67

Lendas pedras

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Lendas pedras
Page 2: Lendas pedras

En Galiza a pedra está ligada á cultura e á tradición. Nela gravaron os petroglifos os habitantes do Neolítico, nos dolmes e mámoas enterraban aos mortos, con ela santificaban lugares (cruceiros e cruces), era e segue a ser o material de construción dos santuarios e motivo de lendas, remedios e tradicións. Pola súa forma natural, polas propiedades que se lle atribúen, pola relación con fenómenos sobrenaturais as pedras están asociadas a multitude de ritos e crenzas, algúns moi primitivos e posteriormente cristianizados.

Page 3: Lendas pedras

Monte Lobeira

Page 4: Lendas pedras

O traballo erosivo dos axentes xeolóxicos durante milleiros de anos puxo ao descuberto e modelou as masas rochosas que forman o cerne das montañas creando, en moitas delas, formas monumentais ou curiosas merecentes de ser coñecidas e conservadas. Moitas delas teñen nomes propios que fan referencia á súa forma ou a algún rito ou lenda.

Pena dos Tres Pés (Forgoselo)

Page 5: Lendas pedras

PENEDOS DE TRABA E PASARELAA maioría dos nomes das pedras teñen relación con diferentes lendas.Na Moa había mouros, e hai un túnel que desde este monte chega á igrexa parroquial.

Page 6: Lendas pedras

Avión (Penedos de Pasarela)

Page 7: Lendas pedras

Indíxena (Penedos de Pasarela) Man (Penedos de Pasarela)

Ceñudo (Penedos de Pasarela) Pomba (Penedos de Pasarela)

Page 8: Lendas pedras

O Xigante (Monte Pindo)

Page 9: Lendas pedras

Can (Castrove)

Page 10: Lendas pedras

Con do Crocodilo (Illa de Arousa)

Page 11: Lendas pedras

Catedrais (Ribadeo)

Penafurada (Loiba)

Page 12: Lendas pedras

Oso (Camariñas)

Caudillo (Camariñas) Namorados (Camariñas)

MoaCabo Vilán

(Camariñas)

Page 13: Lendas pedras

Dromedario (Laxe)

Page 14: Lendas pedras

Detalle da illa de Sagres. Arredor desta illa hai unha lenda que conta que nos tempos antigos en que vivían aquí os Oestrymnios chegou un home chamado Saepes ao mando dun poderoso exército. Para facerse co dominio das illas casou coa filla do xefe da tribo chamada Forcadiña. Como nin así conseguiu o dominio matou á súa dona e parteuna en moitos anacos que deron lugar a numerosos illotes espallados pola zona. O pai de Forecadiña anoxado botoulle unha maldición a Saepes e convertiuno tamén nunha pedra, o Home de Sagres, ao igual que a todos os seus seguidores. Contan que todas as pedras que rodean á illa de Sagres son os homes do exército de Saepes e os animais da súa facenda convertidos en pedras.

Page 15: Lendas pedras

Pena Corneira (Leiro)

Page 16: Lendas pedras

Penedo dos Tres Reinos (Nos antigos lindes dos reinos de Portugal, Galiza e León)

Page 17: Lendas pedras

Penedo das Fatigas (Os Blancos). Contan que aquía facían os seus ritos os antigos habitantes da zona.

Por toda a xeografía galega podemos atopar pedras asociadas con diferentes ritos e tradicións

Page 18: Lendas pedras

PEDRAS ABALADOIRAS(pedras do embale, de abalo, abaneantes,

baladas, bambeantes, do equilibrio, cabaleiras, cabalgantes, moventes, vacilantes…)

Son pedras adiviñatorias que manifestan as súas virtudes por medio do movemento. Segundo abalen ou non responden ás preguntas que se lles fagan.Téñense empregado para probar a fidelidade das mulleres, a virxinidade das mozas, e a culpabilidade ou inocencia dos reos (Monte Bastelo en Culleredo, O Xistral en Alfoz...) e dos pecadores… Pena do Equilibrio.

Ponteareas.

