34
LIBERALISMO E LIBERALISMO E NACIONALISMO NACIONALISMO

Liberalismo e nacionalismo

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Presentación que fala sobre as revolucións liberais do século XIX

Citation preview

Page 1: Liberalismo e nacionalismo

LIBERALISMO ELIBERALISMO E

NACIONALISMO NACIONALISMO

Page 2: Liberalismo e nacionalismo

1. A REVOLUCIÓN FRANCESA: CAUSAS E FASES.

2. RESTAURACIÓN. O CONGRESO DE VIENA.

3. LIBERALISMO E E NACIONALISMO

■ ■ REVOLUCIÓN DE 1820, , 1830, , 1848..

■ ■ UNIFICACIÓN ITALIANA E ALEMÁ.E ALEMÁ.

Page 3: Liberalismo e nacionalismo

QUE É UNHA REVOLUCIÓN

Cambio rápido, profundo e posiblemente violento que afecta ás institucións políticas, económicas ou sociais de un o varios estados.Aparecen enfrontadas dúas forzas: os partidarios de manter as vellas estruturas (reaccionarios) e los partidarios de derrubalas para crear outras novas (revolucionarios).

As revolucións políticas que tiveron lugar nese período (fins do século XVIII e 1ª metade do XIX) terminaron co absolutismo e substituírono por novas formas de goberno baseadas na igualdade ante a lei, a democracia e a liberdade individual. A sociedade feudal estamental deixou de existir e no seu lugar erixiuse a sociedade de clases capitalista.

Page 4: Liberalismo e nacionalismo

A REVOLUCIÓN A REVOLUCIÓN FRANCESAFRANCESA

■ ■ As causas da revolución francesa..

■ ■ Fases:Fases:

1ª fase: Asemblea constituínte (1789-90)

2ª fase: Asemblea lexislativa (1791-92)

3ª fase: Convención republicana (1792-94)

4ª fase: Convención termidoriana e o Directorio (1794-1799)

5ª fase: Consulado (1799-1804)

6º fase: o Imperio Napoleónico (1804-15)

Page 5: Liberalismo e nacionalismo

CAUSAS DA REVOLUCIÓN FRANCESACAUSAS DA REVOLUCIÓN FRANCESA

◙ POLÍTICAS: Goberno despótico dun monarca absoluto, Luís XVI.

◙ SOCIAIS: os privilexiados estaban molestos porque se lles quería facer pagar impostos, a burguesía tiña o poder económico pero non o político, e o campesiñado sufría aínda máis a presión fiscal. Ningún grupo social contento.

◙ ECONÓMICAS: A crise de subsistencias de 1788, a suba de prezos dos alimentos e a creba de Facenda polos gastos da guerra dos 7 anos con Gran Bretaña (1756-63) e a Guerra de Independencia americana (1776).

◙ IDEOLÓXICAS: a influencia dos Ilustrados (Voltaire, Montesquieu, Rousseau) e o exemplo da independencia americana.

Page 6: Liberalismo e nacionalismo

FASES DA REVOLUCIÓN FRANCESA

1ª FASE: ASEMBLEA CONSTITUÍNTE (1789-90)

O ministro de finanzas Necker convoca os Estados Xerais para que os privilexiados pagaran impostos leva á Revolta dos Privilexiados.

Coa redacción do Caderno de Queixas o Terceiro Estado demandou pasar do voto por estamento ao voto por persoa, a supresión do réxime feudal e os seus abusos.

Os Estados Xerais inauguráronse o 5 de maio de 1789 en Versalles. O 16 de Xuño os membros do Terceiro Estado declaráronse en Asemblea Nacional, depositaria da soberanía. Xuntáronse na Sala do Xogo da Pelota para crear unha Constitución.

O 14 de xullo de 1789, as clases populares urbanas toman a fortaleza da Bastilla. A revolución estendeuse ao campo, como revolta antiseñorial (gran medo).

Page 7: Liberalismo e nacionalismo

■ Formase unha milicia pola Comuna de París, que se chama Garda Nacional.

■ Aboliuse o sistema feudal.

■ Aprobouse a Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán, que recoñecía as liberdades individuais e colectivas, a igualdade ante a lei e os impostos.

■ A soberanía vai a residir na Nación francesa.

■ Crease unha igrexa nacional coa chamada Constitución Civil do Clero. Tamén se produce a desamortización dos seus bens.■ En 1791 promúlgase a primeira Constitución francesa, cuxas características eran: separación de poderes, soberanía nacional, sufraxio indirecto e censatario.

