32
O BALONCESTO AUTOR: JESÚS BAO RAMA

O Baloncesto

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Presentación de baloncesto apropiada para alumnos de Primaria e de Secundaria.

Citation preview

Page 1: O  Baloncesto

O BALONCESTO

AUTOR: JESÚS BAO RAMA

Page 2: O  Baloncesto

UN POUCO DE HISTORIA No ano 1891, James

Naismith, profesor de Educación Física da Universidade YMCA (EEUU) inventou o baloncesto.

Este profesor estaba preocupado porque durante os días fríos de inverno os seus alumnos non podían realizar actividades deportivas no exterior. Por iso, buscou alternativas para poder practicar dentro do ximnasio e pensou nun xogo que consistía en meter a pelota dentro dunhas cestas de melocotóns que colgou da parede. Así naceu o baloncesto

Page 3: O  Baloncesto

UN POUCO DE HISTORIA O 17 de decembro de 1891

xogouse por primeira vez un partido de baloncesto. Naismith elaborou un primeiro regulamento con 14 regras.

A práctica deste deporte estendouse rapidamente polos EEUU e, máis tarde, coa chegada dos soldados americanos que participaron na Segunda Guerra Mundial, tamén por Europa.

Naismith adicouse a viaxar por todo o mundo para promocionar o seu deporte.que acadou categoría olímpica no ano 1936 nos Xogos Olímpicos de Berlín.

Page 4: O  Baloncesto

UN POUCO DE HISTORIA A Federación Internacional de

Baloncesto (FIBA) é o organismo que regula as normas do baloncesto e organiza as competicións internacionais.

Foi fundada o 18 de xuño de 1932. Ten a súa sede actual en Xenebra (Suíza) e conta con 213 federacións nacionais.

Ano 1936. Primeira participación nun Xogos Olímpicos. (Berlín 1936).

Ano 1950. Primeiro Campionato do Mundo de Baloncesto Masculino en Arxentina

Ano 1953. Primeiro Campionato do Mundo Baloncesto Feminino en Chile.

Page 5: O  Baloncesto

UN POUCO DE HISTORIA O cura Eusebio Millán foi o

responsable de introducir a práctica do baloncesto en España.

Traballou en Cuba durante dez anos, onde coñeceu este deporte. No ano 1921 foi destinado ao Colexio de San Antón, en Barcelona. Unha vez alí, colgou unhas canastras no patio e comezou a ensinar a práctica do baloncesto aos seus alumnos.

Page 6: O  Baloncesto

UN POUCO DE HISTORIA

Ano 1922. Nace o Laietana B.B.C, o primeiro equipo español de baloncesto masculino.

Ano 1923. Primeiro Campionato de Cataluña con 8 equipos.

Ano 1923. Crease a Federación Española de Baloncesto (FEB).

Ano 1928. Nace o Club Femení d´Sports. Primeiro equipo feminino de baloncesto español.

Ano 1933. Primeiro Campionato de España.

Ano 1935. Primeiro partido da selección española de baloncesto masculino.

Page 7: O  Baloncesto

Selección española masculina

Page 8: O  Baloncesto

Selección española masculina

CAMPIONATOS EUROPEOS: medalla de prata en Ginebra (1935), España (1973; 2007), Francia (1983; 1999) e Suecia (2003). Medalla de bronce en Italia (1991) e Turquía (2001).

CAMPIONATOS DO MUNDO: medalla de ouro en Xapón (2006). XOGOS OLÍMPICOS: medalla de prata nos Ánxeles (1984) e Pekín

(2008).

Page 9: O  Baloncesto

Selección española feminina

Page 10: O  Baloncesto

Selección española feminina

Campionatos Europeos: medalla de bronce en Francia (2001), Grecia(2003) e Turquía (2005). Medalla de prata en Italia (2007). Medalla de ouro en Italia (1993).

Page 11: O  Baloncesto

Campo de xogo

Dimensións da pista: 28 x 15 metros. Canastra a 3,05 metros de altura. Liña de triples a 6,25 metros de distancia.

Page 12: O  Baloncesto

Duración dun partido Catro partes (“cuartos”) de

10 minutos cada unha. Unha vez esgotado o tempo, se se rexistra un empate, deben xogarse prórrogas de 5 minutos ata que gañe un equipo.

Cada equipo ten un tempo limitado de posesión da pelota (24 segundos). Se pasa ese tempo sen tirar a canastra, o equipo contrario recupera o balón.

Page 13: O  Baloncesto

Número de xogadores

Cada equipo está integrado por 10 xogadores: 5 no campo e outros 5 no banco de suplentes.

O adestrador pode realizar todos os cambios que considere necesarios. Non hai límite para realizar os cambios.