Page 19: Lendas pedras

Pedra do Brazal (Dumbría)

Page 20: Lendas pedras

Pedra Abaladoira de Muxía (pedra da Barca): din que foi a vela da barca na que a Virxe chegou ata alí. Se se move a Virxe concede os desexos aos ofrecidos. Os pecadores non conseguen movela, os nenos e os libres de pecado conségueno facilmente.

Veño da Virxe da Barcaveño de abalar a pedratamén veño de vos verSanto Cristo de Fisterra.

Page 21: Lendas pedras

Pica das Gralleiras (Serra do Xurés) Pica da Illa (Serra do Quinxo-Entrimo)

Page 22: Lendas pedras

Pena Cabaleira(Siradella-O Grove)

Pena do Equilibrio (Serra do Xurés) Pena do Equilibrio (Serra do Suído)

Page 23: Lendas pedras

Pena cabaleira (A Lanzada-O Grove)

Page 24: Lendas pedras

Pena do Equilibrio (San Mamede-Lousame)

Page 25: Lendas pedras

Pena Abaladoira da Serra do Xistral. Cóntase que se deitaban nela as parellas con problemas de fertilidade, as nais con pouco leite, as mulleres que procuraban noivo ou as que desexaban saír con ben do parto. A auga que apoza nas pías é boa para curar as espullas. Quen consegue pasar por baixo dela e abaneala cunha soa man cura da reuma.

Page 26: Lendas pedras

Lagoa de Doniños

BERCES-Xunto á lagoa de Doniños hai unha pedra cunha pía que din que foi o berce no que aboiaron e se salvaron os nenos cando foi asolagada a cidade.-Na Pastoriza (Arteixo) está o Berce da Virxe.

Page 27: Lendas pedras

Cama ou Berce da Virxe (A lanzada)

CAMASSon pedras que combaten a infertilidade tendo relacións nelas; noutras déitanse as mulleres a tomar o luar para ter bos partos: cama ou berce da Virxe da Lanzada, Monte Pindo, San Guillerme de Fisterra, Taboadelo, Teixido…

-Camas do Santo: nelas suponse que estivo deitado algún santo: Santiago en Padrón, Santo Amede en Tállara, San Lourenzo no monte Aloia,…

Page 28: Lendas pedras

O Crismón de Quiroga ou Crismón da Ermida é unha peza circular de mármore cunha inscrición en latín e iniciais en grego. Ata 1887 fixo de ara na igrexa do século XII de Santa María da Ermida e desde 1925 está exposto no Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo. As mulleres fregábanse no Crismón de Quiroga para teren descendencia.

PEDRAS FERTILIZANTES Utilizábanse para ritos de fertilidade (as parellas deitábanse nelas para ter fillos, as mulleres para dar leite ou lograr un embararazo), ou para pedir a chuvia.San Guillerme de Fisterra, Cama do Home de Taboadelo, Monte Pindo, Xalo (Culleredo)...

Foto: Wikipedia

Page 29: Lendas pedras

PEDRAS CURADORASAs máis comúns son as PEDRAS FURADAS, asociadas a ritos de paso. -No Penedo Vigón de San Bieito da Cova da Loba cúrase o tangaraño. Tres Marías pasan ao neno polo burato da pedra decindo a ladaíña. Despois quítanlle a roupa e fan un atado que colocan nunha xesta. Se a xesta seca o neno morre, se a xesta medra, o neno cura.

-Para curar a nenos choróns é boa a pedra furada de San Bartolomeu de Queirugás, en Verín. -Na procesión da Ascensión en Santa Mariña de Augas Santas os reumáticos levan grandes pedras ao lombo para curarse.

Page 30: Lendas pedras

-Pedra do Arangaño, en Perrelos (Sarreaus). Segundo a tradición os nenos entarangañados facíanse pasar polo burato da pedra para que curasen e despois deixábase alí a roupa.

Page 31: Lendas pedras

-Pedra dos Cadrís de Muxía, á que se lle atribúe a curación do reuma, os riles e o lumbago.

-Pedra en Muxía, á que se lle atribúe a curación de males da cabeza.

Page 32: Lendas pedras

ANTAS: son casas ou mesas das bruxas e das mouras. Tamén se di que son os fornos dos mouros.

PEDRAS FUNERARIAS Asociadas a tumbos, menhires e dolmes, moradas provisionais das almas dos mortos. Abondan por toda Galiza.

