138
Primeiro terzo do século XX

Inicios do século XX

  • Upload
    xenevra

  • View
    863

  • Download
    7

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Inicios do século XX

Primeiro terzo do século XX

Page 2: Inicios do século XX
Page 3: Inicios do século XX

 

Cambios sociais 1º terzo

século XX:

- Derrube da fidalguía

- Eliminación do sistema foral

- Acceso do campesiñado á propiedade

da terra

- Consolidación dunha pequena

burguesía industrial e financiera 

Page 4: Inicios do século XX

Consecuencias da desamortización na Galiza

Xa que o que se pon en venda son os dereitos

sobre as terras e non o seu dominio útil, o foro

seguirá vixente.

Así, desde 1855 a propiedade cambia de

mans, pasa da Igrexa aos burgueses e

fidalgos, pero o foro persiste.

O campesiñado non se

ve beneficiado porque,

dada a súa escasa

capacidade económica,

non pode mercar as

terras.

Con todo, desde 1865, debido a un fortalecemento da lexislación sobre a

propiedade individual, os campesiños comezarán a mercar as terras xa que

teñen os cartos procedentes da emigración. Isto traerá consigo unha

consecuencia negativa: a consagración do minifundio.

Page 5: Inicios do século XX
Page 6: Inicios do século XX

Sociedades agraristas:

- "Solidaridade Gallega ", "Unión

Campesiña“: organizacións cun programa político

claro que intentan atopar a solución aos problemas

organizativos da produción e do foro.

- "Acción Gallega" (1910): Basilio Álvarez, Cabanillas, Noriega Varela

Page 7: Inicios do século XX
Page 8: Inicios do século XX

A aparición do

nacionalismo

obxectivo a defensa, exaltación e fomento da lingua de

Galicia,

Page 9: Inicios do século XX

O 18 de maio de 19161916 unha

xuntanza nos locais da Real

Academia Galega da Coruña

acordou a creación dunha

Irmandade dos Amigos da Irmandade dos Amigos da

FalaFala.

Page 10: Inicios do século XX

Asistiron arredor de 20 persoas

Entre os que acudiron á xuntanza estaban:

Manuel Lugrís Freire,

Florencio Vaamonde Lores,

Uxío Carré Aldao,

ou Ramón Vilar Ponte.

Page 11: Inicios do século XX
Page 12: Inicios do século XX

IRMANDADES DA FALA

• O seu voceiro é o xornal A Nosa Terra.

Page 13: Inicios do século XX

En 1907 nace o xornal A Nosa Terraa

integramente en galego (que contou dende o

comezo con 2.000 subscritores).

10 anos máis tarde, convertirase no órgano de

expresión das Irmandades da Fala e

posteriormente, en 1932, do Partido Galeguista.

Page 14: Inicios do século XX

Desde o comezo houbo dous sectores

diferenciados:

O político era partidario da conquista

do poder político;

o culturalista ‑ dirixido polo grupo

ourensán de Vicente Risco‑ pretendía a defensa e

potenciación da cultura galega.

Page 15: Inicios do século XX
Page 16: Inicios do século XX

O termo nacionalista aparece por

primeira vez na "Primeira Asemblea

Nazonalista Galega" celebrada en Lugo

en 1918.

Page 17: Inicios do século XX

Tendo Galiza todas as características esenciais da

nacionalidade, nós nomeámonos, de hoxe para

sempre, nacionalistas galegos, xa que

a verba rexionalismo non recolle todas as

aspiracións nin encerra toda a intensidade dos

nosos problemas.

Page 18: Inicios do século XX

Para expoñer as súas ideas, publican o Manifesto

da Primeira Asemblea Nacionalista en Lugo o 18

de Novembro de 1918, que marcará a pauta

política do galeguismo.

Page 19: Inicios do século XX
Page 20: Inicios do século XX
Page 21: Inicios do século XX

I Manifestoautonomía  integral da

nación galega

estado federal que deixe unha porta aberta á

integración  de Portugal

Igualdade de dereitos políticos para a muller

Existencia dun Parlamento Galego que elixiría un goberno galego.

As competencias serían moi amplas: educación, réxime bancario, crédito agrícola,

construción e administración de ferrocarrís....

Page 22: Inicios do século XX

No político, as Irmandades

fundamentan o seu programa na crítica

ó estado centralista como causa dos

males de Galicia.O seu proxecto baseábase no autogoberno

para Galicia e a súa federación co resto das

nacións que compoñen a Península Ibérica,

coa correspondente cooficialización do galego

a todos os niveis.

Page 23: Inicios do século XX

Obxectivos prioritarios:

Autonomía integral para Galicia.

Autonomía municipal.

Ingreso de Galicia na Liga das Nacións.

Busca dunhas bases para facer posible un

federalismo con Portugal.

Page 24: Inicios do século XX

Obxectivos para Galicia:Obxectivos para Galicia:

O poder lexislativo encomendábase a un Parlamento galego, elixido

directamente polo pobo.

O poder xudicial estaría sempre desenvolvido por cidadáns galegos.

Réxime tributario propio, sen intervención do poder central.

Supresión das Deputacións Provinciais.

Fixación do cupo de forzas que se estimasen precisas para manter a orde

no país.

Page 25: Inicios do século XX

Obxectivos para Galicia:Obxectivos para Galicia:

Lexislación social nas competencias que se estimasen non exclusivas do

Estado.

Toda a potestade docente.

Administración (non construción) dos ferrocarrís.

Control da política económica, non excluídos os bancos.

Recuperación por parte dos pobos dos montes comunais.

Page 26: Inicios do século XX

Obxectivos para Galicia:Obxectivos para Galicia:

Igualdade de dereitos da muller.

Soberanía estética de Galicia (que se conservase nas construcións o

estilo digno e propio de cada marco xeográfico).

Cooficialidade do castelán e do galego.

