Upload
leonor-mazgar
View
625
Download
0
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Nesta presentación recollo e comento alguns textos sobre ou de países árabes con enlaces para ampliar información.
Citation preview
Neste arquivo preséntovos algúns libros que nos invitan ou nos incitan a coñecer a historia e a cultura, o pasado e o presente dalgúns dos países árabes. Levan algúns enlaces (varios agochados nas imaxes ou símbolos) para completar a información.Mapas pillados acó e máis acolá, pensando que vos poidan ser de axuda.
Hai máis libros,
máis información
máis películas e vídeos…
só tendes que buscalos.
Itinerario Formativo, para chegar a ser un experto en información,de Gloria Dúrban traducido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.
O ceip Condesa de Fenosa, O Barco de Valdeorras, ofrece na súa páxina moitos e moi bos materiais, como estes: partes dos documentos que nos axudan na procura de información, actividades en JCLIC.
La biblioteca escolar como eje vertebrador de la Educación Documental, unha presentación de Bartolomé Delgado Cerrillo
Proxecto GRITO POR VER LA LUZ, de Gloria Trapas La Educación Documental en la biblioteca escolar, un
artículo de Félix Benito Morales. La educación documental: sistemas de organización de la
documentación ur artículo de Melquiades Álvarez y Laura Covos na páxina de sol-e para bacherelato.
Algúns (hai máis)enlaces con información para desenvolver proxectos ou actividades de Educación Documental:
Narración visual para primeiros lectores sobre o deserto.
• De Rachel Chaundler e Bernardo Carvalho, Editado por OQOo
• Texto de Luisa Morandeira, a partir dun conto popular bérber
• Ilustracións de Bernardo Carvalho
• Editado por OQO
A editorial KÓKINOS editou en 2006 este libro con CD con 29 cancións infantís do Magreb, de xogos, arrolos, retrousos, … recollidas por Magdeleine Lerasle e Hafida Favret, con fermosísimas ilustracións de Nathalie Novi e a inestimable dirección musical de Paul Mindy
• Richard Hughes recolle contos e lendas tradicionais de Marrocos neste libro editado por Alfaguara en 1989, traducido por Fernando R. Tato Plaza
Non é un libro sobre os países árabes e a súa cultura. É un texto sobre a inmigración desde os ollos dun neno inmigrante magrebí.
• Un texto de Antoine Guilloppé, con ilustraións de Géraldine Alibeu, traducido por Anaír Rodríguez Rodríguez e editado por Xerais en SOPA DE LIBROS
Un álbum de Txabi Arnal e Hassan Amekan , editado por OQO en 2010 na súa Colección Qontextos.
Outra historia sobre a inmigración, desde o punto de vista do inmigrante. Un obxecto fermosísimo feito para trasladarnos unhas experiencias dramáticas, tratadas con valentía e dignidade
• Dende as rúas de Marrakesh, Selim viaxará ata a península na caixa dun camión, como inmigrante ilegal. Nesta novela Zubizarreta fala da cultura e as tradicións do pobo beduíno e denuncia a trata de seres humanos.
Un texto de Patxi Zubizarreta, orixinalmente publicada en euskera e traducido por Xosé Manuel Moo Pedrosa e editado por Xerais na serie Fóra de Xogo
Video Mesopotamia
Video Mesopotamia
Xosé Couso
Vídeo-poema
Vídeo-historia
Un texto de Marcos Calveiro , editado en 2007 por Ala delta/ Luis Vives / Tambre con ilustracións de Miguel Ángel Díez.
Durante a guerra (a invasión e guerra de Irak), Ibrahin, que ten 11 anos e vive no Bagdad ocupado ten que levar unha carta.
• Unha historia escrica por Xavier López Rodríguez con ilustracións de Marifé Quesada en Alfaguara/Obradoiro. Vigo 1997
É a historia de Tawala, unha rapaza saharaui que vén pasa-lo verán a Galicia e descobre a súa afección pola auga.
• Un libro de Gonzalo Moure editado en galego por Xerais con ilustracións de fernando Martín Godoy
Presenta a relación de amizade entre Kori, un neno saharauí xordomudo e un camelo e retrata a dura realidade que padece o pobo saharaui
• Texto de Ricardo Gómez publicado por Edelvives (2004)
Nun campamento de refuxiados
saharauis,o vello Jamida fálalle a Bachir,
un neno que vive recluído na súa tenda
por unha enfermidade, da historia do
seu pobo e dos nomes das estrelas.
• Un texto de Paula Carballeira, con ilustracións de Carole Hénaff , publicado en 2006 pola editorial Kalandraka, na serie Sete Leguas.
