20

Cuadernillo desire 2.0

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Cuadenillo entregado na presentación do proxecto Desire 2, nas I Xornadas de Formación para o Emprego, onde se difundiron as accións de apoio e acompañamento á formación, convocatoria 2009, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo. Novembro 2010, Santiago de Compostela.

Citation preview

Page 1: Cuadernillo desire 2.0
Page 2: Cuadernillo desire 2.0
Page 3: Cuadernillo desire 2.0

desire2.0

catálogo de recursos didácticoswww.proxectodesire.eu

Proxecto

vimeo

colaboración

estándares

slideshare

twitter

Estándares

xml

scorm

std

w3cxhtml

css

rfc

alcance

usuarios

foros

gnu/gpl

mpl

bsd

mitl

redacción

programación

validaciónweb 2.0

redes sociais

colaboración

estándares

accións complementarias

educación

docentes

futuro

compromiso

Formación

Formación

Licenzas

Licenzas

Web 2.0

ProxectoWeb 2.0Estándares

creative commons

webinars

panel expertos

interoperabilidade

Catalogación e distribución de materiais didacticos ligados aosnovos Certificados Profesionais : Desire 2.0, repositorio mellorado

para a catalogación de obxectos de aprendizaxe dixital

Accións Complementarias e de Acompañamento á Formación. Convocatoria 2009

Page 4: Cuadernillo desire 2.0

2

Page 5: Cuadernillo desire 2.0

3

desire2.0

catálogo de recursos didácticos

INTRODUCIÓN

A Fundación Formación e Emprego de Galicia (FOREM Galicia) é consciente davelocidade a que avanza a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) en materiasde formación e emprego. Froito desa conciencia e directamente vinculada á filosofía epolítica da nosa organización, presentamos o proxecto “CCatalogación e distribución demateriais didacticos ligados os novos Certificados Profesionais Desire 2.0, repositoriomellorado para a catalogación de obxectos de aprendizaxe dixital”.

O Proxecto Desire 2.0 é un repositorio de obxectos de aprendizaxe (ROA) ligado aoscertificados de profesionalidade. Estes establecen un escenario no que o catálogo dascualificacións profesionais do INCUAL, empregando un símil teatral, sería o foro quemarca o que ocorre nos planos e no proscenio. Fai unha aposta pola flexibilidade (unhaparte de cada módulo formativo pode cursarse de forma non presencial). A innovaciónestá ligada á tecnoloxía só en parte. A magnitude dos cambios que implica a incorporacióntecnolóxica, a aprendizaxe social, leva a un novo paradigma do proceso de ensino-aprendizaxe. Para integrar as TIC na aprendizaxe fan falla competencias nos docentes, fanfalla contidos e actividades en formatos adecuados e, sobre todo, un cambio dementalidade en todos os actores para cambiar os seus roles tradicionais. A experienciadi que os materiais que se confeccionan con fondos públicos, unha vez acabado oproxecto, non se reutilizan suficientemente e fano rara vez fóra da organización que osprepara.

O retorno do investimento é moi baixo para o sistema, no mellor dos casos. Uncatálogo/repositorio dos materiais dispoñibles podería contribuír decisivamente acambiar esta situación. Ningunha organización pode ser capaz de actualizarpermanentemente todos os materiais que precisa. A actuación dos docentes comoactualizadores, buscadores e creadores de materiais complementarios é clave. A web2.0, a web social, esixe unha formación 2.0, unha aprendizaxe social, incluso concontornos persoais de aprendizaxe, con grande intervención dos usuarios na creación ebusca de contidos.

Page 6: Cuadernillo desire 2.0

4

desire2.0

catálogo de recursos didácticos

O PROXECTO

A materialización do traballo desenvolto durante o ano 2010 é un sitio web accesible,seguro e estable dispoñible na URL hhttp://www.proxectodesire.eu, onde os usuarios achegane descargan obxectos de aprendizaxe e recursos dixitais.

Os principais obxectivos do proxecto son:

1.- Catalogación de obxectos de aprendizaxe reutilizables procedentes de diversasfontes, en especial os realizados en accións complementarias 2008-2009.

2.- Revisión de sistemas de busca e presentación dos obxectos.

