenon quere mirarnos. Ben sei da súa historia.

Dependendo do que atope... Despois... des-pois falamos.

2Sangue de gato negro

Page 68: Contos museo medo copia libro museo

Autor:Xosé A. Neira Cruz

Ilustracións:Javier Huerga García

O anel dos destinos cruzados

Page 69: Contos museo medo copia libro museo

O anel dos destinos cruzados

Page 70: Contos museo medo copia libro museo

U

Page 71: Contos museo medo copia libro museo

U73

Unha figura sombría agardaba a poucospasos da entrada do Museo Provincial de Lugo.

Comezara a chover minutos antes. Unhachuvia xeada, neve licuada, que anunciaba unhanoite aterecida. Impasible ao trebón, a figuraseguiu agardando a pé quedo, case inmóbil, coaollada fixa na porta de entrada do recinto quelevaba espiando desde había case unha hora. Sócando as badaladas da catedral tan próximaempezaron a dar as menos cuarto, o estrañopareceu acordar dun fondo letargo que nin achuvia fora quen de espantar para, sen présa,encamiñarse á entrada do Museo. A súa inter-minable gabardina, prolongada cara á partesuperior nun sombreiro de á ancha que impedíaalbiscar as faccións daquel rostro anónimo, tiñacontinuación nunha das mangas nun maletín depel de tamaño mediano, tan inmóbil coma afigura enteira que termaba del, un engadidoortopédico soldado a un ombro e privado decalquera animación humana.

—Señor, é case a hora de pechar —anun-ciou a conserxe ante a serodia presenza doacabado de chegar.

—Polo meu reloxo faltan exactamente noveminutos e trinta e cinco segundos para o peche

Page 72: Contos museo medo copia libro museo

—cortou o descoñecido cun eco de voz xeada-mente metálico.

A muller ficou indecisa un momento, sor-prendida pola frialdade da resposta e, á vez,estarrecida polo brillo feroz daquela ollada quenin sequera fora quen de enxergar de fite.

Finalmente, cun breve tremido de pulso, ten-deulle ao desagradable visitante un anaco depapel de cor sepia —a matriz de entrada que llecorrespondía— que, sen sequera ela aprecialo,quedou a aboiar lenemente no aire trazandounha caída irremediable cara ao chan.

Cando o contacto do papel co enlousado degranito se produciu, un pé do estraño xa pou-sara no primeiro banzo da escaleira que condu-cía ao andar superior do museo. Nese precisomomento, a man da conserxe, reposta domomentáneo e desacougante calafrío, premeunun dos botóns do aparello de telefonía móbilque tiña canda ela sobre o mostrador.

—¿Osorio... ? Ola, son Lola.

—...

—Non, non sucede nada. Só é que... Vai unhome para aí arriba. Un alto con chapeu egabardina. Non lle perdas ollo.

Page 73: Contos museo medo copia libro museo

75

—...

—Eu que sei... Non me fagas moito caso. Sóque non me deu boa espiña. Por se acaso nondeixes de...

O clic de remate de conexión resoou nooído da conserxe un par de segundos antes domomento en que debería producirse. Foi sóiso, unha fracción de tempo insignificante.Pero abondo significativa para que a mullerabrise os ollos máis da conta e ficase a ollarpara o teléfono coma se aquel acabase detomar vida propia.

—Deixoume coa palabra na boca —borbori-ñou a conserxe para a súa lapela, entre contra-riada e sorprendida.

Estivo a piques de accionar o botón derechamada, pero entretívoa o saúdo de dúascompañeiras do Departamento de Documenta-ción que nese momento se dispoñían a saír.

—Seica viches o lobo, Loliña? —dixo unharefreando o paso—. Estás máis branca caunha saba, miña filla. Ti non falarás con apa-recidos, ouh?

A outra riu ás gargalladas a ocorrencia, cuncacarexo que resultou raro, non pola risada en si

3Contos de medo no Museo

Page 74: Contos museo medo copia libro museo

senón por algo que quedara no ambiente e que aduras penas pegaba con calquera manifestaciónde alegría.

—Non... —dubidou un intre a conserxe,pero o pálpito de querer dicir algo, confesar unsúpeto presentimento, pedir axuda e compañíasen saber por que, quedoulle afogado no medioda gorxa ao se cruzar coa voz da racionali-dade—, non... nada. Éche este frío que mecome. Abrigádevos que aínda ha nevar.

—E ti esperta, muller —muiñou a outra xacase fóra do recinto— Bótalle unha miga decolorete a esas fazulas antes de saír. Que comote vexa así o mozo aínda che ha coller medo.

Aquela palabra tan pequena, de catro letrasapertadas, cobrou outra dimensión cando Lola sedecatou da realidade: de que efectivamente estabasoa, que aquelas dúas compañeiras eran as que fal-taban por saír e que lle cumpría agora empezar coritual do peche. Só quedaba ela... e Osorio, claro.

Consultou o reloxo. Faltaban trinta e cincosegundos para as oito. Unha luzada de rabia tor-nou por un momento o proído do pavor que,coma unha mancha de aceite invisible, a estaba aenchoupar e a reducir á completa inactividade.

Page 75: Contos museo medo copia libro museo

77

—Este vaime oír —resmungou—. Xa tiña queestar botando ese prea a fume de carozo, quelogo dannos as tantas e aínda estamos dentro.

Accionou de novo o número do compañeiroque facía garda no primeiro andar. No canto dasúa voz, oíu a dunha muller bastante mexeri-queira que lle dicía, como quen canta, que oteléfono ao que chamaba estaba apagado oufóra de cobertura.

—O que me faltaba... —salaiou Lola, mirandode novo impaciente o reloxo.

Fóra resoaron as campás das oito. Por pri-meira vez lamentouno. Nunca pensara quepodería lamentar que chegase a hora de mar-char do traballo. De ter que botar aquel portónpara comezar a activar as alarmas e saír elamesma pola porta lateral. No entanto, naquelmomento daría algo por poder continuar alí, senter que pensar por que o móbil de Osorio nonrespondía e que ía facer ela agora, con aquel teitode premonicións fatais sobre a cabeza.

Finalmente, de todos modos, impúxose a lóxica.

—Aquí non pasa nada –falou para si confirmeza—. Pero que contra me está a pasar?Parezo parva...

3O anel dos destinos cruzados

Page 76: Contos museo medo copia libro museo

Pechou a porta, botou os ferrollos e volveuchamar ao número do garda de seguridade.

De novo, a voz conxelada da antipáticaaquela da caixa de voz a facerse a agradable.

—Isto segue morto...

Outra palabra curta e contundente que, aocontacto coa bóveda de pedra, se empezou afacer enorme.

Un andar máis arriba, o corpo dun home queaínda non alcanzara os corenta e que, en vida, sehabituara a responder ao apelido de Osorio,compoñía a figura máis estrafalaria que cadáverningún pode esperar ter que adoptar, deitadodebaixo dun bargueño do século XVI que seconvertera, sen el desexalo, no seu improvisadodosel funerario.

