18
Friedensreich Hundertwasser Artista, Arquitecto, Ecoloxista Friedensreich Hundertwasser Artista, Arquitecto, Ecologista Friedensreich Hundertwasser Artist, Architect, Enviromentalist

Hundertwasser ceip o grupo

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Hundertwasser ceip o grupo

Friedensreich Hundertwasser

Artista, Arquitecto, Ecoloxista

Friedensreich Hundertwasser

Artista, Arquitecto, Ecologista

Friedensreich Hundertwasser

Artist, Architect, Enviromentalist

Page 2: Hundertwasser ceip o grupo

Friedensreich Hundertwasser

(1928 - 2000)

Page 3: Hundertwasser ceip o grupo
Page 4: Hundertwasser ceip o grupo

Friedensreich Hundertwasser é un artista que naceu en Viena no 1928, é o que normalmente se coñece

como artista total, é dicir, foi pintor, arquitecto, escribiu manifestos, realizou performances, diseñou selos e

bandeiras etc. Pero sobre todo foi un adiantado ao seu tempo pois cada incursión que facía no mundo da arte, era

sempre desde o punto de vista do respeto pola natureza e a ecoloxía.

Hundertwasser cambiará de nome en diferentes momentos da súa vida e utiliza este cambio como algo ritual, el

mismo di sobre este aspecto “Eu teño moitos nomes e son moitas persoas. Son pintor, arquitecto, ecoloxista… Hai

tantas cousas que facer que eu sempre digo: gustaríame ser dez Hundertwasser para facer dez veces máis cousas.

Como iso non pode ser polo menos podo ter moitos nomes”.

Hundertwasser foi prácticamente un nómade toda a súa vida, nos años 40 viviu en Italia onde coñeceu a tres

pintores franceses cos que viaxará en autostop a Sicilia, estará en París durante case sete anos vivindo cunha

familia, vivirá e viaxará a Marruecos, Túnez, Norte de África, Austria… Todas estas viaxes realizaraos sempre

prácticamente sen cartos e sempre creando obras de arte, sobre todo pinturas. Un dos temas máis importantes nas

creacións deste artista é a arquitectura, a mellora das condicións humanas e a preocupación pola natureza e a

ecoloxía. Nos seus debuxos de edificios e cidades a miúdo representa a monotonía inhumana da cidade moderna.

CITY VIEW

Page 5: Hundertwasser ceip o grupo

Os artistas que admira serán Schiele e Klimt sobre todo nos seus comezos (anos 50), tamén atopa unha grande

inspiración nos grabados e no arte xaponés sobre todo Hokusai, e nas cores podemos sentir a súa admiración por

Klee e polas paisaxes e naturezas de Rousseau.

Unha das características máis importantes e recoñecidas na obra deste artista que non usa a liña recta nos seus

cadros nin na súa arquitectura. Nos seus tratados podemos ver como escapa do uso da liña recta e el mismo di:

A utilización cega, covarde e estúpida da liña xeométrica recta, convertíu as nosas cidades en baldíos desolados

desde o punto de vista estético, espiritual e ecolóxico…

A liña recta e os seus derivados son úlceras cancerosas que envelenan, por igual, a planificación urbana e a

salud física. As nosas cidades son a realización dos caprichos dementes de arquitectos criminais que nunca

fixeron o xuramento hipocrático da arquitectura: négome a construir casas que poidan causar dano á natureza e

ás persoas.

Hundertwasser será moi crítico co tipo de construccións que está de moda naquel momento e en obras, como por

exemplo “Casas sangrando” aparecen sete edificios de tamaño grande, colocados de forma masiva e monótona,

este tipo de construcción será o branco das súas críticas.

Outro dos elementos máis característicos nas súas pinturas sobre todo e na súa arquitectura serán as espirais. As

espirais comezan a aparecer nas súas obras a partir de 1953, cando Hundertwasser ve un documental chamado

Imaxes da locura na que os esquizofrénicos dun hospital psiquiátrico de París aparecían debuxando espirais, así

que comeza a incorporalas ao seu traballo coma unha especie de símbolo da vida e da morte. Utilizará coma

exemplo a casa espiral que é unha vivenda ecolóxica que reduce a contaminación e que aparecerá en moitas das

súas obras.

