26
IES Primeiro de Marzo. Baiona. Formación do profesorado Entendendo Internet. Uso responsable da rede.

Entendendo Internet

  • Upload
    maria-l

  • View
    646

  • Download
    2

Embed Size (px)

Citation preview

IES Primeiro de Marzo. Baiona.

Formación do profesorado

Entendendo Internet.

Uso responsable da rede.

Redes

Redes de ordenadores

➔ Unha rede informática é un conxunto de equipos

conectados por cables, sinais, ondas ou calquera outro

medio capaz de transportar información, de xeito que se

poden compartir datos e hardware.

➔ Unha Rede de Área Local (LAN) é unha rede informática

limitada dentro dunha área xeográfica.

➔ Internet é unha agrupación de redes

de ordenadores distribuídas por todo o mundo.

Servidores e clientes

➔ Un equipo actúa como servidor cando presta un servizo,

e actúa como cliente cando aproveita un servizo

ofrecido por outro equipo.

(Imaxe: Kalipedia)

Intranet (rede do centro)

Desde calquera ordenador do centro podemos acceder:

➔ Ao servidor Abalar que, entre outras cousas, ofrece

unha aplicación de recursos.

➔ Ao servidor propio “rochaserver” para o

intercambio de ficheiros.

➔ Para conectarnos a eles desde o centro non necesitamos

Internet, pois a comunicación é interna.

➔ Non podemos acceder a estes servidores desde fóra do

centro.

Internet (rede de redes)

En Internet non hai “nubes”, son máquinas conectadas.

➔ Cando accedemos a unha páxina de Internet mediante

un navegador, o que facemos é comunicarnos co

servidor web no que está almacenada.

➔ Os datos da páxina viaxarán en

paquetes desde o servidor

ata o equipo no que estamos

(cliente) e o navegador

interpretará o código para

amosalo en pantalla.

Enderezos IP

➔ Necesitamos identificar os equipos para dirixir os

paquetes de datos dun ordenador a outro. Para iso

asignamos a cada ordenador (host) un enderezo IP

➔ Enderezo IP do servidor Abalar: 69.56.133.250

En binario: 01000101.00111000.10000101.11111010

➔ Os tres primeiros números identifican a rede á que

pertence o ordenador (rede da Xunta de Galicia, no IES

Primeiro de Marzo)

➔ O último número identifica o equipo dentro desa rede.

IPs estáticas

➔ Os ordenadores do centro utilizan unha IP estática

ou fixa para conectarse á rede Siega.

➔ Se queredes conectarvos a Internet co

voso portátil debedes solicitar unha IP e

configurar o acceso manualmente.

➔ Interésanos coñecer as IPs dos servidores:

➔ IP do servidor “abalar”: 69.56.133.250

➔ IP do servidor “rochaserver”:69.56.133.45

IPs dinámicas

➔ Os equipos Abalar, dentro do alcance da wifi abalar,

utilizan IP dinámica (Pode variar)

➔ O servidor Abalar é servidor DHCP (Dynamic Host

Configuration Protocol) e asigna automaticamente aos

equipos abalar os parámetros de rede.

➔ Fóra das aulas abalar, se queredes conectar os equipos

abalar á rede Siega, falade antes coa coordinadora.

Enderezos MAC

➔ O enderezo MAC (Media Access Control) é un

identificador de 48 bits (6 bloques hexadecimais) que

corresponde de forma única a unha tarxeta de rede.

Exemplo: 00:02:3F:0C:44:E0

➔ Unha utilidade é engadir un control de hardware nun

conmutador ou nun punto de acceso wifi para permitir o

acceso á rede só a unhas MAC concretas.

➔ Á wifi Abalar só se poderán conectar os equipos

Abalar, identificados pola súa MAC.

Protocolo TCP/IP

➔ TCP: Decide como se envía a información,

dividíndoa en diferentes paquetes e

codificándoos para que o ordenador de destino

saiba como organizalos.

➔ IP: Dirixe os paquetes de información polas

distintas redes que forman Internet e identifica

os equipos, para o que emprega as direccións IP.

TCP/IP é un protocolo de comunicación entre equipos

(Transmission Control Protocol / Internet Protocol)

Dominios

➔ DNS: Traduce os nomes de dominio a enderezos IP

Exemplo: A páxina www.xunta.es (nome para as persoas)

en realidade para as máquinas é: 85.91.64.232 (IP para as

máquinas) ou 01010101.01011011.01000000.11101000

➔ O Servidor Abalar funciona como servidor DNS.

● Para acceder desde a rede Abalar utilizamos o nome.

http://servidorcentro/recursos

● Desde a rede Siega usamos a IP.

http://69.56.133.250/recursos

➔ Ao servidor Rochaserver accedemos a través do

explorador de aquivos, coma se fose un cartafol máis.

Router, módem e switch

➔ Os módems permiten a transmisión de datos a través

de liñas telefónicas analóxicas.

➔ Os encamiñadores ou routers deciden cal é a ruta

que van seguir os paquetes de datos, en función do

estado da rede e da localización dos ordenadores

que se comunican.

➔ Os conmutadores ou switchs utilízanse cando

se desexa conectar múltiples dispositivos e redes.