3.- Implementación dun sistema de descarga seguro.

4.- Creación dunha comunidade de práctica, desenvolvendo accións para aampliación da dimensión social do sitio.

5.- Empaquetado do sistema completo e do código fonte para a súa distribución nodominio público.

Cando falamos dun ROA é necesario definir os principais compoñentes para poder ter unhavisión global clara e definida do proxeto.

a) Compoñentes tecnolóxicos do e-learning

Desire 2.0 é o resultado dun proceso de integración e innovación tecnolóxica que permitea comunicación e interacción entre usuarios e contidos:

LMS (learning management system) é o software encargado dos procesos administrativose da xestión de aprendizaxe. Desire 2.0 emprega Moodle.

Page 7: Cuadernillo desire 2.0

5

desire2.0

catálogo de recursos didácticos

CMS (content management system) é o software encargado de mostrar, clasificar, exportare servir como plataforma de edición de contidos.

bb) Repositorio

Coa aparición do e-learning e dos obxectos de aprendizaxe xorden as necesidadesparticulares para xestionar os contidos formativos. Os repositorios de obxectos deaprendizaxe son sitios web de referencia nos que a información acerca destes obxectos semantén actualizada e a disposición dos usuarios. Desire 2.0 é un repositorio mixto, xa quealmacena metadatos e tamén os seus contidos.

c) Obxectos de aprendizaxe.

Hoxe en día resulta complexo e non existe consenso estandarizado sobre o que podemosconsiderar un obxecto de aprendizaxe. De feito, un bo resumo da evolución do conceptopodemos atopala no informe UUso de estándares aplicados a TIC en educación, publicadopolo Instituto de Tecnoloxías Educativas (ITE), pertencente ao Ministerio de Educación eCiencia. No seu apartado 2.4 Objetos de aprendizaje:

Desire 2.0 é un repositorio mixto de arquivos e metadatos.

Page 8: Cuadernillo desire 2.0

6

desire2.0

catálogo de recursos didácticos

“La definición más citada en la literatura es la de IEEE, propuesta en uno de los pocosestándares relacionados con e-learning que han sido aprobados. Este es LOM, en el quese define un objeto de aprendizaje como “cualquier entidad, digital o no digital, quepuede ser utilizada, para el aprendizaje, la educación o el entrenamiento”

“En realidad IEEE actualmente ha redefinido ligeramente el concepto de objeto deaprendizaje como cualquier entidad digital o no digital que puede ser usada, reutilizadao referenciada durante un proceso de aprendizaje apoyado por la tecnología “

outras evolucións do concepto poden consultarse no mesmo apartado 2.4 do citado informe.

A importancia de consensuar unha definición de obxecto de aprendizaxe foi fundamentalpara garantir o éxito do noso proxecto, xa que atopar o equilibrio entre a rigorosidade e acontribución docente era a fonte que nos permitiría conseguir achegas por parte doscreadores de contidos, e se os requisitos eran moitos, a comunidade quedaría desalentadae as achegas serían mínimas.

“É fundamental distinguir entre obxecto e recurso didáctico”

d) Estándares

O manexo de diferentes tipos de recursos para diferentes aplicacións e plataformasdesenvoltas en distintas tecnoloxías é un tópico clave. Desire 2.0 utiliza e implementa osseguintes estándares para conseguir a ansiada interoperabilidade entre distintas plataformas:

Estándar LOM-ES Learning Object Metadata (norma UNE 71361:2009) para a etiquetaxe deobxectos. Os metadatos son información sobre o propio obxecto. A falta de información sobreos obxectos limita, de xeito fundamental e crítico, a capacidade para a procura, xestión e usode obxectos. Este estándar afronta este problema ao definir unha estrutura para a descricióninteroperable de obxectos educativos. O propósito do estándar é facilitar a procura,avaliación, adquisición, o intercambio e o uso compartido de obxectos educativos. Oselementos de datos, do estándar LOM-Es, están agrupados en nove categorías, e dentro decada unha delas, no proxecto Desire, utilizamos as etiquetas obrigadas mínimas eimprescindibles.

