Upload
marlou
View
91
Download
1
Embed Size (px)
Citation preview
Xosé Neira VilasLiteratura galega do S.XX
Uxía Rial Brea
Índice
Contexto histórico (D3-D12)
O autor e as actividades ás que estivo ligado (D13-D19)
Bibliografía (D20-D25)
Comentario (D26-D28)
Conclusión (D29)
Fontes (D30)
CONTEXTO HISTÓRICO
No político...
No 1936 estala a Guerra Civil, durará tres anos.
Triunfo das tropas franquistas
A dictadura durará ata o 1975, momento da morte do dictador
O dictador. Francisco Franco
No social...
A dictadura arremetía contra todo o que atentase contra a unidade
FORTE REPRESIÓN
Exilio de todas aquelas persoas de pensamento contrario ao réxime
Na lingua...
O galego convértese nun idioma clandestino, pois o réxime pensaba que atentaba contra a unidade (tamén o catalán ou o euskera)
Na lingua... O castelán
ADMINISTRACIÓN ESCOLA IGREXA
Na lingua...
Nesta etapa está prohibido rotular os letreiros dos locais ou traducir libros da literatura universal ao galego
Na lingua...
Toda esta situación lingüística provoca:
COMPLEXOS
PREXUÍZOS
DESGALEGUIZACIÓN
A peor etapa da dictadura desenvólvese entre 1936 e 1950, neste tempo non hai manifestacións culturais en galego (censura) agás no exilio
Nas décadas dos 60 e os 70...
Incrementouse a actividade política clandestina e relacionada coa cultura
Comeza a haber actividades culturais en galego
Nos 70...
Algunhas persoas tiñan como primeira lingua o castelán pero múdanse ao galego
O galego: entra na prensa, na radio e extraoficialmente na universidade
Os colectivos estudantís promoven o idioma
O autor e as actividades ás que estivo ligado
Naceu en Gres (Pontevedra)
Pasou a súa infancia e adolescencia compaxinando a escola coas labores do agro
En 1949 emigra a Arxentina
Neira Vilas nunha leira de millo en Gres
En Arxentina desempeñou diversos oficios e relacionouse con intelectuais exiliados
Fundou as Mocedades Galeguistas
Escribeu artigos na revista Adiante
Colaborou co I Congreso da Emigración Galega (1956)
Fundou a Editorial Follas Novas con Anisia Miranda, escritora cubana coa que casou no 1957
O matrimonio decidiu establecerse en Cuba (1961).Comprometido coa revolución o autor traballou na administración e cultivou o xornalismo
Anisia Miranda e Neira Vilas
En 1969 dirixeu a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística da Academia de Ciencias de Cuba, realizou labor de estudo e a recopilación de obras en galego escritas por emigrantes
En 1992 o matrimonio regresa a Galicia, para vivir en Gres
En Galicia dirixiron a Fundación Xosé Neira Vilas
Foi membro numerario da Real Academia Galega
Premios
Foi Doctor Honoris Causa polas Universidades de A Coruña e A Habana, Premio da Crítica Española (narrativa) e Crítica Galega (ensaio). Concedéronlle as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas.
Bibliografía
Características xerais:
Actitude crítica coa realidade social
Os temas trátanse dende a perspectiva de persoas marxinadas, sometidas a conflictos e violencia
Linguaxe sinxela
Neira Vilas posúe numerosos escritos: 21 obras de narrativa, 9 libros de literatura infantil ou xuvenil,6 libros de poesía, 40 ensaios, 5 traduccións, 2 obras con Anisia Miranda, 22 obras con outros autores, e 1 novela e 2 ensaios en castelán
Memorias dun neno labrego
Publicada na Arxentina no 1961
Adicado a todos os nenos e todas as nenas que falan galego.
Traducida a diversas linguas: castelán, portugués, francés, italiano, ruso, chinés, checo. etc...
Tema: O agro galego a través dos ollos dun neno
Publicado na editorial Follas Novas
O Cabaliño de Buxo
Novela de literatura infantil e xuvenil
Está adicada a Anisia Miranda
A obra está protagonizada por un neno, Ruliño
Publicada en 1971 por Ediciós do Castro
Consta de dez capítulos
Xente no rodicio
Ofrece a visión do mundo rural dende a perspectiva adulta
Conxunto de 20 relatos que retratan a sociedade da época
Publicado no 1965
Comentario dun relato de Xente no rodicio (Vidro e sol (resumido))
Texto: Todos os días a mesma andaina.Unha legua ben
chea de camiño. E unha botella de leite morno, acabado de muxir. Todas as mañás a mesma peregrinaxe.
Tivera que deixar a escola para atender ese trafego. Dáballe súa nai un codelo cada mañá, e sen outro amparo botaba pes ao camiño. Todo para levarlle aquel gurrucho de leite mal pagado a Don Pedro, o feirante.
Alfredo deuse a cavilar. Pensou na escola deixada, e no caldo augacento, mantenza pobre de todos os días. Mirou derredor, coma se ventase algo, e comezou a beber. Alfredo foise deitando sobor da herba murcha. E quedou durmido ao pé do carballizo.
COMENTARIO
Estructura: O relato comeza directamente no nó, nel explícase a situación de Alfredo, tivo que deixar a escola para axudar a súa nai no traballo e aínda así son pobres, no desenlace o neno decide non acadar o traballo porque cree que non paga a pena.
Argumento: O texto relata a vida de Alfredo,un neno moi pobre que traballa coa súa nai levándolle leite a un mal home e tivo que deixar a escola, un día de traballo de moita calor, decide que o traballo non paga a pena, bebe o leite e déitase no campo a descansar.
Perspectiva Narrativa: O narrador é omnisciente, atópase en 3ª persoa pero sabe todo do protagonista: o que pensa, o que sente, etc...
COMENTARIO
Espazo: O texto non especifica claramente o lugar pero podémolo situar nunha aldea, a paisaxe é rural, como se menciona nalgún momento e ademáis Neira Vilas adoita situar os seus escritos no agro.
Tempo: O relato podémolo situar de mañá, pois o rapaz di que o leite segue quente (está acabado de muxir), e a historia transcurre nuns minutos: o tempo no que Alfredo cavila sobre a súa situación.
Conclusión:Este relato é moi sinxelo de leer. Neira Vilas relata unha situación cotiá que sucedía cos nenos do agro nesa época, tiñan que deixar a escola para traballar dende moi novos, creo que a intención do autor era facer unha denuncia desta situación mediante a descripción do feito e baixo a perspectiva dun neno que a sufría.
CONCLUSIÓN
Neira Vilas foi un autor realmente polifacético e que puxo un papel moi importante nas súas obras no retrato da sociedade da súa época, un retrato cargado de amargura e dun forte golpe de realidade, como non puido ser doutro xeito vivindo nunha época tan tráxica como sufriu este autor.
FONTES
https://gl.wikipedia.org/wiki/Xos%C3%A9_Neira_Vilas
PPT Aula Virtual: A prosa entre 1936 e 1976
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfelixmuriel/aulavirtual2/pluginfile.php/6642/mod_resource/content/0/O_GALEGO_DE_1936_A_1975.pdf
https://gl.wikipedia.org/wiki/Memorias_dun_neno_labrego