Naquela postura, inusual e obscena, ato-pouno Lola Serantes cando, coa lentitude coaque o medo engoma as pernas, rematou desubir as escaleiras e asomou pola primeira gale-ría, co nome do compañeiro pendurado dos bei-zos nun medio murmurio. Lola necesitaría unminuto ou dous máis para decatarse de que ohome nu que estaba debaixo do bargueño tole-dano era Osorio, ou o que quedara del.

Page 77: Contos museo medo copia libro museo
Page 78: Contos museo medo copia libro museo

Pero alguén lle aforrou o horror da dedución acambio dunha empurrada sen retorno cara á nada.

Pitágoras naceu en Samos, illa do mar Exeo, no séculosexto antes de X. C., aprendeu con Thales, Primenidesde Creta, famoso por espertar despois de durmir cin-cuenta e sete anos seguidos; Pherecides de Ciros e Biasde Priena. Viaxou por Exipto durante o reinado deAmasis, a quen o recomendou Policrata, rei de Samos.Atopábase alí cando a expedición de Cambises, que olevou prisioneiro a Persia, o que lle proporcionou oca-sión de visitar as Indias. Coa sabedoría de tantospobos como coñecera, volveu a establecerse en Italia,vivindo xa en Crotona, xa en Metaponto, xa en Thu-rium. Tivo a gloria de darlles nome ás dúas cousasmáis sublimes que existen, o de “filosofía” ao estudo dasabedoría e o de “mundo” ao Universo. Sobre a súamorte unicamente se sabe que tivo lugar cara á olimpí-ada 69 (500 anos antes de X. C.) e que tería uns centoe catro anos (1).

—E di vostede que a notou rara?

Luísa Rosende tomou un grolo da infusiónmorna que tiña entre as mans antes de asentir.Non podía dar creto ao que estaba a suceder. Xase decatara de que algo estraño acontecera nada

Contos de medo no Museo

Page 79: Contos museo medo copia libro museo

81

máis chegar ao Museo aquela mañá. A presenzados coches da policía á porta do edificio fixéra-lle entender decontado que algo grave a agar-daba no seu posto de traballo. Emporiso, aúltima persoa na que pensara fora Lola. Lola eOsorio... Meu Deus, que horror!

Luísa tivo que limpar unha bágoa que, sendecatarse sequera, cruzara a súa meixela e agoralle andaba preto da comisura dos beizos.

—Acougue, por favor. Tome todo o tempoque precise —indicoulle o axente que a estabaa interrogar.

Ao seu carón, sentada diante da mesmamesa, coas mans a apertar ambos lados da cara,como se necesitase tanxela para sentila, estabaRosa Loureiro. Ela e Luísa despedíranse habíamenos de vinte e catro horas de Lola, á porta doMuseo. Sen saberen que aquela sería a derra-deira vez en que poderían falar con ela.

Alguén petou á porta nese intre.

—Descúlpenme un momento —murmurou otenente.— Agora volvo. Se queren vaian tomar unpouco o aire, pero non se ausenten moito tempo.

Fóra agardaba por el o axente Ramírez,acompañado dun home duns cincuenta anos

3Contos de medo no Museo

Page 80: Contos museo medo copia libro museo

que, nada máis ver o tenente, lle tendeu a mancon afabilidade.

—Como vai iso, Ramírez?

—Pouca cousa, tenente Ferreiro. Por nondicir nada...

—Nada? Algo haberá...?

O outro encolleuse de ombros antes decontinuar.

—Nos cadáveres non se atopou nin a máismínima pegada. Ningún corpo estraño. Comase ninguén os tocase...

—Pois vaia se os tocaron...

—Cale, cale... Nos anos que levo de profe-sión non vin carnicería coma esa. E mire que xavin eu cousas...

—E logo?

A pregunta ficou a aboiar no aire.

Polo corredor, apareceu apresuradamenteoutro axente acompañado dun home demediana altura vestido cunha bata branca. Acara de acontecementos do axente e mais aurxencia do seu paso concitou a atención dosoutros dous.

Page 81: Contos museo medo copia libro museo

83

—Algo novo? —espetou o tenente Ferreiromirando para o seu subordinando.

—Seica si, señor. Preséntolle o doutorRamos, director da sección de Arqueoloxíado Museo...

Os homes déronse a man de forma fugaz,mentres o axente seguía falando.

—O doutor Ramos acaba de advertir aausencia dunha peza nunha das vitrinas do pri-meiro andar, non lonxe do lugar dos feitos.

—Falta desde onte?

—Non o podemos asegurar —interveu o dou-tor evidenciando certo nerviosismo—. O certo éque, ata hoxe, nunca a botaramos en falta.

—Comprendo... Vexamos.

Pitágoras non admitía na súa escola a toda clase deoíntes, nin se comunicaba, senón que esixía o silencio eo segredo: tampouco escribiu e a súa doutrina mantí-voa oculta. Pasou por feiticeiro e encantador, porqueresidira moito tempo en Exipto e exercitárase na lec-tura dos libros de Zoroastro, onde é probable queaprendería a propiedade de certas herbas que el chama

3O anel dos destinos cruzados

Page 82: Contos museo medo copia libro museo

“coracssia”, “gallicin”, “menais”, “corinthas” e “aproxis”,das cales as dúas primeiras xeaban a auga meténdoasnela, as dúas seguintes tiñan unha virtude moi singu-lar contra a picada das cobras, e a última inflamábasede súpeto en canto vía o lume, por lonxe que fose. Ade-mais, nun dos seus símbolos prohibía expresamente ouso das fabas, que el facía ferver e as poñíaas algunhasnoites á lúa, ata que por un gran efecto de maxia seconvertían en sangue (...) A isto hai que engadir que(...) detivo o voo dunha aguia, domesticou unha osa,fixo morrer unha serpe e botou un boi que estragabaun campo de fabas pola soa virtude de certas palabras.Ademais, presentouse nun mesmo día e á mesma horanas cidades de Crotona e Metaponto, e prognosticabaas cousas futuras...” (2)

O doutor Ramos tendeu sobre a mesa do seudespacho unha fotografía en branco e negrogrampada a un informe mecanografado. Otenente Ferreiro colleu o documento e fitoucon atención o obxecto fotografado. Parecíatratarse dun estraño anel antigo que, a simplevista, creu tallado en bronce. O aro de metalestaba rematado, na parte frontal, cunhapequena figura na que, sen ser experto no tema,

Contos de medo no Museo

Page 83: Contos museo medo copia libro museo

85

o policía recoñeceu trazos que lle pareceronfamiliares a simple vista.

—É exipcio? —preguntou mirando o dou-tor.

—Podería selo...

—Non o saben de certo?

—Na nosa disciplina é moi difícil chegar asaber algo de certo, axente. Temos hipóteses,suposicións e unhas cantas certezas.

—Fáleme destas últimas...

—Foi atopado en Lugo hai poucos anos porun dos meus colegas do Museo, nunha escava-ción realizada na rúa Doutor Castro. Desdeentón forma parte dos nosos fondos, se benestá exposto desde hai relativamente pouco.Sabemos que é obra romana, pero a inspira-ción exipcia é evidente, como vostede mesmose decatou. Desde logo, trátase dun obxectoextraordinario...