Page 9: Cuadernillo desire 2.0

7

desire2.0

catálogo de recursos didácticos

Estándares WAI e recomendacións W3C. A Web Accessibility Initiative (WAI), ou Iniciativapara a Accesibilidade Web, é unha rama do World Wide Web Consortium que vela polaaccesibilidade da Web. A WAI publica as guías de accesibilidade e contido web que especificanos requisitos de accesibilidade segundo tres niveis, denominados A, AA e AAA, e quecorresponden respectivamente a criterios mínimos de accesibilidade, estendidos, eaccesibilidade máxima. No sitio desenvolto, e para permitirmos unha audiencia o máis extensaposible de usuarios con distintos niveis de dotación tecnolóxica e capacidade sensorial, tratamosde seguir as devanditas normas para garantir o acceso á información do noso repositorio.

XML, acrónimo de eXXtensible MMarkup LLanguage ou linguaxe de marcas extensible, é unhametalinguaxe extensible de etiquetas desenvolta polo World Wide Web Consortium (W3C).XML é un estándar para o intercambio de información estruturada entre diferentesplataformas, e é utilizado no proxecto Desire para ‘ofrecer’o intercambio de información entreplataformas ou repositorios que o poidan ler e incorporar, capturando a ‘ficha’ da familiaprofesional ou obxecto do noso repositorio para presentar no seu portal ou referenciar.

“Os estándares: os modelos que cómpre seguir e implementar para lograr os obxectivos...”

ACHEGAS DE OBXECTOS

Para colaborar no repositorio e preciso estar dado de alta no sitio wwww.proxectodesire.eu

O proceso e sinxelo en non difire de calquera outra alta nun servizo web 2.0. A conta decorreo solicitada no proceso, ademais do nome de usuario e contrasinal, utilizarase para oenvío de boletíns e confirmación de as achegas feitas polo usuario.

Page 10: Cuadernillo desire 2.0

8

desire2.0

catálogo de recursos didácticos

As achegas, como xa se indicou, teñen que estar relacionadas co Sistema Nacional deCualilficacións Profesionais, asociando o obxecto de aprendizaxe, ou o recurso didáctico,coa Cualifación profesional correspondente e dentro desta a Unidade de Competencia noque o obxecto se podería aplicar para acadar os seus criterios de realización.

Co obxecto de flexibilizar o proceso de catalogación, respecto o estándar LOM-ES, o equipodo proxecto acordou que era mellor permitir que o usuario cumprimentara parte dos camposa que non subira o obxecto debido a rixidez das condicións. Por iso se permite que o usuarioachegue o obxecto sen cumprimentar a totalidade dos campos xa que logo o obxectopresentará unha serie de alarmas en relación coa finalización do traballo, e o usuario poderácompletar a catalogación do estándar mais tarde, cando se sinta cómodo achegando ecompartindo obxectos de aprendizaxe.

Unha vez subido o obxecto, o usuario recibe confirmación vía correo electrónico e unenlace a ficha do obxecto aportado, co porcentaxe de cumplimentación respeecto osmetadatos.

Page 11: Cuadernillo desire 2.0

9

desire2.0

catálogo de recursos didácticos

EXPERIENCIA PILOTO E COMUNIDADE PRÁCTICA

Do mesmo xeito que na pasada edición, o concurso de deseño de obxectos de aprendizaxefoi parte primordial da promoción do noso repositorio. Na pasada edición tivemos aexperiencia de elixir medios de difusión do concurso máis globais, sen lles prestarmosatención aos medios locais. Nesta edición fixemos unha dobre aposta que non fixo máis queconfirmar o erro da pasada edición. Por unha banda, promocionouse o concurso a través demedios globais, utilizando as redes sociais e portais relacionados co sector e a redeDidáctica, TIC e innovación educativa, pertencente ao servizo de listas de distribución dacomunidade académica española.

No concurso, e respecto da pasada edición, precisáronse algúns aspectos de tipo técnicoe relaxáronse outros que podían afastar a posibles interesados. Lembremos que o obxectivodo concurso é dobre: fomentar o uso de ferramentas 2.0 e atraer os participantes ácomunidade de práctica do Desire.