Page 8: Liberalismo e nacionalismo

2ª FASE: ASEMBLEA LEXISLATIVA (1791-92)

O rei xura a Constitución. Asemblea formada por deputados monárquicos, xirondinos e xacobinos.Problemas internos, escaseza de alimentos, guerras coas potencias opostas á revolución (Inglaterra, Prusia, Austria e España).

1792, a Asemblea Lexislativa declaroulle a guerra a Austria. Un clima de revolta provocou que os sans-culottes, o 10 de agosto de 1792 asaltaran o palacio real, prenderan ao rei e proclamaran a República.

Opositores á Revolución: nobreza e clero, descontentos ao perder os seus privilexios, sectores populares e máis radicais ante a restrición do sufraxio.

O rei francés intenta fuxir de París coa súa familia para saír ao encontro do exército austríaco (fuga de Verannes, xuño do 91).

Page 9: Liberalismo e nacionalismo
Page 10: Liberalismo e nacionalismo

3ª FASE: CONVENCIÓN REPUBLICANA (1792-94)

A República foi proclamada por unha Convención Nacional.

O rei foi condenado e executado en xaneiro de 1793, provocando unha coalición contra a Francia revolucionaria.

Revoltas contrarrevolucionarias (insurrección de La Vendeé, dirixida por Henri de La Rochejaquelain).

Para evitar a contrarrevolución, en xuño de 1793 crease o Comité de Salvación Pública. Nace así o Terror revolucionario.

Os xacobinos, dirixidos por Robespierre, e axudados polos sans-culottes subleváronse contra a Convención e en setembro do 93 toman o poder.

Nova Constitución (1793), declaración de dereitos máis ampla ca do 91, soberanía popular e o sufraxio universal.

Page 11: Liberalismo e nacionalismo

O medo á Contrarrevolución: promulgouse a lei de sospeitosos, procedéndose a execucións masivas.

Dentro da Convención xacobina había unha grande loita interna:

• os indulxentes, dirixidos por Danton, querían poñer fin ao Terror e á persecución relixiosa para acabar coa guerra.

• Robespierre e os seus seguidores instauraron unha ditadura e promulgaron a lei do gran terror, para perseguir os inimigos do pobo.

Esta lei provocou a sublevación dos grupos máis moderados, que o 27 de xullo de 1794 (mes de Termidor no calendario revolucionario) detiveron a Robespierre e os seus seguidores, sendo executados ao día seguinte.

Acababa así a etapa radical da revolución.

Page 12: Liberalismo e nacionalismo

A morte de Marat, por David

Robespierre

Danton

Page 13: Liberalismo e nacionalismo

4ª FASE: CONVENCIÓN TERMIDORIANA E O DIRECTORIO (1794-1799)

A burguesía conservadora pecha os clubs e as sociedades patrióticas. Perséguese aos radicais.

En 1795 asinábase a paz con Prusia e España, seguindo en guerra con Austria e Inglaterra.

1795 elaborouse unha nova Constitución, cunha ideoloxía liberal moderada. Executivo: goberno colexiado (Directorio), lexislativo: Consello dos Cincocentos e no Consello de Anciáns.

No ano 1799 Napoleón Bonaparte, co apoio da burguesía, foi protagonista dun golpe de Estado que lle pon fin ao Directorio e inaugurou o Consulado (1799-1804).

Page 14: Liberalismo e nacionalismo

5ª FASE: CONSULADO (1799-1804)

En 1801 Napoleón asina o tratado de paz con Austria en Luneville e logo con Gran Bretaña en Amiéns (1802). Concordato coa Santa Sede de 1801, para restablecer a paz relixiosa.

Reforma administrativa centralista: prefectos (gobernadores de provincias).

Promulgouse un Código Civil para unificar e racionalizar as leis anteriores.

En 1802 proclamouse cónsul único e vitalicio.

En 1804, Napoleón fíxose coroar emperador polo papa Pío VII. Outorgáballe ao cargo unha orixe divina.

A Revolución, neste intre, volvía onde comezara antes de 1789. Á cabeza do estado francés había un home que ostentaba todo o poder, lexitimado por Deus.

Page 15: Liberalismo e nacionalismo

A coroación de Napoleón, por DavidA coroación de Napoleón, por David

Page 16: Liberalismo e nacionalismo

6º FASE: O IMPERIO NAPOLEÓNICO (1804-15)

A nova Constitución de 1804 dáballe a Napoleón o título de emperador dos franceses.

Gran Bretaña dirixe a 2ª coalición (Austria, Prusia e Rusia) contra Francia, que decreta o bloqueo continental, intentando impedir as relacións económicas de Europa con Gran Bretaña.

Así constrúe Napoleón o Grande Imperio que dura ata 1812.

