20
FENÓMENOS ATMOSFÉRICOS

Fenómenos atmosféricos

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Fenómenos atmosféricos

FENÓMENOS ATMOSFÉRICOS

Page 2: Fenómenos atmosféricos

CHUVIA

Precipitación líquida.Prodúcese en nubes baixas pola condensación e agrupamento de moitas pequenas pingas de auga que ao non poder manterse en suspensión caen atraídas pola forza da gravidade. O tamaño das pingas depende da altura da que caian: se caen de pouca altura son pequenas (orballo) e se caen de moita altura, agrúpanse moitas pequenas pingas para formar pingas máis grandes.  

Page 3: Fenómenos atmosféricos
Page 4: Fenómenos atmosféricos

ARCO DA VELLA

É un efecto óptico que consiste na aparición no ceo dun arco con bandas de cores, cubrindo todo o espectro visible de luz, e que se produce como resultado de presenza simultánea da luz directa do sol e chuvia.

A explicación deste meteoro atópase na dispersión cromática que provocanas pingas de auga condensada presentes no aire.

Page 5: Fenómenos atmosféricos
Page 6: Fenómenos atmosféricos

NEVE

É un fenómeno meteorolóxico consistente na precipitación de pequenos cristais de xeo.

A neve fórmase comunmente cando o vapor de auga experimenta unha alta deposición na atmosfera a unha temperatura menor de 0ºC, e posteriormente cae sobre a Terra.

Page 7: Fenómenos atmosféricos
Page 8: Fenómenos atmosféricos

PEDRISCO ou SARAIBA

Precipitación sólida en forma de bolas de xeo. Prodúcese por sucesivas conxelacións das pingas de choiva como consecuencia das múltiples subidas, baixadas e remuíños das pingas de auga dentro das nubes de tormenta.

Page 9: Fenómenos atmosféricos
Page 10: Fenómenos atmosféricos

VENTO

Correntes que se producen cando se atopan masas de aire de presións diferentes. O aire circula da de máis presión á de menos presión ata acadar o equilibrio. A calor dilata as partículas do aire (fai aumentar o seu volume coa conseguinte perda de densidade) o que lles permite elevarse. O espazo baleiro é ocupado por outras partículas próximas que volven a quecer e continúan o proceso, establecendo unha corrente de aire quente ascendente e outra horizontal de aire frío que ven a ocupar ese espazo. Na parte alta da atmósfero o aire quente que chega desplaza ao que estaba alí cara a latitudes máis altas provocando outra corrente horizontal, e cando o aire se enfría descende completando o ciclo.

Page 11: Fenómenos atmosféricos
Page 12: Fenómenos atmosféricos

ANTICICLÓN

Masa atmosférica de altas presións nas que predomina o aire frío, sen humidade, que descende. Pode ocupar unha superficie de 1.000 a 3.000 km. de diámetro. Producen ventos que van da parte central ao exterior polos que intercambia presión. As presións poden ser de máis de 1.040 milibares.Os anticiclóns son síntoma de bo tempo.

Page 13: Fenómenos atmosféricos
Page 14: Fenómenos atmosféricos

BORRASCA ou CICLÓN

Masa atmosférica de baixas presións formada por aire quente e húmido que se eleva. Ocupa menos superficie que os anticiclóns e produce ventos fortes e precipitacións. Pode ter unha presión de ata 950 milibares.As borrascas son síntomas de tempo revolto. 

Page 15: Fenómenos atmosféricos
Page 16: Fenómenos atmosféricos

LÓSTREGO

É unha descarga eléctrica que se produce entre as nubes de chuvia ou entre unha destas nubes e a terra. A descarga é visible con traxectorias sinuosas e ramificacións irregulares que teñen ás veces moitos quilómetros de distancia, fenómeno coñecido como lóstrego ou relampo. Tamén se produce unha onda sonora chamada trono.

Page 17: Fenómenos atmosféricos
Page 18: Fenómenos atmosféricos

AURORAS POLARES

Prodúcese cando unha exección de masa solar choca cos polos norte e sur da magnetosfera terrestre, dando lugar a unha luz difusa pero predominante proxectada na ionosfera terrestre, composta de partículas protónicas que difunden a cor.

Page 19: Fenómenos atmosféricos
Page 20: Fenómenos atmosféricos

Laura Búa Castro