1
Nerea Raña Domínguez 2º Bacharelato B Estou lonxe, lonxe dela. No medio dun enorme rego de auga. Entristecido, collo un papel do chan que atopo tirado e comezo a escribir estas palabras : Desexo estar aí ao teu carón , para levantarme cada mañá do ano, abrir a fiestra e sentir o frescor da brétema na miña cara, polo verán ir ás romarías e ver todas aquelas rapazas á saída da misa coas súas longas saias e cos seus panos de cores atados á cabeza, estreando zapatos novos, escoitar os foguetes e bailar aqueles ritmos tan pegadiños. No inverno sentar na lareira preto do lume e escoitar como ós máis vellos contan historias da Santa Compaña .Polo outono ir os domingos aos seráns onde as ferreñas das pandeiretas soan soas . Teño medo , moito medo polo que poida pasar ao cruzar este mar, pero o que si que sei é que nada volverá ser igual. Agora que te perdín doume de conta do namorado que estaba de ti, da miña terra, de todo o teu, da túa fala, da xente, da paisaxe, da música… Sen poder acabar de escribir esta carta, unha bágoa percorre a miña meixela. Miro pola ventá e vexo a terra nova e aí é onde me decato que nada volverá ser como antes. Herba de namorar

Herba de namorar

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Herba de namorar

Nerea Raña Domínguez 2º Bacharelato B

Estou lonxe, lonxe dela. No medio dun enorme rego de auga. Entristecido, collo

un papel do chan que atopo tirado e comezo a escribir estas palabras :

Desexo estar aí ao teu carón , para levantarme cada mañá do ano, abrir a

fiestra e sentir o frescor da brétema na miña cara, polo verán ir ás romarías e ver todas

aquelas rapazas á saída da misa coas súas longas saias e cos seus panos de cores

atados á cabeza, estreando zapatos novos, escoitar os foguetes e bailar aqueles ritmos

tan pegadiños. No inverno sentar na lareira preto do lume e escoitar como ós máis

vellos contan historias da Santa Compaña .Polo outono ir os domingos aos seráns onde

as ferreñas das pandeiretas soan soas .

Teño medo , moito medo polo que poida pasar ao cruzar este mar, pero o que

si que sei é que nada volverá ser igual. Agora que te perdín doume de conta do

namorado que estaba de ti, da miña terra, de todo o teu, da túa fala, da xente, da

paisaxe, da música…

Sen poder acabar de escribir esta carta, unha bágoa percorre a miña meixela.

Miro pola ventá e vexo a terra nova e aí é onde me decato que nada volverá ser como

antes.

Herba de namorar