—Por que o di?

—Por varias razóns, tenente. Primeiro polasúa calidade. Cate que se trata dunha peza deprezo. Non foi atopada ata o de agora ningu-nha outra destas características de resolución

3Contos de medo no Museo

Page 84: Contos museo medo copia libro museo

tan fina e conseguida. Ademais, é un obxectoestraño. Realmente, non sabemos para que seutilizou...

—Non é un anel?

—Iso parece a simple vista. Pero non, nonpode ser un anel. O aro é grande de máis. Peroenriba presenta outras peculiaridades... Por aquí—o doutor sinalou unha parte lateral doobxecto coa axuda do estremo dun bolígrafo—ten unha engrenaxe, unha especie de pequenabisagra que permitiría abrir o aro. E na partebaixa do relevo aparece outra pequena rodaque, se non nos equivocamos, podería servirpara abrir unha especie de espazo oculto.

—Un espazo oculto?

—Si. Non logramos abrilo nunca, pero osestudos radiográficos permitíronnos comprobarque efectivamente entre o relevo e o aro seatopa unha cámara oca.

—Con que finalidade?

—Non o sabemos, tenente. Só podemosbarallar algunhas suposicións...

—Cónteme algunha delas, por favor...

—A primeira, a máis evidente: este obxecto

Page 85: Contos museo medo copia libro museo
Page 86: Contos museo medo copia libro museo

tiña unha dobre utilidade. Podería ter sido unhaespecie de cadeado...

—Un cadeado? Curioso...

—Si, moi curioso. Un cadeado de particularluxo e deseñado para manter ben gardadaalgunha propiedade. Para pechar un estoxo, porexemplo. Algún contido de valor, sen dúbida. Aimaxe do pequeno relevo non ten cara de bosamigos, como pode advertir. Trátase dun avisopara os curiosos en exceso.

—Moi interesante...

—Pero se non abondaba a mensaxe implícitana escultura para disuadir os amigos do alleo,quizais contase con algún resorte oculto que, aotentar abrir o cadeado, franquease a cámarapechada liberando algunha substancia tóxica.

—Un veleno?

—Por exemplo. Matarratas para cacos, vamos.Os pobos antigos chegaron a acadar unha sofisti-cación abraiante na fabricación deste tipo de pro-dutos. E tamén unha refinadísima crueldade.Imaxine unha substancia destinada a queimar osdedos do profanador, ou a infectalos con algúnlíquido ou po que, en contacto cos alimentos, coaboca ou con algunha ferida, lle producise a morte.

Page 87: Contos museo medo copia libro museo

89

—Drástico remedio contra os ladróns, si...

—Para outros estudosos, no entanto, estapeza ten unha clara utilidade máxico-relixiosa.Vincúlano a rituais de iniciación, a prácticassectarias, a segredos esotéricos que lamentable-mente non chegaron ata nós.

—E vostede que opina?

—Eu... Verá, tenente, este traballo noso pre-cisa dunha alta capacidade de observación. Etamén do cultivo da conxectura con fundamen-tos científicos. Cando hoxe pola mañá souben oque lles acontecera a Osorio e a Lola a noitepasada, e a forma en que foron atopados... nonsei como, pensei de inmediato nesta peza. Arelación foi instantánea. De aí que decidisecomprobar se seguía no seu sitio e que, desexeito, advertise a súa desaparición.

O tenente mirou de fite ao doutor e este adver-tiu o veo do asombro mesturado coa dúbida e asuspicacia naquela ollada afeita, polo demais, ademostrar a maior das inexpresividades.

O número intelectual subsistía ante todas as cousasno entendemento divino; el é a base da orde univer-sal e o lazo que une as cousas. O número científico é

3O anel dos destinos cruzados

Page 88: Contos museo medo copia libro museo

a causa xeradora da multiplicidade que procede daunidade e nela se resolve. É necesario distinguir aunidade da arte; a unidade pertence aos números e aarte ás cousas numerables. (...) Cada número, comoa unidade e o binomio, ten propiedades que lle danun carácter simbólico que lle é particular (...).Pitá-goras vai proseguindo deste modo ata dez, atribuín-dolle a cada número calidades aritméticas, físicas,teolóxicas, morais e máxicas (3)

Debuxado no piso con trazos de xiz, podíaseadvertir aínda a estraña, repulsiva figura que ocorpo do garda Osorio compuxera despois demorto polo macabro capricho de alguén que,presuntamente, o estrangulara antes coa facili-dade coa que unha man esfarela un ovo cocido.Alguén de extraordinaria forza tronzáralle opescozo sen apenas darlle tempo a este dexebrar a sorpresa da dor. Despois, con terribleprecisión, fora espido, colocado debaixo do bar-gueño, coas pernas abertas nos xeonllos e uni-das polos calcaños, unha man situada nosxenitais e a outra estricada cara ao alto. O arre-piante rictus mortis do rostro remataba aquelaestampa digna dun catálogo de obscenidades.

Page 89: Contos museo medo copia libro museo

Pola súa parte, Lola Serantes fora igual-mente estrangulada por aquela man de ferropara, acto seguido, ser guindada a rolos polasescaleiras ata ficar tendida, cabeza abaixo eboca arriba, nos últimos banzos, igualmentenúa, coas pernas en idéntica disposición ás doseu compañeiro, pero, se é o caso, cos brazosabertos en cruz.

Ademais, houbera dúas vítimas máis naquelanoite de pesadelo.

Un pequeno Neno Xesús de porcelana,ollos estarrecedoramente abertos e pelo natu-ral —eses cabelos dondos e suaves que deixanos cativos mortos para agasallar coa súa belezaas representacións de Deus— completaba oitinerario dantesco trazado por aquel maxínenfermizo. Igualmente desposuído das súasvestiduras, coas pernas crebadas para compo-ñer a postura xa esgrimida polos cadáveres,mantiña os seus brazos abertos acompañadosdun terceiro arrincado a un anxo agora manco.E a carón seu, unha virxe barroca, igualmentecoa roupaxe esgazada, seguía a orde estable-cida, se é o caso cos dous brazos que lle eranpropios máis outros dous que pertenceran aunha santa Tegra maltreita.

91

3Contos de medo no Museo

Page 90: Contos museo medo copia libro museo

“A Tétrada ou o Cuaternario, que expresa a pri-meira potencia matemática, representa tamén a virtudexeradora da que derivan todas as combinacións. É onúmero máis perfecto, e a raíz de todas as cousas.” (4)

O tenente Ferreiro meditaba sen parar demirar a foto do anel ou cadeado desaparecido.Había algo fascinante naquel rostro exipciotrazado con rudeza non exenta de graza.Meditou nas relacións numérico-máxicasdaquel crime, na súa dimensión figurativa, noscontidos implícitos que o doutor Ramos foraquen de esmiuzar con argumentos cambalean-tes pero de interese. Se ben aquel tipo deexplicacións non adoitaban formar parte dosseus presupostos, o tenente Ferreiro pensoupor un momento que non sabemos case nada,malia crermos saber tanto, e tamén que a vidae a morte están cheas de misterios insonda-bles. E aquel obxecto, en por si, era sendúbida un deses misterios sen solución. Unenigma. O tenente Ferreiro, nos seus silenciosprolongados, era un pouco dado a filosofar.Sobre todo cando a máis exasperante dasincógnitas levaba facéndolle dar paus de cego

Page 91: Contos museo medo copia libro museo

9393

que non conducían a ningures. Os seus supe-riores, o alcalde da cidade, os medios decomunicación e a cidadanía clamaba polaresolución do caso do Museo Provincial deLugo, que lamentablemente transcendera eameazaba con se converter nunha perigosí-sima bóla de neve capaz de levar por diante oseu ben gañado prestixio, froito de tantos ecalados anos de abnegado traballo.