Datos

O tamaño importa

➔ Un bit é a unidade mínima de información empregada

nun dispositivo dixital. Pode tomar dous valores: 0 ou 1

➔ Nos ordenadores a información está en formato dixital

e pódese transmitir dun equipo a outro mediante:● Cable de cobre: transporta impulsos eléctricos

● Fibra óptica: transporta patróns de luz

● Ondas: transmisións de radio

➔ Tamaño dos arquivos:

1 B (byte) = 8 b (bits) 1 MB (megabyte) = 1024 kB (kilobytes)

1 kB (kilobyte) = 1024 B (bytes) 1 GB (gigabyte) = 1024 MB (megabytes)

Ancho de banda

➔ O ancho de banda é a cantidade de datos que se pode

enviar a través dunha conexión de rede nun tempo dado.

➔ O ancho de banda indícase xeralmente en kilobits por

segundo (kbps) ou megabits por segundo (Mbps).

➔ A conexión que temos é asimétrica, é dicir, o ancho de

banda reservado para a recepción de datos (baixada) é

diferente ao empregado para a emisión (subida).

(Imaxe: Velocímetro R)

Sobes ou baixas?

➔ Baixada 6122 kbps: Os datos van desde

outro ordenador (servidor web) ao noso.

Por exemplo: Cando vemos unha web, un

vídeo de youtube ou descargamos o correo.

➔ Subida 506 kbps: Os datos van desde o noso

ordenador a outro noutra localización.

Por exemplo, cando introducimos as faltas no

xade, subimos un vídeo a youtube ou

enviamos un correo electrónico.

Canto tardamos?

➔ Baixada 6122 kbps

● Se unha persoa quere descargar un ficheiro de 10MB

tardaría 13,38 s

● 25 persoas descargando un arquivo de 10MB suman un

total de 250MB e tardarían 334,5s = 5,5min (desespera)

➔ Subida 506 kbps

● Para subir o mesmo arquivo de 10MB tardaríamos 161,9s

= 2,7 min

● 25 persoas subindo 10MB tardarían 67min!! (imposible)

10MB · 1024kB1MB

· 8kb1kB

· 1s6122kb

=13,38s

10MB · 1024kB1MB

· 8kb1kB

· 1s506 kb

=161,89s

Tardamos aínda máis

➔ Agora facede o cálculo para 40 ou 50 persoas.

➔ En realidade os tempos aínda son maiores porque hai

que ter en conta que, ademais dos datos que se

transmiten, tódolos paquetes levan información propia do

protocolo (encabezamentos, destinatarios, datas, códigos

de corrección de erros, etc.)

➔ No caso das wifis, o ancho de banda redúcese canto maior

sexa a concorrencia e tamén polas interferencias.

➔ Usade os servidores: Na rede local con fíos o ancho de

banda é de 100Mbps

Uso responsable

Uso responsable da rede

➔ Utilizar formatos e tamaños axeitados nos ficheiros.

Baixar a resolución das imaxes, inserir imaxes en

documentos no canto de copiar a pegar, comprimir,

exportar presentacións a pdf, etc. Fixádevos no tamaño!!

➔ Elixir o dispositivo a utilizar.

Por exemplo, se queremos que o

alumnado vexa un vídeo,

proxectalo no canón ou

encerado, e non que cada quen

o vexa no seu equipo.

Uso responsable da rede

➔ Evitar a concorrencia. Secuenciar o

tráfico de datos en Internet.

Por exemplo, se o alumnado está a traballar

nun blogue, que vaia publicando o traballo

durante a clase, e non agardar ao final e que

todos publiquen ao mesmo tempo.

➔ Traballar en local, utilizando os servidores do centro.

Por exemplo, para entregar ou recoller documentos pesados

facelo a través do servidor, e non de Internet.

Uso responsable da rede

➔ Evitar o consumo de ancho de

banda innecesario.

Non usar a rede do centro para o

intercambio de ficheiros persoais,

descarga de películas, xogar en

rede, etc.

➔ Os xogos en rede e os programas

de intercambio P2P consumen

moitísimo ancho de banda.

Uso responsable da rede

➔ Realizar as actualizacións dos

equipos fóra do horario

lectivo. Para actualizar o sistema

operativo cómpre descargar

varios MB por equipo. Aproveitar

o mediodía ou a tarde para

realizar actualizacións.

➔ Subir os arquivos pesados desde casa.

Subir un vídeo a youtube desde o centro pode levarnos uns

15 min e colapsa a rede. Desde casa non tardamos nada.

Colapso!

➔ Que sucede? Imaxinádevos o

acceso a internet coma dúas portas:

unha de entrada (ancha) e outra de

saída (estreita). Podemos saír un a

un, ata unha velocidade máxima.

Pero se intentamos saír todos á vez

a rede vai quedar bloqueada.

➔ Que debemos facer? Retirarnos (parar as subidas ou

descargas), analizar o tráfico que estamos a xerar e tomar

decisións para un uso responsable e eficiente da rede.

En ocasións atopamos a rede colapsada

Grazas

Créditos das imaxes:

➔ LAN: redesterrestresyalgomas

➔ Servidor-Cliente: Kalipedia

➔ Pedras: shajar18

➔ Modem-router: howtogeek

➔ Tráfico: 'Autopista del sur'

➔ Xogos tuenti: byjose

➔ Colapso: romain-laurent

Presentación: Licenza Creative commons BY-NC-SA

➔ http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/2.5/es/deed.gl

María Loureiro 2011