Dolme de Axeitos, ou Pedra do Mouro, en Oleiros (Ribeira). Contan os vellos que entre este dolmen e a peneda natural coñecida como a Pía do Frade hai unha trabe de ouro.

Page 33: Lendas pedras

Monte Facho (Fisterra) onde se cree que había una Ara Solis relacionadas con cultos de fecundidade.

ARASEn Arbo as sacamandeiras curan as doenzas dos nenos pasándoos varias veces, espidos e lavados con auga bendita, por debaixo e por riba do altar da igrexa.Dalgúns altares sácanse areas chamadas pedras da ara que se levan para as casas para curar meigallos.

Page 34: Lendas pedras

PICO SACROEstrabón (100 a. de C.) fala de ritos relacionados coas pedras no Mons Sacer (Pico Sacro), adicado ao Sol e a Xúpiter, no que, segundo un antigo costume, as pedras son voltas do revés e, despois de ofrecerlles unha libación devólvense ao xeito primitivo. Non se poden facer sacrificios nin ficar pola noite, porque é cando os deuses visitan o lugar. Aínda na actualidade seguen a facerse romerías no Pico Sacro con fins curativos.

Page 35: Lendas pedras

Contan no século VI neste monte da Paradanta (Coto da Vella, a 924 m de altitude) apareceu a Virxe debaixo dunha rochas o que deu lugar á devoción á virxe da Franqueira.

Page 36: Lendas pedras

Pegada do cabalo de Santiago na Pena das

Ferraduras de Santo Estevo do Ermo-Barreiros

PENEDOS DAS FERRADURASSon pegadas visibles na pedra de cabalgaduras de santos, heroes ou demos. A burriña da Virxe cando fuxían a Exipto (Cortegada do Miño, Verín) ou cando venceu nunha aposta ao cabalo do demo (Castro Caldelas); a burra de Xesús cando fuxía dos xudeos; o cabalo de Santiago cando pelexaba contra os mouros (Santo Estevo do Ermo-Barreiros, O Incio, Verín...); do cabalo de Roldán (Carregal, Valdeorras, castro da Cidá-Ribeira...).

Page 37: Lendas pedras

Cruz do Seixo (Cerdedo)

PEDRAS DOS MOUROS ou DAS MOURASAgochan tesouros, altares, santos de ouroe, persoaxes míticos...Hai penedos que se abren petando neles, rañando cun coitelo ou dicindo unhas verbas máxicas. Estas crenzas tamén están relacionadas con antas e mámoas.En moitos penedos hai un culebrón que vixía os tesouros. Tamén abondan as pedras de sacrificio, con covas, pías, altares...

Page 38: Lendas pedras

-Pedra Longa (Tordoia): segundo a lenda, a pedra tróuxoa a Nosa Señora (a Virxe María). Tamén se di que no lugar repousaban os cabaleiros da Orde de Santiago e, na Noite de Fin de Ano, fala: quen a toca coas mans nota as súas vibracións.

Page 39: Lendas pedras

Pena da Moura (serra do Bocelo-Toques). Conta a lenda que estando un sacerdote rezando no lugar viu que a Pedra se abría amosando un fermoso altar de ouro. O crego quedou abraiado mirando para o tesouro e decidiuse a entrar na peneda, mais ao deixar o breviario no chan un golpe de aire remexeu as páxinas por onde estaba aberto facendo que a Pena da Moura se pechase. Outra lenda conta que a Pena da Moura foi traída ata alí por unha moura que a levaba na cabeza. Pousouna no chan para descansar e veu como a pedra ía medrando cada vez máis ata converterse no enorme penedo que é hoxe. A xente di que a base sobre o que descansa a Pena da Moura é a rodela que levaba a moura sobre a cabeza para transportar a pedra.

Page 40: Lendas pedras

Penas das Rodas (Outeiro de Rei-Lugo), contan que unha ten ouro e a outra xofre. Non se poden romper porque non se sabe cal é a do ouro e xofre extenderíase queimando todo.

Page 41: Lendas pedras

-Con de sete Pías, en Vilariño, Cambados (Pontevedra). Garda un tesouro. Desde aquí ata o Monte Lobeira hai enterrada unha cadea de ouro.