Fronte ao máis que razoable silencio dotenente Ferreiro —cando non hai nada quedicir, mellor calar, velaí a súa máxima— medra-ban, en comentarios e titulares de prensa, asmáis arriscadas das suposicións.

Crime do Museo Provincial de Lugo: A policía, bloqueada

Como é posible que alguén que asasina dúas persoas e mani-pula os seus cadáveres, así como distintas pezas do museo nondeixase nin a menor das pegadas no seu traxecto?

O tenente Ferreiro admiraba a perspicaciados xornalistas. Aquel tesón en dicir obvieda-des. Unha redundancia cismona ata a náusea.E sobre todo a falta total de escrúpulos. Entre

3O anel dos destinos cruzados

Page 92: Contos museo medo copia libro museo

as últimas achegas xornalísticas destacaba unglobo sonda ceibado había pouco: seicaalguén podía limpar as probas horas antes dechegar a policía.

Con que obxectivo? Hai algún cómplice da matanza pró-ximo aos círculos do museo?, seguía preguntando en vozalta desde a súa columna o sagaz cronista de servizo.

—Merda de xuntapalabras —bradou o tenenteafastando da súa vista aquelas páxinas ferintes.

Nese intre, soou o teléfono. Ferreiro sabíaquen podía ser. Mirou para o teito —seríaperfecto que naquel mesmo intre puideseesborrallar sobre a súa cabeza, todo resultaríamáis doado ca ter que aturar aquela con-versa— e alzou o auricular.

—Xesús Ferreiro, diga...

“É necesario ter debaixo da lingua unha folla de ouroen figura de estrela de media polgada de diámetro edebaixo da planta dos pés un anaco de pano de tumba;ademais, ter na man unha vara de abeleira rodeada co

Page 93: Contos museo medo copia libro museo

anel sagrado e absterse do trato das mulleres porespazo de trinta e cinco días, porque trinta e cinco émúltiplo de sete, que é número poderoso. Poñéndoseentón baixo a dominación dos astros favorables aossortilexios, fai un cousas prodixiosas.” (5)

Despois da treboada, coma sempre, a calma.Neste caso, o acougo. Esa media ducia de argu-mentos que serven para reconstruír a sensaciónde seguranza, mesmo aínda que o chan non existabaixo os nosos pés. De ilusións tamén se vive.Velaí a máxima, non do tenente Ferreiro, destavez, senón do seu superior político no concello.

A ilusión de ter todo baixo control.

Mesmo a unha besta invisible que unha noite deinverno recrea, no recinto dun tranquilo museo pro-vincial, os indicios da apocalipse descrita por sanXoán nese libro estraño que ninguén comprende eque, no entanto, tanto leva fascinado. Saber quetodo vai ter un final é sempre un consolo.

Xa que logo, mentres un asasino perigoso,unha animalia ou un ser do outro mundo cam-paba polos seus respectos, as olladas da sospeitafóronse fixar no cabo do fío que servía para

3Contos de medo no Museo

95

Page 94: Contos museo medo copia libro museo

coser un remendo. Cando non hai tea, calqueramal zurcido abonda.

(a mecha)

—Aquel tipo facía demasiadas preguntassobre o anel, lémbroo perfectamente.

—(...)

—Veu un día, con dúas mulleres. Unhavisita anódina. Pero regresou ás poucas sema-nas. Procuraba máis detalles. Seica falou conalguén do museo.

(a barrica de pólvora)

—Si, lémbroo perfectamente.

— (...)

—Era un home novo, duns trinta e algo deanos. Máis ben alto. Estivo a esperar por min aí,un anaco, na saliña, mentres eu remataba a miñaclase da tarde.

— (...)

—Non sabía quen era, non. Chamara undía antes. Dixo que era escritor, que estaba aescribir algo sobre o anel. A min chamoume a

Page 95: Contos museo medo copia libro museo

atención o seu interese. Case ninguén reparounesa peza desque a expoñemos. Pero el pare-cía ter fixación con iso. Non deixaba demiralo mentres eu lle facilitei a pouca docu-mentación que consta no noso poder sobre odito obxecto.

—(...)

—Perigoso? Non..., non sei que dicir. Parecíamesmo un pouco tímido, como retraído. Perotiña unha forma de mirar estraña.

—(...)

—Non, o seu nome non o lembro... A ver-dade non lle volvín prestar atención aoasunto. Soamente volvín saber del a travésdun xornal, semanas despois. Seica escribiuun conto cuxa temática é o poder maléfico dapeza, ou algo así...

97

3O anel dos destinos cruzados

Page 96: Contos museo medo copia libro museo

(o misto)

Un escritor galego, principal sospeitoso doscrimes do Museo Provincial de Lugo

Lugo (redacción)X.A.N.C., xornalista e escritor galego, acaba de pasar a disposiciónxudicial como principal sospeitoso do crime acontecido o pasado mesde xaneiro no Museo Provincial de Lugo. Apolicía púxose detrás dapista a partir dos datos facilitados polo doutor Xosé Ramos, arqueó-logo ao servizo do museo dende hai dous anos. Segundo se puidosaber por fontes policiais, o detido manifestou obsesivo interese polaúnica peza desaparecida na noite do crime, o anel-cadeado do relevoexipcio. Coa escusa de conseguir a máxima información sobre a ditapeza, o sospeitoso chegou a visitar o museo en repetidas ocasións, soli-citando asesoramento dalgúns dos expertos do dito centro. Aúltimavez que X.A.N.C. merodeou polas instalacións do museo foi exacta-mente unha semana antes de acontecer a terrible masacre na que foronasasinados Luís Osorio e María Dolores Serantes, traballadores doMuseo Provincial de Lugo.Afeccionado á historia e bo coñecedor das etapas exipcia e romana, odetido xustificou que andaba a traballar nun proxecto literario sobre otema. No entanto, a policía non descarta vinculacións do detido consectas satánicas e ritos de ocultismo, liña de investigación na que se tra-balla actualmente.“Chegaremos ao fondo deste asunto”, declarou o alcalde co gallo datoma de posesión do novo tenente da policía, Sebastián Salinas Rubín,quen substitúe no cargo a Xesús Ferreiro, recentemente xubilado.Postos en contacto con Sara Leal, avogada de X.A.N.C., declinoufacer calquera declaración a este xornal. X.A.N.C., de 37 anos e natu-ral de Compostela, é coñecido pola súa dedicación á literatura infan-til e xuvenil e, nos últimos tempos, tentaba abrir camiño comoescritor de novela negra.

