5
Como describir un obxecto Para describir un obxecto temos que responder a preguntas como... ...que é? ...de que tamaño é? ...de que está feito? ...ten partes? ...que forma e cor ten? ...para que serve? A descrición de obxectos dirixe a atención do lector cara a detalles importantes. Para describir un obxecto detállanse os seus trazos máis característicos: forma, tamaño, impresión que produce. Se o obxecto ten diferentes partes, cítanse ordenadamente. Nas descricións de obxectos soen empregarse termos específicos; por exemplo, na descrición dun reloxo de parede, úsanse palabras como caixa, esfera, pesas, péndulo... Un método para describir obxectos consiste en comparar un obxecto con outro. Ao comparar podemos utilizar dous tipos de trazos: Os trazos diferenciais de cada obxecto: características que distinguen a uns doutros. Os trazos comúns ás cousas que comparamos: características que fan que poidamos agrupar aos seres en clases. Para comparar hai que ter en conta o seguinte: Debemos comparar variables análogas. Ao comparar obxectos podemos observar o tamaño, a forma, a materia, o prezo, a procedencia... Debemos indicar as semellanzas e as diferenzas. Débese ordenar a comparación. Primeiro as semellanzas e despois as diferenzas ou ao contrario. O violonchelo e o violín O violonchelo é, coma o violín, un instrumento de corda. A súa forma es similar e ambos se tocan coa axuda dun arco. Estes dous instrumentos diferéncianse polo seu tamaño e o seu son. o violín é pequeno e o seu son é suave e agudo, mentres que o violonchelo é grande e de tonalidade moi grave. Listado de adxectivos e substantivos para describir obxectos Tamaño Grande, enorme, xigantesco, alto, ancho, baixo, delgado, fino, groso, espazoso, pequeno, longo, curto, amplo, mínima, estreito, minúsculo, escaso, reducido, Forma Torcido, triangular, cadrado, redondo, ovalado,aguzado, plano, redonda, esférica, redondeada, cilíndrica, cadrada, ovalada, recta, curva, inclinada, cónica, delgada, alongada, achatada, fina, estreita, ancha, picuda, achatada, rectilínea... Aspecto Antigo, tradicional, actual, moderno, claro, escuro, espeso, lixeiro, en mal estado, rochoso, férreo, metalizado, robusto, rugoso, liso, suave, áspero, graxenta, ... Material De madeira, ferro, caucho, aluminio, aceiro, plástico, cristal, cerámica, pedra, porcelana, xeso, papel, cartón, tea, barro, arxila... Sabor Doce, amargo, salgado, acedo, saboroso, rico, insípido, non sabe a nada, forte, agradable, desagradable,... Olor Delicioso, forte, desagradable, nauseabundo, rico, suave, perfumado, penetrante...

Describir obxectos 3_ciclo

  • Upload
    fiz

  • View
    391

  • Download
    8

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Describir obxectos 3_ciclo

Como describir un obxecto

Para describir un obxecto temos que responder a preguntas como...

...que é? ...de que tamaño é? ...de que está feito?

...ten partes? ...que forma e cor ten? ...para que serve?

A descrición de obxectos dirixe a atención do lector cara a detalles importantes.

Para describir un obxecto detállanse os seus trazos máis característicos: forma, tamaño, impresión que produce. Se o obxecto ten diferentes partes, cítanse ordenadamente.

Nas descricións de obxectos soen empregarse termos específicos; por exemplo, na descrición dun reloxo de parede, úsanse palabras como caixa, esfera, pesas, péndulo...

Un método para describir obxectos consiste en comparar un obxecto con outro. Ao comparar podemos utilizar dous tipos de trazos:

Os trazos diferenciais de cada obxecto: características que distinguen a uns doutros.

Os trazos comúns ás cousas que comparamos: características que fan que poidamos agrupar aos seres en clases.

Para comparar hai que ter en conta o seguinte:

Debemos comparar variables análogas. Ao comparar obxectos podemos observar o tamaño, a forma, a materia, o prezo, a procedencia...

Debemos indicar as semellanzas e as diferenzas. Débese ordenar a comparación. Primeiro as semellanzas e despois as

diferenzas ou ao contrario.

O violonchelo e o violín

O violonchelo é, coma o violín, un instrumento de corda. A súa forma es similar e ambos se tocan coa axuda dun arco. Estes dous instrumentos diferéncianse polo seu tamaño e o seu son. o violín é pequeno e o seu son é suave e agudo, mentres que o violonchelo é grande e de tonalidade moi grave.

Listado de adxectivos e substantivos para describir obxectos

Tamaño Grande, enorme, xigantesco, alto, ancho, baixo, delgado, fino, groso, espazoso, pequeno, longo, curto, amplo, mínima, estreito, minúsculo, escaso, reducido,

Forma Torcido, triangular, cadrado, redondo, ovalado,aguzado, plano, redonda, esférica, redondeada, cilíndrica, cadrada, ovalada, recta, curva, inclinada, cónica, delgada, alongada, achatada, fina, estreita, ancha, picuda, achatada, rectilínea...

Aspecto Antigo, tradicional, actual, moderno, claro, escuro, espeso, lixeiro, en mal estado, rochoso, férreo, metalizado, robusto, rugoso, liso, suave, áspero, graxenta, ...

Material De madeira, ferro, caucho, aluminio, aceiro, plástico, cristal, cerámica, pedra, porcelana, xeso, papel, cartón, tea, barro, arxila...

Sabor Doce, amargo, salgado, acedo, saboroso, rico, insípido, non sabe a nada, forte, agradable, desagradable,...

Olor Delicioso, forte, desagradable, nauseabundo, rico, suave, perfumado, penetrante...

Page 2: Describir obxectos 3_ciclo
Page 3: Describir obxectos 3_ciclo

3º ciclo:

Frase para comezar Podemos comezar a descrición de moitas formas. Aquí amosámosche algunhas, aínda que seguro que a ti se che ocorren bastantes máis. 1. O … é un … que serve para... 2. Paseando polo … (parque, rúa,...) vin un (banco, coche,…) que me resultou moi … (curioso, atractivo, bonito, cómodo,...). Era … 3. Son un … (nome do obxecto) e síntome moi (orgulloso, importante, ledo, triste...) do traballo que fago, pois... 4. Na (mesa, entrada, escaleira, parede...) hai un … (obxecto descrito) que me chama a atención pola súa …. 5. Vou a describir un … Intentarei facelo o mellor posible. 6. Fai tempo tiven un precioso.... (obxecto descrito). Era o meu …. favorito.

Frase para rematar É a última fase de nosa descrición. Trátase de redactar una frase que dalgunha forma defina as miñas percepcións persoais. 1. Eu pásoo moi ben xogando co meu... (boneco, peluche, xoguete del tipo que sexa..) 2. O meu ... é precioso, o polo menos a min parécemo. 3. Este... resúltame... (horrible, feo, demasiado vello), polo que estou desexando... (comprarme outro, que o cambien, que o quiten...) 4. Encántame o... polo seu... (agradable, sinxelo, fermoso...) olor, sabor, aspecto...

Page 4: Describir obxectos 3_ciclo

Tendo en conta o anterior, describe os seguintes obxectos:

Page 5: Describir obxectos 3_ciclo