Upload
federicopm
View
326
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Federico Pérez Moran
O Proceso de Bolonia iníciase coa Declaración de Bolonia, acordo que en 1999 firman os ministros de educación da Unión Europea para dar comezo á creación dun Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) que deberá estar finalizado en 2010.
Con esta declaración iníciase un proceso de converxencia que ten como obxectivos:
1. Facilitar un efectivo intercambio de titulados e
2. Adaptar o contido dos estudios universitarios ás demandas sociais
O Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) supón:
• A adopción dun sistema de titulacións universitarias facilmente comparable en toda Europa.
• A mobilidade polas universidades europeas dos estudantes, profesores e investigadores.
• O fomento da aprendizaxe continuada e da calidade.
O EEES propón unha serie de medidas:
• A adaptación a un sistema de titulacións universitarias de dous ciclos : Título de Grao e Título de Postgrao).
• A utilización dunha valoración do crédito universitario igual para todos los países europeos (ECTS –European Credits Transfer System ou Sistema Europeo de Transferencia de Créditos)
O crédito europeo é a unidade de medida para o traballo dos estudantes. Supón un mínimo de 25 e un máximo de 30 horas non só de ensinanzas teóricas senón tamén de traballo que debe ser realizado polo alumno/a para conseguir os obxectivos.
O número de créditos para cada curso académico será de 60 (Entre 1500 e 1800 horas). (R.D. 1125/2003)
¿Esta converxencia que se dá a nivel de títulos tamén se dá a nivel de coñecementos?
Non, porque as titulacións non son as mesmas en todos os países asinantes posto que en cada país poden ter distinto número de cursos e as facultades terán plena liberdade para crear plans de estudos segundo o seu entorno social e económico. En España a encargada de aprobar os plans de estudo será a Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).
En consecuencia, a converxencia só se dá a nivel de recoñecemento de títulos pero non de coñecementos.
Estrutura dos títulos de Grao e Postgrao
En case todos os países do EEES adoptouse a seguinte estrutura:
1. Tres cursos para os títulos de Grao
2. Dous ou tres cursos para os títulos de postgrao (máster).
Pola contra en España o R.D. 1393/1007 fixa a seguinte estrutura:
4. Catro cursos para os títulos de grao
5. Un ou dous cursos para os máster
O plan de estudos:
Para un título de Grao:
240 créditos:
60, como mínimo, de formación básica
60, como máximo, de prácticas externas
6- 30 de traballo de fin de Grao
6 para diversas actividades
O plan de estudos:
Para un título de Máster
60 – 120 créditos
Materias obrigatorias,
Materias optativas,
Seminarios,
Prácticas externas,
Traballo de fin de máster (6 -30 créditos)
MÁSTER PARA PROFESORES de ESO, Bacharelato, F. Profesional e E. de Idiomas. (Tamén para E.Artísticas profesionais e E. Deportivas) (Orde EC/3858/2007)
Organización:
60 créditos europeos (un curso académico), 80% presenciais
Inclúe, como mínimo, os seguintes módulos:
• Xenéricos................ 12 créditos
• Específicos............... 24 créditos
• Prácticum................. 16 créditos
Novas probas de acceso á universidade
A modificación das ensinanzas de bacharelato (RD 1467/07) e a nova concepción das ensinanzas universitarias (RD. 1393/07) fan patente a necesidade de modificar as probas de acceso á universidade
As novas probas foron fixadas polo RD. 1892/2008 que establece:
• Una fase xeral que valora as destrezas básicas dos estudantes e terá unha validez indefinida.
2. Unha fase específica de carácter voluntario que permitirá mellorar a cualificación obtida na fase xeral. A súa validez só pode acadar ata 2 cursos académicos.