8
Tucho Calvo Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados TUCHO CALVO (La Guaira, Venezuela, 1954), comezou a súa andaina narrativa coa obra Froito das lembranzas (Premio Galicia de novela, 1981). A partir de aí obras como Telúrico (1997), O xabaril branco (2000)... sen esquecermos obras de literatura infantil e xuvenil como A castaña que chegou a árbore (2000), Gatipedro (2002), Paxaro de mar e vento (2012)... Tamén cómpre salientar o seu labor xornalístico, especialmente en “La voz de Galicia”. Foi un dos creadores de “Biblos Clube de lectores”. martes 28 de abril de 2015

Entrevista a Tucho calvo

Embed Size (px)

Citation preview

Tucho Calvo

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

TUCHO CALVO (La Guaira, Venezuela, 1954), comezou a súa andaina narrativa coa obra Froito das lembranzas (Premio Galicia de novela, 1981). A partir de aí obras como Telúrico (1997), O xabaril branco (2000)... sen esquecermos obras de literatura infantil e xuvenil como A castaña que chegou a árbore (2000), Gatipedro (2002), Paxaro de mar e vento (2012)... Tamén cómpre salientar o seu labor xornalístico, especialmente en “La voz de Galicia”. Foi un dos creadores de “Biblos Clube de lectores”.

martes 28 de abril de 2015

O certo é que foi determinante en moitos aspectos. Cheguei con seis anos a unha aldea moi atrasada en relación co mundo no que vivira. Era a segunda vez que cruzaba o Atlántico, deixara en Venezuela moitísimos xoguetes, libros e sesións de cine… e tamén me permitiu moitos anos despois abrazarme á nacionalidade venezolana para non facer o servizo militar. Por contra, tiña que estar a renovar o permiso de residencia constantemente (ao comezo cada poucos meses) e mesmo unha vez, na comisaría de Santiago, recibín do comisario unha clara advertencia en presenza de todos os colegas sobre as miñas informacións: “Mire que a los de aquí los zurramos, pero a ustedes los echamos”. O meu dominio do castelán probablemente foi unha salvagarda para non sentir nunca vergoña por falar en galego, así que –tampouco sei as razóns– pero adopteino como o meu idioma desde o primeiro momento.

Tucho Calvo

1. Supoñemos que para Vostede o nacer fóra foi máis unha circunstancia ca un condicionante vital posterior, mais a nivel lingüístico si que puido ser importante, ou non?

2. Vimos que un crítico literario (Arturo Casas) falaba de que a súa obra estaba entre dous “espazos epistémicos”, aquel que comezara coa obra Con pólvora e magnolias e o das mulleres militantes no feminismo... Que aspectos da súa literatura cre que están fora destes dous espazos, ou ben trátase dunha opinión coa que concorda plenamente?

3. Pola información que posuímos de Vostede, desde logo que a vemos como unha persoa rebelde e incorformista dende nova (emprego do galego, rebeldía cara á relixión, anticlericalismo...). Até que punto este inconformismo marcou a súa personalidade e até que punto lle supuxo desencontros?

2. Toda unha vida dedicada ao xornalismo en Galiza mais non en galego... Por que esa falta de apoio a un xornalismo en galego que levou á case desaparición dos poucos xornais que contaban con el total ou parcialmente?

Non é certo que o meu xornalismo non fose en idioma galego. Foino en boa medida, aínda que lonxe do que eu querería. En todo caso, sempre que fixen artigos de opinión, fíxenos na nosa lingua. Ademais, penso que, alén do idioma, é importante que sempre a miña información foi galega porque foi concebida desde a perspectiva dunha persoa comprometida con este país.

3. Tamén, e falando do anterior, tivo que Vostede convivir coa parcialidade -manipulación?- da información da que tanto se fala aquí en Galiza “El Correo Gallego”... É tan forte esta realidade como supoñemos ou máis ben é algo que aparece moi sobrevalorado?

Perto de cuarenta anos metido no xornalismo dan para moito e, no meu caso, para traballar nunha ditadura que foi brutal ata o remate, en épocas de esperanza democrática e de esplendor xornalístico, e na caída desta profesión como doutras moitas. Sempre houbo presións para controlar a información. Hoxe probablemente máis ca nunca e desde moitos máis poderes. O peor da censura é que teña o consentimento ou o apoio dos destinatarios da información, da sociedade. Ou mesmo que esa sociedade non queira críticas aos valores que establece como dogmas de fe.

martes 28 de abril de 2015

Tucho Calvo

4. En tempos pasados moitos xornais galegos adoitaban dedicar páxinas, suplementos... á nosa literatura -e nalgún colaborou Vostede- que tiveron unha grande importancia... Hoxe bótase bastante de menos isto, non?

Eu tiven durante moitos anos responsabilidades nos suplementos culturais de “La Voz”, que tiveron épocas tamén moi brillantes con xornalistas como Luís Pousa ou Arturo Lezcano. Logo todos os medios facían esforzos nesa liña. Pero a sociedade estivo a dar as costas nos últimos anos á cultura, que sempre esixe esforzo, e apostou por saídas “sen esforzo” (como a frase aplicada ao ensino do inglés). O resultado está á vista. Unha persoa ou un país sen cultura, non son nada. Hai que estar dispostos a un exercicio constante da mente para poder acadar metas importantes na vida. Agardemos que asociacións culturais de todo tipo, foros de debate, clubes de lectura, cineclubes, etc. acaden de novo peso na sociedade e requiran outravolta esa información cultural que tende a desaparecer dos medios e é inexistente ata nas televisións públicas.

5. No 2002 nace “Biblos. Clube de Lectores”, creada por Vostede e por Carmela González... Que se pretendeu con este interesante proxecto e que cre Vostede que se acadou no seu percorrer? Que supuxo para a nosa Literatura?

