3
ORIENTACIÓNS PARA O ESTUDO DA UNIDADE INTRODUTORIA E DA UNIDADE 1 Ao rematar de estudar esta unidade, deberíades poder responder estas preguntas: 1. Como diferencias a Ciencia do que non o é? 2. Por que se di que o método científico é hipotético-deductivo? 3. Que é a inducción? E a deducción? Pon un exemplo de cada unha. 4. Que diferencia unha hipótese dunha teoría? E dunha lei? 5. Por que a evolución é unha teoría e non unha hipótese? 6. Por que nun experimento os resultados teñen que ser reproducibles? 7. Que sabes sobre o home de Piltdown? 8. Que é o coñecemento ordinario? Todo o coñecemento ordinario é falso? 9. Que é unha pseudociencia? Pon algún exemplo de consecuencias negativas da implantación dunha pseudociencia nunha sociedade. 10. Indica algunha das características que soen ter as pseudociencias? 11. Pon varios exemplos de pseudociencias. 12. Cando ocorreu o Big Bang? 13. En que consistiu? 14. Hai probas de que ocorrera? Cales? 15. Cal é o destino dunha estrela de masa semellante ou menor ao Sol? E dunha maior? 16. Onde se formaron os elementos máis pesados có ferro? E os outros? 17. Que evidencias hai da existencia de materia escura no Universo? Que efecto ten a enerxía escura? 18. En que consisten as reaccións nucleares que ocorren nas estrelas? 19. Cales son os compoñentes do Sistema Solar? 20. Como se clasifican os planetas?

Cuestións orientativas unidades 0 e 1

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Cuestións orientativas dos temas 0 e 1 de CMC

Citation preview

ORIENTACIÓNS PARA O ESTUDO DA UNIDADE INTRODUTORIA E DA UNIDADE 1

Ao rematar de estudar esta unidade, deberíades poder responder estas preguntas:

1. Como diferencias a Ciencia do que non o é?

2. Por que se di que o método científico é hipotético-deductivo?

3. Que é a inducción? E a deducción? Pon un exemplo de cada unha.

4. Que diferencia unha hipótese dunha teoría? E dunha lei?

5. Por que a evolución é unha teoría e non unha hipótese?

6. Por que nun experimento os resultados teñen que ser reproducibles?

7. Que sabes sobre o home de Piltdown?

8. Que é o coñecemento ordinario? Todo o coñecemento ordinario é falso?

9. Que é unha pseudociencia? Pon algún exemplo de consecuencias negativas da

implantación dunha pseudociencia nunha sociedade.

10. Indica algunha das características que soen ter as pseudociencias?

11. Pon varios exemplos de pseudociencias.

12. Cando ocorreu o Big Bang?

13. En que consistiu?

14. Hai probas de que ocorrera? Cales?

15. Cal é o destino dunha estrela de masa semellante ou menor ao Sol? E dunha maior?

16. Onde se formaron os elementos máis pesados có ferro? E os outros?

17. Que evidencias hai da existencia de materia escura no Universo? Que efecto ten a

enerxía escura?

18. En que consisten as reaccións nucleares que ocorren nas estrelas?

19. Cales son os compoñentes do Sistema Solar?

20. Como se clasifican os planetas?

21. Que levou a considerar a Plutón un planeta anano?

22. Que son o ano luz e a unidade astronómica e a cantos km equivalen?

23. Sitúa ao noso planeta no Universo.

24. Que é un burato negro? Por que non se ve?

25. Que é unha supernova?

26. Que é unha anana branca?

27. Por que os planetas interiores son diferentes aos exteriores?

28. Por que a Terra está formada por diferentes capas? Cales son?

29. Cal é a diferenza entre un meteoroide e un meteorito?

30. Onde se sitúan os asteroides no Sistema Solar?

31. Que son o cinto de Kuiper e a nube de Oort?

32. Cales son as diferenzas entre as teorías xeocéntrica e heliocéntrica? Quen foron os

principais defensores de cada unha?

33. Cando se formou a Terra?

34. Como se formou a Lúa?

35. En que se diferencia un satélite dun planeta?

36. En que consiste o efecto Doppler?

37. Que son os planetesimais?

38. Como se explica a formación do Sistema Solar?

39. Por que as estrelas emiten luz?

40. Por que foi importante a figura de Galileo Galilei? E Copérnico?

41. Cales son as características que debe ter un planeta para ser habitable.

42. Onde e como se orixina unha estrela?

43. Aceptamos hoxe en día o heliocentrismo tal e como foi formulado por Copérnico?

44. Hai diferentes hipóteses para explicar o futuro do Universo. Cales son e en que

consisten?