Page 42: Lendas pedras

CORGOS, PÍASA auga das pías cura enfermidades das persoas e animais,, especialmente problemas dos ollos, da pel (espullas).... “Auga que estás en vena, ponte en pena, se o sol te enxuga, saga a verruga”

-Nalgúns lugares relaciónase a forma do manancial coa doenza que cura a auga. En Paderne de Allariz hai un manancial cunha rocha en forma de orella. Crese que a auga cura enfermidades dos ouvidos. -A auga da Pioca de Santa Mariña de Augas Santas cura aos doentes dos ouvidos.

Page 43: Lendas pedras

-Penadauga, nas proximidades da igrexa de Santa Sabela de Escuadro. Un santuario de tradición moi antiga. A xente acode a curar distintos males (especialmente as espullas) coa auga que se acumula no alto da pedra, nunha gran pía natural, e vai esbarando polo seu interior.

Page 44: Lendas pedras

Pías nos montes de Buxantes

Page 45: Lendas pedras

Pías no monte Pindo

Page 46: Lendas pedras

As pedras do Santuario de Muxía son os restos da barca nas que chegou a Virxe.

BARCAS DE PEDRAEmbarcacións nas que viaxaban santos e outros persoeiros.A Virxe veu navegando nunha barca de pedra a visitar a Santiago cando predicaba en Galicia (Muxía). No río Pedras hai unha barca que uso San Xoán, En Teixido hai unha empregada por Santo Andrés. Santiago morto chegou a Iria nunha barca de pedra. O Conde Santo tamén volveu a Galiza nunha barca de pedra que era o seu sartego.En Noia está a Pena da Arca onde pasou Noé os corenta días e corenta noites do diluvio universal.

Page 47: Lendas pedras

Santo Andrés de Teixido

MILLADOIROS OU AMILLADOIROSPEDRAS QUE SON ÁNIMAS

Moreas de pedras que se ían xuntando nun lugar porque cada persoa que pasaba engadía unha en representación das ánimas: Santo André de Teixido, Ames, O Padornelo, Sandiás, Monte do Gozo, Milladoiro... Tamén hai o costume de deixar unha pedra cando se pasa por un sitio onde houbo unha morte súbita. As pedras teñen por misión acougar a alma do morto.

Page 48: Lendas pedras

PEDRAS DO RAIOSegundo a tradición son machados preshitóricos que se atopan no interior do toro dos carballos vellos, ou pedras que caeron do ceo ou foron tocadas polo raio. Teñen virtudes curativas (contra diversas enfermidades e mordeduras de animais pezoñentos), protexen contra as descargas eléctricas e úsanse como amuletos.

PEDRAS DO COXOMachados de diorita que curan doenzas.

Page 49: Lendas pedras

-Por riba do Outeiro do Cruceiro no monte de Moaña existe unha pedra cun oco na parte superior que está sempre chea de auga que non seca nunca, con independencia do tempo que faga. Ademais, cóntase que a auga abala e devala ao son das mareas.

-En Laza, para que non chova, cando se ve vir o arco da vella cargado, reviran dúas pedras.

PEDRAS DA AUGAServen para pedir ou adiviñar chuvia. Nalgúns lugares fan procesións e rogativas a penedos con coviñas ou pías.Hai pedras choronas que anuncian chuvia cando se ven húmidas.Os MOLEDROS: son pedras que se viran do revés para pedir chuvia. Deben facelo mozos e nenos.

-A Pedra Mazafacha do monte Xalo (Culleredo) reparte e anuncia chuvia.-No Monte Aloia hai unha pedra que mira cara ao mar e pónselle a San Xulián enriba para pedir que chova.

Page 50: Lendas pedras

PEDRA DO SOLNo Monte Aloia en Tui hai unha pedra na que poñían a imaxe de San Xulián para pedir bo tempo.

Page 51: Lendas pedras

PENEDO DOS VENTOSEstá na serra de Capelada preto de Santo Andrés de Teixido. Nel críanse os ventos que secan os froitos. Cando ameazaba neboeiro metíaselle nas fendas trigo das eiras.

Page 52: Lendas pedras

MARCO DO VENTO (Monte Seixo-Cerdedo). Contan os máis vellos do lugar que o emprazamento da pedrafita é o lugar onte o dá a volta o vento.

