Upload
coordinadora-galega-endl
View
462
Download
2
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Material didáctico elaborado polo CEIP Galán, de Oseiro (Arteixo). Inclúe actividades, textos, exercicios de comprensión, pasatempos, manualidades, ect.
Citation preview
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 1
EQUIPOEQUIPOEQUIPOEQUIPOEQUIPODINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNDINAMIZACIÓNLINGUA GALEGALINGUA GALEGALINGUA GALEGALINGUA GALEGALINGUA GALEGA CEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXOCEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXOCEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXOCEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXOCEIP GALÁN OSEIRO - ARTEIXO
ENTROIDO,2013
MATERIAL DIDÁCTICO
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 2
OS CONTOS DA RATA LUÍSA.ENTROIDO
Achégase o entroido e na casa dos ratos case é obrigairen disfrazados.E para teren traballo adiantadoos nenos xa teñen o disfracepensado.Un quere o de pirata, outro depallaso e o outro quere, un dis-fraz de mago.Roxelio e Luís gárdano en secreto,queren sorprender ata os seus nenos.
Colócalle o nome a cada disfrace e colorea.
DE QUE VAN?
PALLASO PIRATA MAGO
MON DAPORTA PADÍN
MON DAPORTA, «OS CONTOS DA RATA LUÍSA. ENTROIDO»EDITORIAL A NOSA TERRA
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 3
Averigua o camiño que ten que seguir cada ratiño da Rata Luísa para chegarao seu disfrace. Colorea.
O LABIRINTO
Facémoslle un disfrace a cada un dos ratiños?
DISFRAZÁMOLOS?
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 4
Un felo é un guerreiro que aparece na épocado entroido para divertirse, para meterse coa xen-te, para pedir a cadeliña e para percorrer os arredo-res da corga da serra, en San Mamede, aló por te-rras de Maceda, en Ourense.
A súa indumentaria é diferente dos peliqueirosde Laza e dos cigarróns de Verín.
Vístese con calcetíns brancos, medias negras,ringleiras de borlas de diferentes cores, colcha condobras claras arredor do van, rabo de raposo noalto da carauta, moitos colares, chocallos e un caxatocomo arma intimidatoria.
A palabra felo vén de «felonía» e está relacio-nada coa rebelión do vasalo contra o señor feudal.
Os felos pola mañá beben claras de ovos di-soltas en viño mesto do país para aguantar todo odía sen parar de moverse.
Aconséllovos iren a Maceda, en Ourense, o vin-deiro entroido a ver os felos e os feliños.
O FELOJORGE FERNÁNDEZ CARBALLO
JORGE FERNÁNDEZ CARBALLO, «AS NOSAS COUSAS, 27»REVISTA DO CEIP GALÁN
CIGARRÓNS
PELIQUEIROS
MEDIAS
FELOS
RABO
MACEDA
VERÍN
RAPOSO
NEGRAS
LAZA
Une e colorea da mesma cor cada parella.
AS PARELLAS
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 5
MEDIAS CAXATO BORLAS CARAUTA COLARES CALCETÍNS
Coloca cada nome do recadro onde lle corresponda.
A VESTIMENTA
Localiza na sopa de letras seis palabras relacionadas cos felos de Maceda.
C A R A U T A R FC H O C A L L O SQ G T P B L M E UÑ R A B O F E R SD T Z E R B D V OE L Q V L S I U HZ U H C A X A T OT D Q Ñ S P S F RG R E O H T L Q P
RABOCHOCALLOSMEDIASBORLASCAXATOCARAUTA
A SOPA DE LETRAS
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 6
Ía frío. Un vento seco, cortante coma gume de navallaafiada, ameazaba Laza, a aldea agochada entre as se-rras do Invernadoiro.A praza da Picota bulía en estrondo de festa, coma se aninguén lle importasen tan baixas temperaturas ou comase aquela alegría febril do Entroido fixese esquecer ainvernía atroz que cada ano vivía o interior de Ourense.Toda aquela xente viñera correr o Entroido. E o Entroidocomezaba.Primeiro foi un compasado boureo de chocas; logo, abafarada multicolor das máscaras anegando as rúas.-¡Como sopra o vento do Invernadoiro!¡Corta que afei-ta! -falou meu tío.-¡Con este frío, non sei se virán moitos correr o Entroido! -respondeu a tíaBalbina.-No Entroido ao frío escorréntao a alegría da festa -respondeu a avoa.A avoa disfrazada de campesiña e co seu carro tirado por unha xugada devacas, ofrecíalle bica a todo o mundo.-¡Moito lle gustan esas parvadas! -falou miña nai.-¡Non son parvadas! -dixo miña tía-. Son costumes que se conservan en Lazadende tempos ancestrais.-Si, manifestacións nas que asoma a besta apocalíptica, o monstro que todoslevamos dentro -replicou meu curmán, que sabía moitas cousas do Entroidoporque llas explicaban no colexio.Pero miña nai non parecía moi convencida. Ela sentíao Entroido coma unha obriga, a súa pequena contribu-ción á aldea onde nacera, pero nin Laza nin as súasfestas lle gustaban.-¡Bica, bica, para fartar a pelica! -repartía a avoa den-de o carro.A bica estaba moi boa: fixerámola ela e mais eu a vés-pera, con fariña de trigo, ovos, leite e azucre.