Outro dos aspectos fundamentais deste artista é que foi un pioneiro no tema da ecoloxía, trataba aspectos da

ecoloxía que agora están de plena actualidade. Neste aspecto foi un visionario, creará un novo diseño, por

exemplo, dunha planta incineradora en Spittelau, preto de Viena, e aceptou o proxecto porque fora diseñada como

o modelo máis ecolóxico, dentro do posible. Escribiu numerosos tratados nos que deixa clara a súa loita pola

ecoloxía di por exemplo nos anos 80:

A producción de lixo debería ser un delito criminal. Os productores de residuos, as industrias de embalaxes, as

causantes dos residuos, é dicir, todos nós, deberiamos ser castigados severamente para así acabar radicalmente

coa produción de residuos.

Outra das características deste excepcional artista é que creaba as súas propias cores con materiales que atopaba

coma ladrillos, terra, carbón… e aplicaba estas cores en capas moi finas porque cría que así se intensificaba a cor e

conseguía máis profundidade.

Nos seus últimos anos cada vez se meterá máis de cheo en labores urbanísticas coma realizar traballos de

sumidoiro, planificación urbana, tellados con vexetación, pero incluso sociedades sen residuos e aforro de enerxía,

sempre desde un punto de vista da ecoloxía.

Por último, e para ir finalizando dicir que outro dos aspectos básicos na súa pintura e arquitectura son as cebolas,

as cúpulas con forma de cebola “a forma de cebola suxíreme riqueza, felicidade, abundancia, opulencia e

fertilidade (…) Teño moito apego ás cúpulas con forma de cebola e póñoas en todas partes (…) póñoas nos meus

cadros para indicar a promesa dunha boa terra, a terra prometida, o paraíso”. Este tipo de cúpulas aparece por

exemplo na iglesia de Santa Bárbara.

Page 6: Hundertwasser ceip o grupo

Friedensreich Hundertwasser sempre será recordado polos seus ideais ecoloxistas e sobre todo polo seu uso da cor,

que nas sus propias palabras definía coma “un mundo de cores, é sempre sinónimo de paraíso. Un mundo gris ou

monocromático é sempre sinónimo de purgatorio o de inferno”. É para terminar con este artista que nos

transportaba cos seus cadros ao seu paraíso particular citamos de novo as súas propias palabras sobre a súa

definición dun bo cadro “un cadro bo está cheo de maxia. Faite sentir feliz, faite rir, ou chorar, pon as cousas en

marcha. Debe ser coma unha flor, coma unha árbore. Debe ser coma a natureza, algo que se añora cando non

está”.

(Nota: a maior parte da información deste post ven de: RAND, H. (2009). Hundertwasser. Ed. Taschen.)

Máis información:

Wikipedia

Web de la fundación Hundertwasser

Post en elforastero.blogalia.com

Post en mimoleskinearquitectonico.blogspot.es

Page 7: Hundertwasser ceip o grupo
Page 8: Hundertwasser ceip o grupo
Page 9: Hundertwasser ceip o grupo
Page 10: Hundertwasser ceip o grupo

https://nodisparenalartista.wordpress.com/2012/09/26/friedensreich..

Teoría das cinco peles

1-Epidermis

2-Clothes

3-Houses

4-Identity

5-Earth

Page 11: Hundertwasser ceip o grupo
Page 12: Hundertwasser ceip o grupo
Page 13: Hundertwasser ceip o grupo

Friedrich Stowasser, máis coñecido coma Friedensreich Hundertwasser, é un dos máximos expoñentes da

vangarda artística en Austria. Nacido en Viena no 1928, conseguíu converterse nunha figura clave da arte

europea do século XX, cultivando múltiples facetas e incluso creando toda unha filosofía de pensamento sobre a

vida humana e a obra artística.

Hundertwasser é coñecido coma o pintor das cinco peles, debido a que

cultivou unha teoría, a partires dela dividía a vida humana en cinco estratos que ían desde a epiderme ata o

contexto social no que un crecía. A súa obra, ademáis, foi sempre un reflexo deste modo tan peculiar de entender a

natureza humana.

-A primeira das peles do ser humano é a epiderme, que é a que máis preto está do “eu” interno, e que

ademáis encarna a nudez do home. O artista protagonizou en diversas ocasións performances nas que aparecía

espido, xa que entendía que a aceptación do corpo era o primeiro paso para alcanzar a felicidade e a beleza real.

-A segunda pel correspóndese coa roupa. Hundertwasser pensaba que a roupa da era moderna era un

elemento despersonificador,e que daba coma resultado unha sociedade uniforme e simétrica. Por isto comezou a

fabricarse a súa propia roupa con pequenos retais, dando sempre liberdade a súa imaxinación.