Page 97: Contos museo medo copia libro museo

Xesús Ferreiro notou a gorxa seca e a vistaanubrada. O primeiro acostumaba pasarllecando cambiaba o tempo. O segundo, cando arabia, malia todos os intentos por desabafala,non conseguía alterar a súa consolidada flegma.

Coa páxina de sucesos aproveitou para reco-ller os excrementos que o seu can Rus acababade defecar, xusto alí, no céspede do parque.Dous excrementos redondos coma esferas per-fectas e pulidas na súa semellanza. Dous, obinomio... desta volta Lola e Osorio, dúas sim-ples engrenaxes da gran cadea de mortes ino-centes dos que, sen ter coñecemento empíricodos feitos, ousaban achegarse á comunidade doamuleto... “porque todos os que enzoufaren o amuletocoas súas mans deben morrer”. Así o escribira osabio e así o executaban os seus adeptos.

—Este Rus...

Agochou baixo do xornal a copia dos apun-tamentos que o doutor Ramos escribira res-pecto da restauración dalgunhas pezas, entreelas o anel-amuleto, e que lle fora facilitadapor Rosa Loureiro e Luísa Rosende, as dúasrapazas do Departamento de Documenta-ción, contribución á que accederan soamentecomo tributo póstumo á súa amizade con Lola

99

3Contos de medo no Museo

Page 98: Contos museo medo copia libro museo

Serantes. Logo botouse a camiñar os trinta ecinco pasos que o separaban do seu portal,“trinta e cinco é múltiplo de sete que é número pode-roso”. Antes de entrar na casa, guindou cunxesto impotente o xornal e mais o cartafol dosapuntamentos ao lixo e alegrouse de ser un homevello, con can, sen fillos nin muller, que paseabacon dignidade o baleiro que se estende entre aindiferenza e a desesperación.

NOTA: As citas numeradas do 1 ao 5 foron tiradas daobra de Hortensio Flamel El libro negro o la magia, las cien-cias ocultas, la alquimia y astrología, con secretos y recetas admi-rables, sacados de los más célebres autores cabalísticos tantoantiguos como modernos. Barcelona: Imprenta de ManuelSauri, 1866, 5.ª ed.

Page 99: Contos museo medo copia libro museo

Autor:Antonio Reigosa

Ilustracións:Javier Huerga García

Page 100: Contos museo medo copia libro museo

O pozodos desexos

Page 101: Contos museo medo copia libro museo

D

Page 102: Contos museo medo copia libro museo

D105

Dígovos que foi coma unha puñada a traizón,desas que se dan polas costas sen avisar. A armaasasina viña disfrazada de carta certificada co ana-grama da empresa e entregouma en man estamesma mañá, a iso das nove e media, Pedro, onotificador habitual de asuntos internos. Asinei oxustificante de recepción onde me indicou e des-coidei abrir o sobre ata que rematei de atender unpar de chamadas de centros escolares que desexa-ban concertar unha visita ao museo. Eu estabatranquilo, por que non ía estalo!, e nunca sospeita-ría, nin que lle botase presadas de imaxinación, asmalas novas que me agardaban no interior.

Non sei se sabedes que levo vinte e moitosanos traballando como guía no Museo Pro-vincial de Lugo e desde o primeiro día e atasó uns segundos antes de comezar a ler a mal-dita carta aseguraríavos a vós e a quen mopreguntase que estaba contento co meu ofi-cio, e mesmo, se me apurásedes, xuraríavos eperxuraríavos que ata podería fachendear coresultado do traballo desenvolto en tantosanos. Agás algún que outro desencontro, quealgún houbo, para que o vou negar, ao meuparecer irrelevante e xa esquecido, sempreme levei ben con todos os meus compañeiros

Page 103: Contos museo medo copia libro museo

e compañeiras, e parecíame, aínda que elesnunca chegaron a dicirmo, que os sucesivosdirectores que foi habendo quedaron com-pracidos do meu rendemento. Dos visitantesdo museo tamén teño recibido abondosasmostras de agarimo e agradecemento, o querelega á categoría de anécdotas as poucasqueixas que eu supuña que puidese haber demin en todos estes anos.

Iso era o que eu pensaba do meu traballo,dos meus compañeiros e dos meus superioresantes de rachar o sobre, e iso sería o que vosdiría se tivésedes curiosidade por coñecer amiña opinión sobre o asunto ata unhamiguiña antes de comezar a ler aquelas liñas.Agora sei, en mala hora o aprendín, o equivo-cado e inocente que vivía!

Xa sabedes que na prosa oficial as letras ase-méllanse moito a eses grans graxentos que agro-man na cara dos adolescentes coma as malasherbas nas leiras a barbeito; cada páxina semellaunha cortiña chea de nervias con regular apa-rencia na parte que sobresae da tona, pero pordebaixo, onde enraízan e zugan, sabe Deus quemalurias traman. Liñas e liñas redactadas ámantenta para que haxa que espremer os miolos

Page 104: Contos museo medo copia libro museo

107

unha e mil veces en cada parágrafo; e aínda asíun non acaba de entender o que din ata quealguén experimentado lle abre os ollos.

—Van por ti! –dixo, coa boca das verdadesindiscutibles, o meu compañeiro Xosé Manuel.

Para que vexades que o que vos digo é así enon produto da miña imaxinación, atendedeque vos leo un anaco.

»Á vista dos cargos presentados contra Vde.pola directora do museo dáselle a coñecer quecon esta data se lle incoa un expediente admi-nistrativo por reiteradas faltas tipificadas comomoi graves nos artigos 1.3, 2.7 e 16.2 no Regula-mento de réxime interior...».

A seguir viña unha poulada de preceptos eobrigas que ao parecer non respectara e, des-pois, unha longuísima listaxe con todas as faltas,moi ben ordenadas por datas, con extensa des-crición en cada caso das circunstancias e probasque dicían ter contra min, así como a citaexacta dos artigos da Constitución, da Lei dafunción pública, do Estatuto dos traballadores eata do Convenio colectivo que eu, polo visto,decidira ignorar olimpicamente desde a prehis-toria da miña historia no museo.

4Contos de medo no Museo

Page 105: Contos museo medo copia libro museo

Non acordaba asinar compromisos tan seriosco meu país, nin coas súas leis, co xefe deEstado, co goberno en pleno e demais autorida-des habidas e por haber.

O único que teño na memoria, véuseme ácabeza despois de ler aquilo e xa veredes des-pois o moito que vén a conto, é un ritual quefixen o primiero día de traballo no pozo que haino claustro do antigo mosteiro que ocupa agorao museo. Nunca crin, nin agora nin daquela,nesas supersticións pero polo si ou polo non, ecomo ningún mal me podía traer, fun alí e pen-sei os tres desexos preceptivos antes de botarunha moeda polo peitoril.