Page 53: Lendas pedras

PEDRA DAS TREBOADAS

Na crebadura dun seixo de San Xoán da Cova (A Ulla) nacen as Treboadas.

Page 54: Lendas pedras

Santo dos Croques

Foto Wikipedia

PENAS DOS CROQUESCuran polo sistema de darlles golpes coa cabeza.-Pena tallada de Laza, para dores de cabeza.-Dar golpes contra o Santo dos Croques (mestre Mateo) da catedral de Santiago aumenta a intelixencia.

Page 55: Lendas pedras

A Pedra Alta da Antela: Era o marco divisorio de tres concellos da provincia de Ourense: Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio e Sarreáus, que forman parte do Val de Antela ou A Limia. A virxe ía voando de camiño a Cortegada dende o monte Poedo levando a pedra na cabeza e ao chegar onde está hoxe, caéulle quedando chantada no chan. Outros dín que era unha moura que ía fiando á vez que levaba a pedra na cabeza.

PEDRAS FITASSon os antigos menhires, lugares de culto, posiblemente os antecedentes dos cruceiros ou dos marcos das fincas. O que cambia un marco estará sen acougo no outro mundo e converterase en alma en pena ata que o marco volva ao seu lugar. Outros din que vagará pola eternidade co marco ao lombo preguntando... onde o pouso?

Page 56: Lendas pedras

PRINCESAS PETRIFICADAS-No coto do Castelo (Vilamartín de Valdeorras) hai tres princesas encantadas que foron convertidas en pedras polos mouros cando fuxían con elas perseguidos por Roldán e os seus cabaleiros.

-En Puxares (Quiroga) había tres costureiras moi bonitas. Roldán namorouse delas. Para darlle largas dixéronlle:“Temos de ir contigo ás FranciasCando veña o río XaresPor diante da nosa casa”Foi tal a ansia de Roldán que o río Xares cambiou o curso. Os veciños cantaban:Costureiras de PuxaresVinde lavar as perniñasÁs augas do río Xares.As costureiras fuxiron e pedíronlle axuda ao demo que as convertiu en pedras.

Page 57: Lendas pedras

PENA DA COVA DA SERPESegundo a lenda nesta cova vivía unha gran serpe que comía ao gando e ás persoas. Outra versión di que a serpe baixaba polas noites á aldea e mamaba leite das vacas.

Page 58: Lendas pedras

PENA DA SERPE. GUNDAMILEn Corme (Ponteceso-A Coruña). Representa unha serpe ou, se cadra, dúas?. Sobre a pena púxose unha cruz de pedra. Unha explicación cristiá di que é memoria dun milagre que fixo Santo Adrián librando aquela comarca dunha invasión de serpes. Debaixo dela encantou a todo un exército de serpes que seguen alí.Outras versións relacionan esta pedra co culto ás serpes por parte dos saefes.

Page 59: Lendas pedras

PORTA DO ALÉN. MONTE SEIXOUn grupo de penedos en equilibrio que forman unha abertura a xeito de porta que serve para conversar cos que están no outro mundo (O Alén). Hai que ir no mes de Santos e levar algún presente para comer e beber, pan e viño preferentemente, e tamén unha candea para alumar. Logo xa pode preguntar o que desexe e as respostas víranlle dacabalo do vento. Pero non podes revelar o falado alí ou quedarás rouquexo para sempre.

Page 60: Lendas pedras

A lenda fala dos amores furtivos de Aldina e Tristán. Ela era a filla do señor do castelo do Sobroso, el un humilde labrego que se deixou tentar por un amor imposible, segundo as comenencias sociais da época. Aldina, saía cada tarde co pretexto de dar un paseo a cabalo para atoparse co seu amado Tristán. Víanse ás agochadas nestas pedras. Don Álvaro, descúbreos e cheo de carraxe mata a Tristán. Aldina volve tres días en busca del e descubre que está morto. Chea de pena péchase na torre do castelo e morre.RITO DAS TRES PEDRAS: os namorados que queren saber o seu futuro colócanse de costas á pena dos namorados e tiran tres pedras por riba do seu ombreiro. Se quedan as tres pedras sobre a rocha casarán en menos dun ano; se quedan dúas, entre un e dous; se queda unha máis de dous anos e se non queda ninguna non casarán.