En todos os países anexionados baixo influencia francesa, Napoleón colocou no trono a familiares ou xenerais do seu exército. Nestes países impuxéronse as ideas revolucionarias: supresión dos dereitos señoriais, décimos e privilexios nobiliarios, consagración da liberdade e da igualdade legal, liberdade económica, liberdade relixiosa e dereito á propiedade.

Page 17: Liberalismo e nacionalismo

Os problemas aparecen a partires deste ano coa invasión de Rusia e as guerras de guerrillas en España.

O 11 de abril de 1814, Napoleón viuse forzado a abdicar e retirarse á illa de Elba.

Luís XVIII foi restaurado no trono francés, pero aínda Napoleón volvería no chamado Imperio dos Cen días para ser derrotado definitivamente na batalla de Waterloo e ser desterrado á illa de Santa Helena.

Page 18: Liberalismo e nacionalismo

O GRANDE IMPERIO FRANCÉS (1811)

Page 19: Liberalismo e nacionalismo
Page 20: Liberalismo e nacionalismo

RESTAURACIÓN. O RESTAURACIÓN. O CONGRESO DE VIENACONGRESO DE VIENA

1814 – 1815 Congreso de Viena a proposta do chanceler austríaco Metternich. Obxectivos:

■ Asegurar a Restauración mediante o principio de lexitimidade dos soberanos (contrario ao principio de soberanía nacional).

■ Equilibrio europeo, que non tivo en conta o principio das nacionalidades. Novo mapa europeo, creando unha serie de Estados tapón.

■ Negación dos principios liberais e nacionalistas, polo que tanto liberalismo e nacionalismo uníronse como forzas de oposición á Restauración.

■ Creación dunha Santa Alianza: Austria, Prusia e Rusia, cuxo principio básico era asegurar os ideais sagrados do cristianismo en Europa. Admitiuse o dereito de intervir en calquera país onde se producise un movemento revolucionario.

Page 21: Liberalismo e nacionalismo

A EUROPA DO CONGRESO DE VIENA (1815)

Page 22: Liberalismo e nacionalismo

LIBERALISMOLIBERALISMO As bases ideolóxicas de todas as revolucións da primeira metade do século XIX son: o liberalismo e o nacionalismo ao que se engade o romanticismo.

O Liberalismo político é herdeiro da Ilustración e da Revolución Francesa, fundamenta a sociedade no individuo.

O Liberalismo é unha ideoloxía vinculada á burguesía. Características:■ O Estado garante os dereitos e liberdades dos individuos: liberdade de conciencia, de culto, de expresión, de reunión...■ A soberanía reside na Nación. O liberalismo propugna un sistema representativo (parlamentario) no que as decisións emanen dunha asemblea elixida por sufraxio.■ A vontade da nación exprésase mediante a elaboración de leis polo Parlamento e mediante a lei de leis, ou Constitución, marco que regula as relacións entre cidadáns.

Page 23: Liberalismo e nacionalismo

■ Establécese a división de poderes (executivo, lexislativo e xudicial), para que o poder non poida ser absoluto.■ O liberalismo político complétase co liberalismo económico que defende o dereito á propiedade e a economía de mercado.■ Hai dous tipos de liberalismo: o doutrinario ou moderado e o democrático:

Page 24: Liberalismo e nacionalismo

AS REVOLUCIÓNS LIBERAIS E AS REVOLUCIÓNS LIBERAIS E NACIONAISNACIONAIS

REVOLUCIÓN DE 1820

Levantamentos liberais dirixidos por militares, mediante insurrecións armadas, aínda que sen éxito.

■ En España, o pronunciamento en Cabezas de San Juan (Cádiz) do coronel Del Riego deu paso ao Trienio Liberal, pero a intervención da Santa Alianza pon fin ao liberalismo.

■ En Rusia, Estados Italianos ou Portugal tamén fracasan.

■ Só en Grecia triunfou unha insurrección contra o Imperio Turco (liberalismo + nacionalismo). No ano 1822 proclamouse a súa independencia que se consigue no 1829.

■ Emancipación das colonias españolas de América, impoñendo réximes liberais e republicanos. A causa da non intervención en América por parte dos europeos foi a doutrina Monroe, que impedía calquera intervención europea en América (América para os americanos)

Page 25: Liberalismo e nacionalismo

Grecia expira sobre as ruinas de Missolonghi, de E. Delacroix A matanza de Quios, de E.

Delacroix

Page 26: Liberalismo e nacionalismo

REVOLUCIÓN DE 1830

■ Francia iniciou o movemento revolucionario cando a burguesía liberal derrocou ao último Borbón (Carlos X), e estableceu unha nova dinastía, na figura de Luís Filipe de Orleáns. O goberno deste rei estaba baseado no liberalismo doutrinario e o poder estaba nas mans de banqueiros e industriais. Polo tanto, as clases populares continuaban a estar marxinadas, o sufraxio era censatario e as liberdades públicas estaban restrinxidas.