Aínda teño fresco o estarabouzo que fixoaquel peso dos de antes ao bater dentro do cal-deiro de ferro galvanizado que había, e hai,aínda que ninguén o use, para sacar a auga dopozo. Non sei se revelándovos agora o que dese-xei entón incumpro contrato con algún ente ouespírito, ou con algún innominado ser virtual ousobrenatural con competencia nestas cousas.De todas todas, dígovos que primeiro pedirapola saúde, logo que a sorte non me abandonaseno traballo nin na vida e, por último, desexaraque aquela moeda se convertese nun tesouro

Page 106: Contos museo medo copia libro museo

109

por se me fallaba algunha das outras dúas peti-cións. Nesta hora, polo visto, o único contratoque serve é o que asinara aquel mesmo día a pri-meira hora da mañá cos entes, seres ou como sechamen, que rexen os destinos administrativos.

Quédame contarvos que tamén se me comu-nicaba no escrito que dispuña do prazo dun mespara presentar as alegacións que consideraseoportunas na miña defensa, e reservaban para oderradeiro parágrafo unha sorte de pílora queen apenas catro liñas contiña comprimido unarrepiante relato de terror:

»De resultar probados estes feitos, e unha vezresoltos os recursos previstos na lei, a sancióncontemplada no Regulamento de réxime interiordispón o despido inmediato, sen prexuízo de quese lle reclamen os haberes íntegros desde a data daprimeira falta, así como a contía dos danos infrin-xidos á institución, tanto morais coma en que-brantos ou desperfectos que puidese causar nasobras ou no mobliario do museo».

Estaredes comigo se vos digo que estes tex-tos deben ser redactados por mentes retorcidase sen escrúpulos coa intención de aloular e acu-rralar a vítima ata facela sentirse culpable duncrime cometido no outro lado do mundo un par

4O pozo dos desexos

Page 107: Contos museo medo copia libro museo

de horas antes. Ao repasar a listaxe de acusa-cións eu recoñecía moitos dos feitos, pero pen-saba que non eran tales delitos, nin, se o fosen,eran tan graves nin, por suposto, merecentes detorturas tan desapiadadas. Como moito, non seio que pensaredes vosoutros cando volos dea acoñecer, serían neglixencias leves, pouco máisca picaraxadas.

Cando cometera aquelas faltas, que foran, porcerto, bastantes máis das que dicían os papeis, eunon era consciente do dano que dicían que cau-saba. Con aqueles xogos só pretendía pór algo deprebe nas visitas guiadas que tanto aborrecía amaioría dos estudantes obrigados polos seus pro-fesores, moitos de vós sabédelo coma min, aentrar á forza neste e noutros museos.

Dicídeme senón que pode ter de malo asegu-rar diante do retrato de Santa Águeda pintadopor Luca Giordano que o peito que ten fendidonon é máis ca unha tatuaxe feita adrede por elamesma para abrandar os verdugos que a queríanaxustizar; ou asegurarlle, como fixen, a ungrupo de novicias de xa non lembro que ordeque a marca que se lle ve na fronte á imaxe deSanta Rita de Casia é en realidade o sitio onde llenaceu espontaneamente un corno. Como

Page 108: Contos museo medo copia libro museo
Page 109: Contos museo medo copia libro museo

daquela a cirurxía non era moi alá, expliqueillesás monxas novatas, a operación de extirparllofoi pouco afortunada e por iso lle quedou achaga así á vista. Que culpa teño eu de que apropaganda interesada dese en dicir que aquelburatiño na fronte era o sinal inequívoco que lledeixara unha espiña como consecuencia dodesexo da santa de sufrir os mesmos tormentosca Xesús Cristo!

Outra vez díxenlle a un grupo de viúvas queo embarazo da muller axeonllada representadana Ofrenda a san Ramón de Francisco Asorey éaparente, psicolóxico; aire ou fume, nunca feto.Que o que lle pasou á pobre muller é que detanto pedirllle un fillo ao san Ramón Nonato, osanto, por sacala dediante, acabou concedéndo-lle un sucedáneo de preñez e así librouse dasrogacións da muller durante os nove meses quedura un embarazo cumprido.

A que se armou! Chamáronme ateo, sacrí-lego, impío, irreverente, pecador e outras peo-res. Neste caso o meu fallo foi non llespreguntar ás señoras de onde eran. Resultouque viñan de Vilalba onde teñen o san RamónNonato de patrón e por pai infalible, putativoxa ora, de moitos dos pícaros que nacen por alí.

Page 110: Contos museo medo copia libro museo

113

Seica tamén falei máis do debido diante dunretrato da raíña Sabela II que hai nunha dassalas do museo. Recoñezo que o fixen peroneste caso dixen a verdade. Só me faltaba cha-marme tamén á culpa da vida alegre da señora!

Contei como unha vez, regresando a raíña coseu séquito desde Lugo cara a Madrid, era o día14 de setembro de 1858 pola tarde, tivo quefacer parada de urxencia no Mesón de Herbónque está no concello das Nogais. Uns dixeronque a parada fora forzada por medo a un aten-tado planeado polo carlista Francisco Taboada,señor da Casa de Tor, e outros, aos que eu llesdaba máis creto, que o detemento fora porculpa dunha repentina dor nunha das moas dasoberana. Buscou con urxencia un dentista, quenon había na comarca, e só se conseguiu dar cocurandeiro de Viladicinte, chamado Luis Anto-nio Becerra Chao, ao que conduciron decon-tado á beira da dama.

Polo visto, o tal Becerra sacoulle, ou amañou-lle, a moa con tanto xeito que a raíña quedouencantada e tan contenta co servizo que levou osacamoas Becerra canda ela para a corte. Agasa-llouno e deulle títulos e outras prebendas, e atao invitou a que lle quentase a cama varias veces

4Contos de medo no Museo

Page 111: Contos museo medo copia libro museo

coa desculpa dunha inchazón repentina nasxenxivas ou por quedárenlle tras a cea restos decarniza entre os dentes.

Do tal Becerra, único curandeiro do mundoco título de Cabaleiro da Real Orde de Isabel aCatólica, tamén había daquela dous retratosexpostos no museo. En todos estes anos non medecatei da razón pola que foron parar ao alma-cén uns días despois de eu dicirlles isto a aque-les visitantes que resultaron pertencer a AMI,Asociación de Monárquicos Inmutables.

O que facía de portavoz, un tipo alto moipeiteado e cun bigotiño con forma de limacho,sorriu e logo preguntoume:

—Está vostede insinuando que a dignidadereal cingue a cabeza dun bastardo?

Non lle souben responder. Tardei en reaccio-nar, pois eu era aínda novo e pouco versado enléxico de alcurnia, así que me perdín. Nonentendía que podía facer unha coroa pousadanun bastardo, ou sexa, nun alzadeiro coma osque había en tempos nas cortes do gando parapoñer a herba!

Aquela xente abandonou o museo decontado,e, polo que parece, uns días despois enviáronlles

Page 112: Contos museo medo copia libro museo

115

unha queixa por escrito aos meus superiores,pondo na miña boca afirmacións que me empa-rentaban cos rexicidas máis sonados.

