2
COMENTARIO DUNHA OBRA DE ARTE 1º Título, autor, cronoloxía e estilo ou escola á que pertence 2º Contexto histórico-artístico: referencias a acontecementos históricos importantes que inflúan nesa obra de arte, así como o contexto cultural-relixioso (por exemplo: como se reflicte en ela certa concepción da vida ou do mundo), a valoración dos artistas ou a figura dos comitentes. 3º Análise tipolóxico e características formais que xustifiquen a catalogación feita. Arquitectura : Tipoloxía, elementos arquitectónicos (a planta, os soportes, as cubertas, as fachadas...), proporcións e dimensións, análise do espazo interior (eixes, función do edificio, tipo de espazo, a luz, a relación co exterior...), relación coa contorna, función simbolica ou propagandística... Escultura : Tipoloxía (posición, resalte, parte representada...), materia e técnica, cor, tratamento das superficies, volume, os puntos de vista e o sue emprazamento, os efectos da luz, a composición, a forma de representar o movemento ou o reposo (tensión nas figuras, momento escollido da acción...), tratamento dos motivos especialmente da figura humana: as expresións, as proporcións, realista, esquemática, idealizada, antinatural...Tema (iconografía) e significado (iconoloxía), se é un relevo, a representación espacial: perspectiva, horror vacui, desinterese polo mesmo... Pintura : materiais e técnicas utilizadas, a cor: tipos, gradacións, sensación de volume..., o debuxo e a súa relación coa cor. A representación da luz: orixe, se crea volume, natural, externa ou interna... A composición. Representación do espazo tridimensional e tratamento dos motivos en especial da figura humana: expresións, canon, modelado...Tema (iconografía) e significado (iconoloxía). 4º Outros asuntos de interese: repercusión cara o futuro, outras obras de arte vencelladas á analizada xa sexa por estar nesa obra ou ser do autor da mesma, comparación con obras contemporáneas... en xeral calquera cousa que se considere pertinente para rematar o comentario da obra

Modelo comentario Arte

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Modelo comentario Arte

COMENTARIO DUNHA OBRA DE ARTE

1º Título, autor, cronoloxía e estilo ou escola á que pertence

2º Contexto histórico-artístico: referencias a acontecementos históricos importantes que inflúan nesa obra de arte, así como o contexto cultural-relixioso (por exemplo: como se reflicte en ela certa concepción da vida ou do mundo), a valoración dos artistas ou a figura dos comitentes.

3º Análise tipolóxico e características formais que xustifiquen a catalogación feita. Arquitectura : Tipoloxía, elementos arquitectónicos (a planta, os soportes,

as cubertas, as fachadas...), proporcións e dimensións, análise do espazo interior (eixes, función do edificio, tipo de espazo, a luz, a relación co exterior...), relación coa contorna, función simbolica ou propagandística...

Escultura : Tipoloxía (posición, resalte, parte representada...), materia e técnica, cor, tratamento das superficies, volume, os puntos de vista e o sue emprazamento, os efectos da luz, a composición, a forma de representar o movemento ou o reposo (tensión nas figuras, momento escollido da acción...), tratamento dos motivos especialmente da figura humana: as expresións, as proporcións, realista, esquemática, idealizada, antinatural...Tema (iconografía) e significado (iconoloxía), se é un relevo, a representación espacial: perspectiva, horror vacui, desinterese polo mesmo...

Pintura : materiais e técnicas utilizadas, a cor: tipos, gradacións, sensación de volume..., o debuxo e a súa relación coa cor. A representación da luz: orixe, se crea volume, natural, externa ou interna... A composición. Representación do espazo tridimensional e tratamento dos motivos en especial da figura humana: expresións, canon, modelado...Tema (iconografía) e significado (iconoloxía).

4º Outros asuntos de interese: repercusión cara o futuro, outras obras de arte vencelladas á analizada xa sexa por estar nesa obra ou ser do autor da mesma, comparación con obras contemporáneas... en xeral calquera cousa que se considere pertinente para rematar o comentario da obra

Todo anterior debe figurar non como un exercicio de preguntas e respostas senon con un estilo persoal. O comentario é un exercicio de REDACCIÓN. Utilización de vocabulario específico da disciplina ( p.e. non son figuras femininas que sustitúen o fuste da columna, son cariátides ou non é o centro do arco, é a clave do arco)