Upload
galegoenmadrid
View
1.567
Download
1
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Suso Carracedo: "O galego na Igrexa" na aula de galego do Espazo das Linguas Ibéricas en Madrid
Citation preview
O Galego na Igrexa
Suso Carracedo
Xente de Igrexa Xente de Igrexa nas Letras nas Letras
GalegasGalegas
2002 – Frei Martín Sarmiento:
Pedro Xosé García Balboa, máis coñecido como Frei Martín Sarmiento, nado en Vilafranca do Bierzo o 9 de marzo de 1695 e finado en Madrid o 7 de decembro de 1772, foi un relixioso e escritor. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2002.
1963 – Rosalía de Castro:
Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837, filla dun cura e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, é unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico.
1973 – Manuel Lago González:
Manuel Lago González, nado en Tui o 25 de outubro de 1865 e finado en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1925, foi un relixioso (bispo de Tui) e poeta galego. En 1924 foi elixido membro do Seminario de Estudos Galegos. Publicou unha chea de poesías.
1987 – Francisca Herrera Garrido:
Francisca Herrera Garrido, nada na Coruña en 1869 e finada o 4 de novembro de 1950, foi unha escritora galega, primeira muller elixida académica na Real Academia Galega. Foi sempre fondamente relixiosa e conservadora.
Basilio Álvarez
Bispo D. Miguel Anxo Araúxo, bispo de Mondoñedo-Ferrol
Miguel Anxo Araúxo Iglesias (Sabadelle-Pereiro de Aguiar, 1920; Ourense, 2007) iniciou os seus estudos no Instituto Nacional de Ensino Medio de Ourense, e en 1932 na Universidade Pontificia de Comillas, onde se licenciou en Filosofía (1941) e Teoloxía (1945). Ese mesmo ano foi consagrado sacerdote. Exerceu o ministerio sacerdotal na cidade das Burgas, como profesor de Teoloxía do Seminario diocesano desa cidade e como reitor desde 1956 a 1966.
En 1970 foi ordenado bispo da diócese Mondoñedo-Ferrol. O acto da súa ordenación foi realizado, por primeira vez na historia da igrexa galega, en galego. En 1980 ingresou na Real Academia Galega co discurso: A igrexa de Mondoñedo nas súas Sinodais.Preocupado pola lingua e a cultura galegas, presidiu a comisión encargada da tradución do Misal romano ao galego. Traballou tamén na versión ao galego dos Rituais sacramentais e preparou un devocionario popular en lingua galega.
O seu maxisterio pastoral xira arredor da problemática de Galicia e dos galegos: a emigración, o mundo rural, o paro obreiro, os accidentes laborais, etc.Publicou diversas pastorais no Boletín do bispado de Mondoñedo-Ferrol e outros textos de pensamento cristián, como: A fe cristiá ante a cuestión da lingua galega; Escritos cristiáns sobre problemas, personaxes e conflictos de Galicia; Palabras para os amigos; Escritos pastorais; Oracional galego, en colaboración con Ramiro González Cougil; Memoria de vida; Os bispos de Galicia e o Concilio Vaticano II .Colaborou en xornais como La Voz de Galicia ou La Región e revistas como Irimia, Encrucillada, Raigame ou a Revista de estudios Mindonienses.Posúe diversos premios como o Pedrón de Ouro, a medalla Castelao, o premio Trasalba ou o Grelo de Ouro.
CONCILIO PASTORAL DE GALICIA
ARTIGOS sobre o GALEGOProposición do Concilio Pastoral de Galicia sobre a liturxia en galego.
(Aprobadas os días 27, 28 e 29 de xuño de 1976)
Terreo cultural:11.1.— O C.P.G. pídelle a todos os cristiáns, Bispos, Curas e Leigos, cadaquén según a súa específica misión, que participen na promoción da língua galega, por ser un valor human que está asociado coa liberación do home galego e, por ende, coa evanxelización.
Terreo litúrxico:11.6.— O C.P.G. úrxelle á Comisión de Liturxia en galego que, canto máis antes, se poña á confección dos materiaes necesarios, tanto pros actos de devoción como pros litúrxicos, pra que as Comisións diocesáns os poidan espallar nas diócesis.
11.7.— Suposta sempre a dita preparación, a vontade do Concilio é que nas eirexas da ciudade se chegue a celebrar polo menos unha Misa en galego nos días festivos, e o mesmo se diga dos demáis Sacramentos, sempre co debido respeto á libertade dos interesados. Naqueles bisbarras nas que o galego é a única lingua, teñen de se chegar a facer en galego todas as celebracións.
11.8.— A lingua litúrxica ha de se ater á norma das demáis línguas vernáculas: dunha banda, sexa sinxela e non alonxada da lingua coloquial ordinaria; e doutra, acade unha certa diñidade literaria. Anque se escriba nunha das varias formas morfolóxicas vixentes, na lectura axéitese á de cada bisbarra.
11.9.— A liturxia en galego non se remata co verquer as fórmulas latinas na nosa lingua, é todo un universo cultural alleo ó que compre verquer no noso; e pra esto é imprescindible a colaboración dos estudiosos das cencias sobor do noso pobo.
• Victorino Pérez Prieto, GALEGOS E CRISTIÁNS, SEPT, Vigo 1995.
(50 persoeiros da Igrexa galega que se implicaron na promoción do galego).
P: Cantos seguidores ten a Santa Misa na actualidade?R: Ten unha cota de share do 25 por cento, polo que só en Galicia andamos entre 20 e 30.000 persoas cada domingo.
Hoxe en Tui-Vigo• Das 276 parroquias:
– Unhas 90 das de rural teñen todo en galego.
– Das 100 parroquias de Vigo, unhas 25 teñen polo menos unha misa en galego os domingos.
– Na miña parroquia a misa de nenos tódolos domingos e a das 1ª Comuñóns é en galego.
– Na maioría das parroquias, excepto Vigo-centro, o trato coa xente e a lingua habitual dos curas entre eles é o galego.
– Un dos sacramentos que máis che piden en galego é o Matrimonio.
Dificultades• As mesmas de sempre:
– A xente achégase ó cura, como ó médico, alcalde ou xuíz, en castelán.
– No rural a xente exprésase habitualmente en galego, pero na cidade non.
– A formación da maioría da xente nun contexto civil represor do galego fixo que hoxe teñan menos soltura co mesmo e non se atrevan a usalo a miúdo.
– As clases ‘altas’ da sociedade non o usan.– Prexuízos de sempre: nacionalistas, serve
para pouco, non entendo o que se di,...– Aínda queda moito por facer.
Ás veces toca abrir Ás veces toca abrir pistapista
GraciñaGraciñass