O MEU PRIMEIRO ANTROIDO ENLAZA
ÁNXELA GRACIÁN
ÁNXELA GRACIÁN, «EU TAMÉN FUN PELIQUEIRO EN LAZA»EDITORIAL EVEREST GALICIA
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 7
1.- Onde está agochada a vila de Laza?
2.- En que praza de Laza se celebraba a festa do Entroido?
3.- Que repartía a avoa disfrazada de campesiña?
4.- Arrodea catro ingredientes que leva a bica.
O ENTROIDO EN LAZA
A MÁSCARA DE PELIQUEIRO
A máscara do peliqueiro estáfeita de madeira de bidueira ea «mitra», a pantalla superior, énormalmente de aluminio, paraque pese menos e vai adorna-da con debuxos de animais.Serás quen de crear a túa pro-pia máscara?
LARANXAS FARIÑA DE TRIGO NOCES MEL AZUCRE
OVOS VIÑO DOCE PASAS IOGUR LEITE AMÉNDOAS
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 8
1 E2 N3 T4 R5 O6 I7 D8 O
1.- Máscara con traxe feitos de pelicas que sae polo Entroido na vila ourensáde Laza.2.- Serras montañosas nas que está agochada Laza.3.- Praza de Laza onde se celebra o Entroido.4.- Provincia galega na que saen polo entroido os peliqueiros.5.- (En plural) Un dos ingredientes da bica.6.- Bola redonda de fariña de trigo, ovos, manteiga e azucre, típica da provin-cia de Ourense.7.- Parella de animais que serven de tiro a un carro.8.- Campá que levan os peliqueiros no tempo do Entroido e que producen uncompasado boureo.
HORIZONTAIS
1.- PELIQUEIRO 2.- INVERNADOIRO 3.- PICOTA 4.- OURENSE 5.- OVOS 6.- BICA7.- XUGADA 8.- CHOCAS
O ENCRUCILLADO PELIQUEIRO
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 9
BRANCA
A figura central de todo o Entroido é a máscara. A máis antiga en Galicia é ado peliqueiro. Esta máscara consiste basicamente nunha vestimenta vistosae charramangueira e nunha careta.
O traxe está composto por unha camisa branca, unha garavata vermella, unhachaqueta curta de seda con xarreteiras e chea de galóns dourados e pratea-dos, e un pantalón curto- ata os xeonllos- con dúas tiras de encaixe. Na cintu-ra leva unha faixa de cuarta e media de ancho e un cinto no que van pendura-das as chocas ou chocallos, que teñen un son moi característico. A careta,coloreada, leva cosida pola parte de atrás unha pel de raposo, año, can ougalo. No pescozo átase un pano de seda. As pernas cóbrense con medias,cinguidas con rechamantes ligas, e os zapatos son negros e aguzados. Opeliqueiro leva unha especie de látego co que malla a todos os que atopa nocamiño.
ÁNXELA GRACIÁN, «EU TAMÉN FUN PELIQUEIRO EN LAZA»EDITORIAL EVEREST GALICIA
O PELIQUEIRO
COMO SON?
Relaciona cada prenda do peliqueiro coas súas características.
CAMISA
GARAVATA
CHAQUETA
PANTALÓN
FAIXA
ZAPATOS
VERMELLA
CURTA DE SEDA
NEGROS E AGUZADOS
DE CUARTA E MEDIA
CURTO
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 10
O TRAXE
Coloca o nome de cada unha das partes do traxe do peliqueiro e colorea odebuxo seguindo o texto de Ánxela Gracián que aparece na páxina anterior.
CAMISA LIGAS CARETA CHAQUETA GALÓNSGARAVATA ZAPATOS MEDIAS CINTO CHOCAS
PELICA LÁTEGO PANTALÓN ZAPATOS
DEBUXO: MARÍA GALLEGO
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 11
COMO ANDAMOS DE MEMORIA?
Colorea cada unha das fichas, cada parella das mesmas cores. recórtaas,dállles a volta e xa podes xogar ao xogo das parellas, poñendo a proba a túamemoria e a dos teus compañeiros e compañeiras
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 12
A CALIVERA
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 13
UN COELLO DENTÓN
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 14
O GATO CHINÍN RABUÑÓN
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 15
O REI DA SELVA
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 16
A MONA
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 17
A CALIVERA CON DENTES
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 18
O AXENTE SEGREDO
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 19
O TIGRE
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 20
A MONA ENFURRUÑADA
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 21
A VACA
MATERIAIS ENTROIDO, 2013 22
XOGAMOS AOS DISFRACES?