Page 27: Inicios do século XX
Page 28: Inicios do século XX

As Irmandades: axente normalizador No plano cultural desenvolven un labor inxente:

– Promoven o uso oral do idioma en todo tipo de ámbitos: ensino, xustiza, prensa, actos públicos…

– Crean editoriais: Nós (Santiago de Compostela), Lar, Céltiga, Alborada…

– Publican revistas e xornais: Alfar, Nós, Ronsel…– Impulsan o teatro pola súa importancia

normalizadora e social: Conservatorio Nacional de Arte Galega (1918).

– Diversifican os xéneros literarios: coleccións de narrativa como “Lar” e “Céltiga” cobren o período 1920-1936…

Page 29: Inicios do século XX

No seo das Irmandades nacen o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos (1923).

O SEG era unha institución centrada no estudo das manifestacións culturais do país: etnografía, literatura, arte, prehistoria e arqueoloxía, ensino, filoloxía…

Page 30: Inicios do século XX

O fracaso nas eleccións e a Dictadura de

Primo de Rivera contribúen a que en 1922

triunfen as teses culturalistas e apolíticas.

Page 31: Inicios do século XX

REAL DECRETO DE 1902

CONSTITUCIÓN REPUBLICANA DE 1931

Page 32: Inicios do século XX
Page 33: Inicios do século XX
Page 34: Inicios do século XX

Antre dous séculos

Tradición

+Novas tendencias

europeas

Page 35: Inicios do século XX

A negativa consideración deste periodo

canto á calidade poética, vén determinada

pola falta de orixinalidade e a

reiteración nos vellos temas e formas, que

xa estaban esgotados.

Page 36: Inicios do século XX

Canto ao contido, basicamente vemos reproducidas

as grandes liñas temáticas dos grandes poetas do

XIX:

a liña socialliña social (preocupación pola situación do país,

fundamentalmente polas penurias económicas dos

labregos; reivindicación dos nosos sinais de

identidade, sobre todo o idioma, e chamamento a

recuperar a nosa historia e as súas figuras

senlleiras);

a liña intimistaliña intimista;

e, finalmente, a costumista-paisaxísticacostumista-paisaxística, en

que se describe a fermosura da nosa terra e se

reivindican os nosos costumes.

Tradición

Page 37: Inicios do século XX

A orixinalidade desta nova poética reside,

segundo Ferrín, en "anchear e arriquecer

esa nova sensibilidade con apoñamentos

diversos, fundamentalmente modenistasmodenistas,

españois e varios portugueses".

Novas tendencias europeas

Page 38: Inicios do século XX

non estamos perante unha corrente

modernista strictu sensu, senón que

máis ben asistimos a unha

interpretación poética que interpretación poética que

combina a tradición cultural combina a tradición cultural

galega cun certo influxo galega cun certo influxo

modernista -saudosismo, símbolismo-

palpábel tanto no fondo como na

forma.

Tradición

+

Novas tendencias europeas

Page 39: Inicios do século XX
Page 40: Inicios do século XX

Ramón Cabanillas

Enríquez

síntese e superación do Rexurdimento,

herdeiro do máis elevado da tradición

decimonónica

actualizador da poesía galega.

Con el a literatura incorpora, certamente de forma serodia, os elementos básicos das estéticas post-simbolistas europeas interseculares.

Page 41: Inicios do século XX

encadramos a Ramón Cabanillas na

xeración das Irmandades, aínda

que por idade lle corresponda dentro dela o

rango de "irmán maior“; sen embargo a súa

peripecia biográfica e intelectual asimilase á

dos máis novos e conflúe con eles plenamente

tras a constitución das Irmandades da Fala.

ParticipaParticipa nas empresas galeguizadoras,

desde o Seminario de Estudos Galegos ao

Partido Galeguista, ademais de colaborar

nas principais publicacións alentadas desde

as Irmandades (A Nosa Terra,

Rexurdimento, Nós, etc.).

Os homes das Irmandades fixeron

del un estandarte, ao cualificalo

como 'Poeta da Raza'Poeta da Raza", sucesor

lexítimo de Rosalía, Pondal e

Curros.

Page 42: Inicios do século XX
Page 43: Inicios do século XX

Ramón Cabanillas Enriquez nace o 3

de xuño de 1876 na pequena vila

feudal de FefiñánsFefiñáns, hoxe anexada á

vila de Cambados (Pontevedra).

Page 44: Inicios do século XX

Asiste á escola na súa primeira infancia, a unha escola aldeá que evoca en Vento mareiro (1915):

¡Con que vida de milagre rexurde a visión daquela casa de escola, asentada no adro, a carón da igrexa!

¡Ou paredes! ¡Ou baranda da escala longa e estreita do patín! ¡Ou ventaniñas claras, ridoras, abertas sobre da horta do antigo convento! ¡Como se espella na alma, como arrecende o recordo, esa roseira sempre florida que loce máis rosas canto máis vella!

Page 45: Inicios do século XX

Á idade de nove ou dez anos, e quizabes sentindo xa

a chamada do Seminario, vai a pasantía de vai a pasantía de

LatínLatín nunha parroquia veciña. En carta dirixida a

don Ricardo Carballo, o poeta retrata con sinxeleza e

tenrura a figura do profesor:Tratei de deprender Latín, ós nove ou dez anos, cun santo abade, moi

enfermiño e falangueiro, que me daba máis mazás que leccións, na lindeira

parroquia de Corbillón.

Page 46: Inicios do século XX

En 1889 reside xa no seminario de San Martiño

Pinario, en Compostela, onde non se destaca

precisamente polo seu amor ao estudioamor ao estudio. Na

referida carta pódese ler:Entre o 89 e o 93 paseei os

claustros de San Martiño Pinario,

de onde saín cun revoltixo na

cachola, de Historia, Retórica e

Matemáticas. De Latín, Grego e

Filosofia, nada, nin polo forro;

catro vaguedades penduradas

dun fío.

Page 47: Inicios do século XX

En 1893 deixa o Seminario e incorpórase ao

traballo burocrático, como oficial de oficial de

contabilidadecontabilidade, na casa do Concello de

Cambados. Alí comparte o seu lecer entre as

tascas mariñeiras e a lectura:

Nese tempo divertinme nas tascas,

entre mariñeiros, e facendo, ás veces,

coplas de rexoubeo. Lin todo o que

atopaba por diante, porque

sempre fun un lector sen acougo,

anque sen método, selección, escolla,

ficheiros nin nada que se lle pareza.

