49
O ÁLBUM ILUSTRADO

O álbum ilustrado

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Presentación sobre o álbum ilustrado realizada para os III Encontros de ENDL que non utilicei. Pero aí queda!

Citation preview

Page 1: O álbum ilustrado

O ÁLBUM ILUSTRADO

Page 2: O álbum ilustrado
Page 3: O álbum ilustrado

FALAR DE LIBROS• Se vivimos na era da comunicación, é dicir,

da conversa, como non imos falar da lectura?

• Porque “o acto da lectura radica en falar sobre o que se leu” xa que realmente “non sabemos o que pensamos sobre un libro ata que falamos del” (Aidan Chambers: Dime, Fondo de Cultura Económica, páx. 19)

Page 4: O álbum ilustrado
Page 5: O álbum ilustrado

FALAR DE LIBROS

• Cada vez que falamos queremos comunicar algo, é dicir, involucrar a outras persoas: “pensar en voz alta non é só escoitar o que estamos a pensar senón tamén axudarnos a aclarar o que queremos dicir” (Aidan Chambers: Dime, Fondo de Cultura Económica, páx. 31)

Page 6: O álbum ilustrado
Page 7: O álbum ilustrado

FALAR DE LIBROS• Ser vehemente na explicación do gusto por un

libro é fundamental, “falar sobre literatura é compartir unha forma de contemplación, é un xeito de dar forma aos pensamentos e emocións excitados polo libro e polos significados que construímos xuntos a partir do texto: esa mensaxe controlada imaxinativamente, que o autor envía e que nós interpretamos de calquera xeito que creamos útil ou pracenteiro. (Aidan Chambers: Dime, F. C.E., páx. 27). Canto lemos e qué lemos é fundamental para crear lectores... e mantelos.

Page 8: O álbum ilustrado
Page 9: O álbum ilustrado

LECTURA• O noso alumnado adolescente le, pero... ¿que é o quere ler? Necesita espellos

nos que verse reflectido. Afirma Guadalupe Jover : “Sentimentos de vergoña e exclusión, desconcerto ante os cambios do propio corpo, espertar do sexo... O espello en que se miran os e as adolescentes vén sendo como o da madrasta de Branca Neves: cando un ou unha agarda ver a súa face reflectida nel, o que aparece nitidamente perfilado é o actor ou actriz de moda, o deportista ou a top-model, o atractivo presentador ou a sedutora presentadora. Estes mozos de corpos perfectos, protagonistas ademais de constantes e famosos romances, son o espello en que se miran os nosos fillos e fillas e os que condicionan a imaxe subxectiva que do seu corpo se forman. ¿Como dicirlles que non son máis que canons sociais e culturais, que hai mil xeitos de ser fermoso, e que os sentimentos de inseguridade e vulnerabilidade non son cousa de covardes? Ofrezámoslles por tanto outros espellos: relatos nos que os protagonistas vense afectados dos mesmos medos que a eles os paralizan, páxinas nas que si poden verse recoñecidos, voces coas que poidan entrar en diálogo e a propósito das que poidan falar cos seus iguais; poemas nos que vexan recollida a súa propia experiencia interior”.

Page 10: O álbum ilustrado

Profesorado

• Cal é por tanto o noso papel no mundo lector adolescente? • Debemos, antes de nada,

autoinculparnos? • Castigamos ou recompensamos?

Page 11: O álbum ilustrado
Page 12: O álbum ilustrado

• Non é prohibindo libros, por suposto, como se conseguirá incentivalos e como se logrará que a lectura sexa un hábito, senón rompendo as estruturas dun sistema obrigatorio que compensa con moi pouco goce os deberes relacionados con ler un libro, como escribir un resumo; investigar as datas de nacemento e de morte do autor; esbozar o panorama histórico dentro do cal o escritor concibiu a súa obra; resumir a corrente literaria á que pertence a obra en cuestión; explicar o xénero, o tema, o argumento, a xénese, o desenvolvemento e o desenlace da historia, e todas as demais cousas que teñen que ver cos personaxes principais e secundarios, coa gramática e a retórica, coas datas e as fichas, toda esa andrómena que fai que a lectura dun libro resulte, polo xeral, o máis horroroso dos praceres e case nunca o máis pracenteiro dos horrores”. (Juan Domingo Argüelles

¿Qué leen los que no leen?, Ed. Paidós, páx. 79)

Page 13: O álbum ilustrado

Comandante

Page 14: O álbum ilustrado

Saltando obstáculos

Page 15: O álbum ilustrado

Álbums ilustrados en secundaria

Page 16: O álbum ilustrado

Álbum ilustrado

Características?

