15
EFECTOS ÓPTICOS SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA 11 DE MARZO, 2015

Efectos ópticos

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Efectos ópticos

EFECTOS ÓPTICOSSALÓN DO LIBRO

INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA11 DE MARZO, 2015

Page 2: Efectos ópticos

Imos mostrar algúns dos efectos ópticos que nos ensinou Iciar no obradoiro ao que asistimos na visita ao Salón do Libro de Pontevedra.

Aula de 5ºC.E.P. X.Mª Brea Segade

Page 3: Efectos ópticos

Efecto Moiré• É o efecto que se ve ao

superpoñer dous conxuntos

de liñas paralelas con distinta

inclinación.

• Ao deslizar unhas liñas sobre

as outras vemos na lámina de

debaixo o debuxo movéndose.

• No Salón vimos unha lámina

que ao pasarlle por riba a

outra deixaba ver o debuxo

dunha muller.

Page 4: Efectos ópticos

Tamén vimos libros feitos co efecto Moiré

Page 5: Efectos ópticos
Page 6: Efectos ópticos

Refracción da luz• Este efecto é provocado pola refracción da luz no vaso cheo de auga.

• Primeiro tes que debuxar unha frecha nun papel branco. Despois temos que encher de auga un vaso transparente. E finalmente tes que poñer a frecha por detrás do vaso cheo de auga e mirar o que pasa . A frecha cambia de dirección!

Page 7: Efectos ópticos

Auga e luz• Para facer o truco do “chao-chao moeda” necesítase : un vaso, unha moeda e auga.

• PRIMEIRO : Poñemos a moeda debaixo do vaso; ainda se ve.

SEGUNDO : Enchemos o vaso de auga, co reflexo da luz a moeda desaparece.

Page 8: Efectos ópticos

• O vaso ten que estar á altura dos teus ollos. Podes sentarte nunha cadeira e poñer o vaso enriba dunha caixa que tería que estar sobre unha mesa. Non vale mirar desde arriba.

Page 9: Efectos ópticos

Zootropos

• Este é un cine anterior aos actual. • É unha lámpada circular con espellos e unha tira de debuxos que se mete na parte de dentro da lámpada. • A tira de debuxos vai mostrando pequenos cambios na imaxe.• Os espellos reflicten os debuxos a medida que xira a lámpada e vense en movemento.

Page 10: Efectos ópticos

Flip books

• Son libros con imaxes moi parecidas en cada páxina.• Ao pasar as páxinas rápido parece que se move a escena debuxada no libro.

Page 11: Efectos ópticos

Taumatropos

• É un círculo de papel ou cartulina con dúas gomas elásticas ou fíos aos extremos.

• Por un lado debuxas o que queiras e polo outro o debuxo que o complementa.

• Por exemplo nun lado, flores e noutro lado un floreiro, por un lado un rostro e polo outro os rasgos.

Page 12: Efectos ópticos

• O máis importante é que os debuxos teñen que estar ao revés un do outro para verse ao dereito ao mover o taumatropo.

Page 13: Efectos ópticos

IMAXES IMPOSIBLES

• As imaxes imposibles son efectos ópticos , e dicir , que enganan á mente.

• Algúns dos exemplos que nos ensinaron no Salón do Libro foron:- Un elefante con patas innumerables.

Page 14: Efectos ópticos

IMAXES IMPOSIBLES

- Unha muller que parecía vella ou moza segundo a perspectiva.

- Un coello ou un parrulo segundo se mire.

- Un músico ou unha muller.

Page 15: Efectos ópticos

Molou moito !

Seguiremos investigando…