E... casei. Pero esto pertence ao meu

ser íntimo, cheo de felicidade e

santidade.

Page 48: Inicios do século XX

En setembro de 1910, para saber que era aquelo

de AméricaAmérica, embarca para Cuba.Cuba.

Deixa na casa a muller, coa que vai manter

constante correspondencia, e os fillos, dos que

se vai lembrar sempre, facendo da súa crianza

obxecto de preferente preocupación, máis coma

faceta moral ca material.

Ver os fillos, para ben criados,

Amantes do seu chan, traballadores,

Sin rebaixarse nunca ante os señores

Nin erguerse xamais ante os coitados.

Page 49: Inicios do século XX

Reside na Habana onde traballa primeiro como

contable de comercio e despois como

administrador do Teatro Nacional, que daquela era

propiedade do Centro Galego.

Por cartas dirixidas a Manuel Sánchez Peña -

datadas entre outono de 1910 e xuño de 1915-

temos amplas noticias, referentes á súa actividade

intelectual, burocrática, galeguista e persoal,

que foi moi intensa neses cinco anos.Os extrañáis de que no escribo; no os extrañéis. Estoy metido en una vida que no me deja tiempo para nada.

Page 50: Inicios do século XX

O seu contacto coa intelectualidade contacto coa intelectualidade

galeguista emigrantegaleguista emigrante é intenso nestes anos.

Alí coñeceu tamén a Basilio ÁlvarezBasilio Álvarez que o gañou para a causa agrarista.

o famoso cura de Beiro, líder de Acción Gallega, con quen Ramón Cabanillas mantivo sempre unha fonda amizade e mais unha comunión ideolóxica no referente á loita anticaciquil.

Page 51: Inicios do século XX

En 1913 publica No No desterrodesterro, prologado por Basilio Álvarez.

Page 52: Inicios do século XX

En 1915, ano da

publicación de Vento

mareiro volve a

Cambados, renunciando a

un propósito inicial de

visitar os Estados Unidos -

1911:

«Estuve a dos dedos de

irme a Filadelfia, en los

Estados Unidos El

puñetero inglés que no

me entra!»-,

Page 53: Inicios do século XX

Es inverosímil y ridículo -escribe o 24

de xuño de 1915 a Manuel Sánchez

Peña-, pero es verdad: estoy

disgustadísimo viendo acercarse el día

de dejar a Cuba. Nada me liga a esta

tierra, absolutamente nada, y, sin

embargo, me ha puesto imposible la

seguridad de abandonarla. Perdí el

humor para escribir y no tengo

serenidad para explicarte mi estado de

ánimo.

Page 54: Inicios do século XX

Reintégrase á burocracia local, á apacibilidade da vida familiar e á actividade política, en estreita relación coas Irmandades da Fala e co seu fundador Antán Villar Ponte.

O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente en A Nosa A Nosa

TerraTerra, converténdose na voz lírica do movemento.

Page 55: Inicios do século XX

Foi aclamado como Poeta da Poeta da

RazaRaza e utilizou os seus poemas

ao servizo da construción

nacional, abandonando os ecos

intimistas presentes na súa

primeira poesía.

Page 56: Inicios do século XX

0 día 31 de agosto de 1920 é recibido na Real

Academia Galega. O seu discurso levaba como

título A saudade nos poetas gallegos.

Page 57: Inicios do século XX

0 26 de maio de 1929 le o seu discurso de

ingreso na Real Academia Españolana Real Academia Española, para a que

fora designado xunto con Cotarelo Valledor, en

cumprimento dunha disposición do Goberno de

Primo de Rivera que asignaba dous postos na

devandita Institución para cada unha das

culturas españolas con entidade lingüística

propia: a galega, a catalana e a vasca.

O discurso, que leva como título Un somero

recuerdo de la vida y obra de Eduardo Pondal.

Page 58: Inicios do século XX

Fixa a súa residencia en MadridMadrid para asistir ás

sesións da Academia e, a partir deste momento, a

súa vida ser unha permanente peregrinaxe

(Madrid, Valencia, Cambados, Baracaldo,

Samos...). A ti miña muller, arca pechada,Que no seu fondo garimoso encerraO que me queda santo sobre a terra,Van estes versos de visión dourada.

Eles diranche que, ó través da vida,Sempre, sempre miña alma soñadoraPideulle a Dios que na postrera horaCerre os meus ollos esa man querida.

O poeta perde a estabilidade da súa vida ideal, familiar e mais aldeá, para someterse a outras imposicións do seu rango de poeta universalmente recoñecido.

Page 59: Inicios do século XX

Sofre a pobrezapobreza.

Escribe a Valentín Paz Andrade o 22 de maio do 39-:

“La deportación de mi hermano le impidió resolverme una situación económica urgentísima: la del abono de mi costosa operación quirúrgica. Recurriendo a todos los medios he podido reunir una parte de la cantidad que debo entregar mañana, y como mis más cercanos amigos están en situación idéntica o alejados, te ruego con verdadera necesidad me mandes seiscientas cincuenta pesetas, que te satisfaré en el plazo máximo de dos meses, pues tengo un trabajo a realizar que me permitirá cumplir la devolución en ese plazo.”

Page 60: Inicios do século XX

Morre en Cambados, na casa dunha súa filla, o

9 de novembro de 1959.

É amortallado co hábito de San Francisco e

enterrado en Cambados, aínda que

posteriormente os seus restos foron

trasladados a Santiago e depositados na igrexa

conventual de Santo Domingo, na mesma

capela cós de Rosalía de Castro e Alfredo

Brañas.