Page 17: O álbum ilustrado

Álbum ilustrado

• No libro-álbum opera un modo de lectura no que a imaxe e o texto colaboran estreitamente na construción de significado.

• O lector dun álbum necesita as ilustracións para construír o significado do «texto», entendido como o conxunto formado polas imaxes e a palabra escrita.

Page 18: O álbum ilustrado
Page 19: O álbum ilustrado

Álbum ilustrado

• Lemos as ilustracións a través das palabras e as palabras a través das ilustracións nunha incesante interacción de palabra e imaxe.

• A imaxe e a palabra escrita constitúen no álbum unha unidade na que cada unha das partes se necesitan.

• O lector do álbum debe activar a interpretación da ilustración en todos os niveis do proceso de comprensión dun texto.

Page 20: O álbum ilustrado
Page 21: O álbum ilustrado

Desmontando prexuízos

• É un álbum ilustrado sinónimo de literatura infantil? Ou é tan só unha convención cultural máis relacionada coas expectaticas existentes, os prexuízos de márketing e o discurso literario?

• NON HAI NINGÚN MOTIVO POLO QUE UNHA HISTORIA ILUSTRADA NON POIDA TER O MESMO ATRACTIVO PARA @S ADOLESCENTES QUE PARA @S ADULT@S, DO MESMO MODO QUE O TEN PARA OS NENOS/AS

• O que realmente importa son as ideas, os sentimentos e as imaxes e palabras que os constrúen.

Page 22: O álbum ilustrado

Desmontando prexuízos

Page 23: O álbum ilustrado

Ideas e sentimentos que se evocan…

• O álbum ilustrado atrae a imaxinación crítica do lector porque propón moitas preguntas abertas sen importar que a imaxinación pertenza a un neno ou a un adulto. Resulta á vez simple e complexo: depende de como elixa entendelo o lector.

• Deixa que sexa o lector o que atope o seu propio significado real en lugar de afirmalo abertamente ou de suxerilo, o que anima a unha lectura visual máis exhaustiva debido á natureza minimalista do texto.

Page 24: O álbum ilustrado

Ideas e sentimentos que se evocan…

Page 25: O álbum ilustrado

Máquinas perfectas…

• O álbum ilustrado serve para calquera lector curioso, que goce do que é estraño, do misterio e das rarezas, a quen lle guste facer preguntas e usar a imaxinación e estea preparado para procurar o tempo e a atención necesarios.

• Os libros non son un xeito de deixar que outra persoa pense no noso lugar, senón que son máquinas que conseguen que sigamos pensando.

Page 26: O álbum ilustrado

Máquinas perfectas…

Page 27: O álbum ilustrado

E o tempo…

• Os álbums non teñen unha duración específica. Podes mirar tanto tempo como desexes, centrándote no que queiras sen a presión da narración lineal.

• A ilustración é unha forma única de expresión narrativa, perfecta para invitar a que a imaxinación do lector atope sentido nas súas propias reaccións, ao seu ritmo.

Page 28: O álbum ilustrado

E o tempo…

Page 29: O álbum ilustrado

• A arte e a literatura son tan interesantes porque nos presentan cousas inusuais que nos animan a nos facer preguntas sobre o que xa sabemos. Ofrecen unha oportunidade de redescubrir unha nova visión interior por medio de cousas que non acabamos de recoñecer. Niso consiste a lectura e a literalidade visual e para iso son bos os álbums.

