8
MANTEMENTO ELECTROMECANICO. EXAME PARCIAL 26 DE FEBREIRO DE 2010 APELIDOS E NOME: .................................................................... ............................... 1. A unidade de carga eléctrica mídese en: a) Amperios (A) c) Voltios (V) b) Coulombs (C) d) Ningunha das anteriores 2. Que aparato se emprega para medir a intensidade? Como se conecta? a)Voltímetro conectase en serie c) Amperímetro conectase en paralelo b) Amperímetro conectase en serie d) Vatímetro conectase en paralelo 3. Que carga eléctrica atravesa o circuíto si é percorrido durante 30 s por unha corrente de 2 A? a) 15 C c) 60 C b) 25 C d) Ningunha das anteriores 4. Entre os extremos dunha resistencia hai una diferenza de potencial de 24 V. Determine o valor da resistencia si por esta circula unha corrente de 2A. a) 12 Ω c) 48 Ω b) 12 C d) Ningunha das anteriores 5. Determine a potencia dunha estufa eléctrica de 40 Ω de resistencia, si a súa tensión de funcionamento é de 230 V. a) 0,17 W c) 1322,5 W b) 9200 W d) 5,75 W 6. O parámetro que nos indica a resistencia que pon un material ao paso da corrente eléctrica é: a) A diferenza de potencial c) A condutividade b) A resistividade d) Ningunha das anteriores 7. Nun resistor podemos dicir que a tolerancia é: a) A diferenza entre o valor resistivo real e o valor máximo. b) A diferenza entre os valores máximo e mínimo. c) A diferenza entre o valor resistivo real e o valor nominal. d) Ningunha das anteriores. 8. Nun circuíto de resistores en serie pódese dicir que:

Exame electricidade

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Exame electricidade

MANTEMENTO ELECTROMECANICO. EXAME PARCIAL 26 DE FEBREIRO DE 2010

APELIDOS E NOME: ...................................................................................................

1. A unidade de carga eléctrica mídese en:

a) Amperios (A) c) Voltios (V)

b) Coulombs (C) d) Ningunha das anteriores

2. Que aparato se emprega para medir a intensidade? Como se conecta?

a)Voltímetro conectase en serie c) Amperímetro conectase en paralelo

b) Amperímetro conectase en serie d) Vatímetro conectase en paralelo

3. Que carga eléctrica atravesa o circuíto si é percorrido durante 30 s por unha corrente de 2 A?

a) 15 C c) 60 C

b) 25 C d) Ningunha das anteriores

4. Entre os extremos dunha resistencia hai una diferenza de potencial de 24 V. Determine o

valor da resistencia si por esta circula unha corrente de 2A.

a) 12 Ω c) 48 Ω

b) 12 C d) Ningunha das anteriores

5. Determine a potencia dunha estufa eléctrica de 40 Ω de resistencia, si a súa tensión de

funcionamento é de 230 V.

a) 0,17 W c) 1322,5 W

b) 9200 W d) 5,75 W

6. O parámetro que nos indica a resistencia que pon un material ao paso da corrente eléctrica é:

a) A diferenza de potencial c) A condutividade

b) A resistividade d) Ningunha das anteriores

7. Nun resistor podemos dicir que a tolerancia é:

a) A diferenza entre o valor resistivo real e o valor máximo.

b) A diferenza entre os valores máximo e mínimo.

c) A diferenza entre o valor resistivo real e o valor nominal.

d) Ningunha das anteriores.

8. Nun circuíto de resistores en serie pódese dicir que:

a) A intensidade total do circuíto é igual a suma das intensidades que circulan por cada

resistencia.

b) A intensidade total do circuíto é igual a intensidade que circula por cada resistencia.

c) Ningunha das anteriores.

Page 2: Exame electricidade

9. Dúas resistencias iguais conectadas en paralelo a unha tensión de 50 V consumen, entre as

dúas, 100 W. Si as conectamos en serie á mesma tensión de 50 V, disiparán entre as dúas unha

potencia:

a) 400 W. c) 25 W.

b) 100 W. d) 50 W.

10. Nun resistor o código de cores serve:

a) Para identificar que tipo de resistor es.

b) Para diferenciar os distintos tipos fabricantes de resistores.

c) Para identificar o valor da resistencia.

d) Ningunha das anteriores.

11. Que diferenza hai entre imantar unha peza de aceiro e unha de ferro?

a) Ningunha.

b) O ferro sufre imantación temporal e o aceiro permanente.

c) O aceiro é ferromagnético e o ferro non.

d) O ferro é ferromagnético e o aceiro non.

12. A intensidade de campo magnético creado por un condutor nun punto do espazo depende:

a) Do medio existente entre eles, da distancia e da intensidade eléctrica.

b) Da resistencia do condutor e do medio.

c) Da distancia do condutor ao punto.

d) Da intensidade eléctrica que circula polo condutor.

13. O obxectivo de facer devanados con moitas voltas é:

a) Dar máis resistencia ao devanado.

b) Fortalecer o devanado.

c) Conseguir máis indución a partir dunha intensidade.

d) Todas as respostas son correctas.