Page 61: Inicios do século XX
Page 62: Inicios do século XX

Escribiu fundamentalmente poesía lírica e poesía lírica e

poesía narrativapoesía narrativa, pero tamén publicou

teatroteatro e esporadicamente textos ensaísticos

como o seu discurso de entrada na RAG A

saudade nos poetas galegos (1920) ou o prólogo

á Antífona da cantiga.

Page 63: Inicios do século XX

Poesía lírica:Poesía lírica:

•No desterro (1913)

•Vento Mareiro (1915)

•Da Terra asoballada (1917)

•A rosa de cen follas (1927)

•Antífona da cantiga (1950) (antoloxía de

cantos e coplas populares)

•Da miña zanfona (1954)

•Versos de alleas terras e tempos idos (1955)

•Samos (1958)

Page 64: Inicios do século XX

Poesía narrativa:Poesía narrativa:• Na noite estrelecidaNa noite estrelecida (1926) (1926)

• O bendito San Amaro (1925): bioggrafía deste

santo galego.

• Camiños no tempo (1949): recompilación da

súa poesía narrativa.

Page 65: Inicios do século XX

Cabanillas supera o risco de

converterse nun epígono máis do

Rexurdimento mercé á

incorporación ao galego dos

rexistros que caracterizan a

modernidade poéticamodernidade poética.

Page 66: Inicios do século XX

Desde o punto de vista estritamente literario, a

estética de Ramón Cabanillas constitúe unha

síntese peculiar dos seguintes elementos básicos:

Tradición clásica Greco-latina

Tradición folklórica galega

Mestres do Rexurdimento

Romanticismo e

Simbolismo e postsimbolismo

Page 67: Inicios do século XX

• A etapa de formación de A etapa de formación de

CabanillasCabanillas coincide coa eclosión do

modernismomodernismo.

Sen embargo, a literatura galega

mantense en liñas xerais á marxe das

propostas rubendarianas.

Page 68: Inicios do século XX

Do modernismo hispano adopta as roupaxes

externas:

210

versatilidade métrica e rítmica, con

versos alexandrinos ou sonetos de

arte menor

un lixeiro exotismo con princesas, pierrots,

mandaríns chineses, xardíns amenos, etc.;

gusto polo sensual, os ambientes lánguidos, a

musicalidade, o preciosismo verbal e os

efectos coloristas.

Page 69: Inicios do século XX

A PRINCESA ROIBA...

Reza un merlo no soutofrorido de cereixosrelixioso ofertorioduns místicos amores.Pasa un vento de bicosque vai buscando beixos, como enxame de abellasque vai buscando frores. Fío a fío debulla súa madeixa a fontebarbullando chorosao verso lexendariodo Paxe do Casteloaforcado na Pontee da Reina encantadano Pazo solitario.

Nas follas dos salgueirospelexas e chilidos.Un trasno luxuriosoestala en gargalladas ollando, sobre o espellodas augas, os despidos corpos, cristal e neve, dun fato de driadas. Nos cálices das rosashai comunión de orballo. Mentras no rexio alcázarxunto ó baleiro trono por ela espera a Corte, á sombra dun carballotexe a Princesa roibaun encaixe de Ensono.

Page 70: Inicios do século XX

Sen embargo, outros trazos alonxano da

estética puramente modernista:

o gusto polo folclore

popular

o léxico

rural asome para a súa obra un marcado ideal

ético e unha finalidade finalidade concienciadoraconcienciadora que pouco teñen que ver co esteticismo vougo e as teorías

da art pour l'art.

Page 71: Inicios do século XX

Tras incorporarse ao proxecto cultural das

Irmandades da Fala, Cabanillas toma

contacto tamén co saudosismosaudosismo portugués.

programa de rexeneraciónprograma de rexeneración

baseado na recuperación das recuperación das

raíces nacionaisraíces nacionais que coidaban

ameazadas.

Page 72: Inicios do século XX

O saudosismo terá unha influencia

decisiva na obra dos anos 20, onde

apreciamos:

un crecente interese polos temas

históricos,

unha tendencia mítica e

certo misticismo entre cristián e

panteísta.

Page 73: Inicios do século XX

Todos estes elementos,

unidos a un profundo

coñecemento da tradición

decimonónica e da poesía

popular, dan lugar a unha

obra rica e plural.

Page 74: Inicios do século XX

Cabanillas incorpora aos seus textos rexistros e temáticas descoñecidos na poesía galega -temática relixiosa e bucólica, o mito artúrico...-

ao tempo que renova os modelos habituais mediante un novo tratamento en que se combina sensualismo, plasticidade e un perfecto dominio do ritmo e da linguaxe.

Page 75: Inicios do século XX

Evolu

ció

n

Evolu

ció

n

lite

rari

alite

rari

a

1910-1915: Etapa de formación ou pregaleguista

1916-1920: Etapa galeguista

1921-1930: Etapa mítico-saudosista

1939-1949: Etapa de posguerra (segunda madurez)

Page 76: Inicios do século XX
Page 77: Inicios do século XX

Coñece a Basilio Álvarez e

impresionado pola súa oratoria

asome o ideario agrarista e

convértese en portavoz literario

do movemento.

Page 78: Inicios do século XX

Nos anos da emigración cubana

Cabanillas escribe os seus dous

primeiros libros,

No desterro. Visión gallegas

(1913) e

Vento mareiro (1915)Editadas na Habana

Page 79: Inicios do século XX

combinan:

• a evocación descritiva nostálxica dun

emigrante

• co poeta anticaciquil e cívico que

reclama dende o primeiro momento o

necesario camiño da galeguización

definitiva.

Page 80: Inicios do século XX

Canto á temáticatemática:

nostalxia do desterrado que a

través da lembranza reconstrúe a

presenza dos lugares nativos, as

paisaxes familiares, os amores

infantís, a nai, a esposa, etc.

A emigración non provoca a máis mínima

crítica social: tan só no poema inicial de

No desterro, "Camiño adiante", se nos

presenta como decisión liberadora do

labrego que marcha canso de sufrir a

humillación e a inxustiza.

Page 81: Inicios do século XX

A par desta encontramos un reducido

número de poemas que mostran a voz dun

poeta civilpoeta civil, empeñado en denunciar os

males do foro, a miseria dos labregos e as

ansias de redención que atravesan o campo

galego.