• Milan Kundera afirmou que continuamos sendo nenos a pesar da nosa idade porque na vida sempre atopamos cousas novas cuxa comprensión supón un reto, exemplos nos que unha imaxinación exercitada resulta máis útil que todo o coñecemento que adquirimos laboriosamente.

Page 30: O álbum ilustrado

Arte e literatura

Page 31: O álbum ilustrado

Lectura en voz alta

Cantos deles están preparados para

escoitar?

Cantos deles están

acostumados a que se lles lea en

voz alta?

Unha vez iniciados,

demandarán sempre este

hábito

Page 32: O álbum ilustrado

Lerlles• Escoitar unha historia lida, ao mesmo tempo que poden

gozar coas imaxes, é unha experiencia completamente diferente a ler un mesmo. Unha cousa non é substituta da outra. Complementémolas. “Contar contos é indispensable para que as persoas poidan converterse en lectores, sexa cal sexa a súa idade. A evidencia suxire que os adolescentes a quen non lles gusta ler necesitan escoitar as vellas historias tanto como un aprendiz de lector de cinco ou seis anos, case como un xeito de pórse ao día antes de ir máis lonxe como lector” (Aidan Chambers: El ambiente de la lectura, F. C. E,, páx. 67). Lerlles en voz alta é esencial para axudalos a seren lectores.

Page 33: O álbum ilustrado
Page 34: O álbum ilustrado

Despois da lectura: Reflexión oral (tamén poderá ser escrita máis tarde)

Posta en común na aula: Que sentimentos provoca

o álbum? Que entendemos? Que querían

dicir @ autor/a e @ ilustrador/a?

Page 35: O álbum ilustrado

Reflexión

Page 36: O álbum ilustrado

Álbums sen palabras

• Os álbums sen palabras deben lerse detidamente. A descodificación dos signos visuais non é tarefa fácil e ademais estes libros adoitan ofrecer múltiples narracións que hai que desentrañar.

• A lectura consiste en identificar os signos particulares descifrando as conexións cos obxectos que representan, reconstruír as secuencias dos diferentes significados e comprobar as hipóteses de lecturas que se van xerando.

• O lector percorrerá de novo as diferentes escenas para poder descubrir as mensaxes que se lle pasaron por alto nunha primeira lectura.

Page 37: O álbum ilustrado
Page 38: O álbum ilustrado

Álbums sen palabras

• Ler é maxinar, intuír e deducir. Neste tipo de álbums esta característica propia da lectura maniféstase con máis evidencia posto que hai máis posibilidades de interpretación.

• O lector é un axente activo que controla a recepción da mensaxe que o autor desexa transmitir.

Page 39: O álbum ilustrado

Exemplo «sen palabras»

Page 40: O álbum ilustrado
Page 41: O álbum ilustrado

Podemos ir construíndo a historia de cada personaxe conforme vai avanzando o

libro.

É un continuo ir e vir adiante e atrás das páxinas seguindo a cada personaxe

A estrutura da historia de cada un podería servir para crear varios contos dende o seu inicio até o

final.

Page 42: O álbum ilustrado

Este álbum destaca pola súa habilidade para a construción de

historias.

Page 43: O álbum ilustrado

Que se lle pide a

unha boa

historia?

O

máis obvio: que sexa unha boa historia

Perso

naxes interesantes

Necesitamos SENTIR, crear lazos co que lemos. E un

bo final

Page 44: O álbum ilustrado

Ou sexa…• A un álbum ilustrado se lle pide aínda máis,

porque en parte deixa de ser un libro para se converter nunha obra de arte que xunta imaxe e texto nunha soa dirección: transportar, emocionar, espertar a sensibilidade artística.

Page 45: O álbum ilustrado
Page 46: O álbum ilustrado

Non só queremos que lean os adolescentes, senón que lea todo aquel que dubide en facelo, que sinta ese vermiño interior que o impulse a entrar na libraría para saír con ese estraño pracer debaixo do brazo, ese produto da liberdade e da imaxinación que a literatura nos agasalla.

Page 47: O álbum ilustrado
Page 48: O álbum ilustrado