20
loureir o Laurus nobilis laurel lay laurel laurier sauce loureiro

Loureiro (Laurus nobilis)

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Loureiro (Laurus nobilis)

loureiroLaurus nobilis

laurellay laurel

laurier sauceloureiro

Page 2: Loureiro (Laurus nobilis)

CLASEAnxiospermas

ORDELauralesFAMILIA

Lauráceas

Page 3: Loureiro (Laurus nobilis)

Árbore de copa cónica densa que pode medir ata 20 m de altura. Toda a árbore ten un olor característico.É orixinaria da Rexión Mediterránea. En Galiza posiblemente se conserve como unha especie relicta do Terciario.

Page 4: Loureiro (Laurus nobilis)

TALO Toro dereito, moi ramificado e coas ponlas erguidas. A tona é de cor gris escura, lisa e con lixeiras fendas ou enrugas. As ponlas novas e os chupóns son de cor púrpura.

Page 5: Loureiro (Laurus nobilis)

FLORES Unisexuais, nacen en distinto pé. Están formadas por 4 sépalos e 4 pétalos de cor branca-amarela, as femininas teñen un ovario e as masculinas ramiños de 12 estames.Polinízanse por insectos.

Page 6: Loureiro (Laurus nobilis)

FOLLAS Simples, co limbo de forma lanceolada (5 a 10 cm, de lonxitude) coa beira lixeiramente ondeada, de cor verde escura, duras e brillantes polo dereito e mates polo revés. O peciolo é de cor púrpura escura e mide aprox, 6 mm de lonxitude.Teñen un cheiro característico.

Page 7: Loureiro (Laurus nobilis)

FROITOS Bagas de forma oval, (1,5 cm. de lonxitude aprox.) cor negra e cunha soa semente.As sementes dispérsanse ao seren comidas polos paxaros.

Page 8: Loureiro (Laurus nobilis)

CICLO ANUAL-LOUREIROFolla

Flor

Froitoxaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

Page 9: Loureiro (Laurus nobilis)

Os loureiros atópanse espontáneos en fragas, montes e sebes ou plantado en sebes e hortas.Xeralmente non forma bosques e aparece con porte arbustivo mesturado con carballos, érbedos, piñeiros, sobreiras e eucaliptos, sobre todo polo litoral e vales dos ríos.

Page 10: Loureiro (Laurus nobilis)

Bosque de loureiros na Illa de Cortegada, na Ría de Arousa. Un dos poucos bosques puros de loureiros que se conserva na Península Ibérica. Posibelmente teña orixe antrópica aínda que o abandono da illa desde hai anos favoreceu o seu desenvolvemento.Forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Page 11: Loureiro (Laurus nobilis)

Pazo de Meirás(Sada, A Coruña) -3,15 m de perímetro.

Page 12: Loureiro (Laurus nobilis)

Pazo de Fefiñáns (Cambados). -15 e 14 m de altura; 2,85 e 2,80 m de perímetro.

Page 13: Loureiro (Laurus nobilis)

Pazo Torres de Agrelo. (Anselle de Abaixo, Redondela). -7 e 5,50 m de altura e 1,85 e 1,92 m de perímetro.

Page 14: Loureiro (Laurus nobilis)

Pontearnelas (Ribadumia)Na beira do río Umia.

Page 15: Loureiro (Laurus nobilis)

Casa-Museo de Rosalía de Castro. Padrón-14 m de altura. Padrón

Page 16: Loureiro (Laurus nobilis)

Pazo de Oca. A Estrada.

Page 17: Loureiro (Laurus nobilis)

USOSÉ unha árbore empregada desde a antigüidade como condimento e polas súas propiedades mediciñais (tónico estomacal, carminativos, antireumátco) e antiparasitario.

Page 18: Loureiro (Laurus nobilis)

CRENZAS E COSTUMES

-O loureiro é o símbolo da victoria e do trunfo e úsase para honrar ás persoas destacadas.-Cando se remata de levantar unha casa ponse un ramo de loureiro no tellado.-Cando se ten o viño “abillado” (á venda nas adegas) colócase un ramo de loureiro na porta para anuncialo.-O loureiro úsase para os esconxuros: “Loureiro que foches nado sen ser plantado, quítalle o aire a este excomulgado”, e para preservar das treboadas.

Page 19: Loureiro (Laurus nobilis)

CANTIGA POPULAR

Desgraciado do loureiroque está ao pé do camiño,cada persoa que pasatíralle o seu ramiño.

Page 20: Loureiro (Laurus nobilis)

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, InternetXullo 2015