“Biblos” naceu cunhas pretensións modestas: levar á xente que non tiña unha libraría perto da casa, ou que carecía de tempo para visitala, un catálogo das novidades dunha industria editorial que vivía momentos de esplendor, así como a posibilidade de coñecer as publicacións do mundo lusófono e outros produtos culturais (música, cine, xogos…). Carmela González e mais eu temos traballado arreo no proxecto, pero unha vez máis falta un compromiso máis amplo da sociedade para ter unha repercusión real.

martes 28 de abril de 2015

Foi un premio fermoso que deu resultados magníficos… pero a participación foi sempre baixa e, ao vérmonos forzados a deixar desertas dúas das tres últimas edicións, consideramos que non podíamos seguir convocándoo. Non imaxinades canto o lamentamos tanto “Biblos” como Javier Goyanes da Casa Grande do Bachao que sempre estivo connosco.

Tucho Calvo

6. E non podemos desligar do proxecto anterior o premio literario que, coma un taller literario, xurdiu del... que nos podería contar deste proxecto?

7. A súa obra literaria está inmiscida practicamente na narrativa (se exceptuamos algunha incursión no ensaio)... E outros xéneros...?

Algún libro infantil, como o Gatipedro, A castaña que chegou a árbore ou Paxaro de mar e vento. O certo é que disfruto cos textos para os máis novos.

Conferencia sobre Valentín Paz Andrade en Mondariz Balneario

martes 28 de abril de 2015

Tucho Calvo

8. A obra O xabaril branco é posibelmente o fillo literario máis querido polo seu pai, por que esta devoción paternal?

Teño a idea de que saíu de remoer durante toda a vida o tema das migracións. Familiares, amigos, veciños… todo nos fala dun pobo emigrante desde hai séculos. Non sei se é certo, pero penso que nese texto hai moitos temas para meditar sen necesidade de que sexa un sesudo tratado sobre o tema.

martes 28 de abril de 2015

Tucho Calvo

9. Ah, e o espazo desta obra non vai ser Venezuela senón que a Pampa arxentina... por que a elección deste espazo novelesco?

Non lembro o porqué. Pero a aventura patagónica permite dar protagonismo á aventura e á historia universal dos pobos saqueados e masacrados polo invasor. Paréceme un gran valor da novela a solidariedade do protagonista cos indíxenas e como se identifica con eles.

Texto

Tucho Calvo na compaña de Rosa Aneiros

martes 28 de abril de 2015

Tucho Calvo

10. A súa primeira publicación foi Froito das lembranzas, unha das primeiras mostras de literatura de ciencia-ficción en galego... Tratábase dun compromiso coa nosa literatura para conducir á súa normalización tocando todo tipo de xéneros ou máis ben un gusto do autor por este tipo de literatura?

Quizais hai un pequeño erro. Non penso que Froito das lembranzas poida terse por ciencia ficción. Si é o caso da miña segunda novela, PAE s. XXI. Foi un esforzo grande que lamentablemente non contou con alguén con experiencia e saber que me guiara na edición. É curioso que moitas cousas que se contaban nela teñan cada vez máis vixencia (como, salvando as distancias, acontece con 1984).

11. Por certo, en moita da súa obra o real e o fantástico, ao estilo cunqueiriano... Por que esta combinación? Será que moitas das veces o mundo real se confunde co fantástico?

12. E claro, falando do fantástico e do real, temos como mostra a súa obra Luz de abrente... onde tamén se amosa como un espazo pode cobrar unha forte simbiose coas persoas... algo do que os galegos sabemos moito, ou non?

Os mundos son todos o mesmo. E imos a cotío duns noutros, ás veces sen nos decatar. Eu disfruto moito cando deixo que se dispare a imaxinación e poido centrarme só en dar conta das circunstancias e as reaccións dos personaxes en escenarios que existen desde o mesmo momento en que os imaxino.

Claro, no noso país a tradición fíxonos partícipes desas realidades sen que puidésemos dubidar que existen. Eu lembro unha noite coa miña avoa na ventá. Vimos unha luz que ía camiño do Outeiro. Non era unha vela, nin un candil nin ningún facho. Miña avoa dixo que aquilo tan brillante e extraño (ningunha bombilla alumbraba tanto daquela) era un sinal, que ía morrer unha veciña daquel lugar. Tiña razón.

martes 28 de abril de 2015

Tucho Calvo

13. E na súa obra Corazón entre desertos vemos a simbiose entre a persoa e aquelas pequenas cousas, aquelas cousas que pasan do máis desapercibido para a maioría dos humanos... case estamos a falar daquela simbiose coa natureza que viamos a comezos do século pasado en Noriega Varela... por que esta temática?

Probablemente sexa un dos meus mellores libros. E un dos menos vendidos malia que na súa presentación recibiu eloxios de Méndez Ferrín. Son relatos moi diversos. Pero é certo que, o mesmo que na vida, penso que son as pequenas cousas, os instantes, os soños… o que determinan a nosa felicidade tan fuxidía.

14. Dado que, como antes dixemos, a Vostede lle gusta mesturar o real co ficticio, supoñemos que ao se mergullar no mundo literario para idades máis temperás se sentirá máis a gusto, ou non?

Como xa dixen, deixar que a imaxinación faga o seu papel e desdebuxe as fronteiras do supostamente real e irreal resúltame moi atraínte. Éme indiferente facelo en literatura para os máis novos ou para adultos. As esixencias son moi semellantes.

Amigo Tucho, moitísimas grazas por nos dedicar uns intres e tamén á súa/nosa literatura.

martes 28 de abril de 2015