Smara é a historia da viaxe dun neno a un
lugar do deserto do Sahara. Alí coñece a
Avoa Ugago, que fora unha poderosa maga,
capaz de protexer a cidade dos intrusos. Ela
cóntalle historias do seu pobo, os chamados
Fillos das Nubes.
• Escolma de lendas populares árabes, dirixidas aos lectores novos escrita por Rosa Aneiros e publicada por Galaxia na colección Lendas.
• Unha adaptación de Juan Tébar, publicada por Xerais en 2001, coa tradución de Carmen Torres París e ilustracións de Javier Serrano
• Al-Saleh, Khairat, con ilustracións de Rashad N. Salim, traducido por Xela e Valentín Arias López en Xerais, serie Mitoloxías, Vigo 1986
• Un libro de Gabriel Janer Manila, editado en 2002 por edebé na colección Periscopio.
Creo, e non o podo entender, que non se traduciu ao galego este texto no que a avoa Habida vaille contando ao seu neto, aínda non nacido, a historia o seu pai morto, o músico Yasín e de como coñeceu á súa nai e tamén a historia recente do seu país, Irak,en guerra con Irán.
Recomendo a lectura deste artigo de Yashmina Shawki, sobre a invasión de EEUU
2011
• Rafik Schami en Círculo de Lectores, 1993, en Siruela 2001con tradución de Antón Dieterich
Narradores de la noche de Rafik Schami é un libro para todas as idades, porque é un conto, ou varios contos, na máis pura recreación de Las mil y una noches. Con ambiente oriental, reflectindo a súa cultura oral, unha novela coral na que as voces dos coprotagonistas danse paso en capítulos diferentes para contar cadansúa historia e derivar a atención do verdadeiro protagonista, fascinándonos con insinuacións e aparicións de fantasía e realidade a partes iguais. (Gracia Santorum en: http://trafegandoronseis.blogspot.com/2009/12/narradores-de-la-noche.html )
Salim é un cocheiro de Damasco; as viaxes fanse curtas con el porque é un gran contador de historias marabillosas, ata que ...
Antigo Exipto:deuses e homes
Unha novela realista sobre a vida diaria das clases populares e da pequena burguesía cairota da época. Retrata a sociedade musulmá da época na que as mulleres son inferiores ante a lei; os mozos queren progresar por calquera medio.O autor móstranos tamén o paso dunha sociedade tradicional a outra moderna nun Cairo onde hai mulleres que traballan, móvese diñeiro e fanse gastos suntuarios, medra a ambición e pérdense os valores tradicionais que non se sustitúen por outros.
Naguib Mahfuz, premio Nobel de Literatura no 1988, publicou en 1947 esta novela, en árabe
المدق Hai varias .(Zuqāq al-Midaqq) زقاقedicións en español; a última (penso) é a de MARTINEZ ROCA en Barcelona 2006.Fíxose popular coa estrea, no 2005, da película mexicana de Jorge Fons, protagonizada por Salma Hayek.
REVOLTAS 2011 EXIPTO: 25 DE XANEIRO DE 2011-
praza Tahrir, O Cairo
Revolucións dos Xasmíns TUNEZ
Algo de hemeroteca- Revoltas 2011
http://www.rtve.es/noticias/20110208/amr-moussa-tve-egipto-antes-del-25-enero-diferente-despues/402456.shtml
http://periodismohumano.com/en-conflicto/especial-egipto-2011.html
http://www.elpais.com/articulo/internacional/oposicion/tunecina/denuncia/muertos/enfrentamientos/elpepiint/20110112elpepiint_2/Tes http://www.elpais.com/articulo/internacional/oposicion/tunecina/denuncia/muertos/enfrentamientos/elpepiint/20110112elpepiint_2/Tes
http://www.xornal.com/artigo/2011/01/14/mundo/menos-000-personas-piden-capital-dimision-ben-ali/2011011411174000599.html
http://www.xornal.com/opinions/2011/02/12/Opinion/abrese-periodo-transcendental-exipto/2011021220365900495.html
http://www.xornal.com/artigo/2011/03/27/mundo/siria-desafia-decadas-terror-politico-alauita/2011032701415901906.html?idioma=gl
http://www.xornal.com/artigo/2011/02/20/mundo/policia-gadafi-causa-matanza-benghazi/2011022000264502487.html
http://www.galiciahoxe.com/hemeroteca-web/gh/dias-sanguentos-siria/idEdicion-2011-05-01/idNoticia-664410/
REFERENCIAS MAPAS