Page 12: Cuadernillo desire 2.0

10

desire2.0

catálogo de recursos didácticos

As condicións técnicas destacables do concurso recalcaron os seguintes aspectos:

- Os obxectos presentados deben estar relacionados con algunha das familiasprofesionais do Sistema Nacional de Cualifiacións, aspecto sen o cal non terían sentidono noso proxecto.

- O obxecto de aprendizaxe debía ser etiquetado mediante o estándar LOM-Es paragarantir a súa transferibilidade e recuperación.

- O obxecto achegado ao concurso publicarase baixo licenza Creative Commons [by-nc-sa].

Respecto dos criterios de valoración

Estes xiraron en torno á ferramenta LORI_ESP Instrumento para a avaliación de obxectosde aprendizaxe, cos seguintes criterios de avaliación:

- Calidade de contido: veracidade, exactitude e equilibrio na presentación dos contidose nivel de detalle axeitado.

- Adecuación dos obxectos de aprendizaxe: adecuación entre os obxectivos deaprendizaxe, actividades, avaliacións e características dos alumnos aos que se dirixe.

- Motivación: capacidade para motivar e crear interese con relación aos alumnos aosque se dirixe.

- Interactividade e adaptación: promoción da interactividade dos estudantes e adaptaciónás súas necesidades.

- Presentación: características do deseño orientadas a favorecer a aprendizaxe e odesenvolvemento cognitivo.

- Usabilidade da interacción: facilidade de navegación, interface intuitiva e calidade dostemas de axuda.

- Accesibilidade: deseño dos controis e presentación dos formatos axeitados aos alumnoscon discapacidade.

- Reusabilidade: posibilidade de uso en contextos de aprendizaxe distintos e conestudantes con traxectorias distintas.

- Conformidade a estándares: aplicación dalgún dos estándares ou especificaciónsinternacionais.

Os tres obxectos premiados foron:

1º Premio: Guia html achegado por Jose Riveiro. Asociado á familia profesional Informáticae comunicacións, á cualificación profesional Confección e publicación de páxinas web,e á unidade Construír páxinas web.

Page 13: Cuadernillo desire 2.0

11

desire2.0

catálogo de recursos didácticos

2º Premio: Arranque dun motor por proceso marcha-paro, achegado por Miguel GarcíaMartín. Asociado á familia profesional Transporte e mantemento de vehí culos, ácualificación profesional Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares, e á unidadeManter os sistemas auxiliares do motor térmico.

3º Premio: Guía Active Inspire, de Emilio Cortizas. Asociado á familia profesionalCompetencias transversais e á cualificación profesional Instrumentais.

Máis información sobre o concurso en hhttp://www.proxectodesire.eu/concurso

Detalle ficha dos metadatos do obxecto gañador do concurso

Page 14: Cuadernillo desire 2.0

12

desire2.0

catálogo de recursos didácticos

WEB 2.0 E COMUNIDADE PRÁCTICA

Articular unha comunidade de práctica de utilidade para todos os actores do sistema é undos obxectivos primordiais do proxecto Desire. Unha comunidade que pase da cultura dacompetencia á cultura da colaboración (ou do modelo catedral ao modelo bazar como nosrecordaría Gorka Palazio no seu webinar).

Para fomentar esta comunidade seleccionáronse catro expertos que puideran liderar esteobxectivo, ademais dos membros do equipo do proxecto, e establecéronse catro webinarscon distintos obxectivos:

`Xogo Serio´, iimpartido por Lucio Margulis. O noso primeiro webinar cun obxectivo claro:facer un cambio de óptica sobre o noso traballo como docentes e construír grupo.

Gorka Palazio, `Ferramentas 2.0 na educación e na formación´. Coñecer da man desteexperto as ferramentas que como docentes poden ser de axuda para afrontar o cambio deparadigma que nos ocupa.

Sergio Vasquez Bronfman, `Deseñar cursos para aprender facendo´. Unha perspectivadende o punto de vista do deseño de programas e obxectos de aprendizaxe cara á modalidadee-learning e b-learning

Esperanza Roman Mendoza, `Twitter, nova canle de comunicación para a formación´.Coñecer twitter e as súas aplicacións dende o punto de vista empresarial e docente foi oobxectivo do noso último webinar.