Page 82: Inicios do século XX

Poemas como "A Basilio Álvarez",

"Acción gallega", "A un cacique",

"Lume no pazo", etc.,

convértense en auténticas

proclamas anticaciquis e

antiseñoriais e marcan nos anos

seguintes o perfil literario do

autor.

poemas

Page 83: Inicios do século XX
Page 84: Inicios do século XX

O seu ingreso definitivo nas Irmandades da

Fala vai supor unha evolución temática

acompañada dun compromiso co país.

Convértese nun grande poeta cívico

asumindo o rol de concienciador do pobo.

Page 85: Inicios do século XX

A esta época corresponde a obra

Da terra asoballadaDa terra asoballada (1917)

así como un bo número de

poemas que pasan a engrosar a

segunda edición de Vento mareiroVento mareiro

(1921).

Page 86: Inicios do século XX

Non renega dos poemas de crítica

antiseñorial, mais abandona os tintes

sanguinarios e vingativos da fase

agrarista

Adopta unha actitude didácticaactitude didáctica, de

cara a lograr unha aproximación

paulatina do pobo ao galeguismo.

Page 87: Inicios do século XX

Cabanillas prefire agora louvar nos seus

poemas os persoeiros representativos do

galeguismo histórico (Rosalía, Pondal,

Brañas ... ) ou contemporáneo (Lois

Porteiro), ao tempo que chama os galegos

a recuperaren o seu orgullo nacional cunha

intencionalidade redignificadora na liña

dalgúns poetas do Rexurdimento.

Page 88: Inicios do século XX

Galiza pasa a ser o suxeito colectivoGaliza pasa a ser o suxeito colectivo

dos seus poemas, entendida como un

conxunto de grupos sociais

heteroxéneos pero igualmente

asoballados.

Por moito que siga identificando a

esencia do país coa súa base

campesiña, o fidalgo xa non é só unha

figura corrupta e sanguinaria e

preséntasenos tamén en ocasións

como paradigma de honestidade e

amor á terra.

Page 89: Inicios do século XX

Ao mesmo tempo, a poesía de Cabanillas

imprégnase de múltiples ideoloxemas que

caracterizan o discurso político das

Irmandades:

o papel central do idioma na conformación o papel central do idioma na conformación

da nacionalidade, da nacionalidade,

o celtismo, o celtismo,

o modelo irlandés, o modelo irlandés,

Portugal como prolongación cultural de Portugal como prolongación cultural de

Galiza, etc.Galiza, etc.

Page 90: Inicios do século XX
Page 91: Inicios do século XX

Esta etapa relaciónase co seu achegamento

ao Grupo Nós e ao saudosismo portugués.

Caracterízase pola aposta no

camiño da reconstrucción do pasado, desde a Idade media, tempo esencial no que se explican as orixes do noso pobo.

Page 92: Inicios do século XX

Cabanillas pretende achegarse a unha

verdade intrahistórica que mostre aos

lectores as grandes leccións do pasado

como única maneira de facérense

donos do seu futuro.

Page 93: Inicios do século XX

Centra os momentos da "historia mítica" en catro, que considera claves na constitución da nacionalidade: • a época celtaépoca celta, que aborda a través de personaxes e actitudes de marcado selo pondaliano; •a Alta Idade MediaAlta Idade Media, mitificada na apropiación

das lendas artúricas; •o período de esplendor medievalesplendor medieval (secúlo XII) dominado polas loitas entre Xelmírez e dona Urraca e a perda do reino con Afonso VII;

•E a crise do século XVcrise do século XV en que as loitas irmandiñas, a dominación castelá e o sometimento da nobreza significan o fracaso das aspiracións nacionais de Galiza.

Page 94: Inicios do século XX

A nova materia trae consigo un novo

tratamento formal:

•a linguaxe poética é máis rica e

conceptuosa;

•son máis frecuentes as referencias

eruditas;

•créase un sistema pechado de

símbolos aos que só pode ter acceso

un lector medianamente culto...

Page 95: Inicios do século XX

No tocante á versificación, bota

man de metros cultos antes

inusuais na súa obra, como o

alexandrino, se ben alterna o seu

uso con romances e outras

estrofas populares.

Page 96: Inicios do século XX

Paralelamente a esta corrente

mítico-saudosista, Cabanillas

escrebe unha outra poesía de

carácter relixioso e milagreiro,

entre a que destacamos a lenda

en verso 0 bendito San Amaro

(1925), xunto con outros textos

que teñen como figura central o

Apóstolo Santiago, símbolo que

nesta altura tenta recuperar o

galeguismo.

Page 97: Inicios do século XX

Mais a proba que confirma a variedade de rexistros caracterizadores de Ramón Cabanillas é a publicación do poemario A rosa de cen follas. Breviario dan amor (1927), cuxo título é tomado dun verso de Rosalía de Castro; agora o poeta renunciará á poesía combativa e costumista para cantar o amor con evidentes influencias de clásicos como Rosalía, Bécquer ou Heine, tal e como o poeta anuncia no limiar:"Estas páxinas descoridas, dun inxenuo e soave romanticismo,

son as follas murchas dunha rosa de mocedade. Malia que a tristeza da Rula do Sar me apreixara o corazón,

o Bécquer das anduriñas o cinguira de brétemas, e Heine, o que oiéu as sonatas do violín da Morle,

batera nel como nunha bigornia de ferreiro, naceron nos días lumiosos en que a vida

é unha cantiga nos beizos e un feixe de rosas na man"

Page 98: Inicios do século XX

Etapa de posguerra Etapa de posguerra

(segunda madurez) (segunda madurez)

(1939-1959)(1939-1959)

Page 99: Inicios do século XX

A partir de 1931 aproximadamente

Cabanillas enmudece como poeta.

Salvo poemas circunstanciais en

tempos da República e un par de

romances aparecidos durante a

guerra en revistas da resistencia

antifascista, o poeta pasa máis dunha

década sen escribir nin publicar.