14. A permeabilidade absoluta é constante nos materiais ferromagnéticos para calquera

excitación?

a) Si. c) Non, por iso hai que empregar a curva B-H.

b) Depende do tipo de material. d) Si, pero só na zona de saturación.

15. Que é o entreferro?

a) A parte que queda entre as chapas dun circuíto magnético.

b) O espazo destinado a colocar o bobinado.

c) As ranuras dor rotor onde van aloxados os condutores.

d) Un pequeno espazo de aire que permite a mobilidade das pezas.

16. Un punto calquera dun circuíto onde se conectan tres terminais (ou máis) de diferentes

compoñentes denomínase:

a) Malla. c) Parafuso.

b) Nudo. d) Rama.

Page 3: Exame electricidade

17. Como se chama a parte dun circuíto que pode recorrerse sen pasar dúas veces polo mesmo

punto?

a) Nudo. c) Malla.

b) Camiño. d) Rama

18. A primeira lei de Kirchhoff refírese:

a) Ás mallas dun circuíto. c) Á diferenza de potencial entre dous puntos.

b) Aos nudos do circuíto. d) Ningunha das anteriores.

19. A segunda lei de Kirchhoff refírese:

a) Ás mallas dun circuíto. c) Aos nudos dos circuítos.

b) Á caída de tensión dunha resistencia. d) Ningunha das anteriores.

20. Nun nudo entran dúas intensidades de 2 A e 3 A, a intensidade de saída valerá:

a) 11 A c) 5 A

b) 1 A d) Ningunha das anteriores.

21. A condutividade dun material é:

a) A resistencia que presenta ao paso de corrente.

b) A propiedade inversa ao paso da corrente.

c) A dificultade que presenta ao paso de corrente.

d) Ningunha das anteriores.

22. Dos resistores lineais pódese dicir:

a) Son un tipo de resistor que presenta unha resposta tensión-corrente lineal.

b) Son resistores que varían o seu valor en función da luz ou a temperatura.

c) Tódolos resistores son lineais.

d) Ningunha das anteriores.

23. Un resistor detipo NTC caracterízase por:

a) Ter un coeficiente de temperatura positivo.

b) Aumentar a súa resistencia ao aumentar a temperatura.

c) Ter unha resposta lineal.

d) Ter un coeficiente de temperatura negativo.

24. Un resistor VDR…

a) Varía a súa resistencia en función da cantidade de luz recibida.

b) Varía a súa resistencia en función da tensión aplicada.

c) Ten unha resposta lineal.

d) Ningunha das anteriores.

25. Dunha asociación de resistencias en serie pódese dicir:

a) Tódalas resistencias teñen a mesma tensión.

Page 4: Exame electricidade

b) Por tódalas resistencias circula a mesma corrente.

c) As tensións e correntes de cada resistencia son iguais.

d) Ningunha das anteriores.

26. Dunha asociación de resistencias en paralelo pódese dicir:

a) As potencias disipadas por cada resistencia son iguais.

b) Por todas as resistencias circula a mesma corrente.

c) Tódalas resistencias están sometidas á mesma tensión.

d) Ningunha das anteriores.

27. Se nunha asociación en paralelo tódalas resistencias son iguais…

a) Tódalas tensións e correntes de cada resistencia son iguais.

b) As tensións de cada resistencia son iguais, pero non as súas correntes.

c) A potencia total consumida aumenta.

d) Ningunha das anteriores.

28. A carga que almacena un condensador nun circuíto depende:

a) Soamente da súa capacidade.

b) Soamente do nivel de tensión ao que está conectado.

c) Da capacidade e a tensión á que está conectado.

d) Ningunha das anteriores.

29. O tempo de carga dun condensador depende de:

a) A tensión de alimentación.

b) A resistencia de carga.

c) A capacidade do condensador.

d) A capacidade do condensador e a resistencia de carga.

30. Nunha asociación en serie de condensadores cúmprese que:

a) A capacidade total obtense ao sumar as capacidades de cada un.

b) A tensión é a mesma para cada condensador.

c) A carga é a mesma para tódolos condensadores.

d) Tódalas anteriores.

31. Nunha asociación en paralelo de condensadores cúmprese que:

a) A carga total obtense ao sumar as cargas individuais de cada condensador.

b) A carga é a mesma para cada condensador.

c) A capacidade total non se pode obter ao sumar as capacidades individuais de cada

condensador.

d) Ningunha das anteriores.

RESULTADOS:

a b C d 1

Page 5: Exame electricidade

2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31

PREGUNTA SOLUCIÓN1 2 3

Page 6: Exame electricidade

4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31

MANTEMENTO ELECTROMECANICO. EXAME PARCIAL 26 DE FEBREIRO DE 2010

APELIDOS E NOME: ...................................................................................................

PROBLEMAS

Page 7: Exame electricidade

1. Determine a resistencia equivalente e a lectura dos aparatos de medida. (2)

2. No seguinte circuíto determine os valores das intensidades. (2)

3. A sección do núcleo central da figura é de 8 cm2. Calcule a corrente que debe circular pola

bobina de 400 espiras para conseguir que no entreferro haxa un fluxo de 500 μWb. (1)

4. Calcule a tensión de alimentación no seguinte circuíto. (1)