5
DÍA DA PAZ en Infantil A través do libro “Un cadro de Picasso”, descubrimos os efectos desvastadores da guerra rexeitando calquera forma de violencia para a solución de conflitos, valorando o feito de vivir en paz. Despois, entre todos montamos un puzzle xigante do Guernica e para decoralo empregamos legumes, café, pasta, arroz… Os tocamos, os ulimos, incluso os probamos,… tamén os machacamos e preparamos todo para deixar ben colorido o noso Guernica

Día da Paz

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Día da Paz

DÍA DA PAZ en Infantil

A través do libro “Un cadro de Picasso”, descubrimos os

efectos desvastadores da guerra rexeitando calquera forma

de violencia para a solución de conflitos, valorando o feito

de vivir en paz.

Despois, entre todos montamos un puzzle xigante do

Guernica e para decoralo empregamos legumes, café,

pasta, arroz…

Os tocamos, os ulimos, incluso os

probamos,…

tamén os machacamos e

preparamos todo para deixar

ben colorido o noso Guernica

Page 2: Día da Paz
Page 3: Día da Paz

E chegado o 30 xaneiro comezamos o “Día da

Paz” cun bo conto!: “A cociñeira do rei” (de Oqo

editora) un relato dunha pequena nena

chamada Mencía que irá ao palacio do rei coas

súas melloras receitas e cun ingrediente segredo

que lle botaba a súa avoa a todos os platos:

ilusión, agarimo e alegría…

con estes ingredientes non hai menú que falle e que non chegue ao

corazón!

Así que nós tamén decidimos facer unhas galletas para compartir o

Día da Paz e que tamén terían o noso ingrediente segredo…

A profe trouxo uns pós máxicos que se convertían naquilo que

queríamos repartir o “Día da Paz”: amor, cariño, bicos, arcoiris,

abrazos… só tiñamos que facer o noso conxuro máxico:

TRIS TRAS

TRIS TRAS

EN (AMOR, CARIÑO, BICOS…)

TE CONVERTIRÁS

Unha vez tivemos todos os

ingredientes só quedaba poñernos

mans a obra!

Page 4: Día da Paz

Botamos azucre, fariña, manteiga e pós máxicos… de cariño, amor,

flores… outros cargaban un pouquiño máis de bicos ou de arcoiris…

a gusto do chef!

A continuación estiramos a masa cos rodelos e con moldes démoslles

forma.

Page 5: Día da Paz

E por último o mellor de todo! Enfornar as galletas e comelas!

Non dabamos crédito o boas que estaban e as fixeramos nós

mesmos! Iso foi o mellor de todo.

Por suposto repartirmos as nosas galletas… con moito amor,

cariño, alegría…

A 30 de xaneiro de 2015

Fontes-Baíña