Page 100: Inicios do século XX

Sen embargo, cando xa sobrepasa os

setenta anos e parece que a súa obra

non vai ter continuidade, nos anos

corenta inicia unha segunda madurez

creadora.

Situa

ción

da

lingu

a

Page 101: Inicios do século XX

Cabanillas, membro da Real

Academia Española, católico fervente

e de ideas conservadoras, está a

salvo das desconfianzas e censuras

do réxime e volve a xogar, como xa

fixera tres décadas atrás, un papel

simbólico de primeira magnitude na

recuperación cultural de posguerra.

Page 102: Inicios do século XX

Publica:

Antífona da cantiga (1950), recompilación de

cántigas populares. É o primeiro libro que publica a

editorial Galaxia.

Versos de alleas terras e tempos idos (1955) Onde

traduce e adapta poemas gregos e latinos, así como

do inglés ou do alemán.

Da miña zanfona (1954) libro con ecos machadianos

en que o poeta, o,"home bo", estende a súa ollada

sobre o mundo para se referir con voz amarga e ton

moralizante, á tristeza, á mocidade perdida, á vida e

á morte.

Page 103: Inicios do século XX

Samos (1958). Misticismo relixioso e contemplativo

na descrición da quietude da vida comunitaria no

mosteiro de Samos. É un poemario de paz e

comuñón coa natureza nun locus amoenus que

restableza o seu equilibrio interno. Canta aos

elementos da arquitectura do mosteiro, os distintos

momentos da vida monástica e a paisaxe que

rodea o lugar en versos de resonancias panteístas.

Page 104: Inicios do século XX

Recursos estilísticosRecursos estilísticos

Algúns dos recursos máis empregados son sinestesias,

simbolismo, hipérbato, etc.

Unha das características máis salientables de Ramón

Cabanillas é a «vontade de estilo», isto é, a vontade de

conseguir a perfección estilística nas súas

composicións, polo que dun mesmo poema ten varias

versións publicadas en sucesivas edicións. Estas

responden ou ben a unha finalidade puramente

estética para acadar a altura literaria que merece o

poema ou ben motivadas por cuestións puramente

ideolóxicas e/ou políticas.

Page 105: Inicios do século XX

LinguaLingua

Da mesma maneira que amosou unha clara

vontade de estilo, tamén podemos falar de

«vontade de lingua» para referírmonos á

preocupación que tivo para escribir nun galego

literario, afastado do oral, consciente de que

escribe nun idioma carente de normas.

Page 106: Inicios do século XX

Se comparamos diferentes edicións da súa obra observamos que, a diferenza das primeiras edicións (anteriores a 1920), nas posteriores:

• Rexeita castelanismos como ponzoñenta, aléxase, sangre, cuaxan, carcaxada, axena, nadie e escribe, na definitiva versión, formas galegas como pezoñenta, alónxase, sangue, callan, gargaliada, allea ou ninguén.

• Reduce o emprego de formas dialectais propias da fala, como o seseo, que xa nas primeiras edicións era escaso. Así, substitúe lus, crus, vos ou rapas por luz, cruz, voz, rapaz.

Page 107: Inicios do século XX

• Rexeita vulgarismos como mistereosa,

patreo, mamorias, últemas, propeo, historea,

y-alma, delor e substitúeos por misteriosa,

patrio, memorías, últimas, propio, historia,

alma, dolor.

• Modifica léxico, principalmente cando

substitúe a palabra desexo (que aparecía na

primeira edición de No desterro (1913): «eu

tiña un deseio») 1 - pola palabra arela («Eu

tiña unha arela») da 2 a edición de 1926.

Page 108: Inicios do século XX

Con todo é frecuente nel o

emprego de hiperenxebrismos

como outo, soma, rízonte, adourar

(alto, sombra, horizonte, adorar).

Page 109: Inicios do século XX

Así mesmo tivo unha forte preocupación por

elevar a consideración social galego. Proba

disto é que o considerou apto para a

tradución de poemas e modernos en Versos

de alleas terras, e que o dignificou en A man

de Santiña ao nos presentar personaxes de

clases altas (fidalgos e señoritas nadas) na

cidade falando o noso idioma, coa finalidade

de impulsar a concia galeguista nestes

ámbitos urbanos e nestes estamentos

sociais, algo inusitado na época.

Page 110: Inicios do século XX

Antonio Noriega Varela

serve de ponte entre o

S.XIX e a literatura

galega do S.XX.

Page 111: Inicios do século XX

 En 1869 Antonio Noriega Varela veu ao mundo en

MondoñedoMondoñedo. Moi relixioso, ingresou con catorce anos

no Seminario, onde se fixo popular gracias ao seu

carácter festeiro e satírico. Mais non puido ordenarse

sacerdote ao lle negar Roma a dispensa por ser fillo de

solteira, polo que decidiu facerse mestre.

Alí adquiriu formación clásicaformación clásica e comezou a

escribir poemas en español que enviaba á

prensa local.

Page 112: Inicios do século XX

Freixeiro Mato di que Noriega Varela foi:

“un amante da vida e dos seus praceres, amigo de

esmorgas e longas conversas... Ideoloxicamente

mantivo unha liña de pensamento constante...,

defensor dun catolicismo de signo tradicionalista...

autor dunha obra poética que evoluciona desde o

descritivismo decimononico ao lirismo intimista da

naturaleza... Noriega Varela está entre os poetas

galegos máis representativos en que ocupa un

destacadísimo lugar, senón o primeiro, entre os

escritores da provincia de Lugo que mellor souberon

recrear os costumes tradicionais, a idiosincrasia e

alingua das xentes humildes que a habitan”

Page 113: Inicios do século XX

Os tres anos que viviu

desterrado nas terras

arraianas provocáronlle un

sentimento de desolación.

O escritor foi trasladado á raia con Portugal, Calvos de Calvos de

RandínRandín, onde permaneceu 3 anos. Non se sabe se

polas publicacións feitas en Guau, guau ou polas

polémicas creadas nos seus faladoiros.