■ Tamén en Bélxica triunfou a revolución, establecendo un sistema liberal e independizándose de Holanda.

■ En Polonia estalou unha revolta duramente reprimida polo tsar de Rusia.

■ En España en 1833 prodúcese o paso ao sistema político liberal.

Page 27: Liberalismo e nacionalismo

Eugéne Delacroix: A liberdade guiando ao pobo

Page 28: Liberalismo e nacionalismo
Page 29: Liberalismo e nacionalismo

REVOLUCIÓN DE 1848

As causas desta revolución: situación económico-social, falta de liberdades.

A gran diferencia coas revolucións anteriores: demándase e lógrase o sufraxio universal. Tamén a soberanía popular, a igualdade social e a aparición da clase traballadora como forza política. En todos os casos (Francia, Alemaña, Italia, Imperio austríaco) a revolta acaba en fracaso.

■ En Francia, un levantamento popular acaba coa monarquía burguesa de Luís Filipe de Orleáns e establece unha república democrática (1848-1851).

■ Na Europa Oriental, a loita foi antiabsolutista e contra a dominación imperial austríaca. As revoltas teñen carácter liberal en Viena (onde Metternich dimitiu) e nacionalista, xa que moitos pobos se levantaron contra a dominación imperial (Hungría, Bohemia, Norte de Italia e Confederación Xermánica).

Page 30: Liberalismo e nacionalismo

NACIONALISMONACIONALISMO

O nacionalismo é unha ideoloxía política que sostén o dereito dos pobos a decidir sobre eles mesmos e a defender a súa soberanía.

Así, Nación pódese definir como un conxunto de individuos que posúen unha serie de lazos culturais propios (relixión, lingua, tradición, pasado...) e que desexan vivir en común.

Os principais teóricos do nacionalismo foron alemáns (Herder, Fichte) e italianos (Mazzini, Mancini).

Ata 1848 únense as ideas liberais coas do sentimento nacional.

A loita de Grecia contra o Imperio Turco tivo un significado de afirmación nacional para separarse dun Estado (nacionalismo centrífugo), mentres que nos casos de Alemaña e Italia, a loita nacionalista busca a unión de territorios separados no pasado (nacionalismo centrípeto).

Page 31: Liberalismo e nacionalismo

UNIFICACIÓN DE ALEMAÑAUNIFICACIÓN DE ALEMAÑAAlemaña quedou fraccionada en trinta e seis Estados tralo Congreso de Viena. A unificación realizouse arredor de Prusia, en detrimento de Austria.

Prusia liderou a unión de alfándegas (Zollverein) en 1834, ou a unión de varios Estados para eliminar barreiras comerciais entre eles.

O proceso acelerouse cando en 1862 foi nomeado chanceler prusiano Otto von Bismark, quen impuxo un modelo autoritario e militar.

Tres guerras marcarían a unificación definitiva:

-Contra Dinamarca en 1864 polos Estados de Schleswig e Holstein.

-Contra Austria en 1866 para apartala do proceso de unificación.

-Contra Francia en 1870 polos territorios de Alsacia e Lorena.

Trala vitoria de Sedán contra Francia proclamouse o II Imperio (Reich) alemán e Guillerme I foi proclamado káiser (emperador).

Page 32: Liberalismo e nacionalismo
Page 33: Liberalismo e nacionalismo

UNIFICACIÓN ITALIANAUNIFICACIÓN ITALIANAItalia quedou dividida en 6 Estados tralo Congreso de Viena.

Os movementos nacionalistas ata 1849 estaban en mans de grupos reducidos de liberais, partidarios da unificación (carbonari).

A unificación italiana foi realizada durante o reinado de Victor Manuel II de Savoia e o Estado arredor do cal orbitou a unificación foi Piamonte. Destacaron dous homes: o conde de Cavour, primeiro ministro de Piamonte, en 1859, tras unha guerra contra Austria consegue Lombardía. A outra figura foi Giuseppe Garibaldi, republicano seguidor das ideas de Mazzini, que incorporou a Italia os reinos do Sur, trala expedición das camisas negras desde Sicilia en 1860.

Ese ano queda constituído o reino de Italia, converténdose Victor Manuel en rei. A derrota austríaca fronte a Prusia en 1866 permitiu a incorporación do Véneto. En 1870, e a pesares da negativa do Papa, son anexionados os Estados Pontificios e Roma convértese na capital do novo Estado italiano.

Page 34: Liberalismo e nacionalismo

UNIFICACIÓN ITALIANA