Entre outros descubrimentos sorprendentesestes monarquistas destaparon unha curiosacoincidencia na miña biografía que eu ignoraba.Meu pai naceu na mesma parroquia, en Lindínde Mondoñedo, que nacera un individuo cha-mado Francisco Otero González quen intentaramatar en Madrid o rei Afonso XII, o 30 dedecembro de 1879. O paisano do meu pai nontivo puntería e foi agarrotado o 14 de abril doano seguinte pero quedaba probada, segundo aopinión destes sesudos investigadores, a malé-fica influencia dos aires e augas lindegas nocomportamento dos nativos daquela freguesía edos seus descendentes.

Non vos quero amolar contándovos toda arestra de delitos dos que se me acusa. Só vospido que agardedes uns minutos e que escoite-des o que me pasou hoxe, tamén hoxe, estamesma mañá, un pouco despois de ler a cartaque vos dixen.

A iso das doce e media tiven que atender avisita dun grupo de rapaces dun instituto dacidade. Como é doado de entender, non andaba

4O pozo dos desexos

Page 113: Contos museo medo copia libro museo

eu cos mellores ánimos. A miña cabeza íaseunha e outra vez ao asunto da carta e probable-mente lles dixen aos rapaces máis trapalladasdas que en min son habituais. O profesor que osacompañaba, coñecémonos de vello, achegousea min e discretamente insinuoume que podía irdescansar, que xa contiunuaba el coa visita.

Sei que me precipitei, que me deixei levar porun arrebato no que se mesturaron o odio e undesexo de vinganza irracional. Sei que non era olugar e que nin o profesor nin os rapaces tiñanculpa de ningún dos meus males. Seino agora,daquela nin sequera reparei nesta nin noutrareflexión. Visitabamos a sala onde se atopa a obrada pintora Xulia Minguillón e, alí mesmo, diantedo retrato de Cascarilla, un toliño que houbo enLugo que se dedicaba a vender xornais polas rúas,botei a lingua a clareo.

A min este Cascarilla, Cascarilla a Pufo demal nome, sempre se me pareceu a Pedro, onotificador de asuntos internos e, seguramente,esta semellanza foi a faísca que acendeu o meurancor contra o mundo.

Cascarilla, comecei a dicirlles aos rapaces,foi un bocazas, e por lercho e lingoreteiroacabou decapitado. Xa sei que non menciona

Page 114: Contos museo medo copia libro museo
Page 115: Contos museo medo copia libro museo

este detalle Ánxel Fole cando fala del no seuCartafolio de Lugo, e que a pintora lle puxocabeza porque lle fixo o retrato antes de que odescabezaran, pero así foi.

Como non sabía ler sempre inventaba, ouiso se dicía, titulares de portada do xornal ElProgreso, que era o que vendía, para atraer aatención da xente. Disque ninguén lle tomoua mal aquelas invencións, por moi avultadasque fosen as barbaridades que dixese, ata odía que lle deu por pregoar que o matachín domatadoiro municipal vendía carne de estra-perlo nos baixos da súa casa. Foi a derradeiratrola na boca de Cascarilla.

Á mañá seguinte media cidade andaba ábusca da súa cabeza; o corpo atopárono ao albo-rexar pousado nun banco do parque tapado cosxornais que ía vender aquel día.

Probablemente lles dei aos rapaces máis deta-lles escabrosos do asunto que agora non lembro,e supoño que, xunto co profesor, marcharon deonda min espaventados. Cando recobrei o sen-tido da realidade, ou iso creo, estaba só, sentadono chan, na mesma sala, coas mans frías e ocorpo enchoupado en suor. Ao erguerme mirei oretrato de Cascarilla. E alí estaba, xa decepado,

Page 116: Contos museo medo copia libro museo

119

sen a cabeza nin o sorriso malicioso e descon-fiado que tanto se asemellaba ao de Pedro, onotificador de asuntos internos.

Non podía crelo. O meu embuste converteraen real unha imaxe ilusoria. O pobre Cascarillaera agora vítima do meu fantasiar como antes ofora o matachín municipal das imputaciónsdeste galopín. Claro que, cavilei atropelado, seCascarilla pagara o seu atrevemento coa vida,tamén a min me podía pasar o mesmo. Un pre-saxio frío entaloume o pensamento; sempre,sempre se mata ao mensaxeiro. Non sabía quefacer. Erraba sen rumbo entre dous mundos quenon sabía distinguir.

Cando xa me daba por derrotado acordeimedos tres desexos que pedira aquel día de haitanto tempo xunta ao pozo. Pensei que se meabandonaran a saúde e a sorte no traballo e navida, ben podería cumprirse a terceira das miñaspeticións. Polo menos aquela moeda que eubotara ao pozo podería medrar ou críar fillos etransformarse nun tesouro que me permitisefuxir e vivir doutra maneira nun lugar moi afas-tado, onde ninguén me recoñecese.

Corrín ao claustro e coma un poseso, comase un demo íncubo me acabase de propoñer

4Contos de medo no Museo

Page 117: Contos museo medo copia libro museo

algún acto indecente, ao pasar por onda a pía deauga bentita, agora seca e chea de po, metín osdedos da man dereita dentro dela e persig-neime. Logo achegueime ao pozo, tirei domanubrio con forza e fun enrodelando a cordana roldana ata que o caldeiro, polos moitos anosque leva metido na auga sen que ninguén oairee, se presentou enferruxado. Como o díanon me era moi propicio dei en pensar que aomellor o cu do balde rompera, ou que aburatara,e, se así fose, a moeda, aquel peso vello, extravia-ríase nas entrañas do pozo.

O caldeiro, no entanto, aparentaba intacto,aínda que non se lle vía o fondo. E non se llevía porque estaba acugulado por un vurullo depelos e anacos de tea, todo revolto e empor-cado. Sen pensalo nin un só intre máis, agarreios pelos aqueles coa man, saqueinos para fórado cubo e fun apartando aquela pelánea mestae enmarañada coma se levase centos de anossen peitear nin rapar ata que, á fin, descubrínunha faciana. Era a cara do bocalán de Pedro(perdón, quero dicir do bocalán de Cascarilla),coa pel pálida e engurrada pero cos ollos rega-lados coma espellos posuídos pola imaxe domedo. Supoño eu que cando o matachín lle

Page 118: Contos museo medo copia libro museo

121

puxo diante dos fociños o coitelo listo paraliquidalo, a Cascarilla non lle deu tempo nin aapartar a vista.

Guindei a cabeza no caldeiro e deixeinobandeando polo pozo abaixo. Logo subín ataa sala onde estaba o retrato de Cascarilla porver se lle volvera ou non a cabeza, co desexode que todo fose un pesadelo ancorado namiña desesperación.

Pero o retrato seguía igual ca antes, o corpoata o pescozo coa chaqueta e o gabán, cos xor-nais debaixo do brazo dereito, sen a cabeza e,obviamente, tamén sen a boina. E así debe estaraínda, como o debe estar a súa cabeza dentro docaldeiro aló no fondal do pozo, agás que alguéna roubase ou que todo isto sexa un soño.