Page 114: Inicios do século XX

Tres anos despois logrou o seu traslado á escola

de TrasalbaTrasalba, preto da cidade de Ourense. Isto

supúxolle a posibilidade de trabar novas relacións.

Otero Pedrayo + Basilio Álvarez

escritores portugueses, escritores portugueses, parnasianistas e

simbolistas

(Teixeira de Pascoães, Guerra Junqueiro, Eugénio

de Castro e Antero de Quental).

Page 115: Inicios do século XX

Máis sen dúbida o feito máis importante desta

etapa foi o contacto cos escritores escritores

portuguesesportugueses,

Afástao do costumismo e poesía descritiva decimonónica

Page 116: Inicios do século XX

Con case 57 anos obtivo un destino definitivo

como mestre e instalouse en AbadínAbadín,

retomando os contactos da mocidade.

"Díceme -Vd. cuando pienso ir a Lugo, y yo le digo: estoy ya nombrado (provisionalmente) para la escuela de la Graña en Abadín. El día qe. en la dirección me nombren de veras, ahí me tiene Vd. [ ... ] ¡Qué odisea, amigo de mi alma! Desde el 2 de febrero qe. solicité el traslado aun en 5 de junio se hicieron en Madrid los nombramientos provisionales, y Dios sabe cuando (aunque presumo qe. ya no pueden tardar mucho), Dios sabe cuando vendrá el nombramiento efectivo [...] El día qe. me vea en mi ideal retiro de la Grafia, con casa puesta y rodeado los míos, voy a creer qe. se me acerca el cielo" (cfr. 111.6.1.30)

Page 117: Inicios do século XX

Esta nova etapa da súa vida está marcada

fundamentalmente polo contacto coa natureza e polo

trato cos labregos. Desta relación nace Como falan os Como falan os

brañegosbrañegos -1928- -1928-. Unha compilación de ditos, frases e

adiviñas populares da zona.

Foi nomeado membro da Real Academia Galega -1927-.

Nunca chegou ler o discurso e considerouse ingresado

despois da guerra, sen ningún tipo de formalidades. A

data de ingreso definitivo é abril de 1939.

Page 118: Inicios do século XX

Xa en 1930 solicita por motivos de saúde un traslado que o

leva a Viveiro, Viveiro, Santa María de Chavín, o seu derradeiro

destino como docente.

Esta etapa coincide coa 2ª República e logo coa guerra

civil. Diante destes acontecimentos posiciónase

claramente. Coherente coa súa ideoloxía tradicionalista

opúxose á Repúbica; así durante este goberno el mantivo o

crucifixo na súa escola.

Nesta época incrementa a súa produción poética (agora en

español). Chegoulle o tempo do retiro e coñeceu, até o seu

pasamento en 1947, un momento de fondo pesimismo.

Page 119: Inicios do século XX

A súa obra reflicte a predilección por temas da

inspiración clásica, como a montaña lucense e as

súas xentes. En toda ela están presentes as súas

crenzas tradicionalistas e conservadoras, que o

mantiveron afastado do galeguismo.

Foi coñecido como o cantor da montaña.

Page 120: Inicios do século XX

Aínda que a crítica fala de Noriega como autor

de un só libro de creación poética, imos

diferenciar:

• MontañesasMontañesas: 1904, con 16 composicións

1910, ampliada en 53 poemas que

inclúen dous poemas extensos “de Ruada”,

gañador do 1º premio nun certame de

Mondoñedo, e “Leite Fresco” cadro de

costumes. Outorga maior protagonismo á

montaña.

Page 121: Inicios do século XX

• Do ErmoDo Ermo: aparece en 1920 formado por 48 poemas; 30 novos e 18 incorporados da obra anterior; en xeral os máis líricos e relixiosos. Abandona o lirismo e o ton descritivo e centra a atención na lírica da montaña.

Será esta a única edición que inclúe algún poema anticaciquil e agrarista ( “Acción Gallega”, “Prós mozos”, “En boa hora”) froito momentáneo do compromiso con algúns amigos.

En 1929 hai unha 3ª edición e en 1946 unha 4ª. Esta foi seguida polo autor con sumo interese:

Page 122: Inicios do século XX

A obra saíu do prelo dividida en tres

partes: A Virxen y-a paisanaxeA Virxen y-a paisanaxe,

MontañesasMontañesas e D’o ErmoD’o Ermo.

Deixando de lado a primeira que é de

compilación, as dúas seguintes ficaron

constituídas da seguinte maneira:

• MontañesasMontañesas: 24 composicións.

• D’o ErmoD’o Ermo: 102.

Page 123: Inicios do século XX

Esta reagrupación definitiva

responde ao criterio de considerar

montañesas como unha obra de

carácter descritivo e costumista e

D’o ErmoD’o Ermo dentro de una liña

estética depurada e moderna,

tematicamente caracterizado polo

lirismo franciscano de acento

relixioso.

Page 124: Inicios do século XX

Distinguimos dúas etapas:

1.1.MontañesasMontañesas na súa primeira edición de

1904 onde predomina a poesía realista

decimonónica,

2. Do ErmoDo Ermo, de liña intimista franciscana

integrada na poesía do século XX.

3. A segunda edición de MontañesasMontañesas

representa a transición entre ambas.

Page 125: Inicios do século XX
Page 126: Inicios do século XX

• Natureza humilde propia do franciscanismo poético

Os seres máis pequenos e insignificantes espertan nel sentimentos de maor e solidariedade (vid. Toda humilde beleza)

• Alabanza da montaña, na liña do Beatus ille horaciano (gabanza á vida retirada, á vida do campo). A Montaña

• Paso do tempo, Tempus Fugit, asociado á «saudade» pola mocidade perdida.

Page 127: Inicios do século XX

• Mutación ou metamorfoses extraída das

Metamorfoses de Ovidio. Se alí Dafne, perseguida por

Apolo, se converte en loureiro (abedoeira) coa axuda dos

deuses, agora trocarase en bidueira; o orballo da mañá

quetransforma os elementos da natureza en xoias; etc...