Todos os webinars forom impartidos no noso espazo Elluminate e difundidos a través dapáxina do portal Desire, o twitter do proxecto (@proxectodeire), correo electrónico e algúnsportais do sector como wwww.aefol.com

Page 15: Cuadernillo desire 2.0

13

desire2.0

catálogo de recursos didácticos

Conforme o proxecto avanzaba, a estratexia de alarmas e comunicación de novos webinarsfoi centrándose nas canles específicas do proxecto Desire: o propio portal e a canle twitter@proxectodesire, co obxecto de asentar a comunidade nos nosos espazos.

Todos os webinars desenvoltos están dispoñibles no espazohttp://www.proxectodesire.eu/vimeo para súa consulta, descarga, enlace ou embebidonoutros portais.

Twitter foi o espazo social seleccionado para a comunicación e para estarmos ao tantodas novas do proxecto. Aspectos como a precisión na mensaxe, a seguridade en canto adatos solicitados, e a dispoñibilidade para clientes móbiles foron claros para elixilo.

“A evolución progresiva do número de seguidores do proxecto Desire 2.0 en Twitter ratifica o éxito daexperiencia piloto e confirma a creación dunha “comunidade práctica” que xira arredor do repositorio”

ACHEGAS DO PROXECTO

O proxecto Desire 2.0 debe servirlles de estímulo a docentes e usuarios para compartircoñecementos. Entendemos que actualmente a formación precisa imperiosamente un cambiode mentalidade que considere o coñecemento como algo para compartir. O cambio debemosenfocalo como un “presente inmediato” e como un proceso de adaptación “futuro e difuso”.Gobernos e institucións decatáronse dos beneficios do coñecemento aberto e da relacióndirecta existente coas novas tecnoloxías. O ser humano aprende, ensina e emprega os seuscoñecementos na medida da liberdade que teña para facelo. As novas tecnoloxías dainformación e comunicación (TIC) non fan máis que consolidar o “novo” proceso de formacióne coñecemento do individuo.

Page 16: Cuadernillo desire 2.0

14

desire2.0

catálogo de recursos didácticos

As liberdades e dereitos con respecto ao software libre espalláronse ao terreo docoñecemento, colmando a seguinte noción, moi estendida, de coñecemento libre:

- O coñecemento libre pode ser libremente adquirido e libremente usado, con calquerapropósito e sen necesitar o permiso de ninguén (libertad 0).

- O coñecemento libre pode adaptarse libremente ás necesidades do adquisidor (libertad 1).O acceso a unha fonte modificable do coñecemento é unha precondición para isto.

- O coñecemento libre pode compartirse libremente cos demais (libertad 2).

- O coñecemento libre é tal que pode mellorarse e as súas versións adaptadas emelloradas poden compartirse libremente cos demais, para que así se beneficie acomunidade enteira (libertad 3). O acceso a unha fonte modificable do coñecemento éunha precondición para isto.

En Desire 2.0 intentamos, na medida do posible, cumprir as catro liberdades, liberando oscontidos baixo licenzas non restritivas Creative Commons para os textos e imaxes, e licenzasGNU/GPL e BSD para a maioría dos desenvolvementos de software.

QUE PROPORCIONA O PROXECTO?

- Catalogación de obxectos de aprendizaxe e recursos didácticos procendentes dasAccións Complementarias 2008-2009.

- Módulo GPL para a catalogación de recursos didácticos e obxectos de aprendizaxe.

- Base de datos do Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais en formato SQLactualizada.

- Empaquetado do sistema completo e funcional nun LiveDVD baseado no sistemaoperativo libre e gratuíto GNU/Linux

Descarga o código fonte do proxecto en hhttp://www.proxectodesire.eu/code

“As licenzas non restritivas garanten a libre difusión dos contidos”

Page 17: Cuadernillo desire 2.0

15

desire2.0

catálogo de recursos didácticos

DESEÑO GRÁFICO

Fontes engadidas de Google Font Directory

Yanone Kaffeesatz

Coles utilizadas a maiores:

#FFA900rgb(246,167,23)

#9CB725rgb(156,183,36)

#2786C2rgb(39,134,194)

Page 18: Cuadernillo desire 2.0

16

Page 19: Cuadernillo desire 2.0
Page 20: Cuadernillo desire 2.0