PENA DOS NAMORADOSEn Arcos (Ponteareas)

Page 61: Lendas pedras

CARBALLO CASADEIRO DE SANTO ANTONIO Pazo de Vilardefrancos (Artes-Carballo).

Segundo a tradición, cando santo Antonio peregrinou a Compostela celebrou misa neste lugar, onde había unha pequena ermida. Mentres o santo oficiaba, naceu debaixo do altar un carballo que co tempo derrubou o edificio.Conta a lenda que o burato do carballo é consecuencia dun raio que lle caeu enriba pouco despois de morrer santo Antonio. As mozas namoradas van alí e poñéndose de costas tratan de introducir tres pedriñas no burato: hai quen di que abonda con meter unha, e outros din que son precisas sete. Se o conseguen, casan antes do ano. Se xa estivesen casadas, é que van ter un fillo. O mesmo ritual serve para pedir un desexo calquera. Tamén se conta que en caso de facerlle unha ferida ou de cortarlle unha póla, o carballo derrama un líquido que semella sangue (prodixio atribuído ao santo Antonio).

Page 62: Lendas pedras

PENEDO DE MURIAS (Rao-Navia de Suarna). Hai lendas relacionadas cos mouros. Tamén din que existe un burato que se se tira unha pedra soa como se fose metal.Contan que durante as Guerras Carlistas do século XIX un grupo de soldados que fuxía das forzas liberais agochou un tesouro neste penedo. Foron moitos os que o buscaron, pero nunca deron con el.

Page 63: Lendas pedras

Laxe das Rodas (Muros)

PETRÓGLIFOS Segundo a tradición popular fixéronos os mouros.

Page 64: Lendas pedras

PEDREGAL DE IRIMIAUnha acumulación de rochas na ladeira da serra de Meira, onde nace unha das cabeceiras do río Miño.Hai moitas lendas que tentan explicar a orixe daquelas pedras:

-Unha vella que estaba sempre a rifar co seu home e un día díxolle que botase a correr sen mirar atrás. O home virou a cabeza e a vella, dicindo unhas palabras, fixo que uns paxaros enormes comezaran a guindarlle pedras enriba. -Uns demos que tentaron derrubar un antigo cenobio dos frades cistercienses. Os frades comezaron a rezar e os demos recuaron e abandonaron as pedras. -Unha meiga chamada Irimia que xuntou pedras para defenderse dos frades do convento e caíronlle no monte. Outra versión di que os frades tentaron apropiarse das terras da meiga onde había mananciais e ela cubriunos de pedras.-Pecadores petrificados que agardan ser purificados polas augas daquelas fontes.

Page 65: Lendas pedras

Cristal de seixo

OUTRAS CRENZAS-Non se pode traballar a terra nin remexer as pedras no día de defuntos para non incomodar ás ánimas e que non veñan desgrazas (nas pedras acóllense as ánimas do purgatorio).-Case todas as pedras poden ser ánimas: as dos amilladoiros, as do Camiño de Santo Andrés, as pedras que se poñen ao pé das cruces dos camiños...-Hai pedras faladoras das que saen sons: Bares, Covelo (Pena do Ruído).-O seixo (cristal de rocha) úsase nalgúns lugares para protexer dos males ou facilitar o parto.

Page 66: Lendas pedras

REFRÁNS-Pedra movedía, nunca musgo cría.

-A pedra é dura e a pingueira miúda, máis caíndo a cotío fai cavadura.-Non hai pedra por dura que sexa que non amoleza.

-A pedra redonda nunca moito acouga.-Pedra de Igrexa, ouro gotexa.

-Quen furga e se amaña, ata das pedras saca.-O pau e a pedra no camiño medran.

-A pedra que moito roda, para cimento non é boa.

Page 67: Lendas pedras

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaBIBLIOGRAFÍA“Ensaio sobre etnografía”: Vicente Risco“Diccionario dos seres míticos galegos”. Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa, Xosé Miranda. Ed Xerais, 1999.“Antropoloxía de Galicia”: Ramón Mariño Ferro

Decembro 2014