• A saudade: esa saudade da montaña que impregna toda a poesía d’O Ermo.

• O tema da morte que non só aparece nos poemas autobiográficos. O seu amor pola montaña é tan intenso que nin a morte conseguirá afastañlo dela, pois é alí onde quer ser soterrado.

Page 128: Inicios do século XX
Page 129: Inicios do século XX

O galego da primeira época ten un marcado acento

ruralista, grande riqueza léxica e un forte carácter

dialectal da área mindoniense do autor; hai

predominio do léxico concreto fronte ao abstracto,

como corresponde ao carácter realista das composicións.

Page 130: Inicios do século XX

Mais entre a súa linguaxe, sen dúbida popular nesta etapa,

sempre se deixará ver o poeta culto e estilista.

Así, nunha das súas primeiras composicións, que encabeza

o libro Montañesas, "Fale meu bisavó", tal vez a de maior

sabor tradicional, achamos versos como estes:

A lengua de Rosalía,rico caudal de harmoníaque prendou a Castelar,moitos n'a saben falar,

i os máis non lle teñen pía. (...)

¡Non!, naquel tempo pasadonon era tan desleigado

quen por un Creso se tiña,si daba o leite a vaquiña,i abría sucos co arado.

Page 131: Inicios do século XX

Na segunda etapa (Do Ermo) a depuración temática esixiulle tamén unha maior depuración lingüística. A lingua vaise ir desprendendo do ton popular e do

ruralismo colorista para se facer máis culta e abstracta. Nisto tivo moito que ver o

achegamento definitivo á poesia portuguesa, o que vai implicar á depuración da lingua rústica e dialectal que con anterioridade empregara, para botar man dun rexistro culto, acorde coa nova temática e coa nova estética.

E nos escritores portugueses, igual que nos españois, acha eses cultismos greco-latinos que agora precisa.

Mais non usará nunca unha palabra nin adoptará unha solución morfolóxica que el non considere plenamente galega.

Page 132: Inicios do século XX

Non acostumou empregar hiperenxebrismos pois nin

pretendeu nunca que o galego abandonase o ámbito

en que o castelán o tiña recluído; mesmo se burlou

das Irmandades da Fala por tentar un modelo

estándar.

dialectalismos

vulgarismos

castelanismos

Page 133: Inicios do século XX
Page 134: Inicios do século XX

Domina os versos tradicionais e non busca innovacións.

Tamén na métrica podemos distinguir dúas etapas:

• en Montañesas predomina o verso de arte menor,

fundamentalmente o octosílabo. Abonda o romance

aínda que tamén usa as quintillas, sextillas e décimas.

Esta métrica de carácter popular e tradicional está en

consonancia co ton xeral do libro.

• en Do Ermo a métrica vese afectada pola nova liña do

autor, pasando a metros e estrofas cultas. A inclusión

do soneto foi decisiva. Predomina a rima consonante

sobre a asonante e, aínda sendo maioritarios os versos

de arte menor, destaca a presenza do hendecasílabo.

Page 135: Inicios do século XX

Recursos estilísticos:Recursos estilísticos:

• Diminutivos en -iño: en consonancia coa lingua popular e coa temática franciscana, que resalta a humildade e tenrura das cousas, e polo tanto a afectividade e o ton sentimental: ¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos! Eu venero as frolíñas dos toxos.

• Paralelismos sintácticos tradicionais, anáforas, similicadenciasque nas rosas dos vales, que sorríen que nos mantos dos pinos, que se engríen que nas blondas do mar, que se rebela.

• Encabalgamentos de verso a verso ou interestróficos nos sonetos: viste os cardos de flores, viste de hedra /as informes paredes dos muíños.

Page 136: Inicios do século XX

• Antíteses ou xogos de contrarios: á vista dun pazo, un niño / i a

gloria dun remansiño / frente ós vagallós do mar.

• Hipofora: o poeta pregúntase a si mesmo e el mesmo responde: ¿A señardá? ¡Ben sei!

• Prosopopea ou humanización dos elementos da natureza:¡que alegre! un raio de sol, en tanto non lle furta un bico á neve.

• Metáforas.

• Fonosimbolismos: i alegra os soutos, donde arrola a rula .

• Hipérbatos que dificultan a comprensión: sorrisos das do ermo tristes flores.

•Ablativo absoluto: Sañudo o rostro, rúda-las maneiras...

Page 137: Inicios do século XX
Page 138: Inicios do século XX

A Nosa Terra é o nome de varias publicacións periódicas:A Nosa Terra, voceiro de Solidaridad Gallega (1907-1908)A Nosa Terra, voceiro das Irmandades da Fala (1916-1932) e do Partido Galeguista (1932-1936)A Nosa Terra, voceiro da Irmandade Galega da Arxentina

O primeiro número saíu o 14 de decembro de 1916 na Coruña e contaba con oito páxinas. Na súa etapa coruñesa, a redacción e administración desta publicación estaba no despacho que tiña no Cantón Grande o avogado e escritor Xosé Iglesias Roura, que foi o seu primeiro director. Antón Villar Ponte foi o seguinte director até a IV Asemblea das Irmandades da Fala (1922). A partir de entón Víctor Casas será quen leve o peso real da dirección, aínda que nominalmente foron directores Alexandre Bóveda, Aquilino Iglesia Alvariño en 1933 ou Ramón Suárez Picallo en 1934. O 1 de febreiro de 1932, pouco despois do nacemento do Partido Galeguista, convérteuse no seu voceiro oficial e a redacción trasladouse a Pontevedra. En xuño de 1933 deixouse de publicar durante algún tempo por dificultades financeiras.En 1917 contaba con 2.000 subscritores, en 1931 con 500 e en 1935 con 1.000, aínda que se descoñece a tiraxe exacta. Os recursos económicos da publicación proviñan das subscricións, da publicidade, das doazóns dos galegos de América e das Irmandades da Fala primeiro e o Partido Galeguista despois.O 17 de xullo de 1936 saíu o derradeiro número de ANT.