-A terceira das peles é o fogar. O artista reivindicaba a liberdade e a liberación imaxinativa, e por iso

opúxose rotundamente a que se poidera considerar arte ou vangarda a arquitectura racionalista. Para el, as casas

non se construían a partires de muros, senón de fiestras, e afirmaba que cada individuo tería que poder ter

a capacidade de asomarse á súa fiestra e cambiar a presenza do seu fogar. Con ese pensamento, dedicou gran

parte da súa vida a deseñar diferentes casas e apartamentos nos que os pisos non eran planos, as cores

multiplicábanse, o céspede surdía do tellado, e as columnas non seguían un esquema regular. O modernismo e a

arquitectura de Gaudí foron en todo momento os seus seus referentes á hora de construir os seus

Hundertwasserhaus.

Hundertwasserhaus en Viena

Page 14: Hundertwasser ceip o grupo

Neste contexto de liberación total débese entender tamén a súa pintura. Nos seus lenzos, estas mesmas

capas pódense achar, a modo de espirais que surden coma unha explosión de rechamangueiras cores. Neste

caso, a influencia da secesión vienesa é clara, sendo Gustav Klimt e Egon Schiele os seus dous grandes referentes.

http://queaprendemoshoy.com/hundertwasser-el-artista-de-las-cinco-pieles/who-has-eaten-all-my-windows-1966/

http://queaprendemoshoy.com/hundertwasser-el-artista-de-las-cinco-pieles/who-has-eaten-all-my-windows-1966/

-A cuarta capa do home dase no entorno social. Para el, a sociedade exerce unha influencia igual de

grande que a familia na construción da identidade persoal. Durante a súa vida, tras vivir o drama da II Guerra

Mundial, mantivo unha actitude crítica de cara ás decisións dos gobernos europeos, defendeu a paz de Palestina, e

diseñou múltiples modelos de bandeiras coas que buscar a paz.

-A última das peles de Hundertwasser é o entorno mundial. O artista, ata os últimos anos da súa vida, daba

unhas dúas voltas ao mundo no seu barco, para manterse ao ritmo pendular do planeta. Realizou múltiples

campañas en pro da ecoloxía, contra o racismo e a favor da paz, deixando sempre a un lado as orientacións

políticas ou as tendencias ideolóxicas.

A súa obra é un dos exemplos visuais máis rechamantes dos movementos pacificadores das últimas décadas. A cor

e a liberación da línea recta foron dous dous pilares sobre os que construíu a súa produción artística e toda una

filosofía de vida. Trala súa morte no año 2000, a súa figura ha foi consagrada coma un dos artistas máis relevantes

do século XX.

Vía| Hundertwasser

Máis información| RESTANY, P. Hundertwasser: el poder del arte. El pintor-rey con sus cinco pieles, Madrid:

Taschen, 2003.

Imaxes| Cinco pieles, Hundertwasserhaus, Cuadro.

Arquitectura, arte, arte contemporáneo, Austria, Cultura y Sociedad, patrimonio, pintura, Siglo XX

“Quen comeu todas as miñas

ventanas?”, 1966

Page 15: Hundertwasser ceip o grupo

A general guide to the themes, ideas

and ideals, writings and works of

Hundertwasser in relation to the 5

skins.

The art historian Pierre Restany writes in his book The Power of Art, Hundertwasser, The Painter-

King with the Five Skins:

For Hundertwasser, man has three skins: his natural epidermis, his clothes, his house. When in

1967 and 1968 the artist delivered his “Naked” address to proclaim man’s right to his third skin

(the free alteration of his house), he accomplished the ritual full cycle of his spiral.

He re-found his first skin, that of his original truth, his nakedness as a man and painter, by

stripping off his second skin (his clothes) to proclaim the right to his third skin (his home) .

Later, after 1972, when the major ideological turning-point had been passed, the spiral of

Hundertwasser’s chief concerns began to unfold. His consciousness of being was enriched by new

questions, which called for fresh responses and elicited new commitments. So appeared the new

skins that were to be added to the concentric envelopment of the three previous ones. Man’s

fourth skin is the social environment (of family and nation, via the elective affinities of friendship).

The fifth skin is the planetary skin, directly concerned with the fate of the biosphere, the quality of

the air we breathe, and the state of the earth’s crust that shelters and feeds us.

Page 16: Hundertwasser ceip o grupo
Page 17: Hundertwasser ceip o grupo
Page 18: Hundertwasser ceip o grupo