Page 14: O  Baloncesto

TIPOS DE XOGADORES

XOGADORES

BASE ESCOLTA ALA PIVOTE

Page 15: O  Baloncesto

BASE

Xoga na zona central e dirixe as accións de ataque. Domina o bote; debe ser un bo pasador, ter gran velocidade e unha boa visión do xogo para realizar transicións ofensivas rápidas.

Ricki Rubio: DKV Joventut. 15 veces internacional. 1,90 m. altura.

José Manuel Calderón:Toronto Raptors. 101 veces internacional. Altura: 1,91 m.

Page 16: O  Baloncesto

ESCOLTA É o axudante do base.

Debe ter un bo dominio do bote e do lanzamento.

Juan Carlos Navarro:Memphis Grizzles. 136 veces internacional. Altura: 1,92 m.

Rudy Fernández: Portland Trail Blazers. 76 veces internacional. Altura: 1,95 m.

Page 17: O  Baloncesto

ALA

De altura intermedia entre os xogadores exteriores e interiores. Boa capacidade para combinar altura e velocidade. Deberán ser bos tiradores de 3 puntos e axudar a recoller rebotes no xogo interior.

Carlos Jiménez: Unicaja. 171 veces internacional. Altura: 2,04

Page 18: O  Baloncesto

PIVOTE Xogador máis alto do

equipo. Xoga preto do aro; é o encargado de recoller os rebotes (ofensivos e defensivos) e de taponar as entradas á canastra do equipo contrario.

Pau Gasol. 102 veces internacional. Altura: 2,15 m.

Equipo: Ángeles Lakers.

Page 19: O  Baloncesto

FUNDAMENTOS TÉCNICOS

TÉCNICA

1.BOTE 2.PASE 3.TIRO 4.DEFENSA

REBOTE

BLOQUEO

Page 20: O  Baloncesto

1.BOTE. Non mirar ao balón permite

ter unha visión do xogo máis ampla.

Hai que impulsar o balón suavemente sen golpealo e coa man aberta para empregar todos os dedos.

O brazo contrario á man que bota serve para protexer a posesión do balón.

O bote non máis alto da cintura.

Page 21: O  Baloncesto

2. PASE. É a forma habitual de

intercambiar a pelota entre xogadores do mesmo equipo.

Existen diferentes tipos de pases: pase de peito, picado, por encima da cabeza, “alley-hoop” …

Deberá facerse con rapidez e con precisión.

Page 22: O  Baloncesto

3. TIRO.

Acción que culmina o xogo ofensivo cunha canastra.

Os lanzamentos varían segundo a posición do xogador no campo e a do defensor.

Existen diferentes tipos de lanzamentos: en suspensión, cun gancho, en “bandexa”, un “mate”…

Page 23: O  Baloncesto

TIRO

Page 24: O  Baloncesto

4. DEFENSA. Actitude activa e forte que

dificulta as accións ofensivas do equipo contrario e que intenta provocar erros ou perdas da posesión do balón ao rival.

Posición defensiva básica: pernas flexionadas, tronco recto e lixeiramente botado adiante, brazos flexionados, cabeza alta, vista adiante coas mans arriba e cos dedos abertos.

Page 25: O  Baloncesto

5. REBOTE.

Un dos momentos máis espectaculares do baloncesto é a loita polo rebote.

O equipo que domine o rebote terá máis oportunidades de controlar o partido.

Hai que distinguir entre o rebote ofensivo e o defensivo.

Page 26: O  Baloncesto

REBOTE.

Page 27: O  Baloncesto

6. BLOQUEO.

É un movemento ofensivo que permite acadar mellores posicións dentro do campo.

Consiste nunha obstrución a un rival para facilitar que un compañeiro se libre dun defensor.

O bloqueador deberá colocarse no medio do defensor e do xogador que ten a pelota.

Page 28: O  Baloncesto

TÁCTICA COLECTIVA

SISTEMAS DEFENSIVOS

DEFENSA INDIVIDUAL

DEFENSA EN ZONA

ZONA 2-3 ZONA 3-2 ZONA 2-1-2 ZONA 1-3-1 ZONA 1-2-2 ZONA 1-2-1-1

Page 29: O  Baloncesto

TÁCTICA COLECTIVA.

DEFENSA INDIVIDUAL. Sistema no que cada defensor se encarga de marcar a un

atacante por todo o campo. Require moita concentración, responsabilidade individual e presión por parte dos xogadores.

DEFENSA EN ZONA. Sistema no que cada defensor se responsabiliza de defender

unha determinada zona no campo para dificultar as accións dos atacantes que penetran nela.

Page 30: O  Baloncesto

TÁCTICA COLECTIVA.

DEFENSA EN ZONA 2-3

Page 31: O  Baloncesto

TÁCTICA COLECTIVA DEFENSA ZONAL 3-2

Page 32: O  Baloncesto

TÁCTICA COLECTIVA. DEFENSA EN ZONA 1-3-1