Só vos pido, agora que o sabedes case todo,que me aconselledes e que me respondades, se éque está na vosa man: Chamo os meus superio-res para que vaian ao pozo e comproben elesmesmos o que hai, ou calo para que non meacusen tamén da degolación de Cascarilla?

Falade! Dicídeme algo, por favor!

4O pozo dos desexos

Page 119: Contos museo medo copia libro museo

NNoticia dosautores

Page 120: Contos museo medo copia libro museo

NMarilar Aleixandre (Madrid, 1947)Nacín en Madrid nuns anos en que aínda había máis persoasque coches, ao revés que agora. Porén as miñas primeiraslembranzas son de Ceuta e de Doña Mencía, unha vila cordo-besa onde naceu meu pai. En Ceuta vivía nunha casa con xar-dín, horta e unha tartaruga, así que foi un gran cambio ir paraMadrid. Aos oito anos era a máis vella de seis irmáns e sobre-vivira a nove mudanzas. En Madrid estudei Bioloxía e partici-pei na resistencia clandestina contra o franquismo,afeccioneime aos tebeos, á música de rock e a andar en moto.Despois fixen autostop por Europa para asistir a concertos,escoitando a Jimi Hendrix ou The Who. Vin para Galicia en1973, son profesora na Universidade de Santiago de Compos-tela e escribo novelas para idades diversas, poesía ou guiónsde cómic. Algúns dos meus libros para rapazas e rapaces sonA expedición do Pacífico (1994), premios Merlín e da Crítica, Abanda sen futuro (1999), premio Lazarillo, A vaca de Fisterra(2003) e O monstro da chuvia (2003). Tamén escribín artigossobre a aprendizaxe das ciencias, como sete sobre a mareanegra do Prestige nas escolas galegas.

Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1951)A miña infancia desenvolveuse entre Xeve e Lérez. Nonnacín nun pazo e, de nena, nin tan sequera tiñamos biblio-teca no barrio. ¡Imaxinade no colexio ou na casa! Non paseifame de xurelos, nin de cariño, nin de contos. Si pasei famede libros, aínda que os que gozaba ás agachadas tiñan sabor alarpeiradas. Unha das miñas obrigas era carrexar auga dafonte de tres canos do Gramal, que alimentaba o lavadoiro.Cando ía ao anoitecer, vía vellas malvadas nas silveiras docamiño que daba ao río. Tamén chamabamos río ao lava-doiro. Os luns estaba ateigado de lavandeiras de oficio queentretiñan as frieiras facendo chacota das prendas íntimas:“mirade as bragas da miña señorita”. A min gustábanme osseus contos politicamente incorrectos.

Da escola, o máis fermoso que recordo é aquela caixa debotelliñas con tintas de cores, os recreos xogando na estrada,algunhas historias que están na Biblia... Cando rematei obacharelato, meus pais deixáronme decidir: ¿queres coser oufacer maxisterio? Decidinme por isto último e aí sigo. O díaque cheguei á miña primeira escola chorei e, o día que hou-ben de marchar, chorei aínda máis.

Dende o cuarto no que adoito escribir vese o Mosteiro deLérez, alá no alto. Nos días grises vólvese unha nube de pedrae nos días azuis semella un peixe na crista dunha onda. Ao

123

Page 121: Contos museo medo copia libro museo

fondo adivíñase o río. Encántame recitar poemas, aínda quenon os escribise eu. Gústame ler e descubrín que escribir atame permite tocar o piano aínda que non saiba. Ás veces, prés-tame mesturar vivencias e soños e crear historias. Outras dasmiñas afeccións son o teatro, a investigación etnográfica...

E se é certa a afirmación de que nos marcan as nosas circuns-tancias, que estamos feitos do que lembramos, intúo queestas cousas inflúen na miña maneira de escribir.

Javier Huerga García (A Coruña, 1974)Son licenciado en Belas Artes, especialidade de pintura, polaFacultade de Pontevedra, e Máster en Creación e Comunica-ción Dixital pola Universidade da Coruña. Participei en mos-tras colectivas de pintura e gravado. Profesionalmente nosúltimos anos estou dedicado a campos coma o deseño gráficoe a animación dixital.

Xosé A. Neira Cruz (Compostela, 1968) Son xornalista, escritor e profesor na Facultade de Cienciasda Comunicación da Universidade de Santiago de Compos-tela. En 1988 deime a coñecer como escritor ao acadar o premioMerlín 1988, galardón que volvería a gañar no ano 2000. O pre-mio O Barco de Vapor (nas edicións de 1997 e 1999), o premioRaíña Lupa de 2002 e o premio Lazarillo de 2004 sinalan amiña traxectoria como narrador, cultivada en máis de vinteobras publicadas. Entre 2000 e 2004 fun membro do ComitéExecutivo de IBBY e presidente do xurado internacional doPremio IBBY Asahi Reading Promotion. Desde 2003 sondirector da área infantil e xuvenil de Editorial Galaxia.

Antonio Reigosa (Zoñán, Mondoñedo, 1958)Traballo no Museo Provincial de Lugo desde 1982. Son mem-bro de Chaira, xunto a X. Cuba, M. Salvador e O. Carnero,grupo de investigación etnográfica dedicado a traballos derecompilación, investigación e divulgación de literatura oralcoma Polavila na Pontenova. Lendas, contos e romances e o recen-temente publicado Da fala dos brañegos. Literatura oral do conce-llo de Abadín. O outro tempo dedícollo a escribir libros, unsen colaboración con Xoán R. Cuba e Xosé Miranda coma oDiccionario dos seres míticos galegos, Contos colorados. Narraciónseróticas da tradición oral, Pequena mitoloxía de Galicia, ou acolección de doce tomos dedicada aos contos galegos de tra-dición oral chamada Cabalo buligán. Con Xosé Miranda escri-bín Cando os animais falaban. Cen historias daquel tempo e oprimeiro número da colección “Lendas de Galicia” que leva

Page 122: Contos museo medo copia libro museo

por título Arrepíos e outros medos. Historias galegas de fantasmas ede terror. En solitario son autor de Memorias dun raposo, Resal-gario, O galo avisado e o raposo trampulleiro e Bacoriño. Tiven asorte de recibir premios coma o Facho 1989, o Merlín 1998 eo Raíña Lupa 2001.

125

Page 123: Contos museo medo copia libro museo

I

Page 124: Contos museo medo copia libro museo

I Índice

PresentaciónAntón Bao Abelleira 6Aurelia Balseiro García 8

Rutas literarias polo museoDepartamento de Didáctica 11

O botón encarnadoMarilar Aleixandre 19

Sangue de gato negroFina Casalderrey 45

O anel dos destinos cruzadosXosé A. Neira Cruz 73

O pozo dos desexosAntonio Reigosa 105

Noticia dos autores 123

Page 125: Contos museo medo copia libro museo

2009Esta 2.ª edición de Contos de medo nomuseo rematouse de imprimir entre

os días 17 de maio, Día das LetrasGalegas, e 18 de maio de 2009, Día

Internacional dos Museos.